Crònica legislativa: Galícia

AutorXosé González Martínez
CargoSecretati de Servei Municipal de l'idioma del Concello de Redondela
Páginas216-218

Page 216

Consonte co que establece o art. 27 apartado 10 da Constitución española, a Universidade Galega, goza de autonomía no marco definido pola Lei de Reforma Universitaria e polos seus Estatutos. O Diario Oficial de Galicia, núm. 193, correspondente ó día 8 de Outubro publica o Decreto 204/ 1985, da Consellería de Educación e Cultura, aprobando os devanditos Estatutos.

Cómpre que fagamos referencia, anque sexa breve, ó artigo 8, que consta que dous parágrafos e que transcribimos literalmente:

8.1. Na Universidade de Santiago de Compostela a lingua galega debe ser de uso oficial. Tamén é oficial a castelá, como lingua oficial do Estado.

8.2. A Universidade de Santiago de Compostela debe promovelo estudio e maila utilización de Iingua galega como expresión cultural relevante do entorno social no que se asenta, sen que en ningún caso caiba facer discriminación por razón da lingua tendo en conta o dereito de tódolos membros da comunidade universitaria a se expresaren en calquera das linguas ás que se refire o parágrafo anterior.»

A oficialidade á que fai referencia o art. 12.1. da Lei de Normalización Lingüística («o galego, como lingua propia de Galicia, é tamén lingua oficial no ensino en tódolos niveis educativos») é congruente, xa que logo, co paráfo primeiro do devandito art. 8 dos Estatutos. A alusión que nel se fai ó castelán ten axeitado acubillo no tamén art. 15 da Lei de Normalización, que ampara o dereito que teñen tanto os alumnos coma os profesores «a empregaren, oralmente e por escrito, a lingua oficial da súa preferencia».

A Lei de Normalización Lingüística de Galicia, para o caso de faceren as tiansferencias da Universidade á Comunidade Autónoma contempla as pertinentes provisións galeguizadoras no art. 15.2 e 3.

Sen embargo, e adiantándose no tempo, o actual equipo rectoral ptesidido por Carlos Pajares, quen por certo non é galego, iniciou dende hai dous anos, ó pouco de tomaren posesión, un proceso de normalización lingüístíca nosPage 217servicios administrativos do Rectorado, organizando cursos de lingua galega par o funcionariado e creando un servicio de traduccións que fixo posible que a meirande parte, por non dicir toda a documentación, estea redactada en lingua galega. Un recente estudio dos profesores Rubal Fernández e Ledo González sobre «Os usos lingüísticos na publicidade de administración» califican de moi positiva a actitude do equipo rectoral neste eido.

No tocante á toponímia (ver o núm. 5 de Revista de Llengua i Dret, páxs. 268 e 269), logo dos dous decretos antetiores que fixaban os nomes oficiais dos concellos galegos, agás aqueles que crearon conflictos por se opoñeren os respectivos alcaldes a aceptaren a equivalencia galega de Pobra do castelán Puebla, a Consellería da Presidencia deu publicidade a dous Decretos (191/85, do 1 de Agosto e 232/85, do 31 de Óutubro) fixando os nomes oficiais de cento setenta e cinco parroquias, pertencentes a dezasete concellos da provincia de Ourense e un da de Lugo. Ambolos dous Decretos desenvolven o art. 10.1. da Lei de Normalización, que atribúe á Xunta de Galicia «a determinación dos nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbanas e dos topónimos de Galicia».

Da Consellería de Sanidade é o Decreto 101/1985, do 23 de maio sobre a utilización do idioma galego e publicidade dos productos que se comercialicen en Galicia.

Este Decreto desenvolve o art. 23 da Lei do Estatuto Galego do Consumidor e Usuario, que sinala que «se propiciará o emprego do idioma galego no etiquetado e publicidade dos bens, productos e servidos que se ofrecen no mercado».

A devandíta normativa, logo de aclarar no art. 1.°, que os datos obrigatorios que figuren no etiquetado dos envases ou na rotulación das embalaxes dos productos que se comercialicen no ámbito temtorial da Comunidade Autónoma de Galicia, poderanse expresar nos idiomas galego ou castelán ou en ámbolos dous idiomas.

O art. 2 sinala que, para o caso de estaren rotulados nos dous idiomas «deberán utilizaren nelas letras do mesmo tamaño e caracteres».

Distingue o art. 3.° entre «subvencións ás empresas que utilicen o idioma galego no etiquetado e rotulación», «premios e mencións hottoríficas ás empresas que se distingan de modo especial no emprego do galego no etiquetado e rotulación» e «premios e menciom honorifkas as empresas que na publicidade dos seus productos ou servicios, realizada empregando o idioma galego, reflexen os mesmos valores sinalados no apartado anterior».

A Disposición Final Primeira faculta ó Conselleiro de Sanidade e Consumo para que dicte as disposicións mencionadas para a aplicacíón e desenvolvemento deste Decreto. Sen embargo, isto non vai ser posible por mot de que o Tribunal Constitucional, por providencia do 16 de Outubro, admitíu a trámite o conflicto positivo de competencias, plantexado polo Gobetno en relación co devandito Decreto da Xunta de Galicia 101/85. O Goberno invocou o art. 161,2 da Constítuciónj producíndose a suspensión da vixencia e aplicación do sinalado Decreto.

Page 218

A Consellería de Cultura, mediante dúas Ordes do 12 de Setembro autoriza a organización dun curso de lingua galega, nos Centros Galegos de Madríd e Barcelona.

Esta convocatoria apoiase na Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, que dispón no seu art. 7.2. que se «facilitarán ás comunidades galegas a organización de cursos de Iingua e cultura galega», amais do preceptuado polo Estatuto de Autonomía de Galicia que lle atribúe á Comunidade Autónoma competencia exclusiva en relación coa lingua galega.

Neste senso cómpre, tamén, facer mención a outra Orde da mesma Consellería convocando un concurso de méritos para cubrir unha praza de profesor de lingua galega para impartir un curso na cidade de Montevideo, en Uruguai.

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR