Crònica legislativa: Galícia

AutorXosé González Martínez
CargoSecretari del Servei Municipal de I'idioma del Concello de Redondela
Páginas268-269

Page 268

Dos vintecinco artigos en unha Disposición adicional de que consta a Lei 3/1983, de 15 de xuño, de Norraalización Lingüística, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 84, do 15 de xullo, do mestno ano, podemos salientar no tocante ó seu desenvolvemento normativo durante o ano 1984, tres Decretos e unha Orde da Consellería da Presidencia, relativos á Toponímia. Escasa foi a actividade do Executivo Galego, mália o preceptuado no artigo 6.4. da mesma Lei («A Xunta dictará as disposicións necesarias para a normalización progresiva do uso do galego»).

Abondosa foi, tamén, a demanda que dende os escanos do Parlamento de Galicia fixeron algúns parlamentarios urxindo ó Goberno Galego maior celeridade nas medidas que quedan sinaladas no anteriormente citado e transcrito artigo 6.4 da Lei de Normalización Lingüística.

Vexamos, xa que logo, como foi o ano 1984.

— Decreto 43/1984, do 23 de marzo, da Consellería da Presidencia, polo que se regulan as funcións e a cotnposición da Comisión de Toponímia

Sinala esta norma que, malia ser creada noutorar, por Decreto, no ano 1979, a Comisión de Toponímía, adscrita á Consellería de Educación e Cultura, como órgano para a normalización da toponímía de Galicia, novas circunstancias que teñen a súa orixe no propio Estatuto de Autonomía de Galicia, aconsellan regulamentar novamente tal Comisión. Efectivamente, aquel decreto emanará da Xunta Preautonótnica e aínda o Parlamento de Galicia non aprobada a Lei de Normaltzación Lingüístíca. Nembargantes, a devandita Comisión de Toponímia, editou sete cuaderniños nos que se dictamina a toponímia correspondente a setenta e dous concellos.

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística, establece no artigo 10 que «os topónimos de Galicia terán como úníca forma oficial a galega». O mesmo artigo dispón que lle «corresponde á Xunta de Galicia a determinación dos nomes oficiais dos Concellos, dos territorios dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbana e dos topónimos de Galicia».

O Decreto que estamos a comentar consta de sete artigos e dúas disposicións finais.

A Comisión de Toponímia —sinala o artigo 1— é o órgano de estudio, asesoramento e consulta da Xunta de Galicia para a determinación dos nomes oficiais da toponímia galega e para evacuales consultas que sexan necesarias a tal fin.

A Comisión de Toponímia funcionará en Pleno e en Ponencia de Estudios.

O Pleno é o órgano competente para evacualas consultas que se lle soli-Page 269citen á Comisión e o obxecto das súas delíberacións será, salvada circunstancias excepcionais que decida o Presidente, o material preparado pola Ponencia de Estudios. Así reza o artigo 5.1.

A Ponencia de Estudios reunirase cantas veces sexa preciso para a realización do seu traballo e poderá ser convocada para varias sesións consecutivas nun único chamamento.

— Orde do 5 de xuño de 1984 pola que se nomean vocais de libre designación na Comisión de Toponímia

As funcións e a composición da Comisión de Toponímia reguladas no anterior Decreto díspuña que da devandita Comisión formarían parte «seis expertos sobre toponímia e lingua galega que serían nomeados polo Conselleiro da Presidencia entre persoas de recoñecido prestixio».

Seis son, pois, as persoas que a traveso desta Orde se nomean como vocais.

— Decreto 123/1984, do 6 de setembro, da Consellería da Presidencia, polo que se establece o procedemento para a fixación ou recuperación da topo nímia de Galicia

Este Decreto está composto por oito artigos e dúas disposicións finais. Nos artigos 1 e 2 faise mención á potestade de fixa-la toponímia que lle corresponde á Xunta de Galicia. O artigo 2.3 sinala que será preceptivo o dictame da Comisión de Toponímia, regulada polo Decreto 43/1981.

A Disposición adicional primeira dí que a Consellería da Presidencia publicará anualmente, en publicación unitaria ou fascicular, os nomes fixados e tal publicación terá, a tódolos efectos, carácter oficial.

— Decreto 146/1984, do 27 de setembro, da Consellería da Presidencia, polo que se determinan notnes oficiais de Concellos de Galicia nos que existen Notarías

Cun artigo e dúas disposicións (unha adicional e outra final), establécense oficialmente os nomes oficiais dunha boa parte dos concellos galegos. De todos aqueles que teñen Notarías. Cómpre salientar, non obstante, que o Ministerio de Obras Públicas está colocar novos sinalizadores nas estradas da súa competencia con «dobre versión» (Ourense-Orense; A Coruña-La Coruña), con evidente infracción non só do artigo 10.1 da Leí de Normalización Lingüística («Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega»), senon que tamén hai un manifesto incumprimento da Disposición adicional do Decreto («Do establecido no presente Decreto e do seu anexo daráse conta ás autoridades estatais correspondentes ós efectos que cumpran no exercicio das súas función»).

A Xunta de Galicia non presentou aínda —cando redactamos esta crónica— unba queíxa formal perante o MOPU,

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR