Galícia (Dende Xaneiro a Xuño de 1994)

AutorXosé Gonzàlez Martínez
CargoXefe do Servicio de Normalización Lingüística do Concello de Redondela
Páginas237-241

Page 237

Conselleria da Presidència e Administración Pública
A Lexislación

Decreto 82/1994, do 8 de abril, polo que se determina» os només oficiah das parroquias pertenecentes ós concellos da Peroxa, Petin, Rairiz de Veiga, Ramirds e Ribadavia (dog núm. 76).

A Lei de Galicia 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística,

Page 238

dispón no seu artigo 10 que «os topónimos de Galícia teran como única forma oficial a galega».

Contando co preceptivo dictame da Comisión de Toponímia, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galícia, aprobanse os només ofi-ciais das parroquias pertencentes ós concellos sinalados no Decreto.

B Fomento

Decreto 103/1994, do 21 de abril, polo que se establecen axudas dirixidas as publicacions periódicas escritas integramente en galego normativizado.

No dicir da Conselleria a aparición de novos elementos no campo da información -xornais escritos integramente en galego- maila experiència adquirida dende entón -incremento da información escrita en galego-constitúen un feito ó que o Goberno galego ten que presta-lo seu mais decidido apoio, a prol de continuar coa política marcada polo Esta-tuto de autonomia.

No artigo 1.° do Decreto establecense incentivos para as empresas períodísticas radicadas en Galícia e inscritas no Rexistro Mercantil, que difundan as súas publicacions periódicas escritas integramente en idioma galego normativizado. Cómpre que non pase inadvertida a matización: galego normativizado. Deste xeito ponse cabo a unha anarquia propiciada por algunhas publicacions periódicas de ostensible belixerancia co Decreto que establece as normas ortogràficas e morfolóxicas da lingua galega.

Conselleria de Educación e Ordenación Universitària
A Lexislación

Decreto 79/1994, do 8 de abril, sobre exención da matèria de lingua galega no ensino bàsica e medio (dog núm. 72).

O artigo 14 da Lei 3/1983, de normalízación lingüística determina a obrigatoriedade do estudio da matèria de lingua galega en tódolos niveis educativos non universitarios. O Goberno galego regulamentou as circuns-tancias excepcionais en que un alumno pode ser dispensado do estudio obrigatorio desa matèria.

O actual Decreto està motivado por unha resolución xudicial recaída sobre outro anterior. Por iso, con data do 23 de marzo de 1994 o Conse-

Page 239

llo Escolar de Galícia foi consultado previamente, en execucions das sen-tencias número 801 e 803, den 1993, do Tribunal Superior de Xustiza de Galícia, para informalo da regulación contida neste Decreto, que consta de catro artigos, dúas disposicions adicionais, unha disposición derro-gatoria e dúas derradeiras.

O artígo 1 establece que «Os alumnos que se incorporen ó sistema educativo de Galicia procedentes doutras comunidades autónomas ou do estranxeiro poderan obte-la exención das probas de avaliación da matèria de lingua galega durante o período de tempo que se fixa neste decreto, co fin de que, cun esforzo especial pola súa parte, con materiais didàcticos específicos e cunha axuda contínua dos seus profesores, poidan, ó remate de tal prazo, segui-las ensianzas propias do nivel no que estean en igualda-de de condicions cos demais companéiros de clase».

Sen embargo, o alumno tera que asistií obigatoriamente as clases como medio de integración lingüística.

O paràgrafo 4 do artigo 1, di: «O incumprimento por parte do alumno do establecido no punto anterior determinarà, tralos informes pertinen-tes, segunda proceda, do departamento ou do seminario de galego e màis da dirección do centro, con audiència do Consello Escolar e oído o intere-sado ou, se é o caso, o representante legal, a revogación da concesión da exención».

Tanto a revogación coma a denegación da exención produciràn como efecto a obriga para o alumno de ser cualificado nas avaliacións parciais e na final do curso no que se atopa.

As exencións e os prazos para as solicitudes das mesmas, tamén estan reguladas no artigo 2.°:

1. Teràn dereito a que se lles conceda a exención aqueles alumnos que realizasen os seus estudiós inmediatamente anteriores, bàsicos ou me-dios, en centros docentes doutras comunidades autónomas ou do estranxeijro.

2. As solicitudes de exención presentaranse no rexistro das delegacions provinciais da Conselleria de Educación e Ordenación Universitària, as cales resolveràn sobre a súa concesión ou denegación no prazo maximo de un mes, contado a partir da presentación da documentación completa; contra estàs resoluciós poderase recórrer perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitària.

»3. As exencións solicitaranse para cada ano académico de permanència na Comunidade Autònoma de Galicia e os seus efectos limitaranse ó citado ano, sen que se poidan conceder en màis de tres consecutivos.»

Page 240

O artigo 4.° sinala que poderàn obter tamén a exención da matèria de língua galega aqueles aluranos con deficiencias, especialmente auditi-vas, que acrediten o graó de deficiència, segundo o estableza a Conselleria de Educación e Ordenación Universitària, e declaren estar instalados na outra lingua oficial de Galicia.

B Fomento

Orde do 4 de febreiro de 1994 pola que se reguh a concetión de subvencions a asociacións e institucions sen fins de lucro para a realización de actividades de promoción da lingua galega. (DOG núm. 52).

Coa finalidade de dar cumprimento ó disposto'na Lei de normaliza-ción lingüística, convócanse subvencions para as asociación e institucions sen fins de lucro (exclúense as entidades da Administración local) para a realización de proxectos que Ile dean permanència à presencia da lingua galega, como a creacíón de gabinetes ou actividades de asesoramento lin-güístico permanente.

A partida presupostaria destinada para cubrir este obxectivo é de cen-to cincuenta e setè milions de pesetas.

Conselleria de Indústria e Comercio

Decreto 185/1994, do 16 de xuno, sobre a utilización do idioma galego nos productos e información ó consumidor e usuario en Galicia (DOG núm. 120).

Razóns de índole pràctica aconsella unifica-lo Decreto 101/1986, do 23 de maio, polo que se regula a utilización do idioma galego no etiqueta-do e publicidade dos productos que se comercializan en Galicia, e mailo Decreto 112/1985, do 23 de maio, polo que se regulan as oficinas de información e orientación ó consumidor e usuario, modificando, ó tempo, levemente o contido dalgún dos seus preceptos.

O artigo 1.° establece que «Os datos obrigatorios de conformidade coas disposicions vixentes e aqueloutros que se consignen de modo facul-tativo, que figuren no etiquetado dos envases ou na rotulación das emba-laxes dos productos que se comercialicen no àmbito territorial da Comu-nidade Autònoma de Galícia, poderanse expresar nos idiomas galego ou castelàn, ou ben en àmbolos dous idiomas». Para cando o etiquetado ou rotulación dun producto figuren textos en àmbolos dous idiomas, «debe-ranse utilizar neles letras do mesmo tamaiïo e caracteres».

Page 241

O artigo 3, establece en tres apartado, os tïpos de fomento do idioma galego nas actividades mercantís: a) Subvencions as empresas que utilicen o galego no etiquetado dos seus productos que vaían comercializarse no àmbito territorial da Comunidade Autònoma de Galícia; b) Premios e mencions honoríficas as empresas que se distingan de modo especial no em-prego do galego no etiquetado o rotulación dos seus productos, tanto pola orixinalidade e estètica do desefio como pola difusión de ideas ou valores propios de Galicia; c) Premios e mencions honoríficas as empresas que na pubücidade dos seus productos ou servicios, realizada empregando o idioma galego, reflictan os mesmos valores sinalados no apartado anterior.

Conselleria de Culturi

Orde do 18 de abril de 194 pola que se convoca» subvencioni a producción discogràfica galega (DOG núm. 102).

A exposición de motivos desta orde deixa constància da importància que tivo o xenio popular na conservación da música popular a través do tempo, que chegou ata nós en forma de càntigas e doutras manifestacions musicais que conservamos, sendo a música un dos elementos identificado-res da nosa cultura. Grandes figuras da música seguiron componendo obras de xeito que non se chegou a perder nunca a nosa rica tradición musical. Na actualidade consérvase en soporte de disco, casete ou compacto moi-tas das produccions musicais galegas.

A contía de cada subvención non poderà excede-la cantidade de tres-centas mil pesetas, consistindo no equivalente ó 75 % do prezo de venda ó publico (sen ive).

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR