Crònica legislativa: Galícia

AutorXosé González Martínez
CargoXefe do Servicio de Normalización Lingüíscica do Concello de Redondela
Páginas305-313

Page 305

Conselleria da Presidencia e Administración Pública
a) Desenvolvemento lexislativo

Decreto 171/1998, do 28 de maio, polo que se determinan os nomes oficiais das parroquias pertencentes ós concellos de Carral (A Coruña) e Arbo, Barro, Caldas de Reis, Cambados, A Cañiza, Catoira, Crecente, Fornelos de Montes, O Grove, A Illa de Arousa, A Lama, Meis7 Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Pazos de Borbén, Pontecesures, O Porriño, Portas, Ribadumia, Salvaterra de Miño, Vigo e Vilanova de Arousa (Pontevedra) (dog núm.114, do 16 de xuño de 1998).

A Lei de Galicia 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, dispón no seu artigo 19 que os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega. O mesmo artigo establece no seu apartado 2° que lle corresponde á Xunta de Galicia a determinación dos nomes oficiis dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbana e dos topónimos de Galicia.

Page 306

Decreto 174/1998, do 5 de xuño, polo que se modifica o Decreto 43/1984, do 23 de marzo, polo que se regulan as funcións e a composición da comisión de Toponimia (dog núm. 118, do 22 de xuño de 1998).

A Comisión de Toponimia, creada polo Decreto 42/1979, do 21 de setembro, como órgano para a normalización da toponimia de Galicia foi regulada, no que se refire á súa composición e funcións, polo Decreto 43/1984, do 23 de marzo, que regulou as funcións e a composición da comisión de toponimia para adáptalas ás esixencias culturais e legáis daquel momento.

Do mesmo xeito, regúlanse agora as composicións e funcións da Comisión de Toponimia, co fin de adaptalas ás novas necesidades tanto culturáis como legáis, así como á nova estructura orgánica da Xunta de Galicia.

O art. 1 do Decreto establece que «A Comisión de toponimia é o órgano de estudio, asesoramento e consulta da Xunta de Galicia para a determinación dos nomes oficiais da toponimia galega e para evacua-las consultas que sexan necesarias con tal fin.

A Comisión de Toponimia funcinaria en Pleno e Ponencia de Estudios (art. 2). O Pleno da Comisión estará integrado polo Conselleiro da Presidencia, que actuará como presidente, o secretario xeral da Consellería da Presidencia, e o vicepresidente, que será o director xeral de Política Lingüística.

Serán vocais natos: o director xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, o director xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con competencias en materia de cartografía ou persoa na que delegue; o secretario xeral de Planificación e Desenvolvemento Comarcal ou persoa na que delegue; o director do Instituto Galego de Estatística. Acturán como Vocais representativos: un do Consello da Cultura Galega, da Real Academia Galega, do Instituto da Lingua Galega, do Instituto P. Sarmiento e da Facultade de Xeografía e Historia.

Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra (dog núm. 144, do 28 de xullo de 1998).

Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, dispón no seu artigo 10 que os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega. O mesmo artigo establece no seu número 2 que lle corresponde á Xunta de Galicia a determinación dos nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbana e dos topónimos de Galicia.

Page 307

Tendo en conta o Decreto 132/1984, do 6 de setembro, polo que se establece o procedemento para a fixación ou recuperación da toponimia, contando preceptivo díctame da Comisión de Toponimia, logo de seren publicados coas correspondentes correccións propostas, aprobase o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra que figura como anexo a este decreto, derogándose tódalas normas de igual ou inferior categoría que se opoñan ó establecido neste decreto.

Decreto polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra (dog núm. 144, do 28 de xullo de 1998).

A Lei 3/1998, do 2 de xullo, de normalización lingüística, dispon no seu artigo 10 que os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega. O mesmo artigo establece no seu número 2 que lle corresponde á Xunta de Galicia a determinación dos nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbana e dos topónimos de Galicia. Recolle este Decreto todo o nomenclátor correspondente á provincia de Pontevedra como corpo único.

Orde do 2 de xullo de 1998 pola que se anuncia un cambio na composición da comisión de avaliación da Orde do 28 de xaneiro de 1998 pola que se regula a concesión de subvencións a empresas privadas para accións de promoción da lingua galega (dog núm. 132, do 10 de xullo de 1998).

O artigo 8 da Orde do 28 de xaneiro de 1998, pola que se regula a concesión de subvencións a empresas privadas para acción de promoción da lingua galega (dog do 3 de marzo), establece a composición para a valoración do informe-proposta de concesión, denegación ou exclusión, se fose o caso, das subvencións.

Ó ter comunicado o titular da Xefatura da Sección de Xestión e Coordinación Lingüística, membro da mencionada comisión, a súa abstención de acordó co previsto no artigo 28.2.a) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispón a abstención do titular da Xefatura da Sección de Xestión e Coordinación Lingüística do Servicio de Xestión e Promoción Lingüística da Dirección Xeral de Política Lingüística, nomeando ó titular da Xefatura do Servicio de Plan e Programas do Ensino da Lingua Galega membro da comisión de avaliación prevista no artigo 8 da Orde do 28 de xaneiro de 1998.

Page 308

Orde do 8 de xuño de 1998, pola que se determinan os nomes oficiáis dos topónimos que se relacionan, pertencentes ós concellos de Carral (A Coruña) e Arbo, Barro, Caldas de Reis, Cambados, A Cañiza, Catoira, Crecente, Fornelos de Montes, O Grove, A Illa de Arousa, A Lama, Meis, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Pazos de Borbén, Pontecesures, O Porrino, Portas, Ribadumia, Salvaterra de Miño, Vigo e Vilanova de Arousa (Pontevedra) (dog núm. 118 do 22 de xuño de 1998).

b) Fomento

Orde do 18 de xuño de 1998 pola que se anuncia a concesión de axudas económícas,en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a publicacións periódicas escritas integramente en galego normativizado (dog núm. 124, do 30 de xuño de 1998).

O goberno galego, como consecuencia do progresivo incremento da presencia da lingua galega no ámbito da prensa escrita, ten que presta-lo seu máis decidido apoio a tódalas iniciativas que xurdan neste ámbito, co obxecto de continuar coa política marcada no Estatuto de autonomía e cumprir así o establecido no seu artigo 5.3.°, que expresa a necesidade de potencia-lo emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa.

Poderán solicita-las axudas que son obxecto da presente orde as empresas xornalísticas establecidas en Galicia e inscritas no Rexistro Mercantil, que difundan as súas publicacións periódicas escritas integramente en idioma galego normativizado. Entenderanse como publicacións periódicas as que teñan un contido informativo ou de opinión, que se impriman baixo un mesmo título en serie continua, con numeración correlativa e data de publicación, que aparezan con periodicidade fixa e con propósito de permanencia indefinida no tempo.

Poden optar a estas subvencións as empresas que editen publicacións que reúnan as seguintes condicións: a) Que se publiquen periodicamente; b) Que inclúan o pé de imprenta en tódolos datos que estableza a lexislación vixente; c) Que non se dístribúan como suplementos ou de forma conxunta a outra publicación.

Orde do 19 de xuño de 1998 pola que se anuncia a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, a empresas xornalísticas e de radiodifusión (dog núm. 123 do 29 de xuño de 1998).

O art. 5, ó establece-lo procedemento administrativo para solicita-lasPage 309 subvencións, no apartado A, punto 1, di: «Memoria na que se fagan consta-los números publicados durante o presente ano, ata o 31 de agosto, número de traballos ou artigos escritos en língua galega durante o mesmo período e porcentaxe de publicacións, informacións ou emisións encaminadas á normalización da lingua galega e difusión da identidade e cultura de Galicia».

No apartado B, punto 4: «Declaración xurada do representante da empresa responsabilizándose de que continuará realizando as emisións en ga-lego ata o 31 de decembro de 1998 no caso de ser beneficiarla da axuda».

Consellería de Educacion e Ordenación Universitaria

Fomento

Orde do 12 de agosto de 1998 pola que se resolve o concurso público convocado na Orde do 28 de xaneiro de 1998, pola que se regula a concesión de subvencións a empresas privadas para accións de promoción da lingua galega.

De acordo co previsto no artigo 10 da orde de convocatoria, as empresas ás que lles sexan subvencionados proxectos deberán comunicarlle á Dirección Xeral de Política Lingüística a aceptación das subvencións concedidas co compromiso queisto impon, no prazo máximo de dez días contados a partir da publicación desta Orde no dog.

Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo

Fomento

Orde do 5 de maio de 1998 pola que se convocan subvencións a empresas para a producción audiovisual en lingua galega (dog núm. 93, do 18 de maio de 1998).

Con estas axudas á producción en lingua galega inténtase apoia-la realización de proxectos competitivos nos mercados nacionais e internacionais. As subvencións fínanciaranse con cargo ó crédito orzamentario por un importe de 70.000.000 de pesetas.

Terán a consideración de curtametraxes as produccións cinematográficas de duración inferior a sesenta minutos; longametraxes, as produccións cinematográficas de duración igual ou superior a sesenta minutos; vídeo-Page 310creación, os proxectos que expresen unha clara vontade de experimentación formal; documentais, as produccións informativas dalgún aspecto da realidade sen empregar como principal instrumento a ficción; programas piloto de series de televisión, os que tendan a mostrar mediante un capítulo a viabilidade dun proxecto de serie televisiva; produccións multimedia, as que conxuguen o emprego de medios informáticos e audiovisuais tanto na súa elaboración como no seu consumo.

Orde do 15 de xuño de 1998 pola que se regula a concesión de subvencións ás entidades e institucións sen fin de lucro para a realización de cursos e outras actividades formativas de lingua galega (dog núm. 131, do 9 de xullo de 1998).

A Lei 3/1983, de normalización lingüística, ordénalles ós poderes públicos de Galicia que garantan o uso normal do galego, lingua propia e oficial da Comunidade Autónoma.

Un importante sector da sociedade, especialmente sensible co idioma e coa cultura de Galicia, é o que abrangue as entidades e institucións sen flus de lucro. Neles agrúpanse cidadáns que, usándoa, lle confiren á lingua galega ante outros sectores sociais o prestixio necesario que os anime a utilízala.

A subvención que se lle conceda a cada entidade ou institución solicitante poderá comprende-los gastos da docencia e do material necesarios.

Os cursos de iniciación e de perfeccionamento terán unha duración de 75 horas. A asistencia ás clases é obrigatoria. A ausencia de cada un dos asistentes non poderá ser superior ó 10% da duración total do curso ou da actividade.

Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

Fomento

Orde do 31 de xullo de 1998 pola que se regula a concesión de subvencións ós concellos de Galicia para a normalización da lingua galega. (dog núm. 157, do 14 de agosto de 1998).

Dentro dos obxectivos da normalización lingüística no ámbito da Administración local comprendidos na Lei 5/1988, do 21 de xuño, de uso do galego como lingua oficial de Galicia polas entidades locais, están os mencionados nos seus artigos 1o e 2.

A Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, nosPage 311 seus apartados 1o e 3o do artigo 7 dispón, respectivamente: «O galego, como lingua propia de Galicia éo tamén da súa Administración local.»

Neste artigo subsúmense o 1o e 2o da Lei 5/1988, de uso do galego como lingua oficial de Galicia polas entidades locáis, pero engade algúns aspectos que reforzan o espirito normalizador: «notificacións, recursos, escrituras públicas, comparecencias xudiciais e tódo los actos de carácter público e administrativo que se realicen por escrito en nome das corporacións locais redactaranse en lingua galega».

Esta Orde ten por finalidade (artigo 3°) fomenta-la normalización lingüística para as modalidades seguintes:

  1. Mantemento dos servicios municipais de normalización lingüística xa existentes.

  2. Creación de novos servicios municipais de normalización lingüística debidamente xustificados e sempre que existan créditos suficientes.

  3. Fomento da lingua galega mediante o seu uso en actividades tales como publicacións de actos culturais, deportivos, turísticos, etc. promovidos polo Concello.

Orde do 31 de xullo de 1998 pola que se convocan os cursos básicos, medio e superior de linguaxe administrativa galega para o persoal das corporacións locais (dog núm. 156, do 13 de agosto de 1998).

A Lei 3/1983 do 15 de xuño, de normalización lingüística, no seu artigo 4.1°, establece que «O galego, como lingua propia de Galicia, é lingua oficial das institucións da Comunidade Autónoma, da súa Administración, da Administración local e das entidades públicas dependentes da comunidade Autónoma...».

A Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, nos apartados 1o e 3o do seu artigo 7, dispon respectivamente: «O galego, como lingua propia de Galicia, éo tamén da súa Administración local».

A Consellería de Xustiza, Interior e Relacions Laboráis, co fin de dar cumprimento a estas disposición e recomendacións, proseguindo coa súa liña de cooperación coas corporacións locais, coa finalidade de impulsa-la normalización lingüística na Administración local, e como continuación do Plan Integral de Estudios iniciado en 1990, mediante o que se pretende que en tódalas corporacións locais exista, polo menos, un funcionario que se responsabilice da traducción dos documentos sinalados no artigo 1 da devandita Lei 5/1988, convoca cursos de linguaxe administrativa galega para o persoal das corporacións locais galegas, en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Page 312

Daquela, a Consellería convoca tres cursos de lingua galega para o persoal das corporacións locais de Galicia:

  1. Cursos de nivel básico. Para acceder ós cursos de linguaxe administrativa galega de nivel básico é requisito indispensable ter aprobado ou validado o curso de iniciación.

  2. Cursos de nivel medio. Para participar neste curso haberá que acreditar ter realizado o curso de nivel básico ou outro equivalente.

  3. Curso de nivel superior en linguaxe administrativa galega. Para poder solicítalo haberá que acreditar ter realizado satisfactoriamente o curso de nivel medio.

Ministerio da Presidencia

Orde do 19 de xuño de 1998 pola que dispón a publicación do «Convenio de Colaboración entre a Administración Xeral do Estado e a Xunta de Galicia para a publicación das Leis en Lingua Galega (boe núm. 147, do 20 de xuño de 1998).

O Ministerio da Presidencia e maila Conselleria da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia están interesados en arbitrar mecanismos de cooperación que fagan posible a traducción ó galego das disposicións xerais con forma de Lei, Real decreto-lei e Real decreto lexislativo, que unha vez sancionadas polo Reí e publicadas en castelán no Boletín Oficial do Estado, poderán tamén publicarse nas demais linguas oficiáis das diferentes Comunidades Autónomas. Así mesmo, o Real decreto 489/1997, do 14 de abril (publicado no boe núm. 92 do 17) sobre publicación das Leis nas linguas cooficias das comunidades autónomas, dispon na disposición adicional, que os convenios de colaboración poderán contempla-la posibilidade de incluir outras disposicións de carácter xeral a partir dos seis meses da entrada en vigor do Convenio.

O Convenio de colaboración subscríbese con arranxo ás seguintes cláusulas:

Primeira. O Ministerio da Presidencia e a Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia comprométense a adoptar conxuntamente, e no marco do establecido polo Real decreto 489/1997, do 14 de abril, as medidas necesarias para levar a cabo a publicación en lingua galega das Leis, Reais decretos-leis e Reais decretos lexislativos.

Segunda. Transcorridos seis meses dende a entrada en vigor do pre-Page 313sente Convenio, extenderanse as previsións contidas nel a outras disposicións de carácter xeral, de conformidade co establecido na disposición adicional única do Real decreto 489/1997, do 14 de abril, sobre publicación das leis nas linguas cooficiais das comunidades autónomas.

Terceira. A publicación en lingua galega das leis, Reais decretos-leis e Real decretos lexislativos realizarase no «Boletín Oficial del Estado», de conformidade co establecido no artigo 2 do Real decreto 489/1997.

Cuarta. Para facer efectiva dita colaboración, o Ministerio da Presidencia a través do organismo autónomo boe proporcionaralle á Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, os textos en castelán das normas con rango de Lei, debidamente compostos, lidos e corrixidos, certificando en cada caso que o texto enviado se corresponde integramente co publicado no boe. A remisión dos textos realizarase por correo electrónico e por fax a efectos de garanti-la celeridade e a correcta recepción.

Quinta. A Secretaría da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia responsabilizarase da traducción das disposición s xerais a que se refire a cláusula primeira. O texto com posto en galego será enviado ó Ministerio da Presidencia para a súa verificación e cotexo.

Sexta. O boe realizará con carácter inmediato a impresión e distribución do texto. O custe da traducción do texto do castelán ó galego será asumido ó 50 % polo boe e pola Xunta de Galicia.

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR