Unha valorización provisória dos procesos actuals de normativización e normalización do idioma Galego

AutorXoán X. Santamaria Conde
CargoResponsábel do Servizo de Normalización Lingüística do Coléxio de Economistas de Pontevedta e membro do Comité de Ensinamento do Consello Xeral de Economistas de España
Páginas139-152

Page 139

I Introdución

A Constitución* española de 1978 e, en base a ela, o Estatuto de Autonomia para Galiza de 1980 van supor o comezo dos procesos oficiais de nor-mativización e normalización do idioma galego. Polo seu carácter oficial, os tais procesos emarcan-se nun cadro legal, ainda non fechado, do que, nesta altura, xa se pode comezar a facer unha valorización até o motnento provisóría polo pouco tempo transcorrido. Non intentamos, pois, chegar a conclusións acabadas; mas, isto si, resaltar as principais virtualidades e deficiéncias dos aludidos procesos en curso. E todo isto dentro do que debe ser un plantexamento minimamente acaído ao respeito, á luz das conclucións que, desde xa, caben tirar-se.

Page 140

Sen remontar-nos mais aló do remate da guerra civil española, cumpre resaltar as características salientábeis dos precedentes mais imediatos da actual lexislación lingüística galega, Unha lexislación que, a diferenza da actual aplicábel no ámbito territorial da Comunidade Autónoma Galega, se promulgou con carácter de xenaralidade para os territórios que contan con outra língua própria diferente ao castellano ou español.

Até 1978 cabe distinguir duas etapas que van desde 1938 a finais do decénio dos 40, a primeira, e de 1950 a 1978, a segunda. Da primeira £ase, de represión aberta, podemos tomar, como exemplos, a Orde de 21 de maio de 1938 sobre cooperativas pola que, no seo das mesmas, proibe-se o uso de outro idioma que non sexa o castellano, a de 8 de abril de 1939 que estabelece outro tanto para as hospedarias, a de 20 de maio de 1940 sobre propriedade industrial que rexeitaba, ademais dos vocábulos estranxeiros, os pertencentes a «dialectos distintos del idioma castellano que están en pugna con el sentimiento nacional y españolista...», asi como tamén acontece con a Orde do 16 do mesmo mes e ano a respeito de rótulos e anúncios. Na segunda etapa temos os Decretos 1.433/75, en aplicación da Lei Xeral de Educación, e o 2.929/75, polos que se incorporan as línguas nativas ou rexionais aos programas de Pré-escolar e da E.X.B., e á Administración do Estado e dos organismos, entidades e particulares, respectivamente.

En matéria de uso do idioma español e, no seu caso, das outras línguas próprias non existe, na primeira £ase e parte da segunda, unha lexislación sistemática senón dispersa e referida a cuestións mui pontuais. A partires dos anos 1950, cando se cria na Galiza a «Editorial Galaxia», entra-se nunha nova fase caracterizada por unba relativa toleráncia limitada pola censura vixente. En todo caso cumpre salientar o similar tratamento que se líe outorga ás restantes línguas españolas en comparanza con o que se lle dispensa, mais ou menos, ás estranxeiras. Primeiramente posibilita-se, con carácter voluntário, a aprendizaxe de aquelas. Despois, por Orde de 1 de agosto de 1979, asigna-se-lle ao galego tres horas no cadro horário da 1.ª etapa da E.X.B., na que están ausentes os idiomas estranxeiros, e as mesmas tres horas semanais, como para o idíoma moderno estranxeiro, a partires do 6.° curso da E.X.B. Ao mesmo tempo, polo Real Dto. 1.981/79, estabelece-se a voluntariedade do ensinamento en galego das outras matérias ou disciplinas para Pré-escolar, Educación Xeral Básica e Formación Profisional de 1° grado.

Na segunda fase a lexislación xa se apresenta de forma mais sistemática e concreta. Posibilita-se, en 1975, o ensinamento das chamadas línguas «na-tivas» en coerénda con o respeito que formalmente se lles dispensa, nas relacións familiares privadas exclusivamente, polas devanditas Ordes de 1940. En todo caso estas consideracións £an-se setnpre, como mesmo acontece hoxe, deixando a salvo «la importancia trascendental del idioma castellano como lengua oficial» (Decreto 2.929/75) como se, con este cadro legal, e mesmo o vixente na actualidade, llescoubese algunha restrición relevante ou algun tipo de ameaza séria aos castellanos parlantes para os seus direitos na con-Page 141dición de tais. Se nos atenemos ao decreto polo que, eo 1975, se amparan e protexen polo Estado as demais línguas españolas, a pesares do verbalismo do artigo 1.°, tal protección non consistia mais que en pode-las utilizar oralmente e por escrito nos meios de difusión, nos actos e reunións de carácter cultural, oralmente só na vida interna das entidades locais, pois que, nas sesións plenárias, todo o que teña de reflectir-se en acta debetá-se expresar en idioma oficial, asi como tamén, nos actos culturais de calquera índole, se poderian utilizar as outras línguas. O artigo primeiro sinala que: «das lenguas regionales son patrimonio cultural de la nación española y todas ellas tienen la consideración de lenguas nacionales. Su conocimiento y uso será amparado y protegido por Ia acción del Estado y demás entidades y corporaciones de derecho público». En troca, na aplicación prática, texeron os artigos 3° e 4.° segundo os que: «El castellano, como idioma oficial de Ia nación y vehículo de comunicación de todos los españoles, será el usado en todas las actuaciones de los altos órganos del Estado, Administración Pública, Administración de Justicia, Entidades Locales y dmás Corporaciones de derecho público»; «Será asimismo el idioma utilizado en cualesquier escritos o peticiones que a los mismos se dirijan o que de ellos emanen» e, finalmente, dentro da permanente defensa dos direitos dos castellanos parlantes exclusivamente: «ningún español podrá ser objeto de discriminación por no cono cer o no utilizar una lengua regional». Contrasta, pois, nesta etapa mais permisiva, o recoñecímento de limitados direitos para os galegos, cataláns e vascos parlantes con os que, sen Hmitación algunha, se amparan e protexen para os castellanos parlantes que socialmente son os que non o necesitan. Eis a razón pola que estanios perante unha Iexislación que, con posterioridade aos avanzos que na prática se van producindo en prol do uso das demais línguas españolas, recoñece parcialmente tais avanzos e, consecuentemente, regula-os e refrea-os.

II O cadro legal vixente

Enlazando con a Introdución, proseguimos a descrición do direito lingüístico galego ou aplicábel na Galiza segundo a ordre cronolóxica dos diplomas a comentar.

En primeiro Iugar hai que resaltar a vixénda de lexislación anterior á promulgada xa polos órgaos autonómicos galegos, sen prexuízo das derogacións ou modificacións que estes poden introducir nun próximo futuro, dado que a promoción e o ensinamento da língua galega é unha das matérias de exclusiva competéncia da nosa Comunidade Autónoma (art. 27.20 do Estatuto de Autonomia). A pesares do Decreto da Xunta da Galiza 135/83 polo que se desenvolve, para o ensinamento, a Lei de Normalización Lingüística, actualizou-se simplesmente a lexislación anterior en matéria de autorización de libros de texto. Non esquezamos, ademais, que, aparte de que a falta de direito próprio da Galiza é de aplicación supletória o direito español comun, no entanto o Parlamento da Galiza non lexisle sobre asPage 142matérias da sua competéncia, continuan en vigor as leis e disposicións da Administración Central do Estado, sen prexuízo do seu desenvolvimento lexislativo ou, no seu caso, execución pola G)munidade Autónoma (art. 38.2 e disp. t. 3.a do Estatuto).

1. Os libros de texto

Pois ben, a respeito da autorización de libros de texto e material didáctico redixido en Iíngua galega, temos a Resolución de 15 de Outubro de 1980 que ven aplicar o artigo 7 ° do Real Decreto 1981/79 xa aludido na Introdución. Este artigo que, na tal Resolución, aplica a Comisión Mista Ministério de Educación-Xunta da Galiza sinala o seguinte: «A autorización de libros de texto e material didáctico destinado ao ensinamento da Língua Galega, asi como, cando proceda, a das versións nesta Língua dos demais libros de texto, realizará-a unha Comisión Mista, constituída por representantes da Administración do Estado e da Xunta da Galiza, que na sua actuación se aterá con carácter xeral ao disposto no Decreto 2.531/1974.» De acordo con o Decreto 2.531 e a Orde de 2 de Decembro de 1974 que o desenvolve, a devandita Resolución ven reproducir a Portaria polo que fai, exclusivamente, aos libros de texto e tnaterial didáctico en língua galega, substituindo, ademais, as mencións en relación ao Ministério de Educación polas da referida Comisión Mista. E isto sen apenas outras alteracións que a supresión da inexistente entón «Secretaría General del Movimiento» á que se referen os artigos 3.° do Decreto e 4° da Orde ou a dun prezo máximo de venda que, segundo a Resolución, o estabelece libremente o editor. Non obstante a actualización levada a cabo da lexislación estatal citada resulta confusa en vários pontos:

  1. A normativa estatal de referéncia na que se basea a Resolución da Comisíón Mista fala só das orientacións pedagóxicas a ter en conta polo solicitante para poder obter a correspondente aprobación ou autorización (art. 4.° do Decreto 2.531/74, art, 1.°, 2.ª, alínea e 7.° da Orde de 2-XII-74). No entanto, a Resolución da Comisión Mista óbvia isto e introduce as normas lingüísticas en vigor entón ás que se aterán os libros de texto e material didáctico que se pretendan utilizar (art. 1.° da Resolución). Non se entende tnui ben, pois, como se pode aprobar pedagoxicamente un libro de texto en galego ou de língua galega a £alta dunhas orientacións pedagóxicas ás que ater-se os solicitantes, e que si existen para o caso do castellano ou español. Desde xeito a Comisión Mista, como na actualidade fai a Consellaria de Educación, autorizou libros de texto baseando-se só en informes lingüísticos cando o prescrito na norma de referéncia é a autorización pedagóxica (art, 6.° da Resolución).

  2. Os informes lingüísticos que se solicitaron e solicitan, ao amparo do artigo 5.° da Resolución, emitennos entidades non determinadas expli-Page 143citamente nesta norma de Comisión Mista. No entanto o artigo 5° da Orde citada sinala os entes —as Direccións Xerais de Ordenación Educativa e de Formación Profisional e Extensión Educativa— aos que lles cumpre estabelecer os critérios de valoración a aplicar.

  3. O prazo para emitir os informes tamén non están fixados previamente na Resolución como si, en troca, acontece no artigo 3.° da Orde. Deste xeito propician-se arbitrariedades na aprobación con simplesmente pospor a emisión da mesma, no caso do idioma galego, con a conseguinte inseguranza xurídica.

Respeitante á lexislación que, na actualidade, regula todo isto, temos en primeiro lugat o Real Decreto 1.763/1982 de 24 de xullo (D. O. da G., 18-VI11-82) polo que a Comunidade Autónoma Galega asume competéncias en matéria de educación. Entre as competéncias ou funcións que a partires de entón son da incumbéncia da nosa Comunidade, temos:

»g) A elaboradón, aprobación e execución dos planos, programas e orientacións pedagóxícas que desenvolvan e complementen as ensinanzas mínimas que estabelezan os órgaos centrais do Estado dentro da ordenadón xeral do sistema educativo. E todo isto sen menoscabo do disposto no artigo 3.° do Constitución e nos artigos 5° e 27.20 do Estatuto de Autonomia para Galiza, a respeito do uso da língua galega no ensinamento.

»h) A elaboración, aprobación e execución dos planos, programas e orientacións pedagóxicas para o ensinamento do idioma galego.

(...)

»j) A aprobación de libros de texto e demais material didáctico e orientacións pedagóxicas a que se referen os apartados g) e h) e que vaian ser utilizados na Galiza, tanto en galego como, se fose o caso, en castellano ou español, sen prexuízo das competéncias que se reserva o Estado en relación ás ensinanzas mínimas...»

En aplicación do Real Decreto acima reseñado, promulga-se o Decreto 102/1982 de 11 de agosto (D. O. da G., 18-VIII-82) polo que, segundo os artigos 3.° a) e 5.° a), correspondelles ás Direccións Xeraís de Educación Básica e de Ensino Médio, respectivamente, a elaboracións dos planos, programas de estudos, orientacións pedagóxicas e aprobación de libros de texto e outro material didáctico nos termos do Real Decreto 1.763/1982. Pois ben para libros de texto e material didáctico de uso na Gaüza, en idioma galego e, nomeadamente, de língua galega, as devanditas Direccións Xerais da Consellaria de Educación e Cultura da Xunta da Galiza limitan-se a aprobar ou autorizar en base unicamente ao informe favorábel prévio da Dirección Xeral de Política Lingüística e sen aludir, nas correspondentes resolucións, ás orientacións pedagóxicas sobre as que tais Direccións Xerais son competentes. E esta lagoa, ou auséncia de referéncia ás orientacións pedagóxicas que se estabelecen a partires da lexislación estatal, pode propiciar, desde xa,Page 144indesexábeis contenciosos sobre a matéria entre a Administración Autonómica e a Central pois que é a esta á que lle cumpre, entre outras matérias educativas, a tegulacións das condicións de obtención de títulos académicos e profisionais (art. 149.1.30 da Constitución),

En todo caso cumpre resaltar que, no tocante ao uso dos Iibros de texto e material dldáctico para os alunos, non existe explicitamente obrigatoriedade nengunha, e menos ainda no caso das guias do profesor. Simplesmente, para utilizar como tais os Iibros de texto e outro material didáctico, se precisa a pertiente autorización.

Tendo en conta que, na actualidade, os libros de texto están fortemente desaconsellados polos mellores especialistas en didáctica e, en xeral, cuestionados por movimentos de renovación pedagóxica desde Coménio e Rousseau até hoxe, semellase-nos, por todas as razóns apontadas, necesária a substitución da normativa legal víxente. Non esquezamos que a orixe da mesma veu determinada polo desexo dos poderes públicos de controlaten, mesme ideolóxicamente, os contidos concretos do ensinamento cando, para o cumprimento da programación estabeledda, non son insustituíbeis os libros de texto. O simples exercício da libertade de cátedra, compatibelemente mesmo con as demais liberdades no ensinamento, posibilita a utilización, polo pro fesor, de calquera libro de consulta e calquera outro material que na prática habítual xa non requeren autorización expresa.

2. A normativixación

A primeira normatíva ortográfica oficial é a que, na pré-autonomia, recolle o Boletin Oficial da Xunta da Galizia núm. 10, en 1980. Elaborara-a unha Comisión integrada por membros da Real Académia Galega, do Instituto da Língua Galega e do Departamento de Filoloxia Galega da Universidade. O mesmo do que as anteriores normas lingüísticas da Real Académia (1971) e do Instituto da Língua Galega (1977) apresenta-se como experimental e, en consecuéncia, perfectíbel. Como do que se trata é de que sexa o mesmo proceso normalizador do idioma galego o que decante, en cada caso, unha das opcións posíbeis que se indican, á par que se ten en conta o proceso iniciado particularmente en 1971, recoñece-se, por primeira vez, a ortografia históríca ou tradicional do galego. Foron, na sua curta existéncia, unhas normas propiciadoras da concórdia e diálogo permanente de cara á unificación ainda non posíbel dun xeito prematuro, «Por via de regra, a ortografia dunha língua non se elabora cientificamente por unha comisión de expertos...» (Introdución ás Normas Ortográficas da R.A.G., 1971). E asi a Gomisión das Normas de 1980 previa unha futura reorganización da ortografia galega para que, con tempo suficiente, se pudese aconsellar unba ou outra opción, tradicional e moderna, que se puñan a proba. E todo isto porque segundo a mesma Comisión, non seria posíbel unha ríxida armazón de preceitos impostos arbitrariamente, dun xeito autoritário e con solucións unívocas. Porén, por Decreto 173/1982, de 17 de novembro, aproban-se oficialmente unhasPage 145novas normas ortográficas e morfolóxicas, acordadas polo Instituto da Língua Galega con a Real Académia. E estas si, en contra do que dous anos antes subscreberan a maior parte dos seus autores, se pretenden como unificadoras ao excluiren xa a opción.reintegracionista, tradicional ou históríca.

No tocante ao diploma legal polo que se aproban as normas ortográficas e morfolóxicas do I.L.G.R.A.G., 1982, cabe salientar que, de conformidade con o artigo 1.°, a tal aprobación é-o- como normativa básica para a unidade —e non ainda por tanto: de unidade— ortográfica e morfolóxica da língua galega. Por outra banda non se estabelece nengun tipo de obrigatoriedade respeito das mesmas, salvo o seu ensinamento no artigo 4.°. E isto non significa que necesariamente sexa obrigado o seu uso no ensino en xeral nen no das nortnas en cuestión. O decreto de referéncia legalizada, pois, a paradoxa de que se poda ensinar a normativa oficial mesmo en galego reintegrado. Por outra banda non esquezamos que o uso do idioma galego —como tamén non o do español— non é un deber senón un direito (art. 3.°1 da Constitución e 5°2 do Estátuto de Autonomia). En consecuéncia, ao non poder impor-se legalmente o uso dun ou de outro idioma, tampouco se pode obrigar a utilizar-lo, na escrita, dun xeíto determínado cando estamos, no caso do galego, perante unha língua insuficientemente normativízada.

Estamos, ademais, ante unha normativa, a ofidal, ainda non concluída por falta dun Vocabulário Ortográfico Básico da Língua Galega ao que se refere o artigo 3.° do correspondente diploma. Tal vocabulário terá carácter oficial no caso de que se publique, polo Instituto da Língua Galega, no prazo, xa transcorrido en grande parte, de dous anos a pattires da promulgación do Decreto (Díário Oficial da Galiza, 20 de abril de 1983). Por outra banda, non é tampouco deíinitiva. Segundo o artígo 2.°, o Instituto da Língua Galega e mais a Real Académia, prévio acordo conxunto, poderán elevar á Xunta da Galiza cantas melloras estimen convenientes incorporar ás normas básicas. E, finalmente, só no caso dos libros e material didáctico que deban ser autorizados conforme á normativa legal vixente na matéria deberán axustar-se ás normas língüísticas aprobadas (art. 5.º do Decreto de Normativización). O Conselleiro da Presidéncia, a proposta do de Educación e Cultura, fbtará os prazos nos que se deberán axustar á nova normativa ortográfico-morfolóxica os textos que á entrada en vigor do presente Decreto estexan aprobados e publicados (art. 6.°). A Xunta da Galiza poderá, ademais, autorizar aquelas publicacións que total ou pardalmente se arreden da normativa aprobada, tendo en conta razóns de índole histórica, didáctica, ou outras semellantes, e sempre —ao non prosperar unha proposta no Parlamento tendente a suprimir esta frase— que obedezan ao critério de respeitar textos literários ou de outra natureza que foron publicados antes da entrada en vigor da presente norma (art. 7.°).

O Decreto de Normativización, publicado denantes da Lei de Norma-lización Lingüística db Idioma Galego, non foi revisado á luz desta lei que, na sua disposición adicional, fala somente da Real Académia Galega, única institución á que se lle recoñece autoridade nos seus critérios en cuestiónsPage 146relativas á normativa, a sua actualización e uso correcto da língua galega. Esta normatíva será, ademais, revisada en función do proceso de normalización do uso do galego (alínea 2.a da devandita Disp. Adic). Unha disposición posterior e de noaior rango Iegal do que o Decreto de Normativización ven clarificar, por se houbese dúvidas, que a normativa oficial non é, como xa indicamos, definitiva, acabada nen perfeita.

III Aplicación prática da lexislación vixente

Feita a precedente andaina polos diferentes diplomas legais que regulan a normativizacidn e normalización do idioma galego, cumpre xa comezar a facer unha primeira valorización do camiño que, na prática, se Ieva andado,

O primeiro que salta á vista é a falta de todo tipo de referéncia ao deseño da correspondente política de normalización, a pesares da mesma lei que a estabelece, e, en consecuéncia, tamén a de posíbeis organismos, salvo alguns mui contados, através dos que realizar e valorizar tal política. O feito de que non existan servizos, dos que fala a mesma lei de normalización, encarregados de asesorar e levar a cabo o proceso normalizador resulta nomeadamente concordante con o carácter meramente voluntarista da lei de referéncía.

1. 0 Consello da Cultura Galega

Non obstante, por mandato do artigo 32 do Estatuto de Autonomia para Galíza criou-se, por Lei 8/1983 de 8 de xullo (D.O. da G., 9-VIII-1983) o Consello da Cultura Galega que apresenta unha composición xa mui discutida desde que se elaborou e promulgou a lei devandita. Até o momento a única tarefa levada a cabo pola sua Executiva, con a aprobación ou non do Pleno do Consello, foi a da elaboración do Regulamento de Rexime Interior que, despois de se lle apresentar ao Presidente da Xunta da Galiza, publicou, como decreto, o Diário Oficial da Galiza o pasado 18 de agosto de 1984.

Deixando agora, por ser cuestión xa pasada, o feito de que mesmo no Estatuto o que se deberia contemplar é un Consello Galego de Cultura e non somente de Cultura Galega, polo carácter universalista que toda manifestación cultural ten sempre, a composición do Consello ven determinada polo artígo 3.° da lei que o cria. Polo que fai á mesma, observa-se a preeminéncía de dístintas institucións académicas e contadas institucións científico-culturais galegas. E asi non existen, como debesen, representacións das muitas e variadas modalidades do facer cultura. Tais son os casos, pot exemplo, da música, do cinema, do teatro, das artes plásticas, do libro, dos escritores, das bibliotecas ou das asociacións profisionais ás que tamén lle cumpren tarefas de normalización cultural e lingüística. En todo caso, mais do que aos vinte e tantos membros con os que conta o Consello e dos que va un anunciou a sua dimisión, a quen corresponde a responsabilidade destas ausénciasPage 147ou omisión é precisamente aos parlamentários galegos que aprobaron a lei tal como se promulgou. En segunda instáncia, aos membros inicíais do Consello que representan ás institucións citadas no artígo 3° Ao faceren uso do núm. 1, letra «f» deste artigo, polo que elexeron a dez personalidades relevantes nos distintos campos da cultura, non cobriron minimamente as lagoas apontadas. E así, institucións como as citadas no apartado «e» do artigo 3.°1 ás que, por lei, lle cumpren un representante ou, como máxímo, dous, teñen, en algun caso, un número dos seus membros superior ao inicialmente previsto. E, ao dicermos isto, que conste que non estamos cuestionando os méritos destes dez membros do Consello senón o feito de que, ao pertenceren alguns a entidades xa reptesentadas previamente, non se abriu cotno se podia o abano de representacións institucionais. En todo caso hai tempo para subsanar erros pasados. Unha vez que o Consello deseñe, canto antes, o que vai ser o seu labor, para o que conta dun orzamento de dez millóns de pesetas para o ano 1984, e organigrama concretos, poderá facer uso dos núms. 2 e 3 do citado artigo 3.° invitando, para tarefas específicas e mais ou menos pontuais a representantes de centros de investigación, meios de comunicación, asociacións culturais e outras instítucións galegas que poden ser ouvidas e participar nas Ponéncias. Polas razóns apontadas respeito á composición do Consello, tal como se nos apresenta na actualidade, deberian os seus integrantes manifestar unba especial sensibilidade pot todo tipo de iniciativas que sobre a cuestión poden surxir desde estas outras institucións ausentes. Cando se trate de tarefas a desenvolver para mais longo prazo, cumpre incorporar novas entidades ao Consello. A sua funcionalidade non vai depender tanto de que non se conte, como se dixo, con un número delas excesivo, senón da criación de múltíples seccións que, debidamente coordenadas, deben propiciar a participación de quen o desexe e teña algo concreto que oferecer nas tarefas que o desenvolvimento do Consello vai exixir. Polo mesmo feito de que o Consello terá de funcionar en Pleno e poderá face-lo tamén en Ponéncias e Comisións Técnicas concretas, fixas ou temporais, e en Seccións, resulta factíbel pois que, ao amparo do artigo 7.°, se reduzcan as lagoas xa sinaladas ajxavés do funcionamento que se debe deseñar.

No tocante ás competéncias do Consello da Cultura Galega liai que resaltar que, explicitamente, con respeito á Iíngua pode ocupar-se do seu fomento simplesmente. Ademais do da cultura en xeral, segundo o artigo 6.°, pode tamén analisar cantas cuestións se refiran ao património cultural, investígar e avaliar as necesidades culturaís do povo galego, organizar actuacións dentro e fora da Galiza —mesmo para este caso conta con representación no Consello de Comunidades Galegas asentadas no exterior (art. 13.1 c) da Iei de recoñecimento da galeguidade)—, asesorar e consultar aos poderes públicos galegos no que xulgue preciso para os seus fins e elevar cantos infortnes e propostas estime oportunos.

A mesma lei pola que se constituiu o Consello garantelle o financiamento das suas actividades sen prexuízo do Fundo Cultural Galego que contempla o mesmo artigo 32 do Estatuto non desenvolvido ainda neste ponto. A leiPage 148do Consello, pola sua banda, outorgalle ao seu presidente, de conformídade con a executiva, autonomia de xestión económica. O Consello elaborará o seu orzamento, de acordo con a Xunta da Galiza, e figurará como unidade orgánica dentro do Orzamento Xeral da Comunidade Autónoma que somente aproba o Parlamento (art. 10). En consecuéncia as receitas das que o Consello dispoña non as vai a estabelecer el mesmo, como parece cria algun dos seus mais destacados membros, senón a Xunta da Galiza que unha vez que o ouza propará ao Parlamento unha cifra global. Por outra banda, o orzamento que a partires de aqu desenvolva e aplique o Consello da Cultura Galega continua submetido aos mesmos controlos de fiscalidade e transparéncía que existen para todos os fundos públicos.

Desde o ponto de vista da normalización lingüística, e mesmo da normativización do idioma, o Consello poderá fomenta-las, asesorar e elevar propostas á Xunta da Galiza. Como órgano consultivo e asesor carece de competéncias concretas e debidamente estabelecidas. Polo tanto, perante a auséncia ainda de servizos específicos de normalización lingüítsica, outra das suas lagoas radica en que a lei non Ue asigna tampouco ao Consello funcións concretas ao respeito das que poderia e deberia ocupar-se, mas das que, en troca, pode simplesmente preocupar-se. En todo caso o que resulta aínda mais chamativo é que, nesta altura, nen sequera grande parte das destacadas personalidades galeguistas, que teñen asumido algún tipo de responsabilidade política e cultural nestes temas, non teñan transmitido á opinión pública galega o labor que proxectan realizar, con un mínimo de detalle e precisión.

2. A política de normativización e normalización

A pesar de que as disposicións legais someten prevén o ensinamento das normas ortográfico-morfolóxicas vixentes, hai que resaltar que de facto están-se impondo en abuso mais do que en uso por tanto da legalidade, pois son estas as únicas que se ensínan en todo tipo de cursos para funcionários e profisionais diversos, E o que é mais grave radica en que aos alunos non se Iles di que, ao amparo da disposición adicional da lei de normalización, tal normativa para a escrita do galego é revisábel como, segundo se dispón no decreto de normativización (art. 2.°), perfectíbel.

Resulta incoerente que, no entanto a ki de normalización alude á Real Académia Galega para o tema da normativización, o decreto correspondente promulgado con anterioridade resalte conxuntamente ao Instituto da Língua Galega e a Real Académia, con a conseguinte inseguranza xurídica no caso de algun tipo de discrepáncia sobre o tema, que poda haber no futuro, entre ambas as institucións devanditas. Desde o ponto de vista da mais eletnental técnica xurídica e na medida en que tal lagoa posibilíta todo tipo de arbitrariedades, resulta surprendente que algo: o Vocabulário Ortográfico Básico da Língua Galega, poda estar oficialmente vixente, ao amparo do artigo 3° do decreto de normativización, cando ainda non existe. E todo isto somente cabe atribui-lo á auséncia do correspondente asesoramento xurídico prévio que, enPage 149este como en calquera outro tipo de lexislación, se poderia solícitar mesmo dos coléxios de advogados se se lles vinculase, como no caso catalán, ao proceso de normalización lingüística.

Por se houbese dúvidas da obrigatoriedade ou non no uso da normativa oficialmente aprobada: a do I.L.G.-R.A.G. de 1982, hai que resaltar que o Parlamento Galego, na prática, non a considera de emprego obrigado. Habi-tualmente, nas páxinas finais do seu Boletin, recolle, para aclaración de todos, que: «Os textos en idioma galego transcreben-se, literalmente, na forma lingüística utilizada polos seus autores» polo que non se redixen necesaríamente os textos do Parlamento segundo a normativa oficial.

Hai que resaltar tamén a auséncia absoluta de relacións institucionaís con outro tipo de entidades, mesmo de filólogos e pedagogos que defenden, para a escrita do galego, unha normativa progresivamente adaptada á ortografia histórica, tradicional e etimolóxica, tendéncia que na actualidade substenta a opción reintegracionista fronte á oficialmente imperante. E esta opción ve-se mesmo respaldada pola história da Real Académia Galega como pola prática de pasados e actuais membros seus. Cando esta institución se plantexou a necesidade dun Dicionário Galego-Castellano, que se comezaria a elaborar desde 1913 até 1928 sen que sobrepasase airtda o vocábulo «cativo», acordara previamente redixi-lo segundo a ortografia etimolóxica (Acta da sesión de 26 de abril de 1906).

E iste diálogo ausense resulta inevitábel tendo en conta que, ademais, carecemos na Galiza dunha entidade académica que propriamente teña por obxecto ocupar-se e preocupar-se pola língua galega. A Real Académica teria, para se-lo da Língua, de reformar os seus estatutos. Reforma, por outra banda, xa anunciada polo seu presidente. Un dos aspectos a reformar, pois, seria o da sua denominación oficial: «Real Academia Gallega de La Coruña» polo, se se estima pertinente, de «Real Académia Galega da Língua». O Instituto da Língua Galega, a outra entídade que participa oficialmente nos procesos de normativización e normalización do idioma galego, é pola sua parte un ente investigador adscrito á Faculdade de Filoloxia da Universidade de Santiago de Compostela. A sua misión específica é, pois, a de estudar e investigar en prol da língua galega e, no seu caso, asesorar mas non executar unha política lingüística que a quen lle cumpre é aos poderes públicos galegos.

Somente as Iagoas, incoeréncias, e aplicación mesmo non adecuadas da lexislación autonómica en matéria de língua, explican a existéncia dun proceso oficial normalizador contraditório e, por outra banda, insuficiente. O que é oficialmente válido para uns non o é para outros e ísto está comezando a supor contenciosos, xa plantexados perante os tribunais, polos posíbeis abusos na imposición, para a escrita do galego, da opción, mais que oficial propriamente dita, só oficialmente aprobada sen rexeitamento explícito de calquera outra. Textos recentes redixidos por instáncias oficiais e empresas públicas nos que non se segue excrupulosamente a normativa oficial existen en abundáncia. Tais son os casos dos textos bilingües de determinados impresos da Facenda Pública Central ou das guias telefónicas para as províncias galegas.

Page 150

Pola auséncia dunha lexicografia acaída, nomeadamente na onotnástica, toponímia incluída, e na terminoloxia técnico-científica, mesmo apatecen nas versións galegas, as denominacións españolas de países como «Marruecos» ou «Argelia» en lugar de «Marrocos» ou «Arxélia» («Argélia» en galego reintegrado). En textos emitidos por organismos públicos e privados e, incluso, nos redixidos ou supervisados por persoas afectas ao Instituto da Língua Galega ou que aplicati a normativa do mesmo, existen daros incumplimentos da normativa que se di deíender. Por unha banda temos o caso de Concellos que, nos seus anúncios, apresentan un galego mui deficiente calquera que sexa a nortnativa de referéncia, de escritores e académicos, alguns deles firmantes da normativa oficial ou defensores publicamente dela, que a incumpren sistemáticamente. Na linguaxe técnico-económica podemos resaltar deficéncias na lexicografia científica que, profisionalmente, nos é familiar: a dos termos económicos ou de uso na Economia como ciéncia. En xeral observamos, tnesmo en publicacións oficiais ou editadas por organismos públicos galegos, o emprego de termos como «desenrolo» económico en lugar de «desenvolvimento» ou «desenvolvemento» (normativa oficial) cando, como se sabe, a economia non é algo «enrolábel» («enrollable», en español), e «desenrolábel» tamén non. Nunca que saibamos, a pesares do ponto 7.2.5.1 da normativa oficial que admite como vocábulos galegos «receitar» e «receita», os vimos utilizados teferindo-os aos «ingresos» económicos. Por Decteto 112/ 1983 (D.O. da G., 4-VIII-83) criase, segundo a versión galega, a «Comisión de Planificación, Coordinaáón (en lugar de "Coordenacíón". Pto. 4.4. da normativa oficial) e Seguimento das Jnversións» da Xunta da Galiza. Poderia-se, ademais, falar de «Planeamento» por «Planificación» deixando «Planexamento» para o «Planeamiento» urbano, en español; e outro tanto cabe dicer de «Inversións» perfeitamente substituíbel por «Investimentos». Investir ou investimento son vocábulos, ademais de galegos, que se dan con diferentes acepcións específicas en distintas línguas romances: facer fronte, dotar, agasallar, bonrar, fornecer ou, concretamente en catalán, cercar. O seu uso, en galego, referido ás «inversiones» económicas, harmoniza concretamente con o inglés e tamén, por que non?, con o portugués. E asi poderíamos seguir con un inxente cámulo de exemplos que calquera pode observar a cotío. Mesmo parece que, tanto na normativa elaborada polo Instituto da Língua Galega como na sua aplicación práctica, do que se trata é nomeadamente de renunciar ao princípio 4.° da sua normativa que é precisatnente o que, para a lexicografia concretamente, concorda con as teses reintegracionistas. Tal princípio proclama explidtamente que nas solucións que se procuren nos culúsmos para o galego, e entre tais cultismos está a terminoloxia científica e técnica que en grande parte se emprega mesmo no ensinamento, procurará-se a harmonia con as demais línguas, especialmente as romances, e en particular con o portugués.

Deficiéncias como as arriba apontadas producen-se, en grande parte, potque non se conta con outros estudosos, investigadores e profisionais que os fiilólogos que subscreben e apoian a normativa ortográfico-morfolóxica oficial. Ao non recabaren, os poderes públicos galegos, asesoramento de outros colec-Page 151tivos profisionais: advogados, arquitectos, aparelladores, titulares mercantis, enxeñeiios, economistas, etc, etc, dificilmente se poderá atinxir en galego unha lexicografia normativa suficientemente decantada e acaída. E asi despois acontece que, en lugar de traduciren ao galego Cadernetas de depósitos bancários os contabilistas ou economistas que exercen a sua profisión en galego, fan este labor mesmo filólogos sen outra formación complementar que a que, como tais, lles é própria. Postos a contar con Académias mesmo non se conta, por exemplo, con a Galega das Ciéncias.

O úníco Concello que se ocupa e preocupa por estas cuestións interdisciplinares é o de Vigo. En contactos recentes con o Coléxio de Economistas de Pontevedra, o único coléxio profisional, que se saiba, que conta desde 1931 con un Servizo de Normalización Língüística, acordaron a edición ou co-edición dun Vocabulário dos termos económicos mais usuais, asi como estender este tipo de iniciativas a outros colexios profisionais e demais entidades corporativas de direito público. En troca, outro Concello vicino ao de Vigo publicou recentemente un vocabulário de termos comerciais e mercantis sen o asesoramento profisional correspondente. O Coléxio de Economistas, pola sua banda, ten xa en marcha un Plano de TrabalJo no tocante á Norraalización Lingüística que podemos resumir nos seguintes pontos: 1) Continuar dirixindo-se a todo tipo de institucións e particulares que teñan asumidas responsabilidades de normalización lingüística do idioma galego. 2) Colaborar e solicitar ditames filolóxicos para os casos pontuais que susciten dúvidas na lexicografia comercial, mercantil, empresanal, etc. de tipo económico ou de uso na Economia como ciéncia. 3) Dada a insuficiente decantación da normativización do idioma galego —tal como analisan nunhas «Consideracións Prévias»— este Coléxio Profisional continuará, ao respeito, mantendo o seu posicionamento ecléctico por entender que, ao non ser definitivo, é o que mellor se prcsta á concordáncia precisa sobre o tema, e porque, ademais, pretende-se evitar, con seriedade e rigor, os posíbeis feitos consumados, incorrectamente, dun xeito mais ou tnenos irreversíbel, para os casos de discrepáncia entre expertos da lingüística teñen previsto empregar a opción ortográfica, morfo lóxica e Iexicográfica que se desenvolve concretamente no Dicionário Galego Ilustrado «nos». 4) Organizar cursos de iniciación ao galego comun para os seus colexiados para o que acudirán á Dirección Xeral de Política Lingüística da Conselleria de Educación e Cultura da Xunta da Galiza. Nunha segunda fase, será o mesmo coléxio o que asuma a responsabilidades dé cursos especializados para economistas e outros profisionais afins. Labor este que entenden especialmente útil nesta corporación para os seus colexíados que xa exercen a sua profisión en galego. 5) Na medida en que se vaian desenvolvendo e concretando os pontos anteriores, continuará-se, a resultas dos cursos especializados, a elaboración dun Vocabulário de Economia Castellano-Galego que, a raodo de anexo, poderian unir ao Dicionário Galego de Economia que teñen en proxecto realizar sen presas e sen pausas. E, finalmente, 6) Realizar caisquera outras acüvidades que os seus colexiados suxiran ou demanden na sua condición de economistas galegos, á vez que atenderán as peticións que outras persoas ou institucións soíciten en matéria de terminoloxia econó-Page 152mica. E todo isto porque no Coléxio de Economistas de Pontevedra entenden que, sen prexuízo nen prexulgamento do asesoramento filolóxico prévio, é precisamente aos economistas, como a outros profisionais nos seus campos específicos de actuación, aos que lles cumpre a decantación definitiva da terminoloxia dentífica que, en cada caso, lle é própria como aconteceu e acontece en calquera língua normal ou minimamente normativizada.

Se o proceso de normativización se apresenta ainda hoxe incoerentemente concebido e executado, o de normalización ten pendente de comezar, salvo no ensinamento, o desenvolvimento lexislativo e a sua execución segundo as pouco mais que recomendacións que a Lei de Normalización Lingüística recolle no seu articulado. A diferenza do que xa se fai en Cataluña, Valéncia, as Baleares, como en Andorra e Rosellón francés, a respeito da aprendizaxe do catalán, aqui ainda non se fixo nengun tipo de avaliación ou enquérito sobre os resultados da introdución do idioma galego no ensinamento. Como resaltou recentemente un destacado intelectual galego, mais que de política de normalización, cabe falar de apolítica de normalización lingüística. E esta é, sen dúvida, a conclusión mais preocupante de todas as que vamos explicitado até aquí. As suxestións que se nos ocorren sobre as deficiéncias salientadas están espraiadas en todo o que xa dixemos. Cada quen tire tamén as suas própias conclusións.

---------------------------

* O presente texto, teelaborado para esta publicación, é a 2.ª parte restante da Comunicacuón apresentada polo autor no I Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galixa (Ourense, 20-24 de Setembto de 1984).

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR