Limiar

AutorAntonio Couceiro Méndez
Cargo del AutorConselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia

Cando en febreiro do pasado ano se asinaba o convenio entre a Consellería de Industria e Comercio e o Instituto de Dereito Industrial da Universidade de Santiago, agoiraba unha froitífera colaboración entre ambas institucións. Aos poucos meses da entrada en vigor do Convenio, publicábase o tomo XVIII da Revista Actas de Derecho Industrial y Derecho de Autor, na que se recollían importantes contribucións doutrinais, e asemade unha escolma de información moi relevante no campo da Propiedade Industrial e o Dereito de Autor.

Un ano mais tarde, ao abeiro dun novo Convenio, aparece o volume XIX desta prestixiosa e pioneira publicación, cuxa sona chega moito alen das fronteiras españolas, e na que o Gobernó de Galicia síntese moi orgulloso de participar a través da Consellería que me honro en dirixir. Non semella axeitado neste momento proceder a unha análise dos temas que aparecen no ampio índice de materias deste volume. Pero quero salientar que se trata de cuestións como a publicidade indirecta, as perspectivas da propriedade industrial cara o novo milenio, a protección do deseño industrial, as novas directivas e propostas de directivas comunitarias, ou os textos das resolución da Oficina Comunitaria de Marcas de Alicante, que non so teñen un grande interese xeral, senón que na maioría dos casos tamén presentan enorme transcendencia para a comunidade autónoma de Galicia.

En efecto, no que respecta ao réxime dapropiedade industrial e do dereito de autor, compre non esquencer que se está producindo un proceso de redefinición de competencias entre as CCAA. e a administración central do Estado. Aínda que o artigo 149.1.9.a da Constitución Española considera a lexislación sobre dereito de autor (propiedade intelectual) como unha competencia exclusiva do Estado, producíronse recentemente acontecementos que minguan tan categórica afirmación.

No ámbito dapropiedade intelectual, o R.D. 1825/1998, de 28 de agosto, articulou un traspaso de competencias á comunidade autónoma de Galicia en materia de execución da devandita lexislación. Con base na mesma, xa que logo, haberá que organizar un Rexistro galego da propiedade intelectual, que terá a mesma efectividade que até agora tina o Rexistro central. Habida conta do ancheamento obxetivo que esta parcela do ordenamento asumiu...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR