Crònica legislativa: Galícia

AutorXosé González
CargoDirector do Servicio de Normalización Lingüística - Mancomunidade Àrea Intermunicipal de Vigo
Páginas353-360

Page 353

Conselleria da Presidencia e Administración Pública
a)Desenvolvemento lexislativo

Decreto 243/1999, do 23 de xullo, polo que se determinan os nomes oficiais das parroquias pertencentes ós concellos de Abadín, Antas de Ulla, Baralla, Becerreà, Castro de Rei, Lugo, Monterroso, Palas de Rei, O Pàra-mo, Portomarín, O Savinao, Taboada e Vilalba (provincia de Lugo) (dog núm. 161, do 20.8.1999}.

A Lei de Galícia 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, dispón no seu artigo 10 que os topónimos de Galícia terán como única forma oficial a galega. O mesmo artigo establece no seu número 2 que lle co-rresponde á Xunta de Galícia a determinación dos nomes oficiais dos mu-nicipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbanas e dos topónimos de Galícia. Tendo en conta esta disposición legal a Conselleria da Presidencia e Administración Pública declara aprobados os nomes oficiais das parroquias pertencentes ós de-vanditos concellos.

Decreto 278/2000, do 2 de novembro, polo que se determinan os nomes oficiais das parroquias pertencentes ós concellos de Carballo, Carino, Cerceda, Laxe, Malpica de Bergantinos, Melide, Ortigueira, Sobrado, Touro e Valdoviño (provincia da Coruna) (dog núm. 229, do 27.11.12000).

Este decreto fixa o nome oficial de cento vintenove parroquias, corres-pondentes ós concellos que se enumeran, da provincia da Coruna. Os cri-terios utilizados para establece-la forma oficial son os da Lei 3/1933, de normalización lingüística.

Orde do 27 de xullo de 1999 pola que se determinan os nomes oficiais dos topónimos que se relacionan pertencentes ós concellos de Abadín, Antas de Ullaf Baralla, Becerreá, Castro de Rei, Lugo, Monterroso, Palas de Rei, O Páramo, Portomarín, O Savinao, Taboada e Vilalba (Lugo) (dog núm.161, do 20.8.1999).

Page 354

De acordo co mandato legal (Lei de normalización lingüística de Gali-cia), seguindo o procedemento establecido polo Decreto 132/1984, do 6 de setembro, para a fixación ou recuperación da toponimia de Galícia, e contando co preceptivo dictame da Comisión de Toponimia, emitido na sesión plenaria do dia 16 de xullo de 1999, a Conselleria declara aprobados os nomes oficiais dos topónimos que figuran no anexo desta orde, que afectan ós lugares dos concellos sinalados.

Orde do 14 de novembro de 2000 pola que se determinan os nomes oficiais dos topónimos que se relacionan, pertencentes ós concellos de Carballo, Cariño, Cerceda, Laxe, Malpica de Bergantinos, Melide, Ortigueira, Sobrado, Touro e Valdovino (dog núm. 229, do 27.11.2000).

Nesta orde a conselleria recolle preto dun milleiro de microtopónimos pertencentes ás parroquias dos concellos enumerados no enunciado da orde. A nómina é o resultado do traballo realizado pola Comisión de Toponimia, que esta a inventaria-lo patrimonio toponímico de Galícia nun ambicioso proxecto elaborado por un equipo de filólogos e o sitga, orga-nismo encargado da elaboración cartogràfica de Galicia.

Conselleria de Educación e Ordenación Universitaria
a)Desenvolvemento lexislativo

Decreto 268/2000, do 2 de novembro, polo que se crea o Museo Peda-góxico de Galicia (Mupega) (dog núm. 219, do 13.9.2000).

O Estatuto de autonomia de Galicia establece, no seu artigo 27-18, a competencia exclusiva desta Comunidade Autónoma en materia de arqui-vos, bibliotecas e museos de interese para Galicia e que non sexan de titu-laridade estatal; e no seu artigo 37.2 determina que lle corresponde à Xun-ta a potestade regulamentaria nas materias da súa competencia exclusiva. Así mesmo, o Decreto 213/1998, do 10 de xullo, ó regula-las competencias en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, fai mención a promoción e ó ensino da lingua galega.

Neste marco, a Conselleria de Educación e Ordenación Universitaria propón a creación dun centro especifico destinado a recuperar, salvagar-dar, estudiar, mostrar e difundir todas aquelas expresións pedagóxicas ePage 355lingüísticas que ponan de manifesto a variedade e riqueza do patrimonio educativo de Galicia, posibilitando, así, a súa catalogación, sistematización e custodia. Deste xeito estímase que se fomentará o estudio da herdanza educativa galega como ben cultural propio e que se asegurará a permanencia e transmisión do noso patrimonio educativo como legado ó acervo cultural de Galicia.

O artigo 2.2. deste decreto, ó especifica-los obxectivos do Museo Pe-dagóxico de Galicia, especifica que «terá especial atención as realizacións educativas en lingua galega e ás referentes ó ensino da lingua e da cultura galegas». Na composición da Comisión Rectora, recollida no artigo 5, apa-rece como integrante dela o Sr. director xeral de Política Lingüística.

b)Fomento

Orde do 4 de agosto de 1999 pola que se resolve o concurso público convocado na Orde do 28 de xaneiro de 1999 (dog do 9 de febreiro), pola que se regula a concesión de subvencions as asociacións e institucions pri-vadas sen fin de lucro e entidades análogas para fomenta-lo conecemento e o uso social da lingua galega (dog núm. 161, do 20.8.1999).

A dita orde publica a relación de asociacións e entidades as que se lles concederon as solicitudes de subvencions (Anexo I) e a aquelas outras (Anexo II) ás que se lles denegaron por seren presentadas fóra do prazo es-tablecido.

Orde do 16 de setembro de 1999 pola que se fai pública a validación de cursos de especialización en lingua galega (dog núm. 199, do 14.10.1999).

A orde do 26 de novembro de 1993, no seu artigo 2, establece que se lles validará o curso de especialización en lingua galega ós licenciados en fi-loloxía e ós diplomados en exb polas escolas universitarias de formación do profesorado de exb, que posúan os certificados do ciclo elemental e do ciclo superior de galego das escolas ofíciais de idiomas. En virtude desta orde, concédeselle-la validación do curso de especialización en lingua galega ás persoas que se relacionan por reuniren os requisitos establecidos.

Page 356

Conselleria de Xustiza, Interior e Relacións Laborais
a)Fomento

Orde do 30 de agosto de 1999 pola que se convocan os cursos bàsicos, medio e superior de linguaxe administrativa galega para o cadro de perso-al das corporacions locais (dog núm. 172, do 6.9.1999).

A exposición de motivos desta orde recolle toda a normativa que fai referencia à lingua galega como lingua oficial das institucions da Comunida-de Autònoma, da súa Administración, da Administración local e das enti-dades públicas dependentes da Comunidade Autònoma... (Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística). Tamén fai referencia a Lei 5/1988, do 21 de xuño, de uso do galego polas entidades locais, é a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administrción local de Galicia, que nos puntos 1 e 3 do seu artigo 7, dispón respectivamente: «O galego, como lingua propia de Galicia, éo tamén da súa Administración local», ó tempo que debu-lla o alcance deste precepto: «As convocatorias de sesións, ordes do día, mocions, votos particulares, propostas de acordo, dictames das comisións informativas, actas, notificacions, recursos, escrituras públicas, compare-cencias xudíciais e tódolos actos de caràcter público ou administrativo que se realicen por escrito en nome das corporacións locais redactaranse en lingua galega.» «A Xunta de Galicia impulsarà o proceso de incorporación da lingua galega na Administración local, especialmente a través de programas de formación de funcionarios das entidades locais en lingua galega.» Os cursos que se convocan son:

  1. Curso de nivel básico. Para acceder ós cursos de linguaxe administrativa galega de nivel bàsico é requisito indispensable ter aprobado ou validado o curso de iniciación. B) Curso de nivel medio. Para participar neste curso haberà que acreditar ter realizado o curso de nivel bàsico ou outro equivalente. C) Curso de nivel superior en linguaxe administrativa gaJega. Para poder solicitalo haberà que acreditar ter realizado satisfacto-riamente o curso de nivel medio.

Orde do 30 de agosto de 1999 pola que se regula a concesión de subvencions ós concellos de Galicia para a normalización da lingua galega (dog núm. 175, do 9.9.1999).

Dentro dos obxectivos da normalización lingüística no ámbito da Administración local comprendidos na Lei 5/1988, do 21 de xuño, de uso doPage 357galego como lingua oficial de Galicia polas entidades locais, estan os men-cionados nos seus artigos:

Artigo 1: «As convocatorias de sesións, ordes do día, votos particula-res, propostas de acordo, dictames das comisións informativas e actas das entidades locais de Galícia, redactaranse en lingua galega.»

Artigo 2.1: «Correspondelle à Xunta de Galícia o pulo do proceso de incorporación da lingua galega na Administración local, moi especialmente a través de programas de formación de funcionarios en lingua galega»; e no punto 22: «Sen prexuízo do anterior, a Xunta de Galícia adoptará as medidas oportunas para que nos concursos de acceso de funcionarios a Administración local se garanta o conecemento da lingua galega.»

A Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galícia, nos seus números 1 e 3 do artigo 7 dispón, respectívamente: «O galego como lingua propia de Galícia, éo tamén da súa Administración local. As convocatorias de sesións, ordes do día, mocións, votos particulares, propostas de acordo, dictames das comisións informativas, actas, notificacións, recursos, escrituras públicas, comparecencias xudiciais e tódolos actos de carácter público ou administrativo que se realicen por escrito en nome das corporacións locais redactaranse en lingua galega.»

A Xunta de Galícia impulsará o proceso de incorporación da lingua galega na Administración local, especialmente a través de programas de formación de funcionarios das entidades locais en lingua galega.

Co fin de acadar estes obxectivos a Xunta de Galícia elaborou un plan integral de estudios dedicados ós funcionarios que presten os seus servicios nas corporacions locais galegas, do que forman parte os cursos bàsicos, me-dio e de especialización, obtendo, ó remate destes, o titulo de traductor oficial de linguaxe administrativa galega, titulo que habilita, ós que o obteñan, para encargarse da traducción da documentación à que se refire o artigo 1 da Lei 5/1988, do 21 de xuño.

As subvencións concederanse para as seguintes modalidades:

  1. Mantemento dos servicios municipals de normalización lingüística xa existentes.

  2. Creación de novos servicios municipals de normalización lingüística, debidamente xustificados e sempre que exista crédito suficien-te. Organización de campanas co obxecto de logra-la normalización lingüística no concello.

Os servicios municipals de normalización lingüística contaran, polo me-nos, cun especialista titulado en lingua galega (licenciado en filoloxía gale-Page 358go-portuguesa, en filoloxía galega ou mestre de exb, co diploma de especialista en lingua galega).

Os gabinetes municipais de normalización lingüística deberán cumpri-ia seguinte misión;

a)Velar porque sexa aplicada a Lei de normalización lingüística de Galícia, no ámbito de actuación do concello correspondente, así como a Lei do uso galego como lingua oficial de Galícia polas entidades locais. As accions máis importantes seran: confección en galego das actas, edictos, convocatorias de sesións, ordes do día, dictames das comisións informati-vas, mocions e traduccións de tódolos impresos oficiais en lingua galega.

b)Ofrecerlle ó publico asesoramento lingüístico para a corrección de textos galegos e para a súa traducción, se fose posible.

c)Impulsa-la normalización do galego nos diferentes ámbitos da vida pública.

Conselleria de Cultura, Comunicación Social e Turismo
a)Fomento

Orde do 18 de xuño de 1999 pola que se resolve o concurso público convocado na do 12 de xaneiro de 1999 (dog do 10 de febreiro), pola que se regula a concesión de subvencions a empresas editoriais para a edición de libros e materiais didácticos, para niveis non universitarios, impresos en lingua galega (dog núm. 128, do 6.7.1999).

Esta orde regula a concesión de subvencions a empresas editoriais para a edición de libros e materiais didácticos, para niveis non univesitarios, impresos en lingua galega. No anexo I relaciónanse as editoriais e a contía concedida para os proxectos, tamén estipulados. Disponse a desestimación dos proxectos que aparecen relacionados no anexo II por non acada-la prioridade suficiente, de acordo cos criterios establecidos na orde do 12 de xaneiro de 1999. Asi mesmo, relaciónanse no anexo III «por non seren su-xeitos desta convocatoria».

Orde do 13 de xullo de 1999 pola que se convocan subvencions a empresas para a producción audiovisual en lingua galega (dog núm. 139, do 21.7.99).

As subvencións convócanse mediante o réxime de concorrencia competitiva, para apoia-la realización de produccions audiovisuais en lingua galega (proxectos cinematográfícos, videográficos ou multimedia). Pode-Page 359rán optar a estas subvencions as productoras audiovisuais e empresas de producción multimedia legalmente constituídas como tales, con domicilio social en Galícia. As subvencións financiaranse á correspondente aplica-ción orzamentaria por un importe de 60 millóns de pesetas para o exercicio de 1999.

Unha Comisión Asesora encargada de emiti-los informes preceptivos, que condicionaran as subvencions, terà en conta os seguintes criterios:

a)Calidade do proxecto (graó de desenvolvemento, elaboración, axuste entre o proxecto e o orzamento, presentación e outras convocato-rias de axuda).

b)Utilización de recursos de Galícia (persoal artístico, técnico e ser-vicios instalados en Galícia, así como a rodaxe na Comunidade Autónoma).

c)Viabilidade do proxecto (grao de financiamento garantido, % de axuda solicitada, compromisos de distribución).

d)Capacidade empresarial do solicitante ou grupo de empresas que apoia o proxecto (facturación, proxectos realizados, persoal).

é)Calidade artística (orixinalidade e creatividade do proxecto).

O artigo 15 regula a contía das subvencions que quedará determinada da seguinte forma: 1. Proxecto de curtametraxe: ata o 60% do custo total. 2. Proxectos de longametraxe: ata o 40 % do custo total. 3. Proxectos de ví-deo-creación: ata o 60% do custo total. 4. Proxectos de documentais: ata o 60% do custo total. 5. Proxectos de programas piloto de series de televi-sión: ata o 50% do custo total. 6. Proxectos de producción multimedia: ata o 60 % do custo total.

Conselleria de Agricultura, Gandería e Política Agroaümentaria
a)Fomento

Orde do 24 de outubro de 2000 pola que se normalizan os documentes para a prescrición, dispensación e uso do medicamento veterinario, e o Libro Rexistro de Tratamentos Veterinarios na Comunidade Autònoma de Galicia (dog núm. 215, do 7.11.2000).

Facendo uso das facultades que confire a Lei 1/1983, do 22 de fubrei-ro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e a Lei 12/1989, do 4 de outubro, e logo de conformi-dade do Consello Galego de Colexios Veterinarios, a Conselleria de Agri-Page 360cultura, Gandería e Política Agroalimentaria procede a normaliza-lo documento de prescrición e dispensación e o libro de rexistro de tratamentos, do medicamento veterinario, na Comunidade Autónoma de GaJicia, e atri-buírlle a edición e distribución da receita e selo veterinarios normalizados ó Consello Galego de Colexios Veterinarios.

O artigo 3 desta orde define cada un dos elementos —receita veterinaria normalizada, selo normalizado, prescrición veterinaria normalizada e libro rexistro de tratamento—, especificando modelos e características des-tes. A súa redacción é en lingua galega. O artigo 7 atribúelle ó Consello GaJego de Colexios Veterinarios a edición e distribución da receita e do selo normalizado descrito nos artigos 4 e 5.

b)Servicio Galego de Saúde

Resolución do 6 de outubro de 2000 pola que se establece o uso da cie-9-mc, 4 edición en castelán, para a codificación diagnóstica na Comunidade Autónoma de Galicia (dog núm. 212, do 2.11.2000).

A Resolución do 14 de xaneiro de 1997, da Secretaria Xeral da Conselleria de Sanidade e Servicios Sociais, establece o uso da cie-9-mc 3° edición en castelán para a codificación diagnostica en Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 28, do 11 de febreiro), O artigo único, apartado segundo, desta resolución establece que «O histórico do cmbdh autonómico trans-formarase a cie-9-mc, 4a edición en castelán».

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR