Crònica legislativa: Galícia

AutorXosé González Martínez
CargoCap del Servei municipal de I'idíotna del Consello de Redondek
Páginas183-186

Page 183

A nosa última crónica lexislativa foi publicada no número 6 de Revista de Llengua i Dret. Como lembrará o lector, dabamos conta de publicación de varíos Decretos que aprobaban os Estatutos da Universidade Galega, o primeiro, e outro, que desenvolvía o art, 23 da Lei do Estatuto Galego do Consumidor e Usuario. Dende aquela deixamos de estar en contacto cos lectores.

Page 184

A crise que está a vivilo Goberno galego da Xunta de Galicia tivo o seu cume un anos despois, xustamente, de celebrarense as eleccións. Un ano, pois, de inactividade lexislativa e administrativa.

Co cámbio do titular de Dirección Xeral de Política Lingüística empezan a publicarse no Diario Oficial de Galicia, en diversos números dos meses de novembro, decembro e xaneiro, diversas Ordes das Consellerías da Presidencia e Educación. Imolas comentar todas.

A Orde do 15 de decembro de 1986 (DOG n.° 252, do 29 de novembro de 1986), regula a concesión de axudas económicas a empresas perio dísticas de publicacións periódicas non diarias por uso e normalización da lingua galega durante 1986, tentando arbitrar un sistema de axudas instítudonais, cumprindo os obxectivos previstos na Lei de Normalizacións Lingüística.

As mesmas poderanse acoíler, segundo dispón o apartado 1.° da Orde, as empresas periodísticas de publicacións periódicas non diarias, domiciliadas en Galicia, que publiquen informacións, artígos, colaboracións ou seccións fíxas en lingua galega normativizada.

Nesta ocasión a Consellería de Presidencia para evitar trifulcas introducíu unha matización que non pode pasar desapercibida cando condiciona a subvención para que a lingua sexa normativizada. Ponse así cabo ás confusións que se viñan producíndo por mor das normas ortográficas que non sexan as que aprobou o Decreto 73/1982, do 17 de novembro.

Quedan excluidos desta axuda os boletín interiores de institucións, as publicacións de partidos políticos, asociacións ou entidades públicas e as de distribución gratuita.

O apartado 4.° sinala que «A axuda consistirá no aboamento por parte da Consellería da Presidencia dunha cantidade máxima de un millón de pesetas».

O Diario Oficial de Galicia do 18 de decembro publica senllas Ordes da Consellería de Educación, que a seguir comentamos.

A primeira delas é do 28 de novembro de 1986, sobre concesión de axudas para a celebración de congresos, xornadas, simposios e outros. Trátase dunha Orde que ten catro artígos, precedidos dunha exposición breve de motivos. As axudas que se convocan están consignadas no presuposto da Consellería coa denominación «A familias e institucións sen fins de lucro para a subvención de congresos, xornadas, simposios e outros». A asignación é de 'catró millóns de pesetas para subvencionar actividades tendentes á obtención desas fínalidades, sempre e cando prime na súa realización a promoción e cooperación cultural de Iingua galega, Lingua galega, por outra banda, como concreta o art. 3° da Orde, que será normativizada.

Outra Orde, da mesma Consellería, do 28 de novembro, aproba as Bases qeu regularán as subvencions á prensa escolar en galego dos distintos centros de ensino non universitario. O Anexo desta Orde conténPage 185oito apartados e, seguindo coa tónica das anteriores Ordes, «os xornais e revistas deben estar escrito en galego normativizado, segundo a lexislación vixente»,

Os requisitos para se beneficiaren os centros de ensino destas subvencións non presentan dificultades. Na Base 3.ª cífrase o importe

O DOG do 19 de decembro publica seis Ordes da Consellería de Educación. Todas elas levan data do 29 de novembro.

A primeira convoca subvencións para a realización de cursos de formación en lingua galega a través de asociacións culturais. A partida presupostaria é cativa, certamente. Apenas un millón de pesetas. A Consellería, a través da Dirección Xeral de Política Lingüística comprométese a subvencionalo gasto do profesorado e material necesario para impartilo curso. Amais disto, e como requisito, «a impartición do curso farase en galego normativizació, ó abeito da lexislación vixente»,

Outra Orde publicada aproba as Bases que regularán as axudas ós suplementos de prensar escolar edítados en galego. Dispón para tal fin a Dirección Xeral de Política Lingüística de un millón de pesetas. Con esta cantidade, coidamos nós, o incentivo é insignificante. E un dato significativo que o diario Faro de Vigo, que viña editando dous suplementos —un cultural e outro de educación— á semana abandoara a súa publicación. Anque neste caso habería que falar máis cá dun acto de protesta nun cámbio de liña editorial da empresa moi pouco proclive á defensa da cultura galega. Agora mesmo son tres os periódicos que editan, e que se bene&cian da subvención oficial, suplementos de educación. A utilización da lingua galega nos mesmos non é total.

O mesmo número do DOG publica outra Orde pola que se convocan axudas a entidades e empresas privadas para accións de promoción da lingua galega, co fin de dar cumprimento ó art. 25 da Lei de Normalización Lingüística, «e, máis concretamente,. co ánimo de fomentala normalización do uso do galego nas actividades mercantís, publicitarias, culturais, asociativas, deportivas, deportivas e outras». A Dirección Xeral destina a este fin a cantidade 6e 6.500.000 pesetas,

No Anexo da Orde recóllense as Bases da convocatoria:

  1. As axudas ás que fai refcrencia esta Orde poderán ser solicitadas por todas aquelas empresas e entidades privadas legalmente constituidas dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

»2.º As modalidades de subvención serán:

  1. Modificación de rótulos e letreiros dos establecementos cometciais.

  2. Publicidade nos distintos medios de comunicación social relaciona-Page 186da con actividades de tipo mercantil, cultural, deportivo e outros, redactada, seriada ou emitida en galego normativizado.»

Fíxase, así mesmo, a cantidade da subvención, que en ningún caso superará ó 50 % do custo total do proxecto.

O artigo 4 dí que «a Consellería de Educación poderá facer pública unha nova convocatoría en iguais ou diferentes termos, no suposto de que as adxudicacións acordadas non cubran a totalidade do crédito asignado».

Rematado o prazo para a presentación de solicitudes, segundo as nosas informacións, o balanzo de entidades privadas interesadas en acollerense ós beneficios desta Orde foi cativo. Compriría unha boa campaña de información estimulando 6 cámbio de actitudes lingüísticas nas actividades mercantís. Mentres non se utilicen outros criterios dende a Dirección Xeral de Política Lingüística os efectos da normalizadón lingüística non se producirán.

Unha terceira Orde convoca axudas a entidades culturais para accións de promoción da Lingua Galega. A Consellería, co fin de dar cumprimento ó disposto na Lei de Normalización Lingüística, e, máis concretamente, co ánimo de que tanto as entidades culturais legalmente constituidas na nosa Comunidade Autónoma como aquelas que, áinda que están fóra das nosas fronteiras, están constituidas por emigrantes galegos que precisan dispo ñeren de servicios culturais e lingüísticos en língua galega ou que realizan actividades nas que prime a promoción da lingua galega, adica catro millóns de pesetas do presuposto de gastos da Dirección Xeral de Política Lingüística.

Unha cuarta Orde deste bloque publicadas no DOG do 10 de decembro, convoca subvencións para programas de investigación científica no campo da Lingua e Cultura galegas. Destínanse a este fin cinco millóns de pesetas. O importe rnáximo por proxecto, segundo a Base 3.a do Anexo, cífrase en cincocentas mil pesetas.

As partidas presupostarias non están ben dotadas para o inxente labor que supón a normalización Iingüística nun Pais tan peculiar polos prexuicios lingüísticos existentes, que pesan aínda moito máis nos sectores económicos.

No próximo número falaremos das leis da función Públíca e da que crea a Escola de Administración Pública Galega, que aínda están na fase de estudio polas respectivas Comisións Parlamentarias.

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR