Crònica legislativa: Galícia

AutorXosé González
CargoDirector do Servicio de Normalización Lingüística da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Páginas219-231

Page 219

Consellería da Presidencia e Administración Pública
a) Lexislación

Lei 4/2001, do 31 de maio, reguladora da mediación familiar (dog núm. 117, do 18.06.2001).

O Título II desta lei, artigo 21 a) ó defini-las infraccións considera moi grave: «Toda actuación que supoña unha discriminación por razón de raza, sexo, relixión, lingua, opinión, lugar de nacemento, veciñanza ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social das partes sometidas a mediación».

b) Fomento

Orde do 30 de marzo de 2001 pola que se anuncia a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego normativizado (dog núm. 72, do 11.4.2001).

O goberno galego, como consecuenica do progresivo incremento da presencia da lingua galega no ámbito da prensa escrita, ten que presta-lo seu máis decidido apoio a tódalas iniciativas que xurdan neste ámbito co obxecto de continuar coa política marcada no Estatuto de autonomia e cumprir así o establecido no seu artigo 5.3, que expresa a necesidade de potencia-lo emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, motivo polo cal se promulgou o Decreto 103/1994, do 21 de abril, no que se establecen as axudas dirixidas a publicacións periódicas escritas integramente en galego normativizado.

O artigo 1 da Orde dispón que poderán solicita-las axudas as empresas xornalísticas radicadas en Galicias e inscritas no Rexistro Mercantil, que difundan as súas publicacións periódicas escritas integramente en idioma galego normativizado.

Page 220

Quedan excluídas da concesión de axudas: a) os boletíns de información interior ou de institucións; b) as publicacións de organizacións políticas, empresariais, profesionais, sindicais ou de entidades públicas; c) as publicacións de difusión total ou maioritariamente gratuítas; d) as publicacións que se distribúan como suplemento ou en forma conxunta con outra publicación, e e) as publicacións escritas nunha normativa distinta da establecida polo Decreto 173/1982, do 17 de novembro.

Orde do 30 de marzo de 2001 pola que se anuncia a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, a empresas xornalísticas e de radiodifusión (dog núm. 72, do 11.4.2001).

O obxecto da presente orde é a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, a empresas xornalísticas e de radiodifusión que realicen publicacións ou emisións diarias, ou transmitan a súa actividade informativa diaria a través da Internet, alomenos en parte en idioma galego.

O artigo 3 establece que quedan excluídos da concesión de axudas: a) os boletíns interiores de institucións; b) as publicacións de partidos políticos, asociacións relixiosas ou entidades públicas; c) as de distribución gratuíta.

As empresas xornalísticas deberán achegar Memoria na que se faga consta-los números publicados desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2000, número de traballos ou artigos escritos en lingua galega durante o mesmo período e porcentaxe de publicacións, informacións ou emisións encamiñadas á normalización da lingua galega e difusión da identidade e cultura de Galicia.

As empresas de radiodifusión Memoria na que se faga consta-la programación, especificando que parte dela se realiza en lingua galega. Este último punto acreditarase mediante declaración xurada.

Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo
a) Fomento

Orde do 18 de xaneiro de 2001 pola que se convocan subvencións á edición discográfica galega (dog núm. 24, do 2.2.2001).

Page 221

A Consellería considera que o fomento da edición de discos é a mellor forma de participar activamente na creación dunha infraestructura empresarial, necesaria para a difusión da música realizada no noso país.

A contía da subvención non poderá supera-la cantidade de 300.000 (trescentas mil) pesetas (1.803,04 i) por disco, casete ou disco compacto, consistindo no equivalente ó 75% do prezo de venda ó público (sen ive) dun máximo de 20% dos exemplares editados, segundo os datos que están no documento de autorización de productores fonográficos, debidamente dilixenciado por unha Sociedade de Xestión de Dereitos de Autor. Se a obra é en varios volumes engadiranse 100.000 pesetas (601,01 i) por cada un deles.

Orde do 25 de xaneiro de 2001 pola que se convocan subvencións a empresas editoriais para apoia-la edición do libro en galego, a traducción ó galego e a edición noutras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego (dog núm. 29, do 9.2.2001).

O libro editado en galego acadou niveis de normalización comparables ós do resto do Estado, non só en presentación, deseño e tiraxes, senón tamén no que respecta ós contidos. Por outra banda, a completa normalización da nosa industria editorial precisa do esforzo das empresas do sector e da axuda da Consellería.

Esta Orde convoca subvencións a empresas editoriais para apoia-la edición en galego, a traducción ó galego, e a traducción e edición noutras linguas de obras escritas orixinariamente en galego. Unha das condicións que as bases desta Orde impoñen ós editores é a de teren publicados como mínimo 10 títulos en galego durante o ano anterior.

Non poderán acollerse ás subvencións desta orde as publicacións destinadas a uso escolar, ben como libro de texto, ben como material complementario e as que non sexan primeiras edicións, de non ser que estas conteñan estudios que acheguen novidades substanciais.

A contía das subvencións será de 3.000 a 4.000 (tres mil a catro mil) pesetas por páxina para as obras que se vaian editar en linguas da Península Ibérica, e de 4.000 a 7.000 (catro mil a sete mil) pesetas (24,04 a 42,07 i) por páxina para as obras que se editen nas outras linguas do mundo, ata un máximo, en tódolos casos, de 950.000 (novecentas cincuenta mil) pesetas (5.709,61 i) por obra.

Page 222

Orde do 15 de febreiro de 2001 pola que se convocan subvencións a empresas vinculadas co sector audiovisual para apoia-lo desenvolvemento de proxectos de producción audiovisual en lingua galega, así como a producción audiovisual en lingua galega (dog núm. 41, do 27.2.2001).

Convócanse subvencións, mediante réxime de concorrencia competitiva, para apoia-lo desenvolvemento de proxectos de producción audiovisual en lingua galega e a realización de produccións audiovisuais en lingua galega.

Para aqueles proxectos que a empresa solicitante considere que teñen carácter plurianual, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo poderá comprometer outras fases de realización dos proxectos para o ano 2002 destinando para o efecto o importe de 30.000.000 de pesetas (180.303,63 i) ó abeiro do disposto no artigo 58 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia aprobado por Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Poderán optar a estas subvencións as productoras audiovisuais e empresas de producción multimedia legalmente constituídas como tales, con domicilio social en Galicia. En todo caso nas bases específicas determinaranse os requisitos concretos que deben cumpri-los solicitantes para acceder a ambas modalidades.

Excepcionalmente, poderán concederse subvencións ás empresas productoras radicadas fóra da Comunidade galega sempre que se dean algunha das condicións seguintes:

  1. Que a película teña por tema, ou desenvolvemento ou localización a Comunidade galega ou, e polo menos o 25 por 100 da rodaxe ou gravación se realice na Comunidade Autónoma de Galicia.

a) Que as persoas integrantes dos equipos técnicos e artísticos que participen na elaboración sexan, polo menos un 30 por 100, orixinarias ou residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Os motivos de exclusión abranguen a aqueles solicitantes que, para o mesmo proxecto, xa foran beneficiarios dunha axuda para a realización de proxectos de producción audiovisual en lingua galega que incorporen novos realizadores, convocadas pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Orde do 15 de febreiro de 2001 pola que se convocan axudas para o desenvolvemento de guións e para a realización de proxectos de produc-Page 223ción audiovisual en lingua galega que incorporen novos realizadores (dog núm. 42, do 28.2.2001).

Convócanse axudas, mediante réxime de concorrencia competitiva, para apoia-lo desenvolvemento de guións e para a realización de proxectos de producción audiovisual en lingua galega que incorporen novos realizadores.

Poderán optar a estas subvencións: a) as persoas físicas domiciliadas en Galicia que teñan prevista a escritura dun guión para proxectos como os sinalados no artigo 13º; b) as persoas físicas domiciliadas en Galicia, como productores audiovisuais e empresas de producción multimedia legalmente constituídas como tales, con domicilio social en Galicia que incorporen para a dirección do proxecto en cuestión un novo realizador. No caso de productoras cinematográficas deberán estar inscritas no rexistro oficial do Instituto de Cinematografía e Artes Audiovisuais.

O art. 3º, declara motivos de exclusión: «os que anteriormente recibisen algunha outra subvención da Cosellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e non xustificasen o seu investimento, así como proxectos encargados por terceiras persoas e as produccións didácticas e publicitarias.

Ademais, quedan excluídos aqueles solicitantes que, para o mesmo proxecto, xa foran beneficiarios dunha subvención para o desenvolvemento e para a producción audiovisual das convocadas anualmente pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Consellería de Educacion e Ordenación Universitaria

Orde do 2 de febreiro de 2001 pola que se anuncian cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega para adultos e colectivos da Comunidade Autónoma de Galicia (dog núm. 31, do 13.2.001).

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, recollendo o que dispoñen a Constitución española e o Estatuto de autonomía de Galicia, establece que o galego é lingua oficial en Galicia. En consonancia con iso, recoñéceselles ós cidadáns o dereito de coñecelo e de usalo. Mais non estaría garantido ese dereito se os cidadáns non tivesen a posibilidade de aumentar —ou iniciar, segundo o caso— o coñecemento e o dominio dos distintos rexistros da lingua propia de Galicia.

Page 224

Os cursos que se convocan van dirixidos a tódalas persoas maiores de idade que o desexen, ben individualmente ou ben agrupados por colectivos. Terán unha duración de 75 horas e neles impartiranse os contidos sinalados na Orde do 1 de marzo de 1989, pola que se regulan os cursos de iniciación e de perfeccionamento.

Orde do 2 de febreiro de 2001 pola que se anuncian encontros e actividades de formación e de intercambios de experiencias para os responsables e os compoñentes dos equipos de normalización lingüística, e para o profesorado en xeral, dos centros de ensino non universitario públicos, privados e privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia (dog núm. 31, do 13.2.2001).

Entre as medidas que a Administración educativa está a levar a cabo figuran a formación do profesorado en lingua galega e a constitución dos equipos de normalización lingüística nos centros educativos.

A finalidade destes encontros e actividades é a formación lingüística do profesorado, co fin de consegui-la progresiva utilización da lingua galega no ensino e, en consecuencia, mellora-lo dominio que os alumnos teñen do idioma galego.

A base 3ª especifica que «tódalas actividades que se realicen faranse en galego e ateranse, no tocante á normativa e ó uso correcto do idioma (tal e como determina a disposición adicional da Lei 3/1983, de normalización lingüística), ó establecido pola Real Academia Galega.

Orde do 2 de febreiro de 2001 pola que se anuncian cursos básicos e medios de linguaxe administrativa galega para o persoal das administracións públicas de Galicia (dog núm. 31, do 1.2.2001).

Convócanse un total de 24 cursos (básicos e medios) en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública, que se van realizar nas cidades de Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago de Compostela. Os cursos terán unha duración de 75 horas. A asistencia ás clases é obrigatoria. A ausencia de cada un dos asistentes non poderá ser superior ó 10% da duración total do curso.

Orde do 2 de febreiro de 2001 pola que se convocan proxectos de fomento do uso do galego e de formación, para os traballos dos equipos de normalización lingüística dos centros públicos de educación infantil, especial, de adultos, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional (dog núm. 31, do 13.2.2001).

Page 225

A intención da Dirección Xeral de Política Lingüística é impulsar e dinamiza-las medidas necesarias para que os alumnos acaden o dominio do galego que establece a Lei de Normalización lingüística, xa que cada centro ten que constituír un equipo de normalización lingüística.

A base 1º desta orde di que o obxectivo é convocar proxectos de fomento do uso do galego e de formación en réxime de concorrencia competitiva destinados ós equipos de normalización lingüística dos centros públicos que imparten ensinanzas de educación infantil, especial, de adultos, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional de Galicia durante o curso 2000-2001.

Nos proxectos de fomento do uso do galego e de formación atenderase preferentemente a:

  1. Adquisición de material didáctico, bibliográfico, fonográfico, videográfico e informático en galego, imprescindible para a realización dos proxectos.

  2. Os gastos de material necesario para:

    a) A elaboración e/ou a disposición dos materiais pedagóxicos precisos para a realización de proxectos que incidan na promoción do galego nas diferentes etapas educativas. Ten especial interese a realización de acción e proxectos innovadores de promoción do uso do galego nas aulas e na comunidade educativa.

    b) A organización de programas e actividades en galego, que teñan como finalidade o fomento do uso da lingua propia de Galicia entre os distintos compoñentes da comunidade educativa do centro.

    Orde do 2 de febreiro de 2001 pola que se anuncian cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua e extensión cultural galega, para galegos residentes no exterior e persoas interesadas no idioma e na cultura de Galicia (dog núm. 31, do 13.2.2001).

    Estes cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua e de extensión cultural galega, que terán lugar nas localidades e para os centros galegos, asociación de galegos residentes no exterior e grupos de persoas interesadas no idioma e na cultura de Galicia, que determine a Dirección Xeral de Política Lingüística.

    Orde do 2 de febreiro de 2001 pola que se anuncian cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega para mestres e profesores de pri-Page 226maria, secundaria, ensinanzas especiais e formación profesional dos centros públicos e privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia (dog núm. 31, do 13.2.2001).

    Tanto a Lei 3/1983, de normalización lingüística, coma o Decreto 247/1995, que a desenvolve no tocante ó ensino non universitario, buscan, por unha parte, que os alumnos vaian acabando cada unha das etapas do ensino cun dominio semellante do galego e do castelán, e, por outra, que o galego sexa a lingua de uso habitual non só da Administración educativa, senón tamén das actividades relacionais, organizativas e culturais dos centros educativos.

    Para axudar a isto —aclara a Orde— cómpre contar cun profesorado que coñeza e domine o galego dun xeito suficiente non só para imparti-las clases no idioma propio de Galicia, senón tamén para facelo coa calidade que axude a mellora-lo dominio que desa lingua teñen os alumnos.

    Os cursos terán unha duración de 75 horas e responderán ós contidos sinalados na Orde do 1 de marzo de 1989, pola que se regulan os cursos de iniciación e de perfeccionamento.

    A la línea 4º especifica que «a avaliación que se realice nestes cursos deberá responder ós principios de formativa e contínua e terá en conta o dominio oral e escrito do idioma, efectuándose as probas necesarias. Ó remate de cada curso, ós asistentes que teñan superadas as distintas fases de avaliación outorgaráselles un certificado coa cualificación de «apto».

    Orde do 9 de febreiro de 2001 pola que se regula o concurso público para a concesión de subvencións a asociacións e institucións privadas sen fin de lucro para fomenta-lo uso social da lingua galega (dog núm. 38, do 22.2.2001).

    A convocatoria pretende anima-las asociacións e institucións privadas sen fin de lucro a que realicen actividades encamiñadas a aumenta-lo uso social da lingua galega a partir do seu emprego no ámbito asociativo, a través da confección de documentación permanente, a realizar actividades directamente relacionadas co fomento do uso da lingua galega e a realización de actividades publicitarias, de acordo coas correspondentes bases específicas.

    Quedan excluídas as seguintes entidades: a) as dependentes das entidades locais; b) as asociacións de pais de alumnos; c) os movementos de renovación pedagóxica que posúan tal cualificación; d) as diferentes agrupacións das entidades citadas nos puntos anteriores.

    Page 227

    Orde do 10 de febreiro de 2001 pola que se regula o concurso público para a concesión de subvencións a empresas privadas para fomenta-lo uso social da lingua galega (dog núm. 37, do 21.2.2001).

    Esta orde pretende anima-las empresas a que realicen actividades encamiñadas a aumenta-lo uso social da lingua galega a partir do seu emprego no ámbito económico e mercantil. Enténdese que o alcance destas subvencións é para a confección de documentación permanente, a rotulación permanente dos establecementos ou vehículos e a realización de actividades públicas e a edición de suplementos didácticos en lingua galega, de acordo coas correspondentes bases específicas.

    Os criterios de concesión establéceos o artigo 6, ó concretar que serán: a) o carácter permanente da acción; b) a incidencia no ámbito socioeconómico da actividade que se pretende realizar; c) o grao de elaboración e a creatividade e a innovación da actividade; d) os recursos achegados pola empresa solicitante para a realización da actuación subvencionable; e) utilización das novas tecnoloxías; f) a adecuación do orzamento previsto ós valores medios reais de mercado; g) a viabilidade da actividade proposta.

    A valoración, segundo a incidencia da acción divídese en tres alíneas: pequena, media e grande.

    Orde do 12 de febreiro de 2001 pola que se regula a concesión de subvencións a empresas editoriais para impulsa-la creación, traducción e adaptación de libros e materiais didácticos, para niveis non universitarios, impresos en lingua galega (dog núm. 40, do 26.2.2001).

    A orde vai dirixida ás editoriais legalmente constituídas como empresas privadas que elaboren material escolar incluíble no seu ámbito de aplicación, para impulsa-la creación, traducción e adaptación de libros e material didáctico de niveis educativos recollidos na loxse con suxeición ás normas contidas na presente orde.

    Os requisitos son:

  3. Estaren correctamente escritos en galego, segundo o disposto na lexislación vixente.

  4. Atérense ó disposto no Decreto 89/1993, do 19 de abril, polo que se regula a autorización de libros de texto e outros materiais para o ensino de réxime xeral, e ás ordes que o desenvolven.

    Exclúense os libros de bibliófilo; os destinados a seren distribuídos gratuitamente; os libros publicados por clubs do libro ou entidades similares, destinados a seren distribuídos entre os seus subscritores; os libros dePage 228uso escolar correspondentes ás áreas ou materias de lingua e literatura galegas; as publicacións ou material didáctico non destinados a uso escolar; as publicacións que recibisen subvención da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e as publicacións ou material didáctico que recibisen subvención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Dirección Xeral de Política Lingüística, en anteriores convocatorias.

    Orde do 12 de febreiro de 2001 pola que se convoca concurso público para a adxudicación de dúas bolsas para realizar estudios relacionadas coa Unión Europea no Colexio de Europa (Bruxelas e Natolín) durante o curso académico 2001-2002 e se anuncia a súa convocatoria (dog núm. 43, do 1.3.2001).

    Tendo en conta que o art. 31 do Estatuto de autonomía de Galicia, establece como competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias, convócase concurso público para a adxudicación de dúas bolsas destinadas a titulados superiores en ciencias políticas e da administración, dereito e administración e dirección de empresas ou economía.

    Amais dos requisitos que se regulan no artigo 3, apartados a) e b), no c) especifícase que os candidatos deberán acreditar, documentalmente, coñecementos satisfactorios de galego, inglés e francés.

    Orde do 8 de marzo de 2001 pola que se aproban as bases que rexerán o concurso público de doce bolsas para estadías de persoal dos departamentos de estudios galegos de universidades de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa colaboración en proxectos de investigación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidade (dog núm. 61, do 27.3.2001).

    A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, no seu artigo 22 establece que o Goberno galego asumirá a dirección técnica e o seguimento do proceso de normalización da lingua galega, asesorará a Administración e ós particulares, e coordinará os servicios encamiñados a segui-los obxectivos que esa mesma lei determina.

    O concurso ten por obxecto a adxudicación de doce bolsas de estadías e participación nos proxectos de investigación que aparecen como anexo I no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

    Page 229

    Nos requisitos xerais establécese que o candidato debe ser estudiante ou licenciado de calquera das universidades coas que a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ten subscritos convenios de colaboración para a promoción e estudio do galego.

Escola Galega de Administración Pública

Orde do 7 de marzo de 2001 pola que se publica a equivalencia dos cursos de linguaxe administrativa galega feitos na Escola Galega de Administración Pública antes do ano 2000 (dog núm. 65, do 2.4.2001).

O artigo único desta Orde declara como equivalentes ó curso medio de linguaxe administrativa galega, deseñado pola Dirección Xeral de Política Lingüística, os seguintes cursos realizados na Escola Galega de Administración Pública con anterioridade ó ano 2000, e dirixidos ós diferentes grupos de persoal ó servicio das administracións públicas: cursos de linguaxe administrativa, cursos de linguaxe administrativa galega, cursos de lingua- xe xurídica galega e cursos de linguaxe xurídica galega para asesores xurídicos da Xunta.

Resolución do 8 de xaneiro de 2001 pola que se convocan dúas bolsas de linguaxe administrativa galega (dog núm. 9, do 9.2.2001).

A Escola Galega de Administración Pública convoca dúas bolsas de linguaxe administrativa galega para a realización de estudios e prácticas sobre linguaxe administrativa galega.

Eixo Atlántico

O «Eixo Atlántico», asociación que engloba a 18 concellos, galegos e portugueses, vén de aprobar unha «Declaración de Dereitos Lingüísticos do Eixo Atlántico», a instancia da Fundación Premios da Crítica Galicia.

No Preámbulo saliéntase o feito de que calquera que nos observe dende fóra decatarase de que a comunicación que establecemos portugueses e galegos non está exenta de perplexidade. Porque os escasos intentos de achegamento a través da cultura ou do comercio non funcionaron. «E seguramente no intercambio mercantil que se está a producir nestes últimosPage 230anos —dise— tampouco poidamos esperar sorpresas favorables. A historia non fixo máis que separarnos, pero nós mesmos fomos incapaces de buscar puntos de encontro. O común marco actual europeo vennos prestar unha axuda cando establece políticas que favorecen o intercambio en tódolos sentidos, dende o lingüístico ó económico. Consideramos, entón, que sexa este o momento ideal de establece-las pontes de converxencia que logren facer da nosa proximidade unha convivencia proveitosa.»

A seguir reproducimos a proposta da Fundación Premios da Crítica Galicia que a Comisión Executiva aprobou no mes de abril de 2001:

As institucións que forman o Eixo

Atlántico, reunidas o 20 de abril de dous mil un, declaran que:

1. Considerando que a Constitución Española, a Portuguesa e o Estatuto de Autonomía de Galicia declaran cooficiais a tódolos efectos nas actividades do eixo atlántico as linguas portuguesa, española e galega, de xeito que

»1.1. as intervencións e documentos escritos terán plena validez en calquera das tres linguas.

»1.2. tódolos galegos e portugueses teñen dereito a expresárense, seren atendido e obteren documentación oficial en lingua galega ou portuguesa, respectivamente, polos concellos do eixo atlántico, en forma de papel, soporte informático ou calquera outra.

»2. Considerando a forza do actual proceso de restauración social do uso da lingua galega e maila necesidade de impulsala de conformidade coa Carta Europea das Linguas Minorizadas, o eixo atlántico promoverá iniciativas propias e apoiará iniciativas alleas que impulsen aquel proceso:

»2.1. Tenderá a que as relacións se realicen preferentemente en lingua portuguesa ou en lingua galega.

»2.2. Terá como válidos tódolos documentos notariais ou autorizados por funcionarios que exercen a fe pública, que estean redactados en lingua galega.

»2.3. Promoverá campañas para promove-los hábitos dos portugueses de acepta-las relacións orais e escritas, oficiais e comerciais, dos galegos con eles en lingua galega.

»2.4. Promoverá a libre circulación dos productos galegos ou portugueses etiquetados respectivamente en lingua galega ou en lingua portuguesa.

»2.5. Promoverá actividades culturais que contribúan a impulsa-la activi- dade comercial e cultural en lingua galega.

»3. Considerando a Lei de Norma- lización Lingüística de Galicia, refren- dada polo Tribunal Constitucional español, e mailas Recomendacións da onu en materia toponímica, declaran que os topónimos portugueses terán no eixo atlántico unha forma oficial que será a portuguesa, e os topónimos gale- gos terán unha forma oficial que será a galega.

Page 231

»4. Considerando que o modelo economicista de crecemento propugnado polos grupos económicos transnacionais, que identifica progreso con desregularización e liberdade con individualismo competitivo, xera graves e crecentes desigualdades económicas, sociais, culturais e lingüísticas, o eixo atlántico

»4.1. propugna un modelo de desenvolvemento sostible e equitativo para toda a humanidade, e propicia un marco de organización política da diversidade lingüística baseado no respecto, a convivencia e o beneficio recíprocos;

»4.2. entende que o espacio comunicativo mundial é compatible coa participación equitativa de tódolos pobos, de tódalas comunidades lingüísticas e de tódalas persoas no proceso de desenvolvemento;

»4.3. coherentemente, o eixo atlántico constitúese como unha forma de vertebración internacional que permita mante-la diversidade dentro da mundialización da economía e do mercado da información;

»4.4. comprométese a orientar tódalas súas actividades na liña de mantela cohesión interna de cada comunidade lingüística, independentemente da súa limitación demográfica, dispersión, precariedade económica ou modelo cultural distinto do predominante.

»5. o eixo atlántico recoñece o dereito dos galegos e dos portugueses a obteren nas súas respectivas linguas unha información completa, tanto oral coma escrita, sobre os productos e servicios que propoñen os establecementos comerciais (como, por exemplo, as instruccións de uso, as etiquetas, as listas de ingredentes, a publicidade, as garantías e outros), así coma as indicacións públicas referentes á seguridade dos cidadáns en condicións non inferiores ás de calquera outra lingua. o eixo atlántico promoverá campañas de mentalización para que nos intercambios entre empresas e entidades galegas e portuguesas se faga efectivo este dereito que todo cidadáns, cliente ou usuario ten de ser informado, oralmente ou por escrito, na lingua propia do territorio nos establecementos abertos ó público, aquén e alén do Miño.»

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR