Crònica legislativa de Galícia (Galego)

AutorAlba Nogueira
Cargoprof. titular de Dereito Administrativo, Universidade de Santiago de Compostela
Páginas191-195

Page 191

Atonía no fin da lexislatura "horribilis"

1 Introdución

O final da lexislatura parlamentar marca esta crónica. As eleccións celebradas en outubro de 2012 poñen un punto final lixeiramente adiantado a un periodo marcado polos retrocesos normativos, a asfixia orzamentaria e un persistente discurso do goberno autonómico contra a lingua galega. A crónica do semestre é un espello da lexislatura acentuado por esa circunstancia de estar o goberno nos seus momentos finais. Apenas hai referencias normativas e tan só algunha xurisprudencia salientable.

2 A Lei 2/2012, do 28 de marzo, de protección xeral das personas consumidoras e usuarias

Curiosamente a norma máis sinalada para este periodo é claramente contraditoria co que foi a tónica lexislativa neste mandato. A aprobación da Lei 2/2012, do 28 de marzo, de protección xeral das personas consumidoras e usuarias ( http://xurl.es/t7gqq ) vai na liña de reforzamento das garantías lingüísticas no ámbito do consumo.

Esta norma incorpora varios preceptos que fan alusión aos dereitos lingüísticos entre os que figura como un dereito básico dos consumidores a (art. 11): "i) Poder usar calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia de acordo co previsto no ordenamento xurídico".

Este dereito tradúcese ademáis nunha previsión máis concreta de uso das linguas oficiais nas relacións de consumo "sempre e cando a contratación se realizase ou o consentimento se manifestase" no territorio autonómico:

Artigo 46. Dereitos lingüísticos dos consumidores.

  1. Os consumidores, nas súas relacións de consumo, teñen dereito a usar calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre e cando a contratación se realizase ou o consentimento se manifestase no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, así como nos supostos de publicidade, ofertas, promocións ou comunicacións comerciais recibidas en Galicia.

  2. Sen prexuízo das exixencias legais e regulamentarias relativas á utilización do castelán na etiquetaxe e na presentación dos bens e servizos comercializados en España e as súas excepcións, na etiquetaxe dos produtos, así

    Page 192

    como na publicidade, as ofertas, as promocións ou as comunicacións comerciais realizadas en Galicia poderá utilizarse calquera dos idiomas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.

  3. A Administración autonómica incentivará a utilización da lingua galega na oferta de compra, na información de carácter fixo e documentación, nas relacións entre os consumidores, e destes cos ofertantes.

    Este dereito ten o seu reflexo tamén nunha serie de obrigas das empresas para garantir a súa efectividade tanto de dispoñer de documentación nas lenguas oficiais (art.19):

    Artigo 19. Responsabilidades das empresas en materia de documentación.

  4. No caso de que resulte necesario para a realización dunha adecuada avaliación da seguridade dun produto, a autoridade competente poderá igualmente requirirlle á empresa produtora, distribuidora ou responsable do produto unha tradución da documentación técnica ou de calquera outro documento que fose presentado nun idioma distinto das linguas oficiais en Galicia.

    Tamén de contestación das reclamacións cando menos nunha das linguas oficiais de Galicia (art.33).

    Artigo 33. Servizos de atención ao consumidor.

  5. Sen prexuízo do establecido en normas sectoriais reguladoras dun sector de actividade concreto ou para determinadas formas de contratación no relativo á presentación de reclamacións ou peticións de información, cando non existan establecementos físicos da empresa fronte á cal se pretende presentar unha reclamación ou doutras empresas a través dos cales se poidan presentar reclamacións de acordo co artigo anterior, as empresas deberán dispor dun número de teléfono totalmente gratuíto e dun correo electrónico para poder presentar as reclamacións e dar resposta a elas.

    5. Sen prexuízo do establecido no artigo 46, a resposta á reclamación deberase realizar na mesma lingua que aquela na que se realizou o contrato ou a oferta de contratación. En todo caso, deberase garantir que a resposta ás reclamacións se realice nunha das linguas oficiais de Galicia.

    Ademáis establécese o galego como lingua de uso normal da administración de consumo, sen perxuizo do dereito a usar a outra lingua oficial, e se fixa que os documentos dirixidos a esta deben estar nalgunha das linguas oficiais (art.45).

    Artigo 45. Idioma nas relacións coa administración.

  6. Todas as comunicacións que realice a administración competente en materia de consumo serán realizadas en galego, agás elección manifestada de forma expresa do destinatario da comunicación respecto dun dos idiomas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.

  7. Aqueles actos ou aquelas comunicacións que deban producir efectos fóra do territorio da Comunidade Autónoma realizaranse en idioma español, calquera que sexa o lugar onde deban producir os seus efectos.

  8. As solicitudes ou as comunicacións que se dirixan á administración de consumo de Galicia deberanse redactar nun dos idiomas oficiais de Galicia.

  9. Calquera documento remitido á administración de consumo nun idioma distinto aos oficiais de Galicia deberá ir acompañado dunha tradución non xurada, agás naqueles casos nos que se exixa a súa tradución xurada, xustificada por unha razón imperiosa de interese xeral.

    Page 193

    Estas previsións permiten clarificar a posición xurídica dos consumidores ou clientes nun entorno globalizado, se ben se manten a incógnita de como vai realizar a Admistración os controis necesarios para garantizalos en relación con prestadores procedentes de fóra da Comunidade Autónoma. Por outra banda, o cada vez maior número de transaccións comerciais que se realizan por vía electrónica desde operadores radicados totalmente noutros territorios fai necesario abordar a forma de concretar estes dereitos dos consumidores nese novo contexto.

3 A Carta de Servizos da Escola Galega de Administración Pública (EGAP)

Unha Orde de 4 de abril de 2012 aproba a Carta de Servizos da Escola Galega de Administración Pública ( http://xurl.es/1ae4p ). Este organismo encargado de atender ás necesidades formativas dos empregados públicos pretende así "non só incrementar a transparencia e a satisfacción dos usuarios e usuarias e garantir a provisión duns servizos de máxima calidade, senón tamén contribuír a un proceso máis amplo de modernización e mellora das administracións de Galicia".

Para iso establece unha serie de compromisos e dereitos nos que aparecen recollidas referencias en relación coa lingua galega. Así un dos seus compromisos é que un conxunto de actividades formativas sobre materias transversais, entre as que se atopa o galego, ocuparán un 50% das actividades programadas.

Compromiso 1.5. No Plan de formación do persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, a oferta formativa de carácter transversal referida aos contidos en ofimática, procedemento administrativo, galego (xeral e linguaxe administrativa), atención á cidadanía, idiomas estranxeiros e e-administración suporá como mínimo o 50% das actividades programadas.

Non obstante, non se establece un mínimo de oferta formativa en galego, podendo desenvolverse as actividades formativas en castelán maioritariamente, nin se fixa nese 50% unha porcentaxe concreta de cursos de galego podendo ser unha parte moi reducida da oferta formativa transversal.

Este compromiso ten un correlato nun dos indicadores de calidade dos servizos que vai medir a porcentaxe de actividades formativas que son sobre estas materias.

A Carta de Servizos tamén enuncia unha serie de dereitos entre os que se atopa que os usuarios e usuarias da EGAP poderán ter "atención en calquera das dúas linguas cooficiais da comunidade autónoma, segundo as preferencias da persoa usuaria". Tampouco isto supón grande novidade pois non é máis que a traslación dos dereitos lingüísticos recoñecidos de forma xeral. Cuestión distinta é en que medida este dereito concreto sería extensible a todos os usuarios ou se os empregados públicos, como recoñece a xurisprudencia, poden ver matizados os seus dereitos lingüísticos pola relación de suxeición especial coa Administración que teñen e o deber de coñecemento de ámbalas dúas linguas que acreditaron no acceso ao emprego público.

Page 194

4 Sentenza sobre a consulta realizada para coñecer as preferencias das familias en materia de lingua no ensino

Con anterioridade aos fallos que resolveron sobre o fondo do Decreto de plurilingüismo a entidad de renovación pedagóxica Nova Escola Galega recorrera frente á realización dunha consulta ás familias que se realizou no marco de elaboración deste decreto para tomar decisións normativas sobre lingua vehicular na primeira ensinanza e a determinación da lingua de impartición de materias educativas.

Como reproduce a sentenza: "La recurrente alega que en junio de 2009 en los centros educativos gallegos se produjo una situación de la que los padres tuvieron conocimiento a través de los niños, que acudieron a sus hogares con un escrito encabezado por el anagrama de la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de la Xunta de Galicia titulado "Consulta ás familias sobre a utilización das linguas no ensino non universitario de Galicia", siendo la única información sobre dicha consulta la de que el impreso contenía un cuestionario, elaborado por la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de la Xunta de Galicia, dirigido a las madres y padres del alumnado matriculado en aquella enseñanza no universitaria de Galicia, que la consulta era secreta, de carácter voluntario y que se entregaría en el centro educativo del/la alumno/a hasta el 19 de junio, siendo tenidos en cuenta los resultados a la hora de diseñar las futuras políticas lingüísticas en el ámbito de la educación no universitaria de Galicia. Se añade que el cuestionario dirigido a madres y padres, en el caso de niños de 3 a 5 años, incluía preguntas relativas a las circunstancias y condiciones personales de los niños, en concreto sobre cuál fue el primer idioma del niño y el habitual con sus padres, con la única alternativa del gallego y/o castellano, además de preguntas sobre preferencias de idioma para impartir las materias troncales, para materiales didácticos y pruebas orales y escritas, y sobre la materia de inglés".

Os argumentos para recorrer esta consulta eran que "ni en el texto de la consulta ni en el expediente consta resolución administrativa alguna que ampare aquella acción, no indicándose órgano administrativo, autor ni la fecha de aprobación, no constando tampoco que se acordase en el marco de un procedimiento, sea normativo o encaminado a la producción de un acto administrativo, todo lo cual se consideran menciones imprescindibles y obligadas en una actuación administrativa, que no puede ampararse en el anonimato para eludir toda garantía y control". Todo iso levaba a Nova Escola Galega a concluir que isto era unha vía de feito porque non está atribuída a potestade de consulta, nin había "sombra de procedemento".

O TSX de Galicia entende que "se ha evidenciado que la realización de dicha consulta se ha incorporado como fase previa en el procedimiento de elaboración de una disposición administrativa de carácter general, cual el Decreto autonómico 79/2010. Tal actuar administrativo encuentra su amparo en el contenido del artículo 40 de la Ley 16/2010, de 17 de diciembre , de organización y funcionamiento de la Administración general y del sector público autonómico de Galicia, incluido en su capítulo II del Título II, relativo al procedimiento de elaboración de las disposiciones administrativas de carácter general, cuyo apartado 2 establece que: "A lo largo de todo el procedimiento se conservarán e incorporarán al expediente todos los dictámenes, informes y consultas realizados, las observaciones y enmiendas que se formulen y cuantos datos y documentos tengan interés para conocer el proceso de elaboración de la norma o puedan facilitar su interpretación". Isto unido ás funcións que ten atribuida a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en materia de fomento da lingua galega levarían á concluir que hai cobertura normativa suficiente para desenvolver unha actuación como a desplegada. Non entra a sentenza a valorar a

Page 195

contratación dos servizos dunha empresa para o tratamento desta enquisa por entender que excede das marxes da vía de feito como canle escollida para a impugnación. Tampouco as alegacións en relación co incumprimento das recomendacións europeas en materia de actividade estatística posto que non sería esta a finalidade da consulta senon simplemente a consideración como documentación previa a un procedemento de elaboración dunha disposición regulamentaria.

Finalmente rexeita as alegacións contra a vulneración da obriga de protección da riqueza lingüística e a oficialidade da lingua xa que entende que vai dirixida contra o Decreto 79/2010 e non contra a consulta previa. Motivo que tamén considera que serviría para rexeitar entra no contido concreto da consulta. O fallo é, por tanto, desestimatorio en todos os extremos.

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR