O fomento do uso público da lingua desde a administración local

AutorXosé González Martínez
CargoSecretari del Servei de Normalització de l'Ajuntament de Redondela
Páginas43-53

Page 43

O artigo 5.3 do Estatuto de Autonomía para Galicia é o precepto legal rnáis claro para falarmos do tema. Efectivamente, e sen perxuicio do obrigado comentario que teremos que facer ó articulado da Lei de Normalización Lingüística de Galicia no relativo á Administración Local e demáis Administracións Públicas, por englobaren á local, o precepto estatutario sinala nidiamente o mandato que o lexislador fixou para os poderes públicos e, xa que logo, Corporacións Locais.

Dí textualmente o art. 5, parágrafo 3.º, que «os poderes públicos de Galicia garantizarán o uso normal e oficial dos dous idiomas —galego e castelán— e potenciarán o emprego do galego en tódolos niveis da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitaren o seu coñecemento». Precepto legal este que se complementa co parágrafo anterior ó sinalar que «todos teñen o dereito de coñecer e de os usar».

Se reparamos migalleiramente no mandato estatutario decatarémonos das posibilidades que ofrecen os consellos para o artellamento dunha política lingüística axeitada á dimensión de cada un,

Existe un recoñecemento expreso ó dereito que tódolos galegos teñen a usaren a lingua «propia de Galicia» nas súas relacións coas Administracións, Loxicamente, a este dereito ten que corresponder a Administración Local —que é da que nos estamos a ocupar, A tal fin, os concellos deben garanti-lo exercicio dese dereito. Pero non só iso. Dí o artigo que amáis de amparar este dereito fundamental as Corporacións Locais deberán «empregalo en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa». Para a consecución de tan ambicioso proxecto, non se esqueceu o lexislador de precisa-la obriga que teñen os poderes locais de «dispoñeren os medios necesarios para facilita-lo seu coñecemento».

Aclaración pertinente porque de nada serviría respetar un dereito se, ó mesmo tempo, non se fomenta o uso público da lingua. Chegados a estePage 44punto teremonos que referir á capacitación lingüística do funcionario, tema que non ímos abordar por estar fóra do noso obxectivo.

O artigo que estamos comentar ten acubillo no espirito da Lei de Normalización Lingüística. Mesmo teriamos que dicir que a Lei do 15 de xuño de 1983 desenvolve con toda a súa plenitude o precepto estatutario.

Extendéndome un chisco máis neste obrigado comentario pareceme do caso que, utilizando a técnica da interpretación da norma xurídica para determina-lo alcance do art. 5.3 do Estatuto de Autonomía para Galicia, o pona en estreita relación co art. 4.2 da nosa norma básica de organización autonómica. ¿Por qué? Moi sinxelo. A ninguén se lle escapa o dato que informa que unha maioría cáseque absoluta do pobo galego «entende, fala, escribe ou lé» a lingua propia de Galicia. Evidencia que ninguén ignora. Daquela, e sen facer outros comentarios, pódese afirmar unha vez máis que mália ser unha lingua maioritariamente falada polo pobo galego, adoece dun mal: a diglosia; e dunha proscripción histórica: ter sido relegada polo poder e mesmo denigrada. Temos, pois, unha lingua que carece de dignidade e que se desenvolve en marcos sociais concretos. Velaí, pois, como o Estatuto de Autonomía de Galicia atribúelle ós poderes públicos o non menos importante, anque sempre ignorado, exercicio de «promovelas condicións para que a liberdade e a igualdade dos individuos e dos grupos en que se integran sexan reais e efectivas».

I Referencias legais

As referencias que a Lei de Normalización Lingüística fai á Administración Local son varias. O art. 4 dí que «O galego, como lingua propia de Galicia, é lingua oficial das institucións da Comunidade Autónoma, da súa Administración, da Administración Local e das Entidades Públicas dependentes da Comunidade Autónoma». Título de idéntida relación ó 5.1 da Lei de Normalización Lingüística de Catalunya.

O art. 6.4 menciona expresamente ós Concellos. Logo de fixar que «A Xunta dictará as disposicións necesarias para a normalización progresiva do uso do galego», atribúelle ás Corporación Locais a potestade «debéndoo facer de acordo coas normas recollidas nesta Llei».

Tantos as alusións á Xurita de Galicia como ás Corporacións Locais non tiveron desenvolvemento agás algunhas experiencias. En todo caso esta vontade, independentemente de onde estea radicada, precisaría, previamente dun inventario, por falarmos en termos contables. Ou dito, se se quer, doutro xeito: coñecelo estado actual da lingua, para que tanto a Xunta como as Corporacións Locais, ou tódalas Administracións xuntas poideran artellar unha ou varias políticas lingüísticas, previa unha planificación que permitirá acadar obxectivos positivos.

Neste sentido a Lei de Normalización galega carece dun artigo seme-Page 45liante ó 27.2 da catala. Estar ó abeiro dun precepto legal que obrigara ó Executivo galego a ordenala elaboración dun mapa sociolingüístico suporía deixar de dar paus de cego. Esta información aforraría esforzos investidos en enquisas improvisadas, coma é o caso do Concello de Redondela, incluín-do na folla do Padrón de Habitantes un apartado para coñece-lo grao de coñecemento, uso e entendemento do idioma. Experiencia abondo ensaiada en Catalunya coas recomendacións da Generalitat publicando do Diari Oficial da Generalitat un modelo de folla para a confección do Censo.

O art. 10, relativo á toponimia, atribúelle ós concellos competencias para determina-lo nome das vías urbanas.

Anque o art. 16 estea abranxido no Título III «Do uso do galego no Ensino» e nel non se mente ás Corporacións Locais pareceme que é de aplicación na medida en que as Corporacións, locais ou provinciais, sostenen centros de educación especial para alumnos con deficiencias físicas ou mentais, padroados culturais, Universidades Populares e mesmo Conservatorios de Música, etc., e en xeral todos aqueles que se poidan crear a teor das competencias que lies reserva a Lei 7/1985, do 2 de Abril, regulamentadora do Réxime Local.

Neste sentido, e sen analizarmos polo miúdo as medidas que se poden tomar, sería de aplicación para tódolos casos antes expostos o art. 6.4, en virtude do cal as Corporacións Locais —concellos e deputacións— están facultadas para dictaren normas para a progresiva normalización do uso do galego dacordo co espirito da Lei de Normalización. Subsidiariamente, por mor do carácter asesor, debe se-lo Goberno galego quen coordenara os servicios encaminados a conseguilos obxectivos normalizadores. Así o expresa o art. 22.

Por outra banda, o art. 25 contén unha referencia ás Corporacións Locais facultándoas para fomentaren a normalización do uso do galego nas actividades mercantís, publicitarias, culturais, asociativas, deportivas e outras. Con esta finalidade, di o precepto legal, «poderanse outorgar reduccións ou exencións das obrigas fiscais».

II Impulso institucional

O impulso institucional ó fundamental para desencadear maior adhesións á normalización lingüística. Mentres ese acto de impulso non se produza en sentido vertical para elimina-lo inmobilismo non cambiará. E ese acto de impulso deberá vir da propia Xunta de Galicia. Os mandatos legáis son constantemente inobservados e mesmo ignorados. Neste sentido leva moita razón o Conselleiro de Presidencia cando dicía no Parlamento que se estaba a desvaloriza-la obriga fundamental da Lei de Normalización Lingüística «que obriga, entre outros —recollo a frase textual sacada do Diario de Sesións, n.º 11— ós Concellos».

Page 46

Sen embargo, logo de facer esta atinada observación díxo, contestando ó deputado interpelante, que a lei hai que poñela nun sitio, «e a cada un esíxaselle a súa responsabilidade. E eu —sigo a entrecomilla-los párrafos da súa rapostas— non estou aquí para cumprirlle-la leí ós xuices, nin ós Concellos, senón que fago unha afirmación moítísimo máis transcendente: é unha lei falega aplicable no territorio de Galicia, e polo tanto que cada un a cumpra de acordo coa súa responsabilidade».

Logo de dicir isto o Sr. Conselleiro sentenciou: «Pero eu reto a calquera a ver se algunha Comunidade Autónoma en España, ou de calquera outro sitio, tivo un ritmo máis acelerado de normalización lingüística có noso».

Eu, pola miña banda, sorprendido, non engado rén. Xulguen vostedes.

O certo é, como diciamos antes, que a normalización lingüística ten ñas Corporacións Locais os instrumentos máis eficaces para conseguírmo-los obxectivos. Nisto leva moita razón o deputado do Grupo Mixto Sr. Nogueira Román, cando matizando o alcance da normalización dicia que «non é simplementeniente un problema cultural nin moito menos: é un problema político, un problema social e un problema económico».

III Os Concellos e a Lei de Normalización Lingüística

A importancia que eu lle confito ós entes locais no proceso de normalización lingüística supera, con moito, a outras administracións.

En primeiro lugar, porque a Administración Municipal é a máis próxima ó cidadán e a esta acude con frecuencia. Daquela a lingua de relación que se empregue vai cambia-los hábitos lingüísticos dos administrados. No caso galego os efectos serán de maior transcendencia: dignificarase a lingua galega amais da extensión do uso.

En segundo lugar, os Concellos poden, a traveso do impulso institucional, desencadear un conxunto de adhesións, non só de vecindario, senón mesmo doutras administracións públicas.

Unha acción multidireccional dende unha Corporación Municipal pode, se converxe eos esforzos doutras Corporacións, dinamiza-lo proceso de normalización.

Son, pois, estas institucións públicas polo seu número as que poden actuar como revulsivo no seo da sociedades nos respectivos marcos nacionais.

IV Actuaciones en diversos sentidos
A) Cara outras administracións

No caso galego do que eu podo falar os actos de impulso dunha Corporación Local poden incidir decisivamente no comportamente doutras admi-Page 47nistracións para modifícalos, ou, mesmamente, para incítalos ó uso da lingua gallega.

Este é ocaso dos contactos coa Sala do Contencioso da Audiencia Territorial de Galicia para solicitar que as sentencias sobre litixios nos que o concello sexa parte se dicten en lingua galega. Ou mesmamente para que empresas públicas editen as guías telefónicas en lingua galega coa toponimia oficial e organicen cursos de iniciación para os seus empregados, quen di incitar ó uso da lingua pode dicir aqueloutras accións encaminadas a impedir que vellas inercias segan magoando ou restrinxido o uso da lingua galega. Podo citar aquí o caso do Concello de Redondela opoñendose oficialmente á Garda Civil cando un comandante de posto se atreveu a facer advertencias á administración municipal respecto ó uso do galego. Unha defensa decidida neste caso fixo recuar a un funcionario do Estado poñendo en danza ó Gobernador Civil e outras autoridades autonómicas. Outro caso semellante foi o protagonizado polo Concello de Vigo rexeitando o inaudito proceder da Administradora de Aduanas do posto fronteirizo de Tui (Pontevedra) .

Atrevome a afirmar que media dúcia de concellos poden, nunha actuación orquestrada, cambia-la situación nun curto espacio de tempo. Vexamos como.

a) A incidencia sobre outros Concellos

Para ilustrar este apartado podo relatarlles a vostedes o realizado polo Concello de Redondela no que eu presto os meus servicios.

Logo de moitas conversas con rexedores municipais consiguíuse que nun acto público celebrado en Santiago de Compostela 157 alcaldes asinaran unha «Declaración» en prol da normalización lingüística. Por suposto que o exemplo non é extrapolable a Catalunya, por exemplo, porque a propia Dirección General de Política Lingüística da Generalitat dirixe o proceso de normalización lingüística.

Pero volvendo á sinatura da «Declaración dos Alcaldes galegos» o importante foi o efecto de revulsivo que tivo na sociedade galega e a chamada de atención ó Gobernó autonómico. A «Declaración» no era máis ca un decálogo, precedido dun ampio limiar xus tincando a inevitable presencia dos Concellos na normalización lingüística.

Aspectos coma a compromiso de avalia-lo coñecemento da lingua galega, coma un mérito, ós candidatos a funcionarios ñas probas de acceso á función pública local; programación de cursos de lingua galega para os funcionarios en horas laboráis e a presencia, alómenos, dun funcionario por unidades administrativa con coñecementos de idioma galego; traducción ó galego da documentación administrativa e rotulación das dependencias administrativas; criación dun servicio de normalización lingüística; potencia-Page 48ción do uso do galego coma un instrumento normal de comunicación na Corporación, etc., definen un programa deactuacións perfectamente viable.

Posteriormente, no ano 1984, quince concellos asinaron co Instituto da Lingua Galega, que é un órgano autónomo da Universidade, un convenio en virtude do cal as Corporacións Locais suvencionaban a Sección de Linguaxe Administrativa no seo daquela institución universitaria, a razón de dúas pesetas por habitante. Esta Sección de Linguaxe Administrativa elaborou un manual de formularios do procedemento administrativo municipal a está a piques de rematar un vocabulario para usos administrativos.

Este acordo foi asinado gracias á mediación da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia e ás xestións coordenadas que levamos a cabo os servicios de normalización lingüística dos concellos de Redondela e Vigo.

O ano pasado, no derradeiro trimestre, convocados polo Concello de Redondela reuníronse unha vintena de rexedores municipais para estudiaren o proxecto de Leí de Criación do Instituto Galego de Administración Pública —institución equivalente á Escola de Administración Pública de Catalunya e Instituto Vasco de Estudios da Administración Pública. Proxecto de Leí remitido á Cámara Galega no que non se preveía unha Sección de Galego a imaxe da que ten aquí a Escola d'Administració Pública de Catalunya, nin o mandato do art. 24 da Lei de Normalización Lingüística de Galicia.

Non vou afirmar que gracias a esta acción dos concellos amplicada polos medios de comunicación o Executivo galego retirara o prexecto de Lei, pero sí que tívo a súa incidencia a opinión dos alcaldes reunidos en asemblea extraordinaria na Casa do Concello de Redondela.

Para rematar este apartado de accións resumidas vou salienta-la que ten máis antigüidade. No anto 1981, tamén por iniciativa do concello de Redondela botouse a andar o premio literario de novela en lingua galega «Eduardo Blanco Amor». Trátase do premio de maior entidade ñas letras galegas. A financiación do mesmo está asegurada por máis de cincuenta concellos. A participación simbólica de todos eles con 30.000 pesetas segue a manter vivo o facho da colaboración no eido da cultura galega.

b) Incidencia sobre as Deputacións

Se as presións fosen maiores en número, agora mesmo as Deputacións estaría adheridas ó proceso normalizador. Compre dicir que tódalas catro Corporación provinciais empregan o castelán como idioma exclusivo.

Mália esta actitude por presións que fixemos dende Redondela conseguimos que o Boletín Oficial da Provincia publique en lingua galega os anuncios dos concellos que así o desexen. Abonda dicir que, por exemplo, de 61 concellos que ten a provincia de Pontevedra só cinco utilizan o galego.

Page 49

Pero aínda consieguimos algunha victoria máis: cursos de lingua galega para o funcionariado e creación dunha Comisión Informativa de Normalización Lingüística. Todo isto na anterior lexislatura. A Corporación actual caracterízase pola neglixencia.

c) Incidencia na Administración Periférica Goberno Civil

Un dobre obxectivo felizmente acabado foi o da organización dun curso de lingua galega para os funcionarios do Goberno Civil de Pontevedra e a edición dun poster co decálogo dos dereitos lingüísticos do cidadán, amplamente distribuido polos organismos públicos da provincia de Pontevedra.

Amais disto o compromiso do Gobernador de non rexeita-lo uso do galego nas relacións con aquela Administración.

En realidade, e non houbo outro argumento que convencera máis ó Gobernador, tratábase de que este, no exercicio das atribución que lle confiren o Estatuto dos Gobernadores Civís, fomentara o exercicio dos dereitos fundamentáis dos cidadáns.

d) Outros órganos desconcentrados da Administración Periférica

Contactos co Ministerio da Vivenda, Instituto da Muller, etc., deron como resultado que se fixesen edicións en galego dos folletos publicados en campañas destes organismos e institucións. O argumento esgrimido perante estas Administracións non é outro que o deber que ten a Administración Central do Estado de protección das demáis lingas do Estado a teor do contido no art. 3.° da Constitución española.

Unha maior coordenación de varios concellos demandando da Administración central e dos seus órganos desconcentrados maior interés neste tema suporía rompe-la inercia uniformizante da Administración central.

e) Empresas Públicas

Coa renfe, Cía. Telefónica, etc., mantivemos contactos abondos para que respetaran aspectos abranxidos na Lei de Normalización Lingüística, tales como a toponimia, por exemplo. Este labor ocupounos horas dabondo. Os resultados compensaron o esforzo. Logo de conseguirmos que o Presidente da Telefónica acedera á publicación das guías bilingües en Galicia, vímonos na obriga de facé-lo traballo que correspondería á Xunta de Galicia: supervisa-la toponimia.

Amais deste traballo procedimos a correxi-la toponimia dos barrios e parroquias. Este labor, desgraciadamente, só se recolle en tres concellos galegos —Galicia ten 313 municipios. Deste xeito perdeuse a posibilidadePage 50—e o tempo xoga en contra da nosas culturas— de rexistra-la riqueza cultural do noso Pais no libro máis usado e lído dos galegos: o listín telefónico.

B) Administración autonómica

Anque semelle ousadía dicilo, non hai máis remedio que referirse á ineficacia da Administración Autonómica. E certo que, por exemplo, a Dirección Xeral de Política Lingüística organiza cursos de lingua galega. Estes carecen de programación e, o que é máis lamentable, dun seguimento. No tocante á programación a importancia está en condensar criterios pedagóxicos e didácticos e mesmo proceder a unha escolla e formación do profesorado. Non cabe dúbida que un curso de iniciación á lingua galega para funcionarios requiere dunha cuidadosa programación totalmente distinta que se pensa nun grupo de amas de casas. Sen embargo, a pesar da organización destes cursos a política da Dirección Xeral é incorrecta e carente de coherencia. Neste sentido os Concellos de Vigo e Redondela tiveron que cubrilo valeiro creado pola devandita Dirección Xeral. Foi preciso coordenar ó profesorado para adoptaren uns criterios xustos e razoables para impartir cursos para adultos. Dase, ademais, a casualidade que estes dous concellos son os únicos en Galicia que organizan periodicamente cursos de iniciación á lingua galega para cidadáns carecendo de subvención.

A programación de cursos de lingua galega dirixidos ós cidadáns en tódolos concellos constitúe hoxe unha premisa fundamental para muda-las conductas e actitudes. A organización dos mesmos está contemplada, como mandato, no art. 53 do Estatuto de autonomía para Galicia e na propia Leí de Normalización Lingüística.

C) Outras accions das Corporacions
a) Reducción das taxas por publicidade comercial

Velaquí outra posibilidade de acción das Corporación Locais. Pese a que a Lei de Normalización Lingüística o contempla podemos certificar, sen medo a errarmos, que media dúcia de concellos teño tomado acordo plenario para que as ordenanzas municipais recollan a subvención nas taxas por publicidade redactada en lingua galega. Xa con anterioridade o Real Decreto 3046/81 establecía esta posibilidade. Sen embargo falla unha acción coordenada que negocie coa Asociación Española de Anunciantes (sección galega) para ofrecerlle-la posibilidade de abarata-los custes das campañas publicitarias. O encontro que hai varios anos celebraron representantes da Dirección Xeral de Política Lingüística da Generalitat coa Asociación Española de Anunciantes non foi imitado polas nosas autoridades autonómi-Page 51cas nin siquiera polos concellos. Ó respecto hai que aclarar que fixemos algúns intentos con empresas que teñen proxección en todo o territorio do. Estado para que a publicidade en Galicia a fixeran en galego. A resposta foi negativa. Éste é o caso de larsa e pescanova, que en cambio en Catalunya empregan o idioma oficial desta Comunidade Autónoma nas publire-portaxes televisivas e mesmo nos envases e publivias.

A tarefa de convocar a estas empresas e convencelas tiña que ser realizada pola Dirección Xeral de Política Lingüística e os concellos que estableceran esta subvención. Pero a realidade é ben outra. As relacións institucionais non son frecuentes en Galicia e disto habería que culpar a quen tendo competencias, aínda que pouco definidas, ten a obriga moral e legal para emprender accións de impulso e coordenación. Estoume a referir á ineficaz Dirección Xeral de Política Lingüística.

b) Festas locais e parroquiais

A festas constitúen un evento cultural de ampias magnitudes para desenvolver a traveso dela unha política de normalización lingüística. Os concellos destinan grandes cantidades de diñeiros públicos a subvencionaren festexos populares. Na súa programación sen embargo, non se ten en conta para nada a normalización cultural do pais. As orquestras seguen a ofreceren o seu repertorio en lingua castelán e outras xergas que se dan en chamar «linguas extranxeiras»; os actos relixiosas, que tamén contan coa subvención local, seguense a realizar en español; a edición de folletos, carteis e mesmo a megafonía teñen como lingua vehicular o español. Pois ben, a elaboración de criterios para poner freo a esta práctica exclusivista na utilización do idioma castelán non debe demorarse. A única experiencia que demostra a viabilidade do plan realizouse en Redondela. Con motivo da organización das súas festas locais, financiadas integramente polo Concello, cun presuposto preto dos dez millóns, puñeronse en práctica as seguintes medidas: a) as orquestras contratadas estaban obrigadas —e así figuraba no contrato asinado polas partes— a executaren o 50 % do repertorio con pezas, que tiveran textos galegos e a empregaren a lingua galega nas alocucións dirixidas ó público. Outras medidas de menor entidades constituíron o programa para incidir na normalización lingüística.

Se esta medida fora posta en práctica polos concellos galegos nun prazo máis ben curto a nosa discografía sería en galego e os hábitos lingüísticos cambiarían para mellor.

c) Potestades Reglamentarias das Corporacións Locais

A Lei 7/1985, de 2 de Abril, regulamentadora das bases de Réxime Local ó definí-las competencias municipais abre ün campo de posibilidadesPage 52enorme para levar adiante en órganos e institucións dependentes das Corporación unha política lingüística decidida. Este é o caso das empresas municipalizadas, universidades populares, bibliotecas, museos, etc. Nas que a selección do persoal é a pedra de toque para contar cos medios humanos que se precisan nunha tarefa con múltiples frentes. Sen embargo un pode botar unha ollada nas Universidades Populares —centros de ensinanzas varias dependentes dos concellos— para verifica-lo descuido que neste aspecto hai. As clases son impartidas en castelán. O mesmo acontece con centros dependentes das Deputacións Provincias. Centros de asistencia social que se ocupan maiormente de xentes proviñentes do rural onde a lingua básica é o galego e, sen embargo, a lingua destas institucións é o castelán.

d) Publicidade institucional

Xa hai ben tempo que dous profesores compostelanos publicaron na Revista de Administración Galega un estudio sobre comportamentos lingüísticos dos concellos e deputacións na publicidade institucional insertada nos xornais galegos. Daquela os resultados da mostra reflexaban pesimismo. Hoxe, tres anos despois, só un 10 % aproximadamente de institucións locais, empregan a lingua galega. E no tocante ás catro deputación hai que dicir que se caracteritzan por teren como lingua única e exclusiva o castelán.

O volumen de publicidade que en tódolos xornais galegos se insertan ó cabo do ano representan centos de millóns. Léxico sería que estes cartos foran empregados utilizando a lingua galega. O panorama sería totalmente distinto porque a presencia do galego en espacios na prensa diaria sería maior, saltaría á vista e contribuiría a desfacelo tabú.

e) Outras conductas de tanta importancia como as máis

As veces os ensaios en algúres revisten tan peculiaridade que non poden ser extrapolables alén dos seus lindeiros. Sen embargo, as incidencias poden ser mokas e rendables se se lle dá o valor que teñen.

En Galicia ningún Colexio de Avogados instituíu un Servicio de Documentación Xurídica en Galego, coma é o caso de Barcelona, nin tampouco hai preocupación pola propia xudicatura en pular por un programa de normalización lingüística. As Consellerías de Xustiza e Interior e a mesma Dirección Xeral de Política Lingüística, na parte que lles correspondera poderían ter animado este proceso. Peto as cousas non son así, pero velaí que a práctica usual de emprega-lo galego nos documentos perante a Administración de Xusticia de seu constitúe un elemento que modifica e obriga ó aparello xudicial a ter por normal a lingua galega nos usos xudiciais provocando nosPage 53seus funcionarios o interés polo seu coñecemento. Un exemplo pode ilustrar máis o dito: hai dous anos o Alcalde de Redondela dirixíuse á Sala do Contencioso da Audiencia Territorial da Coruña demandando a redacción de sentencias en lingua galega. A resposta non se fixo agardar: houbo sentencias en galego para os litixios redondeláns. De facer outro tanto só unha dúcia de concellos isto obrigaría á presidencia da Audiencia a toma-las medidas necesarias para capacitar lingüísticamente ós funcionarios daquela Administración.

O mesmo acontece eos institutos armados. Existe en Galicia un hábito condicionado de emprega-lo cas telan para a relación coas forzas de seguridade do Estado e nesta a coacción para que así se sega a facer. E evidente que o excesivo respeto ás veces é medo. E un tema tabú. Sen embargo cando hai decisión e os intereses supremos están na defensa da lingua galega ese complexo derrúbase e a lingua galega entra tamén nas comisarias e cuarteis da garda civil. Isto en Catalunya non é novidade, pero en Galicia está moi verde.

f) A Lei do Procedemento e a Le: de Normalización Lingüística

Da relación entre ámbalas dúas leis poderíase sacar bo proveito. A nosa Lei de Normalización conten un precepto que dí que os documentos causarán efectos xurídicos en calquera das linguas nas que se emitan. Sen embargo esta norma legal aparecería limitada na práctica pola suspensión constitucional do art. 1.2, segundo sentencia do Alto Tribunal do pasado mes de xuño, que establecía o «deber» de coñece-lo galego. De estar en vigor este parágrafo o cóm puto de prazos para un requirimento faríase a partir da data de recepción da comunicación oficial. Pois agora, despois da sentencias do Tribunal Constitucional, algúns pensan que como os galegos están exentos do deber de coñece-lo galego o cómputo farase a partir da data de emisión do documento redactado en lingua galega, cando así fose esixido. En cambio hai que estar pola prevalencia do artigo que atribúe efectos xurídicos a un documento redactado en lingua galega. Outra cousa é solicita-la súa traducción o castelán. A defensa de cuestións de matiz coma estas axudan a poñe-las cousas no seu sitio.

Agora ben, estas orientacións deberán ser divulgadas, com xa aconteceu aquí en Catalunya, a traveso de campañas institucionais realizadas polo Goberno catala.

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR