Crònica legislativa: Galícia

AutorXosé Gonzalez Martínez
CargoXefe do Servicio de Normalización Lingüística do Concello de Redondela
Páginas262-267

Page 262

Consellería da Presidència e Administración Pública
A) Desenvolvemento lexislativo

Decreto 243/1999, do 23 de xullo, polo que se determinan os nomes oficiais das parroquias pertencentes ós concellos de Abadín, Antas de Ulla, Baralla, Becerreà, Castro de Rei, Lugo, Monterroso, Palas de Rei, O Páramo, Portomarín, O Saviñao, Taboada e Vilalba (provincià de Lugo) (dog núm. 161, do 20.8.1999).

A Lei de Galícia 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, dispón no seu artigo 10 que os topónimos de Galícia teràn como única forma oficial a galega. O mesmo artigo establece no seu número 2 que lle corresponde á Xunta de Galícia a determinación dos nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbanas e dos topónimos de Galícia. Tendo en conta esta disposición legal a Conselleria da presidència e Administración pública declara aprobados os nomes oficiais das parroquias pertenencentes ós devanditos concellos.

Orde do 27 de xullo de 1999 pola que se determinan os nomes oficiais dos topónimos que se relacionan pertencentes ós concellos de Abadín, Antas de Ulla, Baralla, Becerreá, Castro de Rei, Lugo, Monterroso, Palas de Rei, O Pàramo, Portomarín, O Savinao, Taboada e Vilalba (Lugo) (dog núm. 161, do 20.8.1999).

De acordo co mandato legal (Lei de Normalización Lingüística de Galicia), seguindo o procedemento establecido polo Decreto 132/1984, do 6 de setetnbro, para a fixación ou recuperación da toponímia de Galícia, e contando co preceptivo dictame da Comisión de Toponímia, emitido na sesión plenària do dia 16 de xullo de 1999, a Conselleria declara aprobados os nomes oficiais dos topónimos que figuran no anexo desta orde, que afectan ós lugares dos concellos sinalados.

Page 263

Conselleria de Educación e Ordenación Universitaria
Fomento

Orde do 4 de agosto de 1999 pola que se resolve o concurso público convocado na Orde do 28 de xaneiro de 1999 (dog do 9 de febreiro), pola que se regula a concesión de subvencions as asociacións e institucions privadas sen fin de lucro e entidades anàlogas para fomenta-lo coñecemento e o uso social da lingua galega (dog núm. 161, do 20.8.1999).

Esta orde publica a relación de asociacións e entidades ás que se lles concederon as solicitudes de subvencions (Anexo I) e a aquelas outras (Anexo II) ás que se lles denegaron por seren presentados fóra do prazo establecido.

Orde do 16 de setembre de 1999 pola que se fai pública a validación de cursos de especialización en lingua galega (dog núm. 199, do 14.10.1999).

A orde do 26 de novembro de 1993, no seu artigo 2, establece que se lles validarà o curso de especialización en lingua galega ós licenciados en filoloxía e ós diplomados en exb polas escolas universitaria de formación do profesorado de exb, que posúan os certificados do ciclo elemental e do cicló superior de galego das escolas oficiais de idiomas. En virtude desta orde, concédeselle-la validación do curso de especialización en lingua galega ás persoas que se relacionan por reuniren os requisitos establecidos.

Consellería de Xustiza, Interior e Relacions Laborais
Fomento

Orde do 30 de agosto de 1999 pola que se convocan os cursos básicos, medio e superior de linguaxe administrativa galega para o cadro de persoal das corporacions locais (dog núm. 1172, do 6.9.1999).

A exposición de motives desta orde recolle toda a normative que fai referència à lingua galega como lingua oficial das institucions da Comunidade Autónoma, da súa Administración, da Administración local e das entidades públicas dependentes da Comunidade Autònoma...» (Leí 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística).

Page 264

Tamén fai referencia á Lei 5/1988, do 21 de xuño, de uso do galego polas entidades locais é a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administrción local de Galicia, que no puntos Io e 3o do seu artigo 7, dispón respectivamente: «O galego, como lingua propia de Galicia, éo tamén da súa Administración local», ó tempo que debulla o alcalde deste precepto : «As convocatorias de sesións, ordes do día, mocións, votos particulares, propostas de acordo, dictames das comisións informtivas, actas, notifiacións, recursos, escrituras públicas, comparecencias xudiciais e tódolos actos de carácter público ou administrativo que se realicen por escrito en nome das corporacións locais redactaranse en lingua galega.»

A Xunta de Galicia impulsará o proceso de incorporación da lingua galega na Administración local, especialmente a través de programas de formación de funcionarios das entidades locais en lingua galega

.

Os cursos que se convocan son:

  1. Curso de nivel básico. Para acceder ós cursos de linguaxe administrativa galega de nivel básico é requisito indispensable ter aprobado ou validado o curso de iniciación.

  2. Curso de nivel medio. Para participar neste curso haberá que acreditar ter realizado o curso de nivel básico ou outro equivalente.

  3. Curso de nivel superior en linguaxe administrativa galega. Para poder solicitalo haberá que acreditar ter realizado satisfactoriamente o curso de nivel medio.

Orde do 30 de agosto de 1999 pola que se regula a concesión de subvencións ós concellos de Galicia para a normalización da lingua galega (dog núm.175, do 9 .9.1999).

Dentro dos obxectivos da normalización lingüística no ámbito da Administración local comprendidos na Lei 5/1988, do 21 de xuño, de uso do galego como lingua oficial de Galicia polas entidades locais, están os mencionados nos seus artigos:

Artigo 1. «As convocatorias de sesións, ordes do día, votos particulares, propostas de acordo, dictames das comisións informativas e actas das entidades locais de Galicia, redactaranse en lingua galega»;

Artigo 2.1. «Correspóndelle á Xunta de Galicia o pulo do proceso de incorporación da lingua galega na Administración local, moi especialmente a través de programas de formación de funcionarios en lingua galega»; e no punto 2°.2: «Sen prexuízo do anterior, a Xunta de Galicia adoptará asPage 265 medidas oportunas para que nos concursos de acceso de funcionarios á Administración local se garanta o coñecemento da lingua galega».

A Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, nos seus números 1 e 3 do artigo 7 dispon, respectivamente: «O galego como lingua propia de Galicia, éo tamén da súa Administración local.

As convocatorias de sesións, ordes do dia, mocións, votos particulares, propostas de acordo, dictames das comisións informativas, actas, notificacións, recursos escrituras públicas, comparecencias xudiciais e tódolos actos de carácter público ou administrativo que se realicen por escrito en nome das corporacións locais redactaranse en lingua galega».

A Xunta de Galicia impulsará o proceso de incorporación da lingua galega na Administración local, especialmente a través de programas de formación de funcionarios das entidades locais en lingua galega

.

Co fin de acadar estes obxectivos a Xunta de Galicia elaborou un plan integral de estudios dedicados ós funcionarios que presten os seus servicios nas corporacións locais galega, do que forman parte os cursos básicos, medio e de especialización, obténdose, ó remate destes, o titulo de traductor oficial de liguaxe administrativa galega, título que habilita, ós que o obteñan, para encargarse da traducción da documentación á que se retire o artigo 1 da Lei 5/1988, do 21 de xuño.

As subvencións concederanse para as seguintes modalidades:

  1. Mantemento dos servicios municipais de normalización lingüística xa existentes.

  2. Creación de novos servicios municipais de normalización lingüística, debidamente xustificados e sempre que exista crédito suficiente.

Organización de campañas co obxecto de logra-la normalización lingüística no concello.

Os servicios municipais de normalización lingüística contarán polo menos, cun especialista titulado en lingua galega (licenciado en filoloxia galego-portuguesa, en filoloxia galega ou mestre de exb, co diploma de especialista en lingua galega).

Os gabinetes municipais de normalización lingüística deberán cumprila seguinte misión:

  1. Velar porque sexa aplicada a Lei de normalización lingüístia de Galicia, no ámbito de actuación do concello correspondente, así como a Lei do uso galego como lingua oficial de Galicia polas entidades locais. AsPage 266 accións máis importantes serán: confección en galego das actas, edictos, convocatorias de sesións, ordes do día, dictames das comisións informativas, mocións e traduccións de tódolos impresos oficiáis en lingua galega.

  2. Ofrecerlle ó público asesoramento lingüístico para a corrección de textos galegos e para a súa traducción, se fose posible.

  3. Impulsa-la normalización do galego nos diferentes ámbitos da vida pública.

Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo
Fomento

Orde do 18 de xuño de 1999 pola que se resolve o concurso público convocado na do 12 de xaneiro de 1999 (dog do 10 de febreiro), pola que se regula a concesión de subvencións a empresas editoriais para a edición de libros e materiais didácticos, para niveis non universitarios, impresos en lingua galega (dog núm. 128, do 6 de xullo de 1999).

Esta orde regula a concesión de subvencións a empresas editoriais para a edición de libros e materiais didácticos, para niveis non univesirios, impresos en lingua galega. No anexo I relaciónanse as editoriais e a contía concedida para oproxectos, tamén, estipulados. Disponse a desestimación dos proxectos que aparecen relacionados no anexo II por non acada-la prioridade suficiente de acordo cos criterios establecidos na orde do 12 de xaneiro de 199. Asi mesmo relaciónanse no anexo III «por non seren suxeitos desta convocatoria».

Orde do 13 de xullo de 1999 pola que se convocan subvencións a empresas para a producción audiovisual en lingua galega (dog núm. 139, do 21.7.1999).

As subvencións convócanse mediante o réxime de con correncia competitiva, para apoia-la realización de produccións audiovisuais en lingua galega, (proxectos cinematográficos), videográficos ou multimedia). Poderán optar a estas subvencións as productoras audiovisuais e empresas de producción multimedia legalmente constituidas como tales, con domicilio social en Galicia. As subvencións financiaranse mediante a corresponde aplicación orzamentaria por un importe de 60 millóns de pesetas para o exercicio de 1999.

Unha comisión asesora encargada de emiti-los informes preceptivos, que condicionarán as subvencións, terá en conta os seguintes criterios:

Page 267

  1. Calidade do proxecto (grao de desenvolvemento, elaboración, axuste entre o proxecto e o orzamento, presentación e outras convocatorias de axuda).

  2. Utilización de recursos de Galicia (persoal artístico, técnico e servicios instalados en Galicia, así como a rodaxe na Comunidade Autónoma).

  3. Viabílidade do proxecto (grao de fin andamento garantido, % de axuda solicitada, compromisos de distribución).

  4. Capacidade empresrial do solicitante ou grupo de empresas que apoia o proxecto (facturación, proxectos realizados, persoal).

  5. Calidade artística (orixinalidade e creatividade do proxecto).

O artigo 15 regula a contía das subvencións, que quedará determinada da seguinte forma:

  1. Proxecto de curtametraxe: ata o 60 % do custo total.

  2. Proxectos de longametraxe: ata o 40 % do custo total.

  3. Proxectos de vídeo-creación: ata o 60 % do custo total.

  4. Proxectos de documentais: ata o 60 % do custo total.

  5. Proxectos de programa pilotos de series de televisión: ata o 50 % do custo total.

  6. Proxectos de producción multimedia: ata o 60 % do custo total.

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR