Crònica legislativa de Galícia. Primer semestre de 2018

AutorAlba Nogueira López
Páginas200-202
CRÓNICA LEXISLATIVA DE GALICIA
Primeiro semestre de 2018
Alba Nogueira López*
Resumo
A política lingüística autonómica, sen produción normativa de interese, mantén un pulso lánguido. Tan só merece unha
certa atención a publicación do Informe sobre a prestación do servizo de normalización lingüística pola administración
local en exercicio de competencia propia, co que a Xunta quere resolver as dúbidas creadas pola Reforma e Sostibilidade
da Administración Local (LRSAL) sobre as competencias locais en relación co mantemento de servizos municipais de
normalización lingüística. Anúnciase de novo a próxima aprobación do Plan de Dinamización do galego na mocidade,
urxente polo devalo de falantes novos pero adiado en distintas ocasións.
Palabras chave: Galicia; competencias locais; LRSAL; servizos de normalización lingüística; Plan de dinamización do
galego na mocidade.
LEGISLATIVE REPORTS ON GALICIA
Abstract
The text includes new regulations that affect the uses, the linguistic rights and the legal system of the language adopted

Keywords: Galicia; local competences; LRSAL;
* Alba Nogueira López, profesora titular de dereito administrativo, Universidade de Santiago de Compostela. alba.nogueira@usc.es
Citación recomendada: Nogueira López, Alba (2018). Crónica lexislativa de Galicia. Primeiro semestre de 2018. Revista de
, (70), 200-202. DOI: 10.2436/rld.i70.2018.3215.
Alba Nogueira López
Crónica legislativa de Galicia. Primer semestre de 2018
Revista de Llengua i Dret, Journal of Language and Law, núm. 70, 2018 201
1 Introdución
A política lingüística autonómica está instalada na absoluta atonía. Pouco se pode sinalar neste semestre máis
alá da reiteración de convocatorias de subvencións rutineiras e a repetición de anuncios de actuacións unha e
outra vez adiadas. Sen produción normativa de interese, este é un período máis de lánguido pulso.
2 O labor dos entes locais: Informe sobre a prestación do servizo de normalización
ling̈́stica pola administración local en exercicio de competencia propia e axudas
A raquítica acción autonómica en materia de lingua vese complementada cunha tamén limitada acción
municipal na que apenas pode salientarse o labor dalgúns concellos. Este labor local baséase principalmente
no impulso que realizan os servizos de normalización lingüística municipais. Non obstante, son poucos os
concellos que contan cun servizo creado e menos os que manteñen de forma estable con persoal e recursos

de axudas autonómicas ou das Deputacións que impiden unha programación sostida e unha implicación
axeitada dos técnicos ante a precariedade e intermitencia das condicións laborais coas que se contratan. Dos
314 concellos tan só 50 contan con este servizo, algún deles sostido de xeito compartido xa que o número de
servizos existentes era de 41. As incógnitas que abriu a reforma local de 2013 sobre as competencias locais


de normalización Lingüística (CTNL), o Informe sobre a prestación do servizo de normalización lingüística
pola administración local en exercicio de competencia propia.
Con este documento a Xunta pretende indicarlle aos entes locais cal é o seu espazo competencial en materia
de normalización lingüística e, máis concretamente, en relación co mantemento de servizos de normalización.
Este informe obedece a varias motivacións. Por un lado e principalmente, a aprobación da Lei 27/2013
de Reforma e Sostibilidade da Administración Local (LRSAL) abriu un período de incertidume sobre as
competencias locais (propias, delegadas...) que tamén alcanzou ao ámbito da lingua. Esta circunstancia
afondou nun problema, que tiña sinalado a CTNL reiteradamente, que é a falta de compromiso e medios
dos entes locais para manter servizos de normalización lingüística. Coa excusa da incerteza normativa
aproveitouse para evitar a estabilización ou creación de servizos. Finalmente, a Xunta de Galicia nos últimos
tempos ten adoptado unha liña de transferirlle aos concellos a responsabilidade en ámbitos competenciais
autonómicos para evitar xestionar cuestións problemáticas (ex. espectáculos públicos, patrimonio histórico,
limpeza forestal...).
O Informe, despois de trazar un detallado relatorio da lexislación aplicable e facer unha mención á Rede
de Dinamización Lingüística da que forman parte 177 dos 314 concellos galegos, limítase a chegar a unha
resolución sucinta no sentido de que a prestación do servizo de normalización lingüística non require do

De conformidade con todo o exposto, e tendo en conta que as entidades locais galegas comparten coa Xunta
de Galicia o mandato legal de promover a normalización da lingua galega, e que estas a veñen desenvolvendo
e a teñen atribuída con anterioridade á entrada en vigor da Lei 5/2014, do 27 de maio, de medidas urxentes
derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da
Administración local, infórmase de que a prestación do servizo de normalización lingüística polas entidades
       
esixe o artigo 3 da citada Lei 5/2014 para o caso de exercicio de novas competencias distintas das propias, e
todo iso con independencia de que a Xunta de Galicia está a realizar desde o ano 2010 a través da Secretaría
Xeral de Política Lingüística actuacións para promover a normalización lingüística no ámbito territorial da
Comunidade Autónoma de Galicia, mediante a Rede de Dinamización Lingüística (RDL).
   
era a habitual, salvo para quen poidera usar a Lei 27/2013 como excusa para evitar a consolidación destes
servizos locais.
Alba Nogueira López
Crónica legislativa de Galicia. Primer semestre de 2018
Revista de Llengua i Dret, Journal of Language and Law, núm. 70, 2018 202
De xeito complementario con este Informe cabe dar conta da publicación Resolución do 5 de xullo de 2018,
da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden subvencións ás entidades locais de Galicia
para a promoción do uso da lingua galega, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 16 de marzo de
2018. A Orde de 16 de marzo de 2018 abría a convocatoria habitual de axudas para a creación e mantemento
de servizos de normalización lingüística. Con estas axudas constituiranse 5 servizos máis que lle prestarán
apoio a 15 Concellos. En todo caso as axudas son limitadas xa que non superan moito os 5000 euros,
no caso dos concellos que reciben unha maior contía, e apenas chegan aos 2000 as máis baixas, facendo
  
pequenos.
Outro elemento relevante da convocatoria é a incompatibilidade entre a modalidade de axuda denominada
de “dinamización lingüística” para a realización de actividades en concellos sen servizo, coas modalidades
de creación ou mantemento do servizo de normalización lingüística. Isto pode provocar que os concellos que


ocasionar.
3 Plan de Dinamización da Lingua Galega na Xuventude
Despois de anuncios sucesivos nos últimos anos, novamente a Secretaría Xeral anuncia que en 2018 vai
aprobar o Plan de Dinamización da Lingua Galega na Xuventude. Polo momento máis alá dos anuncios e un
 non existe un avance sobre os aspectos que abordará,
obxectivos e concreción de prazos e recursos para o xestionar.
Os preocupantes datos estatísticos sobre transmisión interxeracional da lingua e sobre o número de falantes
mozos/as, singularmente en contornas urbanas fan sumamente necesario contar cunha diagnose clara e o
deseño de estratexias para frear ese devalo. Porén o adiamento deste plan e a falta de vontade para actuar no
ámbito do ensino, crucial nesas idades, é ilustrativo da prioridade que se lle concede.
4 O portelo-e do Observatorio da Lingua Galega
Froito da colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística coa Axencia para a Modernización
Tecnolóxica de Galicia (Amtega) renovouse o portelo web do Observatorio da Lingua Galega que chega,
canda ao seu boletín de noticias, aos dez anos en funcionamento. Este portelo electrónico recolle as noticias
en materia de linguas e actúa como espazo de difusión da diversidade lingüística mundial.

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR