Crònica legislativa: Galícia

AutorXosé González
CargoXefe do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela
Páginas384-396

Page 384

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Fomento

Orde do 26 de decembro de 2003 pola que se convocan axudas económicas para os proxectos e os traballos dos equipos de normalización lingüística dos centros privados (concertados e non concertados) da Comuni- dade Autónoma de Galicia que imparten ensinanza de educación infantil, especial, de adultos, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional (dog núm.10, do 16 de xaneiro de 2004).

A Administración educativa de Galicia garante que os alumnos, conforme van acabando un dos ciclos nos que o ensino do galego é obrigatorio, vaian acadando un dominio oral e escrito similar dos idiomas galego e castelán, tal e como determina o artigo 14.3º da Lei 3/1983, de normalización lingüística.

Para poder conseguir iso, esta mesma Lei encoméndalle á Xunta de Galicia a regulamentación no ensino do uso desas dúas linguas oficiais en Galicia. Esa regulamentación está establecida nos decretos 247/1995 e 66/1997.

Relacionamos a seguir os apartados desta orde:

Primeiro
  1. Esta orde ten por obxecto convocar axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a contribuír ó financiamento daqueles proxectos que incidan directamente na promoción do galego nas aulas, que realicen no ano 2004 os equipos de normalización lingüística dos centros privados (concertados e non concertados) de educación infantil, especial, de adultos, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional de Galicia.

  2. Os proxectos e os traballos para os que se solicite axuda serán os contidos na programación de actividades elaboradas e aprobadas por cadaPage 385centro para acada-los obxectivos recollidos nos plans específicos en xeral para o uso do idioma galego.

Segundo

As axudas destinaranse preferentemente:

  1. Para satisface-los gastos de adquisición e/ou elaboración de material didáctico, bibliográfico, fonográfico, videográfico e informático en galego.

  2. Para organización de programas e actividades, que teñan como finalidade o fomento do uso da lingua propia de Galicia entre os distintos compoñentes da comunidade educativa do centro.

Cuarto

A contía de cada subvención non poderá supera-la cantidade máxima de 2.000 e.

Quinto
  1. Para acceder a estes incentivos será necesario que o equipo de normalización lingüística estea formalmente constituído segundo o disposto nos artigos 82 do Decreto 324/1996 e 63 do Decreto 374/1996, e que o seu programa de actividades fose aprobado polo centro e enviado canda a programación xeral anual á Inspección educativa, sendo este órgano o encargado de lle presentar á correspondente comisión avaliativa o informe relativo a cada centro.

  2. No caso das actividades de prensa escolar, considerarase como mérito preferente o feito de que esas esas actividades se levasen a cabo tamén en anos anteriores. Se se dá esa circunstancia, deberase achegar canda a solicitude un exemplar do último dos números editados.

    Orde do 26 de decembro de 2003 pola que se anuncian cursos de iniciación e de perfeccionamento de lingua galega para mestres e profe- sores de primaria, secundaria, de ensinanzas especiais e de formación profesional, dos centros públicos, privados e privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia (dog núm. 10, do 16 de xaneiro de 2004).

    Page 386

    Tanto a Lei 3/1983, de normalización lingüística, coma o Decreto 247/1995, que a desenvolve no tocante ó ensino non universitario, buscan, por unha parte, que os alumnos vaian acabando cada unha das etapas do ensino cun dominio semellante do galego e do castelán, e,por outra, que o galego sexa a lingua de uso habitual non só da Administración educativa, senón tamén das actividades de relacións, organizativas e culturais dos centros educativos.

    Para axudar a isto cómpre contar cun profesorado que coñeza e domine o galego dun xeito suficiente non só para imparti-las clases no idioma propio de Galicia, senón tamén para facelo coa calidade que axude a mellora-lo dominio que desa lingua teñen os alumnos.

    Por todo isto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, dispón:

  3. Anúncianse cursos de iniciación e de perfeccionamento de lingua galega para mestres e profesores de primaria, secundaria, de ensinanzas especiais e de formación profesional, dos centros públicos, privados e privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia, que se realizarán naquelas localidades que determine a Consellería, segundo as solicitudes presentadas e a súa distribución xeográfica.

    O artigo 4º especifica o número de asistentes a cada cursos, que será de 35 como máximo e de 15 como mínimo. Tódalas actividades que se realicen nos cursos faranse en galego e ateranse no tocante á normativa e ó uso correcto do idioma (tal e como determina a disposición adicional da Lei 3/1983, de normalización lingüística), ó establecido pola Real Academia Galega.

    Orde do 26 de decembro de 2003 pola que se anuncian cursos básicos e medios de linguaxe administrativa galega para o persoal das administración públicas de Galicia (dog núm.10, do 16 de xaneiro de 2004).

    Anúncianse, en colaboración coa Escola Galega de Administrción Pública, 29 cursos (básicos/medios) de linguaxe administrativa galega que se van realizar nas provincias de Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

    Os cursos van dirixidos ó persoal que realiza funcións administrativas nas diferentes administracións públicas de Galicia. Reservarase o 75 % das prazas para o persoal da Administración autonómica galega.

    Orde do 26 de decembro de 2003 pola que se anuncia a convocatoria de encontros e actividades de formación e de intercambios de experiencias para os responsables e os compoñentes dos equipos de normalización lin-Page 387güística, e para o profesorado en xeral, dos centros de ensino non universitario público, privado e privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia (dog núm. 10, do16 de xaneiro de 2004).

    A Lei 3/1983, de normalización lingüística, encoméndalles ás autoridades educativas que tomen as medidas oportunas para promove-lo uso progresivo do galego no ensino. Ese uso debe contribuír a que os alumnos do ensino non universitario vaian acabando os distintos ciclos cun dominio similar de galego e de castelán.

    Son varias as disposicións legais que teñen como función principal a de potencia-lo uso da lingua galega nos centros de ensino non unviersitario, e son os encargados de elaborar e dinamizar un plan anual de actividades tendentes á consecución dos obxectivos establecidos polo centro en relación coa normalización do idioma e a cultura de Galicia.

    A finalidade destes encontros e actividades é a formación lingüística do profesorado, co fin de consegui-la progresiva utilización da lingua galega no ensino e, en consecuencia, mellora-lo dominio que os alumnos teñen do idioma galego.

    Tódalas actividades que se realicen faranse en galego e ateranse, no atinente á normativa e ó uso correcto do idioma (tal e como determina a disposición adicional da Lei 3/1983, de normalización lingüística), ó establecido pola Real Academia Galega.

    Orde do 26 de decembro de 2003 pola que se anuncia a convocatoria da campaña «Entre nós en galego» (dog núm. 9, do 15 de xaneiro de 2004).

    A Dirección Xeral de Política Lingüística, na liña de fomenta-lo uso da lingua galega, de acordo co establecido na Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística Entre nós, en galego estructurada esencialmente en tres grandes obxectivos:

  4. Que a sociedade valore o feito de posuír unha lingua propia como unha riqueza cultural e un patrimonio histórico que cómpre conservar.

  5. Contribuír a prestixia-la lingua galega, tanto polo seu valor referencial da nosa identidade como por se-lo noso principal elemento de comunicación cos falantes do mundo.

  6. Impulsa-lo uso da lingua galega nas nosas comunidades escolares.

Accións
  1. Publicidade en lingua galega. Concurso de cartel e lema; dirixido a alumnos/as de educación infantil, primaria e secundaria.

    Page 388

  2. Concurso de relato curto; dirixido a alumnos de educación secundaria obrigatoria e postobrigatoria.

  3. Concurso de poesía; dirixido a alumnos de educación secundaria obrigatoria e postobrigatoria.

  4. Certame de recitado de poemas; dirixido a alumnos e centros de educación infantil, primaria e secundaria.

  5. Certame de contacontos; dirixido a alumnos e centros de educación infantil, primaria e secundaria.

  6. Concurso-campionato do xogo O Preguntoiro; dirixido a alum- nos/as de educación secundaria obrigatoria e postobrigatoria.

  7. Certame de teatro; dirixido a centros de educación infantil, prima- ria e secundaria.

  8. Certame de música; dirixido a centros de educación infantil, primaria e secundria.

  9. Concurso de revistas escolares; dirixido a centros de educación infantil, primaria e secundaria.

    Orde do 6 de febreiro de 2004 pola que se anuncia a convoctoria para presentar proxectos de fomento do uso do galego e de formación para os traballos dos equipos de normalización lingüística dos centros públicos de educación infantil, especial, de adultos, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional, adscritos á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (dog núm. 30, do 12 de febreiro de 2004).

    A Administración educativa de Galicia garante que os alumnos conforme van acabando cada un dos ciclos en que o ensino do galego é obrigatorio, vaian acadando un dominio, oral e escrito, similar dos idiomas galego e castelán, tal e como determina o artigo 14.3º da Lei 3/1983, de normalización lingüística.

    No ano 2004, a Administración educativa galega, á parte de manter este proxecto de fomento do uso do galego nos centros educativos, prevé a posibilidade, a través dunha partida adicional orzamentaria de completalos incentivos a aqueles centros que cumprindo os obxectivos que regulan os decretos 247/1995 e 66/1997, que regulan o uso do galego no ensino, destacan por estende-lo seu uso a outras áreas curriculares.

    Por todo isto, a Consellería de Educación e Ordenación Univesitaria, dispón:

Primeiro
  1. Esta orde ten por obxecto financiar proxectos de fomento do uso do galego e de formación en réxime de concorrencia competitiva destina-Page 389dos ós equipos de normalización lingüística dos centros públicos que imparten ensinanzas de educación infantil, especial, de adultos, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional de Galicia, adscritos á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, durante o ano 2004.

Segundo

Nos proxectos de fomento do uso do galego e de formación atenderase preferentemente:

Na modalidade A:

  1. A satisface-los gastos de adquisición e/ou elaborción de material didáctico, bibliográfico, fonográfico, videográfico e informático en galego.

  2. A organizar programas e actividades que teñan como finalidade o fomento do uso da lingua propia de Galicia entre os distintos compoñentes da comunidade educativa do centro.

Na modalidade B: ademais dos previstos nos epígrafes un e dous deste artigo, á realización de proxectos de carácter excepcional que impliquen un financiamento complementario.

Orde do 26 de febreiro de 2004 pola que se aproban as bases que rexerán o concurso público de doce bolsas para estadías de persoal dos departamentos de estudos galegos de universidades de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa colaboración en proxectos de investigación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (dog núm. 56, do 22 de marzo de 2004).

O concurso ten por obxecto a adxudicación de doce bolsas de estadías e participación en actividades nos proxectos de investigación que aparecen como anexo I, no centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, da Consellería de Educación e Ordenación Univesitaria, detinadas a licenciados/as ou estudantes dos dous últimos anos de licenciatura, vinculados a universidades de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia que teñen centros de estudos galegos por convenio coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

O anexo I relaciona esas actividades as que fai mención a Orde:

— Fraseoloxía galega. Dicionario e cadernos

— Identidade galega

Page 390

— Dicionarios de literatura galega

— Informe de literatura galega

— Tradución automática

— Bibliografía de lingüística galega

— Análise morfolóxica e sintáctica automática — Corpus de referencia do galego actual

— Estudos de terminoloxía

— Edicións facsimilares de revistas literarias

— Síntese e recoñecemento de voz

— Narrativa recuperada (literatura galega)

— Poesía recuperada ( poesía galega)

— Lírica medieval

— Prosa galega medieval

Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo

Orde do 29 de decembro de 2003 pola que se convocan subvencións a empresas vinculadas co sector audiovisual para apoia-lo desenvolvemento de proxectos de produción audiovisual en lingua galega, así como a produción audiovisual en lingua galega (dog núm. 10, do 16 de xaneiro de 2004).

A Consellería de Cultura a través das axudas ó desenvolvemento dos proxectos audiovisuais en lingua galega pretende fomentar unha das fases máis esenciais da produción audiovisual, como é a da posta a punto dos aspectos guionísticos e orzamentarios.

Enténdese por desenvolvemento de proxectos o conxunto de opera- cións que preceden á fase de produción propiamente dita, a rodaxe dunha obra audiovisual. O devandito concepto inclúe, en particular, a redacción do guión, a procura de socios, a preparación do plan financeiro da produción, a elaboración do plan de márketing e de distribución.

Este procedemento de desenvolvemento culmina propiamente coa fase da produción polo que a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo establece axudas para a produción audiovisual en lingua galega, co fin de fomenta-lo crecemento do sector audiovisual en lingua galega na nosa comunidade autónoma.

Os beneficiarios destas subvencións serán as productoras audiovisuais e empresas de produción multimedia legalmente constituídas como tales no territorio da Unión Europea e que conten, polomenos, cunha axencia de representación en Galicia.

Page 391

Os proxectos presentados ó abeiro desta convocatoria deberán realizarse nun mínimo do 25 % na Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 14 enumera o tipo de proxectos subvencionables:

a) Longametraxes cinematográficas

b) Telefilmes

c) Series de televisión

d) Produción mutimedia

e) Documentais

O artigo 17º expón os criterios de valoración:

a) Interese do proxecto e calidade artística (orixinalidade e creativi- dade del).

b) A contribución ó fomento do emprego no sector e a implicación no proxecto de recursos de Galicia (a participación de profesionais, equipos técnicos ou artísticos galegos na produción) logo de entrar en fase de produción.

c) Orzamento do proxecto de desenvolvemento achegado.

d) Redacción en lingua galega da versión orixinal do guión.

e) Contribución ós valores culturais de Galicia.

Artigo 24º.

Contía da axuda. Considérase importe subvencionable, o gasto asociado imputable e axustado ó proxecto, que estará integrdo pola suma de gastos necesarios para a súa realización ata a obtención da primeira copia estándar, excluídos impostos, podendo alcanza-las axudas, con carácter xeral, as porcentaxes do importe subencionado que se relacionan a continuación:

  1. Proxectos de longametraxe: ata o 30 %.

  2. Proxectos de documentais: ata o 30 %.

  3. Proxectos de vídeo-creación: ata o 30 %, cun máximo de 15.000 euros.

  4. Proxectos de telefilmes: ata o 30 %

  5. Proxectos de produción multimedia: ata o 30 %, cun máximo de 15.000 euros.

Orde do 29 de decembro de 2003 pola que se convocan axudas para o desenvolvemento de guións e para a realización de proxectos de produciónPage 392audiovisual en lingua galega que incorporen novos realizadores e novo equipo técnico (dog núm. 10, do 16 de xaneiro de 2004).

A Lei 6/1999, do 1 de decembro, do audiovisual de Galicia, dedica o seu capítulo II ás actividades de fomento do sector audiovisual.

Poderán optar a estas subvencións:

a) No caso de axudas ó desenvolvemento de guións en lingua galega, as persoas físicas residentes en Galicia que teñan prevista a escritura dun guión para proxectos como os sinalados no artigo 13º.

b) Para a realización de proxectos de produción en lingua galega que incoporen novos realizadores e novos equipos técnicos, poderán ser tanto persoas físicas residentes en Galicia, como productoras audiovisuais e empresas de produción multimedia legalmente constituídas como tales, con domicilio social en Galicia que incorporen para a dirección do dito proxecto en cuestión un novo realizador e mais novo equipo técnico. No caso de productoras cinematográficas deberán estar inscritas no rexistro oficial do Instituto de Cinematografía e Artes Audiovisuais.

Serán obxecto de subvención para o desenvolvemento de guións os seguintes tipos de proxectos:

a) Longametraxes cinematográficas b) Telefilmes

c) Series de televisión

d) Produción multimedia

Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacions Laborais

Resolución do 20 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo regulador das condicións de emprego do persoal funcionario do Concello de Tui (dog núm. 14, do 22 de xaneiro de 2004).

O artigo 42 refírese ó uso da lingua galega:

Os traballadores/as do Concello de Tui teñen o dereito e o deberer de desenvolve-la súa actividade laboral e profesional no idioma galego, como lingua da comunidade autónoma, e en particular da Administración local, ePage 393polo tanto acceder a vías de formación lingüística en relación co seu posto de traballo.

O Concello de Tui proporcionará os instrumentos axeiados para propiciar un coñecemento adecuado da lingua galega. Os traballadores/as da enti- dade local teñen dereito a asistir a cursos de aprendizaxe, perfeccionamento e especialización do idioma gale- go, dentro do horario de traballo.

»O tempo investido na asistencia ós devanditos cursos será computado como tempo efectivo de traballo.

»No caso de que os cursos de gale- go, non se realicen dentro dun plan de formación lingüística do persoal ó cargo da entidade local ou non sexan organizados por esta, este aboará, se é o caso, e logo da xustificación documental, as axudas de custo e gastos de desprazamento pertinentes.»

Resolución do 25 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Tui (dog núm. 7, do 13 de xaneiro de 2004).

Artigo 43. Uso da lingua galega.

Os traballadores/as do Concello de Tui teñen o dereito e o deber de desenvolve-la súa actividade laboral e profesional no idioma galego, como lingua da comunidade autónoma, e en particular da Administración local, e polo tanto acceder a vías de formación lingüística en relación co seu posto de traballo.

O Concello de Tui proporcionará os instrumentos axeitados para propiciar un coñecemento adecuado da lingua galega. Os traballadores/as da entidade local teñen dereito a asistir a cursos de aprendizaxe, perfeccionamento e especialización do idioma galego, dentro do horario de traballo.

O tempo investido na asistencia ós devanditos cursos será computado como tempo efectivo de traballo.

No caso de que os cursos de galego non se realicen dentro dun plan de formación lingüística do persoal ó cargo da entidade local ou non sexan organizados por esta, este aboará se é o caso, e logo de xustificación documental, as axudas de custo e gastos de desprazamento pertinentes.

Orde do 24 de xaneiro de 2004 pola que se convocan subvencións á produción editorial para apoia-la edición de obras en galego, a tradución ó galego, e a edición noutras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego (dog núm. 54, do 17 de marzo de 2004).

Un dos cometidos máis importantes da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo é a promoción de obras editadas en lingua gale- ga. Por iso, consciente da responsabilidade que lle corresponde en canto á normalización da nosa lingua, na procura de pór á disposición dos cida-Page 394dáns que utilizan esta lingua con normalidade é publicar obras que abrangan todas las materias, incluídas as que teñan un mercado moi reducido.

Ó mesmo tempo promociona-la creación en galego para dar posibilidades a todos aqueles escritores que se decanten por utiliza-la lingua gale- ga como medio de expresión, sobre todo en disciplinas de pouca distribución, como poesía, ensaio, etc.

Velai porque se convocan subvencións á produción editorial para apoia-la edición en galego, a tradución ó galego, e a tradución e edición noutras linguas de obras escritas orixinariamente en galego.

Orde do 12 de febreiro de 2004 pola que se regula a concesión de subvencións a empresas editoriais para impulsa-la creación, tradución e adaptación de libros e materiais didácticos e complementarios para niveis non univesitarios, impresos en lingua galega (dog núm. 36, do 20 de febreiro de 2004).

O Estatuto de autonomía para Galicia, no seu artigo 5, especifica que a lingua propia de Galicia é o galego e que os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilita-lo seu coñecemento. Segundo o artigo 27.20º, correspóndelle á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva da promoción e o ensino da lingua galega.

Esta orde vai dirixida ás editoriais legalmente constituídas como empresas privadas que elaboren material escolar incluíble no seu ámbito de ampliación.

Subvencíonaranse os libros de texto e o material didáctico e complementario que cumpran as seguintes condicións:

  1. Estaren correctamente escritos en galego, segundo o disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

  2. Ter como mínimo 50 (cincuenta) páxinas, agás os libros infantís e os que formen parte dunha única serie ou proxecto, e ter unha tiraxe mínima de 1.000 exemplares.

Exclúense os libros de bibliófilo, os de publicación e difusión gratuíta e os publicados por clubs do libro ou entidades similares, destinados a seren distribuídos entre os seus subscritores.; os de uso escolar correspondentes ás áreas ou mterias de lingua e literatura galegas; as publicacións ou material didáctico non destinado a uso escolar; as obras que non sexan primeira edición...

Page 395

Consellería de Emigración

Orde do 9 de febreiro de 2004 pola que se regulan programas formativos, de encontro con Galicia e de participación cultural dos emigrantes galegos residentes no exterior (dog núm. 34, do 18 de febreiro de 2004).

O feito incomparable e histórico da presencia asociativa de Galicia nos distintos países do mundo ten, neste período constitucional do noso país, un pioneiro recoñecemento no vixente Estatuto de autonomía de Galicia, que no seu artigo 7 establece o dereito das comunidades galegas asentadas fóra de Galicia a colaboraren e compartiren a vida social e cultural do pobo galego.

A Lei 4/1983, do 15 de xuño de recoñecemento da galeguidade evoca o espírito asociativo e solidario dos galegos que os leva a constituíren fóra de Galicia, auténticas comunidades que serven de vínculo de unión e comuñón coa terra galega.

O capítulo II do Programa 2, «cursos de lingua, literatura, historia e cultura galegas», di:

Artigo 9º. Obxecto.

  1. O programa pretende promove-la realización de accións que eleven o nivel cultural dos emigrantes de orixe galega e manteña viva a súa identidade, así como en difundi-la cultura galega nos contornos dos seus asentamentos.

  2. Poderá participar nalgunha fase deste programa a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

    Artigo 10º. Características.

  3. Estes cursos van dirixidos, preferentemente, a maiores de 14 anos que sexan socios de centros galegos se ben poden participar tamén tódolos membros da colectividade galega e os seus descendentes, así como aquelas persoas interesadas no feito cultural de Galicia.

  4. Cada curso, de carácter intensivo, terá unha duración de 60 horas de teoría e de 15 de práctica. O horario das clases axustarase ás necesidades dos solicitantes e terá unha duración ordinaria dun mes ou, excepcionalmente, ata tres meses para os casos en que existan profesores de galego xa desprazados ós lugares de impartición, completándose a realización do curso dentro do ano natural.

    Page 396

  5. Os cursos poden ter dúas modalidades, unha de lingua galega con valor académico e dous niveis distintos de coñecemento: cursos de iniciación e cursos de perfeccionamento; outra, de extensión ou integración cultural para persoas interesadas en mante-lo achegamento a Galicia, á súa realidade cultural actual, á súa historia, literatura, lingua e resto de manifestacións culturais da nosa terra.

  6. Para que o curso poida ser concedido é necesario que conte cun número mínimo de 20 alumnos, agás casos excepcionais debidamente xustificados. Varios centros poderán presentar unha solicitude conxunta para a realización dun único curso que acade o nivel de alumnado requirido. Na concesión valorarase a porcentaxe de alumnos de orixe galega.

Escola Galega de Administración Pública

Resolución do 18 de decembro de 2003 pola que se convoca unha bolsa de linguaxe administrativa galega (dog núm.4, do 8 de xaneiro de 2004).

A Escola convoca unha bolsa de linguaxe administrativa galega para a realización de estudos e prácticas sobre linguaxe administrativa galega.

As tarefas relativas a estas bolsas iniciaranse a partir do 1 de abril e rematarán o 31 de decembro de 2004. Poderán ser prorrogadas, en función do aproveitamento do adxudicatario, sempre que exista crédito adecuado e suficiente por un ano ou,se é o caso, ata que se resolva a convocatoria do ano 2005.

A dotación económica de cada bolsa será de 864 euros mensuais brutos coa retención fiscal que lle corresponda.

Poderán optar ás bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos:

a) Ser licenciado/a en filoloxía galega.

b) Acreditar formación e/ou experiencia en materias relacionadas co obxecto da convocatoria.

c) Acreditar formación e/ou experiencia en informática.

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR