A diversidade sexual nas aulas: homofobia e transfobia

AutorCristina Piñeiro Rial; Clara Isabel Fernández Rodicio
Cargo del AutorEducadora Social/Profa. Doctora da Universidade de Vigo
Páginas647-662
647
A diversidade sexual nas aulas:
homofobia e transfobia
Cristina Piñeiro Rial
Educadora Social
Clara Isabel Fernandes Rodicio
Profa. Doctora da Universidade de Vigo, cirodicio@uvigo.es
1. Marco teórico
O Bullying homofóbico é un tipo de violencia que se dirixe cara persoas pola súa
orientación sexual e/ou entidade de xénero, percibida ou real (UNESCO, 2012). A
homofobia é unha das principais causas de discriminación dos nos centros de ensinanza.
Así, o alumnado lesbio, gai, bisexual e transexual sofre este tipo de acoso específico, o
cal pode traerlle consecuencias moi negativas, tanto na súa saúde física como na
psicolóxica (Penna e Mateos, 2014).
O xénero apréndese e interiorízase a través da socialización das experiencias
temperás da infancia, nunha apropiación de normas e papeis favorecedores de modelos
patriarcais de masculinidade que xeran desigualdades (Ramíre e Uribe, 2008). As
características que se atribúen a homes e mulleres son ríxidas e configuran, á súa vez,
roles sociais inflexibles. A sociedade condena ás persoas cuxos comportamentos ou
actitudes excedan ou superen o que se esperaba dun home ou dunha muller. Así, os
homes moi cariñosos poden ser obxecto de burla e as mulleres que toman a iniciativa
nas relacións afectivas ou sexuais son consideradas promiscuas (Platero e Gomez, 2007,
p. 33). O acoso escolar homofóbico é un tipo de violencia entre iguais que ten algúns
elementos comúns coa violencia contra as mulleres, tal e como mencionamos
anteriormente, ou co acoso laboral (mobbing): a violencia utilízase como mostra de
poder ante quen ten poucas posibilidades de defenderse. Isto é posible pola impunidade,
minimización e silencio que as rodea. Non son condutas facilmente identificables e pasan
desapercibidas para o profesorado (Platero, 2008).
O estudo de Quiles e cols. (2003) sobre a homofobia manifesta e sutil trata de
determinar se o prexuízo sutil e manifesto pode aplicarse ao prexuízo cara os
homosexuais, tal e como pasa co racismo. A homofobia está presente en todo momento
na sociedade. Ramos (2005) afirma que a homofobia é o medo a que outros homes
revelen o entorno social que non alcanza os estándares para poder ser considerados
verdadeiros homes.
Segundo Connell (2003) existe un modelo dominante de masculinidade,
configurado polo patriarcado e que se define como unha masculinidade hexemónica,
validando a violencia, a discriminación e o rexeitamento cara o feminino, desvalorizando
648
aquilo que non cumpre coas esixencias que impón o masculino. Dita violencia é exercida
tanto contra as mulleres como contra a comunidade homoxesual ou aquilo percibido
como feminino ou non masculino (Lozano e Rocha, 2011).
2. Metodoloxía
Obxetivo xeral: determinar as actitudes cara a diversidade sexual (homofobia e
transfobia) nos adolescentes de segundo e terceiro da E.S.O do Centro de Educación
Secundaria de Galicia.
Para a análise das variables obxecto de estudo empregouse unha enquisa
estandarizada selecionada pola riqueza das súas preguntas e pola información que esta
pode aportar. Así, esta enquisa parte do encargo da Concellería de Muller e Igualdade
do Concello de Coslada á Área de Educación da FELGTB (fundador COGAM),
incorporándose posteriormente ao Concello de San Bartolomé, Gran Canaria (FELGTB,
2008). Dita enquisa está composta por 33 preguntas que tratan de determinar a presenza
dos adolescentes non heterosexuais nas aulas, o coñecemento dos e das adolescentes
respecto á diversidade sexual, a presenza da homofobia, as reaccións e a presentación
das aulas como espazos especialmente homófobos. As respostas son múltiples e
dependen dos ítems.
3. Resultados
Estudar a orientación sexual das persoas é complicado xa que todas aquelas
sexualidades que se apartan da sexualidade normativa, a heterosexualidade, están
estigmatizadas na sociedade e non é facil recoñecerse ao marxe da norma, non so ante
os demais, senon tamén ante un mesmo (Pichardo e Molinuevo, 2008). Son os propios
adolescentes os que recoñecen que non sería facil nin seguro recoñecerse como gay,
lesbiana, bisexual ou transexual no instituto.
Como podemos observar na Taboa 1 e cadros seguintes, non existe diferenza
significativa entre rapazas e rapaces, xa que o porcentaxe de quenes se senten atraídos/as
por persoas do mesmo sexo ou do sexo oposto é moi similar:
Taboa 1: Alumnos/as que se senten atraídos/as por persoas do mesmo sexo ou do sexo oposto.
SEXO
ORIENTACIÓN SEXUAL
HOME
MULLER
TOTAL
Sempre por chicos
1
Maiormente por chicos e as veces por
chicas 0 3 3
Por chicas e chicos por igual
0
0
0
Maiormente por chicas e as veces por
chicos 0 0 0
Sempre por chicas
0
Non o teñoo claro
0
1
1
Prefiro non contextar
3
0
3
NS/NC
4
4
8
TOTAL
128

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR