Galícia

AutorXosé González Martínez
CargoCap del Servei municipal de l'idioma del Consello de Redondela
Páginas192-197

Page 192

O ano 1987 ofrecemos un amplisimo repertorio de disposicions legais e algunha lei tamén, nas que podemos atopar referencias a lingua galega. Cótnpre dicir que foi un ano no que, sobre todo a Conselleria da Presidència, salienta respecto das outras.

Vexamos, pois, o balanzo.

Page 193

1. Conselleria da Presidència
1.1. Leis

O dog núm. 103, do 2 de xuno, publica a Lei 4/1987, do 27 de maío, de creación da Escola Gaíega de Administración Pública.

O Preàmbulo desta Lei xustifica a necesidade de creación des ta Escola «que ven motivada ademais pola conveniència de incardina-la administración autonòmica no entomo histórico, lingüístico, polítíco e cultural de Galícia».

Cómpre dicir que o proxecto de lei que o Goberno galego remitira a Càmara non contemplaba a creación dunha sección de linguaxe administrativa. Isto motivou que no debaté da totalidade do Proxecto de Lei, o deputado do grupo mixto, Sr. Nogueira Roman, lamentase «que o proxecto de lei non contemple o galego como idioma oficial da Escola».

Con anterioridade ó debaté na Camara o Boletín Oficial do Parlamento publicarà as emendas preseiitadas polos grupos parlamentarios da opo-sición demandando a inclusión dun artigo alusivo a normalización lingüística.

O Texto aprobado polo Pleno da Camara no art. 3.5. recolle unha das finalidades da egap: «A difusión e normalización do idioma galego na Administración pública, a capacitación lingüística do personal e a participación na fixación da linguaxe tècnica, administrativa e xurídica galega».

1.2. Toponímia

Tres Decretos (aparecidos nos Diarios Oficiais números 174 e 251) e cinco Ordes (dog números 97, 115, 117, 196 e 197) disponen a aprobacíón dos només oficiais de parroquias e entidades de poboación de trinta concellos da provincià de Ourense.

1.3. Subvencions

Unha Orde do 8 de maio (dog núm. 117, do 23 de xuno), regula o réxime de subvencions destinadas ó cumprimento no que establece a Lei de Recofiecemento de Galeguidade. No art. 2° especifícanse as subvencions que se poderàn outorgar, total ou parcialmente:

  1. A celebración de cursos de Lingua e Cultura Galegas. (-)

  2. A adquisición por parte das Comunidades Galegas de fondos editoriais impresos, fotograficos e àudiovisuais, tendentes a facilitarlo conecemento da historia, da arte, da lingua e da realidade socio-económica de Galicia.

  3. A celebración de cursos, xiras, conferencias e ciclos especials sobre lingua, historia, cultura e folclore galegos tanto dentro

Page 194

como fóra de Galícia, con especial destino a emigrantes gallegos e ós seus fillos.

Outras axudas económicas a empresas periodísticas de publicacions periódicas non diarias para o uso e normalización da lingua galega, son reguladas por Orde do 30 de outubro de 1987 (dog n.° 219, do 13 de novembro de 1987).

1.4. Función Pública

O dog núm. 238, do 11 de decembro de 1987, publica unha Orde do 10 de decembro de 1987, pola que se nomea un funcionario interino como traductor de galego. Este traductor adscríbese ó servicio de traduccions do Diario Oficial de Galicia.

Un Decreto, 3/1987 (dog núm. 12, do 20 de xaneiro de 1987), do 8 de xaneiro, establece o procedemento para solicita-lo reconecemento da gale-guidade e a posterior inscrición no Rexistro. O Decreto desenvolve o art. 7.1 do Estatuto de Autonomia para Galicia.

O art. 2.a refírese a lingua galega como unha condición para obte-lo reconecemento da galeguidade.

2. Conselleria de Bducación e Ordenació» Universitària
2.1. Subvencions

Diversas Ordes regulan as subvencions para accions de promoción da lingua galega:

- Orde do 13 de xaneiro, prorrogando o praxo establecido na base 6.° da Orde do 28 de novembro de 1986, pola que se convocan axudas a entidades e empresas privadas para accions de promoción da lingua galega.

- Orde do 13 de xaneiro de 1987, pola que se prorroga o prazo establecido no artigo 4.° da Orde do 28 de novembro de 1986, pola que se convocan axudas a entidades culturais para accions de promoción da lingua galega.

- Orde do 13 de xaneiro de 1987, pola que se prorroga o prazo establecido na base quinta da Orde do 28 de novembro pola que se aproban as bases que regularan as subvencions a prensa escolar en galego dos distintos centros de ensino non universitario.

- Orde do 4 de setembro de 1987 pola que se convocan axudas a entidades culturais para accions de promoción da lingua galega.

- Orde do 4 de setembro de 1987 pola que se convocan subvencions para programas de inventigación científica no campo da lingua e cultura galegas.

Page 195

- Orde do 4 de setembro de 1987 sobre concesíón de axudas para a celebración de congresos, xornas, simposios e outros.

O art. 3.° desta Orde dispón que «a publicidade dos congresos, xornadas, simposios, etc, así como as respectivas ponencias e comunicacions deberan facerse en galego normativo».

- Orde do 4 de setembro de 1987, pola que se aproban as bases que regularan as axudas ós suplementos de prensa escolar editados en galego.

- Orde do 21 de outubro de 1987, pola que se convocan axudas a entidades e empresas privadas para accions de promoción da lingua galega.

As modalidades de subvención establecidas son:

  1. Modificación de rótulos e letreiros exteriores, rotulación interior, preciós, indicacions ó publico, publicidade interior, etc, dos establecemen-tos comerciais.

  2. Publicidade nos distintos medios de comunicación social relacionada con actividades de tipo mercantil, cultural, deportivo e outros, redactada, seriada ou emitida en galego normativizado.

  3. Outro tipo de actividades nas que primen as accions de promoción da lingua galega.

2.2. Cursos de lingua galega

- Resolución do 8 de xaneiro de 1987, da Dirección Xeral de Educación bàsica, pola que se dictan normas para os opositores que superaron os exercicios el·lminatorios do concurso-oposición para ingreso no corpo de profesores de exb de 1986 e non superaron a proba de conecemento da Lingua galega.

Os opositores declarados non aptos na proba específica de conecemento de Lingua Galega -segundo esta Resolución- deberan participar nos cursos de iniciación e perfeccionamento da lingua galega que se convoquen a tal fin.

- Orde do 21 de outubro de 1987 pola que se convocan subvencions para a realización de cursos de Lingua Galega a través de asociacións culturals.

- Orde do 21 de outubro de 1987, pola que se convocan axudas para a realización de cursos de Lingua Galega, mediante convenios coas entídades da Administración Local.

2.3. Campanas de normalización lingüística

Orde do 3 de decembro pola que se anuncia concurso publico para a execución de traballos correspondentes a campana de normalmción lingüística de Galícia no eido comercial. O presuposto da contrata cífrase ata un maximo de 40.488.824,- pesetas.

Page 196

2.4. Càtedra de Lingua Galega en Nova York

Unha Orde do 30 de outubro de 1987 convoca concurso publico de méritos para unha praza de profesor de Lingua e Cultura galegas na Universidade de Nova York, podendo solicita-la praza os profesores numerarios con graó de doutor en filoloxía e que estean en situación activa, tendó cotno categoria mínima a de seren profesores titulares de Lingua Galega da Universidade.

2.5. Diplomas de profesor especialista en lingua galega

En cumprimento do disposto na orde do 6 de febreiro de 1987 a Dirección Xeral de Política Lingüística dicta unha Resolucïón do 9 de febreiro de 1987 establecendo os requisitos necesarios para solicitarlo diploma de profesor especialista en Lingua Galega.

A disposición màis polèmica foi a que pareceu no dog núm. 170 do pasado 4 de setembro. Tratase dunha Orde pola que se desenvolve o Decreto 135/1983, do 8 de setembro, sobre aplicación da Lei 3/1983, do 15 de xuno, de Normalización Lingüística.

Esta Orde consta de 15 artigos e dúas diposicións derradeiras. Regula o galego nos documentos administrativos dos centros públicos dependentes da Xunta de Galícia que se redacten en papel impreso que obrigatoriamente hanse facer en galego.

No art. 14 establece que no centros de Bacharalato e cou recibiràn o ensino en galego de dúas disciplinas. O mesmo regúlase para fp.

O Goberno central requiríu ó Galego para que modificarà a Orde por considerala inconstitucional. Aunque no escrito do Goberno Central dei-xabase ver que, de non ser atendido o requerimento enviaríase a orde ó Constitucional, polo de àgora nada se sabé ó respecto.

2.6. Funcions e competencias da Dirección Xeral de Política Lingüística

O dog núm. 8, correspondente ó 14 de xaneiro, publica unha Corrección de erros do Decreto 468/87, de 17 de decembro, pola que se establece a estructura orgànica da Conselleria de Educación e Ordenacióri Universitària, atribuíndolle competencias a Dirección Xeral de Política Lingüística nos seguintes eidos:

Art. 11.

a) Elaborar e executa-los plans, programas e orientación pedagóxicas para o ensino da lingua galega nos diferentes niveis, ciclos e modalidades de Educación Preescolar, Educación Xeral Bàsica, Bacharelato, Formación Profesional, Ensinanzas Artísticas e Escolas de Idiomas, así como no Curso

Page 197

de Orientación Universitària, sen prexuicio das competencias que corresponden as Universidades.

b) Aproba-los libros de texto e material didactico de Lingua Galega, así como emitir informes no aspecto lingüístico e con caràcter previo e vinculante ós demais libros de texto editados en galego.

c) Realizar cursos de formación e perfeccionamento de galego dirjxidos tanto 6 personal ó servicio da educación coma a outros funcionarios públicos e a particulares.

d) Promover e organizar congresos, reunions, etc. en matèria de lingua galega.

e) Promovelo uso da lingua galega na vida oficial e nos medios de comunicación e audiovisuais.

Art. 12.

A Dirección Xeral de Política Lingüística quedarà integrada polos se-guintes servicios:

1. Servicio de Plans, Programas e Perfeccionamento.

2. Servicio de Xestión, Asesoramento e Coordinación Lingüística.

3. Conselleria de Cultura e Deportes
3.1.1. Subvencions

- Orde do 27 de xaneiro pola que se aproban as bases que regularan as axudas as revistas de caràcter cultural.

3.2. Premios

- Orde do 10 de setembro pola que se creao o premio «Alvaro Cunqueiro» para textos teatrais. As obras deberàn estar escritas en lingua galega.

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR