Crònica legislativa: Galícia

AutorXosé González
CargoXefe do Servido de Normalización Lingüística do Concello de Redondela
Páginas384-390

Page 384

Presidencia
a) Lexislación

Leí 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, da infancia e da adolescencia (dog núm. 118, do 20 de xuño de 1997).

O artigo 8 g) desta Lei establece «o dereito a expresarse na súa lingua propia, de orixe ou de libre elección, sen discriminacións por razón dela».

Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia (dog núm. 149, do 5 de agosto de 1997).

O artigo 7 desta Lei repite preceptos que a Lei de Normalización Lingüística e do Uso do Galego polas Corporacións Locais consagran. O parágrafo 1° establece que «O galego, como lingua propia de Galicia, éo ta-mén da súa Administración local». A segunda parte deste artigo é unhaPage 385reproducción cáseque literal do artigo 1.1. da Leí 5/1988, do 21 de xuño, do uso do galego como lingua oficial de Galicia polas entidades locais, ó preceptuar que serán redactadas en lingua galega «As convocatorias de se-sións, ordes do día, mocións, votos particulares, propostas de acordo, dic-tames das comisións informativas, actas e notificacións». Sen embargo, o lexislador «estirou» máis a redacción ó amplia-las obrigas, engandindo: «[...] recursos, escrituras públicas, comparecencias xudiciais e tódolos actos de carácter público ou administrativo que se realicen por escrito en nome das corporacións locáis, redactáranse en lingua galega». A ampliación destas obligatoriedades abre o campo á normalización lingüística, implicando á Administración de Xustiza, Rexistros e Notariado, que son receptores de numerosísimos expedientes xudiciais e actos xurídicos documentados.

O parágrafo 2o, abunda na constitucionalidade da cooficialidade, como se fai noutras leis: «sen prexuízo do disposto no apartado anterior, tales entidades poden facelo, ademais, na outra lingua oficial, o castelán».

O parágrafo 3° dispón que «A Xunta de Galicia impulsará o proceso de incorporación da lingua galega na Administración local, especialmente a través de programas de formación de funcionarios das entidades locais en lingua galega».

O artigo 50, ó regula-lo cambio de nomes dos municipios establece as seguintes normas: «a)Non se autorizará cambio de nome cando o propos-to sexa idéntico a outro existente ou poida producir confusións na organización dos servicios públicos; b) Cando a nova denominación acordada conteñan incorreccións lingüísticas ou non se axeite á toponimia galega, corresponderalle ó Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conse-lleiro competente en materia de réxime local, a resolución definitiva sobre o cambio de nome, logo do informe da Comisión Galega de Toponimia e da audiencia do municipio interesado.»

Verbo dos funcionarios con habilitación de carácter nacional o artigo 240 recolle as características dos concursos.

  1. No concurso, como sistema normal de provisión de postos de tra-ballo, teranse en conta os méritos xerais e tamén os méritos específicos cando estes sexan establecidos pola Corporación Local correspondente.

  2. Dentro da porcentaxe de baremo reservada a méritos xerais co-rrespóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia o dez por cento do total posible para fixa-Ios méritos que correspondan ó coñecemento das especificidades da súa organización territorial, normativa autonómica e lingua galega.

    Page 386

  3. Tanto as corporacións locais como a Xunta de Galicia deberán incluir nas bases do concurso aqueles factores ponderados que garantan un grao suficiente de coñecemento da lingua galega para desempeña-las fun-cións do seu posto de traballo.

    A selección dos demais funcionarios de carreira establécese no artigo 245.6. : «Nos sistemas de selección que se realicen para ao acceso ás prazas da Administración local terá que demostrarse o coñecemento da lingua galega.»

    O Capítulo V regula os dereitos dos cidadáns reservándolle, tamén, á lingua un parágrafo do artigo 252, que os fai acredores do dereito a: d) utilizaren o idioma galego nas súas relacións coas corporacións locáis da Co-munidade Autónoma de Galicia.

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
a)Desenvolvemento

Orde do 2 de xaneiro de 1997 pola que se anuncian cursos de iniciación e de perfección amento de lingua galega para galegos residentes no exterior e persoas interesadas no idioma e na cultura de Galicia (dog núm. 40, do 27 de febreiro de 1997).

A Lei 3/1983, de normalización lingüística, ordénalle ó Gobernó galego que faga uso dos recursos necesarios para que os galegos residentes no exterior poidan dispor de servicios culturais e lingüísticos no idioma propio de Galicia.

O abeiro desta orde convócanse cursos de iniciación e perfecciona-mento de lingua galega, que se celebrarán nas localidades e para os centros galegos, asociacións de galegos residentes no exterior e grupos de persoas interesadas no idioma e na cultura de Galicia.

Orde do 3 de xaneiro de 1997 pola que se convocan cursos de iniciación e de perfeccionamento de lingua galega para o persoal das administracións públicas de Galicia (dog núm. 40, do 27 de febreiro de 1997).

A Lei 3/1983, de normalización lingüística, recollendo o que dispoñen a Constitución española e o Estatuto de autonomía de Galicia, establece que o galego é lingua oficial en Galicia. En consecuencia con isto, recoñé-ceselles ós cidadáns o dereito de usalo oralmente e por escrito nas súas relacións coas Adminisracións públicas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma. Ademais, para facer efectivo ese dereito, mándalles ós poderes públicos autonómicos que vaian capacitando progresivamente no uso doPage 387galego ó persoal que traballa ó servicio da Administración pública e das empresas de carácter público en Galicia.

En colaboración coa Escola Galega de Administración Pública, os cursos de iniciación e de perfeccionamento de lingua galega que se convocan van dirixidos ó persoal que realiza funcións administrativas nas diferentes administracións pública de Galicia. Resérvase o 75 % das prazas para o persoal da Administración autonómica galega.

Orde do 7 de xaneiro de 1997 pola que se convocan encontros e actividades de formación e de intercambios de experiencias para os responsables e os componentes dos equipos de normalización lingüística, e para o profesorado en xeral, dos centros de ensino non universitario públicos, privados e privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia (dog núm. 41, do 28 de febreiro de 1997).

A Lei 3/1983, de normalización lingüística, encoméndalles ás autoridades educativas que tomen as medidas oportunas para promove-lo uso progresivo do galego no ensino. Ese uso debe contribuir a que os alumnos do ensino non universitario vaian acabando os distintos ciclos cun dominio similar de galego e de castelán.

Entre as medidas que a Administración educativa está levando a cabo figuran a formación do profesorado en lingua galega e a constitución dos equipos de normalización lingüística nos centros educativos.Estes equipos teñen como función principal potencia-lo uso da lingua galega nos centros de ensino non universitario, e son os encargados de elaborar e dinamizar un plan anual de actividades tendentes á consecución dos obxectivos establecidos polo centro en relación coa normalización do idioma e a cultura de Galicia.

Esta orde convoca encontros e actividades de formación e de intercambios de experiencias para os responsables e os compoñentes dos equipos de normalización lingüística, A finalidade destes encontros e actividades é a formación do profesorado, para consegui-la normalización lingüística nos centros e a progresiva utilización da lingua galega no ensino en xeral. O número de asistentes a cada encontro ou actividade será de 15 persoas como mínimo.

Os módulos económicos que se fixen para estes encontros e actividades poderán comprender:

- Gastos de desplazamento dos responsables dos encontros e dos profesores docentes, sempre que o concello no que se celebren sexa distinto daquel no que está situado o centro no que teñen destino.

- Retribución ós relatores ou conferenciantes, no caso de que os haxa, polas súas conferencias ou relatorios.

Page 388

Orde do 11 de xullo de 1997 pola que se regula a concesión de sub-vencións ós concellos de Galicia para a normalización da lingua galega (dog núm.152, do 8 de agosto de 1997).

A Xunta de Galicia elaborou un plan integral de estudios dedicado ós funcionarios que presten os seus servicios nas corporacións locais galega, para dar cumprimento á Lei 5/1988, do 21 de xuño de uso do galego como lingua oficial de Galicia polas entidades locais, que establece no seu artigo 1° que «As convocatorias de sesións, ordes do dia, votos particulares, propostas de acordo, dictames e actas das entidades locais de Galicia, redacta-ranse en lingua galega». Outro artigo, o 2o. 1 sinala: «Correspóndelle á Xunta de Galicia o pulo do proceso de incorporación da lingua galega na Administración local, moi especialmente a través de programas de forma-cións de funcionarios en lingua galega; e no punto 2°.2: «Sen prexuízo do anterior, a Xunta de Galicia adoptará, as medidas oportunas para que nos concursos de acceso de funcionarios á Administración Local se garanta o coñecemento da lingua galega.»

Esta Orde convoca axudas destinadas a: 1) Mantemento de servicios municipais de normalización lingüística xa existentes; 2) Creación de no-vos servicios municipais de normalización lingüística, debidamente xustifi-cados e sempre que exista crédito suficiente; 3) Organización de campañas co obxecto de logra-la normalización lingüística no concello.

As condicións para optar a estas axudas establéceas o artigo 5o da Orde. Os gabinetes municipais de normalización lingüística deberán cumpri-la seguinte misión:

  1. Velar porque sexa aplicada a Lei de normalización lingüística de Galicia, no ámbito de actuación do concello correspondente, asi como a Lei do uso do galego como lingua oficial de Galicia polas entidades locais; b) ofrecerlle ó público asesoramento lingüístico para a corrección de textos galegos e para a súa traducción, se fose posible; c) Impulsa-la normalización do galego nos diferentes ámbitos da vida pública.

Consellería de Cultura e Comunicación Social

Orde do 6 de maio de 1997 pola que se convocan subvencións a empresas e persoas físicas vinculadas ó sector audiovisual para apoia-lo de-senvolvemento de proxectos de producción audiovisual en lingua galega, a producción a audiovisual en lingua galega e as iniciativas de promoción de audiovisual galego (dog núm. 98, do 23 de maio de 1997).

AConsellería de Cultura e Comunicación Social establece as liñas dePage 389apoio ás diversas fases de producción, co fin de potencia-la existencia en Galicia dunha auténtica industria da imaxe.

Coa axuda á producción en lingua galega tentase apoia-la realización de proxectos competitivos nos mercados nacionais e internacionais.

Orde do 13 de maio de 1997 pola que se anuncia a concesión de axu-das económicas, en réxime de concorrencia competitiva, a empresas xor-nalísticas e de radiodifusión (dog núm. 99, do 26 de maio de 1997).

O artigo 5o desta Orde, no apartado A)1. obrígalle ós solicitantes des-tas axudas á elaboración dunha memoria na que se fagan consta-los números publicados durante o presente ano, ata o 31 de agosto, número de tra-ballos ou artigos escritos en lingua galega durante o mesmo período e porcentaxe de publicacións, información ou emisións encaminadas á normalización da lingua galega e difusión da identidade cultural de Galicia, poden optar a estas subvencións as persoas físicas domiciliadas en Galicia que teñan prevista a escritura dun guión para proxecto cinematográfico, vi-deográficos ou multimedia. A efectos de clasificación dos proxectos, terán a consideración de curtametraxes as produccións cinematográficas de duración inferior a sesenta minutos.

As copias entregadas á Consellería de Cultura e Comunicación Social, que deberá ser en lingua galega, quedarán depositadas no Centro Galego de Artes da Imaxe da Dirección Xeral de Medios, para a súa conservación e uso con fins culturáis e de promoción do audiovisual galego. Para tal fin, a Consellería de Cultura e Comunicación Social poderá realizar cantas copias considere precisas.

Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

Orde do 2 de xullo de 1997 pola que se aproba o baremo de méritos para promoción interna das policias locais de Galicia (dog núm. 132, do 10 de xullo de 1997).

Consonte co establecido pola Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policias locais, establece no seu artigo 5.1a d) que a coordinación da actuación das policias locais de Galicia se fará respectando totalmente a autonomía local recoñecida na Constitución e abranguerá o exercicio da función, entre outras, de fixa-los criterios básicos de selección, formación, promoción e mobilidade dos membros das policias locais e, no seu artigo 25.6, dispón que se fixarán por vía regulamentaria os baremos dos concursos de méritos.

Page 390

Curso de lingua galega (certificado grao elemental): 1 punto.

Curso de lingua galega (certificado de grao medio): 2 puntos.

Curso de lingua galega (certificado de grao superior): 5 puntos.

A certificación de grao medio, acreditada pola Escola Oficial de Idiomas, ou institución oficial similar. A de grao superior, acreditada con certificado oficial da Xunta de Galicia,

Escola Galega de Administración Pública

(DOG núm. 151, do 7 de agosto de 1997)

Convócase un curso en colaboración coa Escola d'Administrado Pública de Catalunya e o Instituto Vasco de Administración Pública coa fina-Iidade de coñecer diversas experiencias europeas e posibles solucións no campo do uso da lingua na administración, reflexionar acerca do uso da lingua nas administracións públicas das comunidades autónomas de Cataluña, Galicia e Pais Vasco, e melloralos coñecementos e habilidades dinamizadoras dos responsables da normalización lingüística nas administracións públicas. Os destinatarios serán os responsables dos servicios de normalización lingüística das administracións públicas; profesores de lingua para o persoal das administracións e persoal ó servicio das administracións públicas.

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR