Galícia

AutorXosé Gonzàlez Martínez
CargoXefe do Servicio de Normaiización do Idioma do Concello de Redondela
Páginas261-270

Page 261

Conselleria da Presidència e Administración Pública
a) Lexislación

Decreto 375/1994, do 2 de decembro, polo que se determinan os només oficiais das parroquias pertencentes ós concellos de: Zas (provincià da Corufia), Castroverde e Pol (provincià de Lugo).

Nesta ocasión a Xunta vai poner fin a unha situación de anormalída-de, provocadora en mais dunha ocasión de múltiples e estériles liortas dia-lécticas entre os partidarios de utiliza-las denominacions espúreas dos no-sos pobos e os que reclaman teimosamente unha intervención gubernamental fixando a denominación oficial.

Orde do 22 de decembro de 1994 po'a que se determinan os només oficiais dos topónimos que se relacionan pertencetes ós concellos de: Zas (A Coruna), Castroverde e Pol (Lugo), Celanova, O Irixo, Rubià, Viana do Bolo e Vilamarín (Ourense) (dog núm. 8, do 12.1.95).

Como na anterior Orde oficializadora de moitos topónimos, esta insi-te no mesmo articulado: aproba-los només oficiais dos topónimos que fi-guran no anexo da orde, dar conta do establecido as autoridades estatais correspondentes e, na Disposición derradeira, fixa-la entrada en vigor da orde para o dia seguinte da sua publicación.

Nesta ocasión a Comisión de Toponímia, organismo oficial encargado de emiti-los preceptivos dictames, informo u sobre mais de setecentos només de entidades menores.

b) Fomento

Orde do 1 de xullo de 1994 pola que se anuncia o curso de especializa-ción en linguaxe administrativa para funcionarios da Administración local (dog núm. 144).

A Comisión Coordinadora para a Normaiización Lingüística, na súa sesión do 4 de maio de 1990, acordou impulsa-la normaiización lingüística

Page 262

na Administración local mediante un plan que ten por obxectivo que en tódalas corporacions locais galegas exista, polo menos, un funcionario que se respons abilice da traducción dos documentos a que se refire o artigo 1 da Lei 5/1985, do 21 de xuíio, do uso do galego como lingua oficial de Galícia.

O curso ten unha duracíón de cento vintè horas, distribuídas do se-guinte xeito: 80 horas lectivas, 10 de exames e 30 de defensa de traballos.

O Anexo desta Orde recolle o Programa deste curso de «Linguaxe administrativa, xurídico-administrativa e traducción».

Orde do 30 de setembro de 1994 pola que se anuncia a concesión de axudas económicas a empresas xornalísticas e de radiodifusión (dog núm. 193).

As solicitudes de axudas iran acotnpanadas, no caso das empresas xor-nalísticas, dunha Memòria na que se faga consta-lo número de traballos ou artigos escritos en lingua galega e a porcentaxe de publicacions, informacions ou emisións encamiíiadas à normalización da lingua galega e difu-sión da identidade e cultura de Galícia.

As empresas de radiodifusión faran consta-la programación, especifi-cando que parte deia se realiza en lingua galega.

A valoración das solicitudes presentadas basearase nos seguintes crite-rios:

  1. Uso da lingua galega; b) Tirada de exemplares, e c) Número de lectores e oíntes.

Conselleria de Educació e Ordenación Universitària
a) Lexislación

Orde do 30 de xuno de 1994 pola que se desenvolve o Decreto 79/1994, do 8 de abril sobre la exención da matèria de lingua galega no ensino bàsico e medio (dog núm. 150).

O Decreto 79/1994, do 8 de abril, establece dun xeito xenérico as circunstancias excepcionais polas que un alumno pode obte-la exención da matèria de lingua galega no ensino basico e medio. A súa disposición derradeira primeira faculta à Conselleria de Educacíón e Ordenación Universitària para dkta-las ordes necesarías para o seu desenvolvemento, que é o que fai esta Orde do 30 de xuíïo.

O Decreto que àgora desenvolve esta Orde sinala que teràn que supera-la matèria de lingua galega:

Page 263

  1. Aqueles alumnos que, logo de cursaren anteriormente estudiós en Galícia, acrediten unha estadía no sistema educativo doutra Comunidade Autònoma ou do estranxeiro inferior a catro anos académicos consecutivos.

  2. Os alumnos do primeiro cicló da educacíón primària.

  3. Os alumnos de cou que elixàn como optativa a matèria de literatura galega. Para estes efectos, o director do centro, consultados o profe-sor e o titor do alumno e mailo seminario de galego do centro tera que facer constar no informe preceptivo que presenta canda a solicitude de exención a situación de cada un dos alumnos de cou en canto a este aspecto.

Tamén o artigo 3, fai matizacións de interese: «Considerarase tamén como integrados lingüisticamente aqueles alumnos que, tendó dereito a que se lles conceda a exención, non a soliciten ou non a fagan en tempo e forma e, consecuentemente, sexan cualificados na matèria de lingua galega nas avaliacións parcials e final. Polo tanto nos anos académicos se-guintes teràn que superar esa matèria.»

O artigo 4.1 atribúelle ó profesor, en colaboración co seminario ou departamento de galego do centro, o labor de desenar unha adaptación curricular gradual que conte coas seguintes fases:

  1. O primeiro ano, iniciación ó conecemento da lingua e da cultura galegas.

  2. O segundo ano, potenciación do dominio tanto do léxico e das estructuras morfosintàcticas como do conecemento do contorno.

  3. O terceiro ano, afianzamento dos conecementos da lingua e da cultura galegas, ata acadar un nivel semellante ó dos demais compaiïeiros da aula.

Asemade, o profesor, en colaboración co seminario ou departamento de galego, indicarà ou elaborarà e porà a disposición do alumno os materials necesarios para a consecución dos obxectivos especificados no apar-tado anterior (artigo 4.2).

O artigo 4.3 dí que: «O alumno, ademais de asistir obrigatoriamente as clases, terà que acredita-lo aproveitamento e adquisición progresiva de conecemento de acordo coa gradación antes mencionada. Tanto a asisten-cia coma o aproveitamento e adquisición progresiva de conecementos fa-ranse constar no informe da dirección do centro que acompana a solicitude de exención para a ano académico seguinte.»

O artigo 5.1 sinala que: «O incumprimento por parte do alumno do contemplado no apartado terceiro do artigo anterior, xustificado debida-mente no informe da dirección do centro, serà causa de denegación da exención.»

Page 264

A delegarien provincial da Conselleria de Educación e Ordenación Universitària onde se soliciten as exencións pediralle ó equipo psicopada-góxico de apoio da zona un informe no que conste a lingua de instalación do alumno, a lingua do contorno sociofamiliar e maila lingua de escolari-zación, o nivel de adquisicíón da linguaxe, outros aspectos sicopedagóxi-cos pertínentes e, como conclusión, a necesidade ou non da concesión da exención.

Orde do 25 de outubro de 1994 pola que se convocan encontros de formación e intercambio de experiencias para os coordenadores e mem-bros dos equipos de normalización lingüística dos centros de ensino non universitario públicos, privados e privados concertados da Comunidade Autònoma de Galícia.

Convócanse encontros para de formación e intercambios de experiencias para os coordenadores e membros dos equipos de normalización lingüística constituídos nos centros educativos non universitarios públicos, privados e privados concertados, que se celebraran ó longo do ano 1995.

A finalidade destes encontros é consegui-Ia normalización lingüística do centro e a galeguízación do ensino, de acordo coa lexislación vixente.

O número de asistentes establécese, como mínimo, en 15 persoas.

As actividades que se leven a cabo nestes encontros centraranse nas actuacions previstas no plao xeral para o uso do idioma e no plao especifico para o ensino en lingua galega, consignados polos centros dentro do seu proxecto educativo.

Resolución do 8 de agosto de 1994, da Dírección Xeral de Política Lingüística, pola para que se resolve o concurso publico de mérito, para profesores de ensino secundario e mestres, para desempenar funcions de coordenadores docentes de galego (dog núm, 184).

O artigo segundo desta Resolución especifica que «o desempeno da función de coordinadores docentes por parte dos anteditos profesores non supora para os efectos académicos e económicos ningunha condición distinta, nin ningunha retribución díferente da que perciben como funciona-rios docentes nos seus destinos actuais».

Amais desta aclaración sinàlase que os coordenadores docentes antes resenados seguiran integrados nos seus centros de destino actual, con de-dicación normal ó desenvolvemento da actividade docente directa nas aulas.

En total, son dez os docentes seleccionados para o desempeno das funcions de coordenadores.

Page 265

b) Fomento

Orde do 20 de outubro de 1994 pola que se establecen dotacions para os traballos dos equipos de normalización lingüística e de potenciación do uso do galego nos centros educativos de educación infantil, primària, xeral bàsica, especial e permanente de adultos, e de bacharelato, forma-ción profesional e institutos de educación secundaria e profesional, res-pectivamente (dog núm. 219).

O artigo 1 deste Decreto establece as dotacions destinadas a financia-los traballos dos equipos de normalización e de potenciación do uso do galego. O artigo 2 sinala que para acceder a estàs dotacions serà necesario que o equipo estea formalmente constituído e o plan de potenciación do uso do galego fose aprobado polo consello escolar.

As dotacions concederanse preferentemente para:

  1. Materials e accions para a determinación da lingua de instalación dos alumnos da educación infantil.

  2. Materiais e accions necesarias para a avaliación de dominio do galego ó remate de cada cicló.

  3. Preparación e elaboración do material necesario para as adaptacions curriculares que posibiliten unl·ia ràpida integración lingüística da-queies alumnos ós que se lles concedese a exención da matèria de lingua galega.

  4. Adquisición de material bibliògrafico, fonogràfico, videogràfico e lúdico-didàctico en galego.

  5. Adquisición doutro tipo de material en galego para o centro.

  6. Materiais para a organización de actividades en galego, destinadas ó fomento do uso do galego tanto por parte dos alumnos, de profesores e de persoal non docente, como da comunidade escolar en xeral.

  7. Preparación e realización de materiais didàcticos relacionados coas . materias que se imparten en galego.

  8. Actividades de prensa e de radio escolar experimental en galego feitas nos centros en ensino.

    Para as concesións das dotacions constituíranse en cada delegación provincial da Conselleria de Educación e Ordenación Universitària comísións integradas por: o delegado provincial, que a presidirà; un inspector de galego, un representante do Servicio de Pianos e Programas do Ensino da Lingua Galega, da Dirección Xeral de Política Lingüística, o xefe do Gabinete de Normalización Lingüística e un funcionario da delegación provincial que actuarà de secretario.

    Page 266

    Resolucïón do 21 de xullo de 1994, da Dirección Xeral de Política Lingüística, pola que se outorgan catorce bolsas de colaboración nos dis-tintos proxectos de investigación que se desenvolvan no Centro de Investigacions Lingüísticas e Literarias Ramon Pineiro (dog núm. 148).

    Adxudícanse catorce bolsas de colaboración nos distintos proxectos de investigación que se desenvolvan no Centro de Investigacions Lingüís-ticas e Literarias Ramon Pineiro, segundo convocatòria anunciada no dog núm. 110, do 9 de xufio de 1994.

    Orde do 4 de xullo de 1994 pola que se anuncian axudas económicas destinadas a subvencionar actividades que fomenten o estudio e a investigación da linguaxe xurídico-administrativa (dog núm. 151).

    Co desexo de acadar unha maior eficàcia nas relacions coas organiza-cións prof esionais en institucions xurídico-administrativas galegas sen animo de lucro que posibiliten e resalten a importància da nosa lingua e promo-cíonen o seu uso e, con estes obxectivos axudaren ó exercicio de actividades en galego, que fomenten o estudio e a investigación da linguaxe xurídico-administrativa, convócanse subvencions para proxectos para os que se solicite a axuda econòmica.

    A contía de cada subvención non poderà excede-la cantidade de un millón de pesetas.

    Orde do 12 de xullo de 1994 pola que se aproban as bases do concurso publico para a adxudicación de prazas de profesorado-bolseiro/a de lingua e literatura galegas nas universidades de Barcelona (2), Madrid (1), Lisboa (1), Oxford (1) e Rennes (1), e anúnciase a sua convocatòria (dog núm. 151).

    O nomeamento do profesorado serà por un período mínimo de un ano, prorrogable como màximo ata tres. No caso de que o seleccionado/a sexa un profesor/a funcionario/a, o nomeamento irà acompanado da correspon-dente comisión de servicios.

    A selección deste profesorado farase a través dun concurso publico de méritos entre licenciados en filoloxía hispànica (subsección de galego-portugués), licenciados en filoloxía galegas ou licenciados que ganaron a oposición de lingua e literatura galegas de ensinanzas medias.

    Orde do 19 de xullo de 1994 pola que se convocan cursos de inicía-ción e de perfeccionamento de lingua galega para o personal da Adminis-tración xeral do Estado en Galícia (dog núm. 159).

    Fai fincapé a exposición de motivos desta orde na dísposición estatal, outra Orde do 20 de xullo de 1990, pola que se dictaren normas para a provisión de determinados postos de traballo de funcionarios na Admi-

    Page 267

    nistración perifèrica do Estado, en relación co conecernento das linguas oficials propias das comunidades autónomas, que concretaba determina-dos tipos de postos de traballo para o exercicio dos cales seria necesario o conecemento do idioma galego.

    Son trinta e catro cursos (iniciacíón e perfeccionamento) distribuídos polas catro provincias.

    A duración dos cursos é de 15 horas, estipulàndose obrigatoria a asis-tencia as clases, toleràndose ausencias non superiores a un 10 % do total do curso.

    Orde do 21 de xullo de 1994 pola que se regula a concesión de subvencions as corporacions locais de Galicia para a normalización da lingua galega (dog núm. 151).

    Tràtase dunha medida de fomento que se vén repetindo puntualmente tódolos anos para dar cumprimento à Lei 5/1988, do 21 de xurïo, de uso do galego como lingua oficial de Galicia polas entidades licais.

    Orde de 15 de novembro de 1994 pola que se anuncian cursos de iniciación e de perfeccionamento da lingua galega para adultos e colecti-vos da Comunidade Autònoma de Galicia (dog núm. 241, do 16 de de-cembro de 1994).

    A teor da regulación establecida pola Conselleria de Educación e Or-denación Unversitaria dos cursos de galego, mediante a orde do 1 de mar-20 de 1989, convócanse cursos de iniciación e perfeccionamento para que poidan asistir a todos eles persoas que o desexen, maiores de idade e de calquera profesión, ben individualmente ou ben agrupadas por colectivos.

    Establece a Orde a duración do curso, sinalàndose que a ausencia de cada un dos asistentes non podera ser superior ó 10 % da duración total do curso.

    Orde do 25 de novembro de 1994 pola que se aproban as bases que rexeràn o concurso publico de setè bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se desenvolveran no Centro de Investigacions Lin-güísticas e Literarias «Ramon Pifierio», e anúnciase a sua convocatòria (dog núm. 244, do 21 de decembro de 1994).

    O artigo 1 do Decreto 232/1994 do 14 de xuíïo, en harmonia co arti-go 27 do Estatuto de autonomia para Galícia, establece a competència de Conselleria de Educación e Ordenación Universitària para a promo-ción e ensino da lingua galega e o fomento da investigación. O outorga-mento destas bolsas enmàrcase dentro das funcions atribuídas à Conselleria de Educación e Ordenación Universitària no artigo 3.° do Decreto

    Page 268

    25/1993, do 11 de febreiro de creación e posta en funcionamento do Centro de Investigacions Lingüísticas e Lkerarias «Ramon Piüeíro».

    A contía das bolsas inclúe unha asignación mensual de 122.000 pese-tas e seguro de asistencia mèdica e seguro combinado de accidentes.

    O período de disfrute das bolsas serà ata o 31 de decembro de 1995.

    No capitulo de requisitos esixidos figura o de te-lo titulo de licenciado.

    O Anexo I distribúe as bolsas do seguin te xeito:

  9. Dúas bolsas para colaborar na catalogación dos fondos bibliògraf i-cos propios do centro.

  10. Dúas bolsas para colaborar no proxecto de construcción, etiqueta-ción e Iematización do corpus de referència do galego actual.

  11. Dúas bolsas para colaborar no proxecto de construcción dun sin-tetizador texto-voz en galego.

  12. Unha bolsa para colaborar nun corpus documental latinum ga-llaeciae.

Conselleria de Cultura

Orde do 5 de agosto de 1994, pola que se convocan bolsas a persoas físicas para proxectos no campo da promoción cultural, a creación literària en galego, as artes escènic as e musicals, as artes da imaxe e as artes plàsticas (dog núm. 178).

No Preambulo da Orde maniféstanse as intencions da Conselleria ó dicir que «cómpre que a Conselleria de Cultura apoie novos proxectos literarios e de investigación e que se formen bos profesionais que traba-llen polo engrandecemento cultural de Galicia».

A contía de cada bolsa (Art. 2.°) non podera excede-la cantidade de 500.000 pesetas. É requisito imprescindible que os candidatos demostren a súa capacidade no campo da creación literària, a súa actividade investigadora ou a súa adicación as artes escénicas e musicais, etc.

Conselleria de Xustiza, Interior e Relacions Laborais
a) Fomento

Orde do 21 de xullo de 1994, pola que se regula a concesión de subvencions as corporacions locais de Galicia para a normalización da Iingua galega (dog núm. 151).

Page 269

A Lei 5/1988, do 21 de xuno, de uso do galego como lingua oficial de Galícia polas entidades locais no seu artigo 1.° dí: «As convocatorias de sesións, ordes do dia, votos particulares, propostas de acordo, dicta-mes das comisións informativas e actas das entidades locais de Galícia, redactaranse en lingua galega»; no seu artigo 2.°.1 preceptúa: «Corres-póndelle a Xunta de Galícia o pulo do proceso de incorporación da lingua galega na administración local, moi especialmente a través de programas de formación de funcionarios en lingua galega»; e no punto 2.°.2: «Sen prexuízo do anterior, a Xunta de Galícia adoptarà as medidas oportunas para que nos concursos de acceso de funcionarios à Admistración local se garanta o conecemento da lingua galega.»

A Conselleria desenvolveu un plano integral de estudiós adicado ós funcionarios que presten os seus servicios nas corporacions locais galegas, do que forman par te os cursos bàsico, medio e de especialización, obtén-dose, ó remate deies, o titulo de traductor oficial de linguaxe administrativa galega, titulo que habilita, os que o obtenan, para encargarse da tra-ducción da documentación a que se refire o artigo 1 da referida Lei.

As subvencions que se outorgaràn ó abeiro das bases desta Orde «des-tinaranse tanto à adquisición do equipamento e medios materiais precisos para o bo funcionamento dos gabínetes de traducción dos concellos, como para sufragalos custos de persoal alleo» contratado necesariamente polos concellos mentres non dispoíían de persoal funcionario preciso e suficien-temente formado.

As subvencions concederanse para: 1. Mantemento dos servicios mu-nicipais de normalización lingüística xa existentes; 2. Creación de novos servicios municipais de normalización lingüística, debidamente xustifica-dos e sempre que exista crédito suficiente; 3. Merca de material bíbliogrà-fico, didàctico e/ou de apoio para o ser vicio de normalización lingüística xa existente ou de nova creación; 4. Normalización lingüística dos rótulos existentes na casa consistorial, xulgados de paz, instalacións da policia local e de calquera dos edifícios de titularidade municipal afectados a un Servicio publico.

Orde do 21 de xullo de 1994 pola que se convocan varios cursos de formación en lingua galega para o cadro de persoal das corporacions locais (dog núm. 155).

A convocatòria destes cursos de formación faise dandolle cumprimen-to ó artigo 2.2.°.l da Lei de Normalización Lingüística, que di: «Corres-póndelle à Xunta de Galícia o pulo do proceso de incorporación da lingua galega na Administración local, moi especialmente a través de pro-

Page 270

gramas de formación de funcionarios en lingua galega.» No paràgrafo 2.° deste artigo dise: «Sen prexuízo do paràgrafo anterior, a Xunta de Galícia adoptarà as medidas oportunas para que nos concursos de acceso de funcionarios a Administración local se garanta o conecemento da lingua galega.»

Convócanse oito cursos de ni vel medio e outros oi to de nivel bàsico. A duración de cada curso serà de 75 horas.

Distribúense os cursos en novè Iocalidades galegas, cidades e vilas.

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR