Limiar

AutorA Direccion

Neste volume XVI de ADI introdúcense bastantes cambios, que desexamos salientar brevemente. En primeiro lugar, o nome orixinario de «ACTAS DE DERECHO INDUSTRIAL», amplíase engadindo «Y DERECHO DE AUTOR», sen que esta modificación obligue a modificar as tradicionais siglas ADI, que se seguirán maniendo. Creemos que o conceito de Dereito Industrial non abrangue o Dereito de Autor, ainda que os variados vínculos recíprocos deán lugar a que ambos integren o que universalmente se chama Propiedade Intelectual. Sen embargo, o Dereito de Autor sempre estivo presente ñas páxinas de ADI, e mesmo incrementou a sua presencia nos últimos anos cunha sección fixa de xurisprudencia española. O novo rótulo trata, xa que logo, de reflexar mais axeitadamente a realidade substantiva de ADI. Non se trata de seguir simplemente a moda ou unha corrente doctrinal, senón de ter en conta realidades legáis coma o acordó ADPIC do GATT, vixente en España, ao que se dedica especial atención neste volume.

En segundo termo, tamén se produce unha modificación no organigrama de ADI. Alcanzado un grado de madurez suficiente, a revista necesitaba certa diversificación de funcións e nova asignación de responsabilidades. Con esta finalidade créase un comité científico, e a presidencia do mesmo, que o será tamén da revista. A presidencia non podía recaer mais ca no Prof. Dr. Carlos Fernández Nóvoa, maestro de industrialistas españois, creador do Instituto de Dereito Industrial e fundador de ADI. En canto o comité científico, está composto polos máis destacados e prestixiosos industrialistas españois comenzando polo Prof. Dr. h.c. Alberto Bercovitz, e por un grupo dos mais brillantes e coñecidos especialistas internacionais encabezados polo Prof. Dr. h.c. multa Gerhard Schricker, Director do Instituto Max Planck de Propiedade Industrial e Dereito de Autor de Múnich (Alemania). Sentímonos honrados en poder contar con tan ilustres colegas, en tarefas que van dende o impulso ou asesoramento até a dirección de seccions, pasando pola canalización de colaboracións, ou o control de calidade de traballos non solicitados actuando coma referees. Por eso, o noso agradecimento vai parello coa nosa seguridade nos froitos do seu consello e maxisterio. A dirección efectiva é asumida polo Prof. Dr. José A. Gómez Segade, e polo Prof. Dr. M. Botana, que xa viñan actuando os últimos anos coma Directores adxuntos. E, finalmente, a secretaría foi encomendada a tres novos Profesores, que constitúen a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR