Galícia

AutorXose González Martínez
CargoXefe do Servido de Normalizacián Linguística do Concello de Redondela
Páginas393-398

Page 393

Conselleria da presidência e aoministración pública
Lexislación

Lei 4/1988, do 26 de maio, da Función Pública de Galicia. O Titulo III «Òrganos da Función Pública» recolle no seu artigo 12 apartado 13 dí que lie corresponde ó Consello da Xunta de Galicia «aproba-lo plan de normalÍ2ación linguística da Administración Pública da Comunidade Autónoma».

O artigo 33 contén o seguinte: «Para garanti-lo dereito dos administrados ó uso do galego nas suas relacións coa Administración Pública no âmbito da Comunidade Autónoma, nas probas selectivas que se realicen para o acceso ás prazas da Administración Autónoma terase en conta o conecemento da lingua galega.»

Lei 5/1988, do 21 de xuno, do galego como lingua oficial de Galicia polas entidades locais. Esta Lei consta de dous artigos e, pese a que foi promulgada hai un ano e pico, non foi obxecto de atención por parte das corporacións locais. A oficialidade desta Lei é a de establecer un critério normativo impulsor do progresivo proceso de normalización do galego na Administración local, na procura dun clima social e político que multiplique os esforzos que se venen realizando para a recuperación do uso normal da nosa lingua.

O artigo 1 establece que «as convocatórias de sesións, ordes do dia, mocións, votos particulares, propostas de acordo, dictámes das Comisións informativas e actas das entidades locais de Galicia redactaranse en lingua galega».

Sen prexuízo do anterior -di o art. 2.2- a Xunta de Galicia adoptará as medidas oportunas para que nos concursos de acceso de funcionários á Administración local se garanta o conecemento da lingua galega.

A Disposición Transitória establece prazos: «1. As entidades locais ¦que non estean en condicións de incorporar de contado o galego como lingua normal nos actos escritos da Administración disponerán dun prazo de dous anos a partir da publicación desta lei para adoptar acordo sobre a realización material do disposto nela e darlle cumprimento».

Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitário de Galicia. Trátase dunha Lei moi debatida e agardada.

Page 394

O art. 1.2, di que «E obxecto desta Lei establece-las bases de orde-nación territorial, funional e financeira do sistema universitário de Galicia, asi como os critérios para a implantación de novas titulacións e a creación dos correspondentes centros, tendo en conta as características e esixencias demográficas, cientifico-educativas, socio-económicas e socio-cul-turais da sociedades galega».

Sen embargo, a concreción do aspecto linguístico témo-la que atopar no seguinte artigo, parágrafos 4 e 5. No primeiro dise que «a irradiación da cultura e a promoción do desenvolvemento cultural de Galicia a través da dimensión universitária» e «a promoción do galego, lingua propia de Galicia, como idioma vehicular no ensino superior, na investigadón científica e na creatividade artística e cultura» conformar os obxectivos e finalidades propios do sistema universitário de Galicia.

Lei 10/1989, de modificación da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública. A anterior Lei, xa comentada nestas páxinas, obviaba alguns aspectos de interese que mesmo foron obxecto de emendas presentadas por algún grupo pariamentario. Agora, esta Lei modificadora daquela outra aprobada en 1987, tenta «da-rexa-lo sistema de elección dos representantes dos funcionários ó servido da Admnistración autónoma e das Administracións locais, adaptándoo 6 marco do proceso electoral levado a cabo 6 abeiro da Lei 9/1987».

Efectivamente, o art. 3, que fixa os fins da egap establece coma un deles «/) A difusión e a normalización do idioma galego na Administración pública, a capacitación linguística do persoal e maila participación na fixa-ción da linguaxe técnica, administrativa e xurídica galega».

Fomento

Orde do 19 de maio de 1988, pola que se convocan os «Prémios Galicia de Xornalismo 1988». A Base primeira establece que «poderán optar a estes prémios os profesionais que publiquen ou emitan os seus traballos en galego normativizado nalgunha publicadón periódica ou emisora de radio galegas».

Orde do 11 de novembro de 1988, pola que se regula a concesión de axudas económicas a empresas periódicas e de radiodifusión por uso e normauzación da lingua galega durante 1988. O preâmbulo da Orde co-menza dicindo que «A fin de potenciar-lo uso do galego nos médios de comunicación social da nosa Comunidade e cumplir deste xeito os obxectivos previstos na Lei de Normalización Linguística, ê necesario arbitrar un sistema de axudas institucionais a favor da prensa e das emisoras de radiodifusión.

Segundo o art. 1 poderán acollerse ás axudas obxecto desta Orde as

Page 395

empresas periodísticas domiciliadas en Galicia, que publiquen informa-cións, artigos, colaboracións ou seccións fixas en lingua galega normati-vizada.

Para outorga-las axudas a Consellería terá en conta o nivel de audiência, a asiduidade dos programas en lingua galega e a maior ou menor porcentaxe dos mesmos en relación coa programación total.

Orde do 15 de febreiro de 1989, pola que se regulan os programas de actuación en favor das comunidades galegas asentadas fora de Galicia. O art. 1 desta Orde estipula que poderán ser obxecto de subvencións as seguintes accións:

  1. Actividades para a divulgación e mantemento da lingua e cultura galegas, asi como para a realización de estúdios sobre a galeguídade no mundo.

  2. Realización de cursos, seminários, xiras, conferencias e ciclos, tanto dentro como fora de Galicia, con especial destino ós emigrantes galegos e ós seus descendentes.

  3. A edición e difusión de publicacións con destino ós membros das comunidades galegas.

  4. Adquisición por parte das comunidades galegas de fondos editoriais, im presos fonográficos e audiovisuais tendentes e facilita-lo cofíece-mento da historia, da arte, da lingua e da actualidade socio-económica galega.

Conselleria de educación e ordenación universitária
A) Desenvólvemento normativo

Orde do 1 de marzo de 1988, pola que se desenvolve o Decreto 135/ 19.83, sobre aplicación da Lei 3/1983 do 15 de xuno de Normalización Linguística. Esta Orde, que consta de dez artigos, establece os critérios para a utilización da lingua galega no âmbito educativo. Compre aclarar, porén, que esta disposición legal substitúe a outra do ano anterior por presunta inconstitucionalidade.

A Orde regula dous aspectos fundamentais:

  1. O galego, lingua oficial da Administración educativa en Galicia; e II. As linguas oficiais en Galicia como matéria de ensino e o ensino en lingua galega.

O art. 1 di que «Tendo en conta que a lingua propia de Galicia é o galego, e que esta, xunto co castelán, é unha das linguas oficiais da Comu-

Page 396

nidade Autónoma e en consecuencia tamén o é da súa Administración Educativa».

Outros aspectos como «os documentos administrativos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitária faranse xeralmente en galego utilizando os modelos normalizados e, neles constará o nome do centro e o topónimo do município ou entidade de poboación na súa forma oficial», están regulados no art. 2.

Para acada-los obxectivos previstos na Orde a Dirección Xeral de Política Linguística continuará organizando cursos de galego, tanto para o persoal docente como non docente da Administración educativa.

As actuacións administrativas de réxime interior dos centros, tales como actas, comunicacións, rótulos indicativos de dependências, etc. redactaranse normalmente en galego. Asemade, a documentación que tena que surtir efecto fora da Comunidade Autónoma farase en castelán.

O art. 4 dispón que os alumnos non poderán ser separados en centros diferentes por razón de lingua.

O art. 6 e seguintes regulan as asignaturas que se impartirán en lingua galega garantindo os profesores o dereito á educación adoptando medidas oportunas co fin de que os alumnos que non tenan dominio abondo da lingua poidan seguir con proveito as ensinanzas que nesta lingua se lies impar tan.

Orde do 3 de maio de 1988, pola que se incorporan ó novo Curso de Orientación Universitária a Lingua e Literatura Galegas. A Orde do Ministério de Educación e Ciência, do 3 de setembro de 1987 (boe, do 14) prevê que as Comunidades Autónomas que fosen autorizadas a incluiren no plan de estúdios deste curso o ensino da lingua galega e literatura propias, poderán incorporalas aplicando os mesmos critérios utilizados anteriormente.

En virtude desta Orde a Xunta de Galicia dieta outra Orde disponen-do que «O contido do Curso de Orientación Universitária comprenderá un núcleo de matérias comuns e catro opcións. Incluirá, asemade, seminários e actividades coa finalidade de contribuir á formación e orientación académica e profesional dos alumnos».

Orde do 19 de xaneiro de 1989, pola que se validan os estúdios de Galego feitos no ensino básico e médio, equiparándoos cos correspondentes certificados de iniciación e perfeccionamento da Lingua Galega. Unha vez que foi incorporado o ensino da Lingua Galega ós plans de estúdio de educación Preescolar, Educación Xeral Básica, Formación Profesional e Bacharalato a Consellería de Educación e Ordenación Universitária estableceu os critérios de validacións dos cursos de lingua galega.

Orde do 1 de agosto de 1988, pola que se regula a constitución de seminários permanentes interdisciplinares de Lingua Galega nos centros

Page 397

de ensino da Comunidade Autónoma. O art. 6 di que «os seminários tetán como obxectivo preferente o perfeccionamento continuado do profesorado para que adquira a destreza oral e escrita da Língua Galega para a súa utili-zación on ensino».

Resolución do 5 de xullo de 1988, da Dirección Xeral de Política Linguística, sobre o cumprimento das disposicións relativas á normalización lingiiística na Administración educativa e no ensino nos centros educativos dos dos distintos niveis de ensino non universitário de Galicia. A Resolución tenta consegui-la colaboración de todo o personal da Administración educativa, a aplicación concreta nos centros de ensino da normativa existente, o logo do cal contribuirá á normalización real da nosa lingua e que por médio do presente texto se recorda e se precisa.

O art. 1 preceptúa que o galego, como lingua propia de Galicia, é tamén lingua oficial no ensino en tódolos niveis educativos.

O parágrafo 1.2 establece que «as clases de lingua e literatura Galegas impartiranse en galego». Esta obrigatoriedade non está de mais xa que, principalmente no ensino privado, impartense clases de Lingua e Literatura Galega en castelán, con moita frecuencia.

Outro aspecto no que tenta facer fincapé é a relativa ás normas ortográficas e morfolóxicas do galego. O parágrafo 1.8 establéceo con nídia claridade.

B) Fomento

Orde do 3 de xaneiro de 1989, pola que se regula a concesión de sub-vencións a famílias e institucións sen fin de lucro para a organización de congresos, xornadas e simpósios que promocionen a lingua e literatura galegas. A partida presupostaria consignada é de 6.000.000 de pesetas.

A publicidade, ponencias, comunicacións, escritos, etc. dos congresos, xornadas e simpósios, deberán facerse en galego normativizado, ó abeiro da lexislación vixente.

Orde do 4 de xaneiro de 1989, pola que se regula a concesión de sub-vencións ás Corporacións locais de Galicia para actividades e proxectos de normalización da lingua galega. Orde dictada en cumprimento do disposto na Lei 3/1983 de normalización linguística e Lei 5/1988 do uso do galego como lingua oficial de Galicia polas entidades locais.

As subvencións concederanse para as seguintes modalidades:

  1. Pagamento de persoal especialista en Lingua Galega.

  2. Compra de material bibliográfico, didáctico e/ou de apoio para o servicio de normalización linguística.

    Page 398

  3. Gastos producidos pola instalación de rótulos indicativos en lingua galega, tanto interiores como exteriores, na Casa do Concello ou en calquera outra dependência municipal.

Consellería de cultura e deportes
Fomento

Orde do 1 de marzo de 1988, pola que se aproban as axudas ás revistas galegas de carácter cultural. As axudas ás que fai referencia esta Orde tenen que referirse a publicacións escritas en língua galega normativizada.

Orde do 3 de marzo de 1988, pola que se convocan subvencións para editar publicacións infantis ilustradas. Como na anterior Orde o requisito ineludible para poder optar a estas subvención é a de estaren escritas en lingua galega normativizada.

Orde do 12 de abril de 1988, pola que se regula a concesión de subvencións á producción cinematográfica. Con miras a facilita-lo desenvol-vemento e consolidación da producción cinematográfica galega a Conse-llería habilitou unha partida de corenta millóns de pesetas para subvencionar produccións cinematográficas de longa e curtametraxe.

O Anexo Terceiro sinala que no caso de que a versión orixinal fose en castelán, a productora realizará unha versión en galego para a súa exhi-bición comercial en Galicia, cando menos nun 25 % das sesións.

Orde do 22 de abril de 1988, pola que se convocan subvencións para editar obras de literatura infantil e xuvenil. As subvencións concederanse a editoriais que se comprometan a editarias obras; quedan excluídas as editoriais dependentes de organismos públicos.

Orde do 5 de abril de 1989, pola que se convocan axudas para a realización de estúdios sobre médios de comunicación social en Galicia. A teor do establecido polo apartado quinto os traballos presentados deberán estar escritos integramente en galego.

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR