Crònica legislativa: Galícia

AutorXosé González
Páginas345-353

Page 345

Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública

Orde do 28 de maio de 2004 pola que se anuncia a concesión de axudas económicas en réxime de concorrencia competitiva, a empresas xornalísticas e de radiodifusión (dog núm. 107, do 4 de xuño de 2004).

Poderán solicita-las axudas obxecto desta orde as empresas que publiquen ou difundan informacións, programas, artigos, reportaxes, colaboracións ou seccións orientadas a alenta-la defensa da identidade de Galicia, a promoción dos seus valores, a normalización da lingua e a difusión da súa cultura. Na súa produción informativa deberá ter un especial protagonismo o idioma galego.

As empresas xornalísticas deberán presentar unha memoria en que se faga constar os números publicados desde o 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2003, número de traballos ou artigos escritos en lingua galega, durante o mesmo período, e porcentaxe de publicacións, informacións ou emisións encamiñadas á normalización da lingua galega e difusión da identidade e cultura de Galicia.

Consellería de Educacion e Ordenación Universitaria

Orde do 10 de marzo de 2004 pola que se publica a equivalencia dos cursos de linguaxe administrativa galega e os cursos de linguaxe xurídica galega, convocados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (dog núm. 66, do 5 de abril de 2004).

Co obxecto de evita-las distintas interpretacións a que puidese levar a falta de determinación no texto da antedita orde do 11 de novembro de 1998, cos conseguintes prexuízos que se lles poden ocasionar aos posuidores dos certificados de tales cursos, e tendo en conta a similitude de contidos dos cursos de linguaxe administrativa e de linguaxe xurídica, cómpre recoñecer expresamente a súa equivalencia, sen que se faga precisa-la validación recíproca e puntual.

Page 346

O artigo único desta Orde establece: «considéranse equivalentes os niveis —básico, medio e superior— dos cursos de linguaxe administrativa galega cos correspondentes niveis —básico, medio e superior— dos cursos de linguaxe xurídica galega».Orde do 25 de xuño de 2004 pola que se convocan cursos de formación en lingua galega (niveis de iniciación e perfeccionamento), e de linguaxe xurídica galega (niveis básico, medio e superior) para o persoal ao servizo da Administración de xustiza. (dog núm.126, do 1 de xullo de 2004).

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, ao abeiro do disposto na Constitución española e no Estatuto de autonomía de Galicia, establece que o galego é lingua oficial das institucións da Comunidade Autónoma. Xa que logo, con isto recoñéceselles aos cidadáns o dereito de usalo, oralmente e por escrito, nas súas relacións coa Administración de xustiza.

A Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, co obxecto de impulsa-la normalización lingüística na Administración de xustiza, considera conveniente a organización de cursos de formación en lingua galega e de linguaxe xurídica galega, dirixidos á Administración de Xustiza, organizados conxuntamente coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Os cursos que se convocan son de nivel básico, medio e superior, e van dirixidos a xuíces, maxistrados, fiscais, secretarios xudiciais, médicos forenses, funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza e persoal laboral con destino nos órganos xudiciais da Comunidade Autónoma de Galicia; a notarios, rexistradores da propiedade, avogados, procuradores e alumnos da Escola de Práctica Xurídica de Galicia; así como a profesores de linguaxe de signos e a persoas incluídas nas bolsas de traballo para o nomeamento de funcionarios interinos da Administración de xustiza, así como aquelas persoas que acrediten ter superado o proceso selectivo para o ingreso nos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza.

Orde do 26 de xullo de 2004 pola que se resolve o concurso público convocado na Orde do 12 de febreiro de 2004 pola que se regula a concesión de subvencións a empresas editoriais para impulsa-la creación e adaptación de libros e materiais didácticos e complementarios, para niveis non universitarios, impresos en lingua galega (dog núm.148, do 26 de xullo de 2004).

A Orde do 12 de febreiro de 2004 (dog do 20 de febreiro) regula a concesión de subvencións a empresas editoriais para impulsa-la creación, tra-Page 347dución e adaptación de libros e materiais didácticos e complementarios para niveis non universitarios, impresos en lingua galega.

Orde do 20 de setembro de 2004 pola que se anuncia o procedemento e os criterios para a concesión de crédito orzamentario destinado á adquisición de material educativo en galego polos centros escolares públicos de educación infantil, especial, de adultos, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional adscritos á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, co fin de fomenta-lo uso do galego nestes centros. (dog núm. 187, do 24.09.2004).

Con esta Orde a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria entende que os materiais que se empreguen nas áreas e materias impartidas en lingua galega estarán escritos normalmente en galego e terán a calidade científica e pedagóxica adecuada. Polo tanto considera oportuno promove-la adquisición de material educativo en galego (bibliográfico, videográfico e adaptado ás novas tecnoloxías da linguaxe), co obxectivo de que o profesorado e os alumnos dos nosos centros públicos conten cos suficientes medios para o coñecemento e o uso do idioma.

Para a concesión de crédito orzamentario destinado á adquisición de materiais en galego terase en conta o número de alumnos, que se valorará en cinco tramos, de maior a menor: A: máis de 600 alumnos; B: de 300 a 600 alumnos; C de 100 a 300 alumnos; D: de 20 a 100 alumnos; E: menos de 20 alumnos.

As contías máximas que se lle poderán conceder a cada centro serán: para os centros do tramo A, 2.000 m; para os centros do tramo B, 1.500 m; para os centros do tramo C, 1.000 m; para os centros do tramo D, 600 m e para os centros do tramo E, 300 m.

Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local

Orde do 30 de xullo de 2004 pola que se regula a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a normalización da lingua galega (dog núm.161, do 19 de agosto de 2004).

A Lei 5/1988, do 21 de xuño, de uso do galego como lingua oficial de Galicia polas entidades locais, ten como obxectivos a normalización lingüística no ámbito da Administración local os mencionados nos artigos seguintes:

Artigo 1: «As convocatorias de sesións, ordes do día, votos particula-Page 348res, propostas de acordo, ditames das comisións informativas e actas das entidades locais de Galicia, redactaranse en lingua galega».

Artigo 2.1: «Correspóndelle á Xunta de Galicia o impulso do proceso de incorporación da lingua galega na Administración local, moi especialmente a través de programas de formación de funcionarios en lingua galega»; e no punto 2.2: «Sen prexuízo do anterior, a Xunta de Galicia adoptará as medidas oportunas para que nos concursos de acceso de funcionarios á Administración local se garanta o coñecemento da lingua galega».

Por outra banda, a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, nos seus puntos 1 e 3 do artigo 7 dispón, respectivamente: «O galego, como lingua propia de Galicia, éo tamén da súa Administración local».

A Xunta de Galicia impulsará o proceso de incorporación da lingua galega na Administración local, especialmente a través de programas de formación de funcionarios das entidades locais en lingua galega

.

As entidades locais poderán solicita-las axudas desta orde, utilizando o modelo que figura como anexo I, ou os modelos normalizados dispoñibles no portal dos concellos Eido Local ou na web Xunta de Galicia para o caso da tramitación telemática. As modalidades que adoptan estas axudas son as que a continuación se relacionan:

  1. Mantemento dos servizos municipais de normalización lingüística xa existentes.

  2. Creación de novos servizos municipais de normalización lingüística, debidamente xustificados e sempre que exista crédito suficiente.

  3. Organización de campañas co obxecto de logra-la normalización lingüística na entidade local.

Os artigos 4 e 5 da Orde recollen outras condicións para optar a estas subvencións.

Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais

Resolución do 9 de xullo de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Sada. (dog núm.176, do 9.07.2004).

Page 349

O capitulo VIII regula os dereitos e deberes lingüísticos. Transcribímo-lo artigo 56:

1. De acordo coa lexislación vixente e coa Ordenanza municipal de normalización lingüística (aprobada polo concello pleno o 12 de setembro de 2003), o galego, como lingua propia de Galicia, é idioma oficial do Concello de Sada.

2. A declaración de oficialidade do idioma galego esixe que todo o persoal ao servizo do concello estea en condicións de empregalo. O persoal ao servizo do Concello de Sada ten o dereito e o deber de desenvolve-la súa actividade laboral e profesional no idioma galego, e a acceder a vías de formación lingüística en relación co servizo público e co perfil do posto de traballo, no marco das disposicións contidas no Estatuto de autonomía, Lei 3/1983, de normalización lingüística de Galicia, Lei 5/1988, que regula o uso do galego nas entidades locais, e Ordenanza municipal de normalización lingüística.

»3. O Concello de Sada establecerá, de acordo coas disposición normativas nomeadas e coas que puidesen ditarse nese ámbito, as medidas adecuadas para garantir aos seus empregados o exercicio pleno e sen restricións dos dereitos recollidos neste capítulo, nos niveis oral e escrito do uso do idioma galego.

»Estas medidas incluirán necesariamente, entre outras, as seguintes:

a) A elaboración dun programa de formación lingüística para o persoal. b) A regulación da avaliación do coñecemento do idioma galego para os efectos de acceso, promoción e provisión de postos de traballo.

c) A implantación de sistemas de traballo que aseguren o exercicio do dereito dos traballadores do concello a desenvolve-la a súa actividade laboral en galego. d) A adopción das medidas imprescindibles tendentes a garanti-lo dereito dos administrados a seren atendidos na lingua oficial de Galicia.

»4. Os empregados públicos teñen dereito a asistir a cursos de aprendizaxe e perfeccionamento do idioma galego organizados polo concello dentro do horario de traballo. O tempo investido na asistencia aos devanditos cursos será computado como tempo efectivo de traballo.

»5. Para potencia-lo emprego do idioma galego no Concello de Sada e garanti-lo dereito dos administrados ao uso do galego nas súas relacións coa Administración pública, nas probas selectivas que se realicen para o acceso ás prazas incluirase, en todo caso, unha proba de coñecemento da lingua galega.»

Consellería de Política Territoiral, Obras Públicas e Vivenda

Lei 5/2004, do 8 de xullo, de cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia (dog núm. 140, do 21.07.2004).

Page 350

Con esta Lei vénse completa-lo marco normativo das cámaras de comercio, industria e navegación de Galicia, remitindo en varios dos seus preceptos a normas regulamentarias que permitirán ir axustando a vida cameral ás diversas vicisitudes nas que se atopen, todo isto sen necesidade de modifica-la normativa de superior rango. En suma, preténdese, por unha parte, darlle unha estabilidade á actuación das cámaras e, por outra, establecer un mecanismo que evite determinadas ataduras xurídicas que impidan a evolución destas corporacións, de seu áxiles como consecuencia dos intereses que representan.

Por outra parte, esta lei pretende dotar dos instrumentos adecuados, para, respectando a diversidade de cada institución, buca-lo consenso para a realización de programas de acción conxunta de tódalas cámaras.

Hai que significar que esta lei asenta ao longo do seu articulado un tratamento igualitario na linguaxe, así como a promoción do uso da lingua galega por parte destas corporacións.

O artigo 3, ó falar do alcance das finalidades, recolle unha mención específica á lingua galega:

5. No desenvolvemento das funcións público-administrativas descritas neste artigo, así como na súa xestión interna, as cámaras normalizarán o uso do idioma galego.

Parlamento de Galicia

O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade o pasado mes de setembro o Plan de Normalización Lingüística de Galicia (bopg núm. 622, do 7.09. 2004).

O texto vai, como tiña que ser, precedido dun preámbulo no que se fai constar que Galicia e o seu Goberno acumularon, nos últimos vinte e cinco anos unha experiencia propia de promoción da nosa lingua. A posta en marcha da Administración autónoma non partía de certo en moitas áreas, porque, por exemplo, xa se coñecían os procesos de programación, deseño e construción de novas vías de comunicación, de novas infraestruturas deportivas, sanitarias ou educativas; había técnicos formados e empresas con experiencia. Pero a área lingüística —engaden os redactores do Preámbulo— era totalmente nova, aquí non había experiencia institucional ningunha de como converter unha lingua familiar en oficial da Administración, do Parlamento, dunha cadea de radio e televisión, do ensino, da sanidade; tampouco tiñamos procesos definidos nin técnicos formados. Así que nunsPage 351eidos conseguíuse facer mellor e noutros non tam ben, puntualizan os redactores do Plan.

A pedra angular da filosofía do Plan de Normalización é esta: «Un plan de normalización da lingua galega non debe ter como obxectivo desprazar unha ou outra lingua, nin impedir que os galegos aprendamos outros idiomas, senón que debe servir para que calquera poida vivir plenamente en galego, tal e como o recoñecen a Constitución e o Estatuto de autonomía, que garanten a cooficialidade do galego e mais do castelán no territorio de Galicia».

Unha das estratexias que primeiro haberá que revisar é a do pesimismo, segue a dici-lo preámbulo. Porque a discusión verbo da saúde da lingua galega, e iso subscríbeo quen isto asina, adoita ir envolta nun dramatismo moitas veces excesivo, que se volve contra a lingua mesma e que, en calquera caso, non se pode tomar como base de partida dunha correcta planificación lingüística. É certo que hai en xogo forzas novas e poderosas contra o galego, e que, de feito estanlle a disputa-lo mundo infantil e xuvenil (pola moi preocupante ruptura da transmisión familiar e a imparable irrupción dos medios de comunicación) ou o cambio demográfico (pola baixa natalidade e a chegada de inmigrantes), que ameazan o carácter de lingua maioritaria nun par de xeracións, pero tamén é certo que se produciron vitorias inesperadas pola facilidade con que se viñeron abaixo muros multiseculares, que parecían inexpugnables.

Non parece que os problemas do galego sexan realmente problemas de supervivencia, senón de reaxuste na súa pretensión de ser unha lingua operativa para tódolos efectos nunha sociedade moderna, urbana e globalizada. Non se trata, pois, de nega-la asistencia de problemas, senón de non confundi-lo debate entre especialistas e planificadores coa necesaria proxección de imaxe positiva, para que a sociedade manteña a súa identificación coa lingua emerxente..

O futuro do galego tamén depende da imaxe da lingua que proxectemos á sociedade. Se a cotío predicamo-la debilidade da lingua, o que o cidadán medio percibirá é que el debe apostar por outra lingua de máis claro futuro. Polo tanto, non debemos practicar —dise— nin o vitimismo nin o propagandismo esaxerado.

Exténdese o informe na exposición estatística demostrando a fidelidade e deserción da lingua no eido escolar (en tódolos niveis do ensino), para rematar afirmando que «Con todo isto, o dato fundamental indica que o galego é aínda a lingua maioritaria de Galicia. Tanto os datos do Mapa Sociolingüístico de Galicia coma os do Censo do 2001 confirman, sen lugar a dúbidas, esta afirmación. Situación maioritaria da que se deduce que os quePage 352nunca falan galego en Galicia non chegan ao 13 % da poboación (Censo 2001) e que, sumando os que o falan cos que o falan ás veces, a cífra chega ao 87 % de uso constante ou ocasional».

No tocante ás estratexias sinálase como camiño a modernidade e cortesía, como dous elementos básicos do novo clima que o pnl propón para as relacións lingüísticas en Galicia. E estes dous elementos concrétanse nun xesto que debe empezar a marca-lo estilo destas relacións: a oferta positiva, a oferta informativa e mais a cortesía.

Reparemos, pois, nestes tres vieiros, transcribindo os seus significados:

Oferta positiva. Consiste na adopción do galego como lingua de contacto inicial entre a persoa que representa a Administración ou a empresa, e o cidadán ou o cliente. Fronte ao hoxe habitual (co descoñecido en castelán), quen atende o cliente ou o cidadán inicia o contacto en lingua galega e mantense nela mentres o interlocutor non amose indicios de que prefire comunicarse noutra lingua. A oferta positiva desinhibe o galego do interlocutor, permítelle saír da ocultación, facilita que a conversa poida continuar nesa lingua, se o cidadán ou o cliente o desexa, e elimina de raíz a barreira rutineira pola que un cliente ou un cidadán lle oculta o seu galego a todo aquel que aparece revestido de máis poder (administrativo ou comercial) ou autoridade. No caso de relacións administrativas, implica que todo tipo de formularios, instancias e documentación que teña que cubri-lo demandante dun servizo se lle ofrezan de partida en galego.

Oferta informativa. Consiste en informar da validez, legalidade e mesmo conveniencia de redactar en galego un documento, no momento de iniciar calquera trámite oficial ou comercial. É a forma que adopta a oferta positiva no caso dos notarios, avogados e procuradores e de calquera persoa representante dun poder público. É un dos obxectivos básicos deste pnl.

Cortesía. Tanto a oferta positiva coma a oferta informativa son fundamentais para quen actúe en nome da Administración e sería de desexar que se estendese no mundo comercial máis formalizado, como expresión de cortesía co cidadán ou co cliente e do respecto que este merece.

Estuda o Plan os puntos fortes e débiles da lingua galega en tódolos ámbitos, repasando as distintas actividades sociais, económicas, institucionais, etc., para defini-los obxectivos do Plan esquematicamente así:

Page 353

Garanti-la posibilidade de vivir en galego a quen así o desexe, sabendo que conta co amparo da lei e das institucións.

Conseguir para a lingua galega máis funcións sociais e máis espazos de uso, priorizando a súa presenza en sectores estratéxicos.

»Promover unha visión afable, moderna e útil da lingua galega que esfarele prexuízos, reforce a súa estima e aumente a súa demanda.

»Dotar o galego dos recursos lingüístico e técnicos necesarios que o capaciten para vehicula-la vida moderna.»

Outro apartado do Plan está dedicado a súa estructura, diferenciando os sectores transversais dos verticais, así como os obxectivos que se deben acadar.

Nos sectores verticais atopanse a Administración, a Educación, familia e mocidade, medios de comunicación e industrias culturais, economía, sanidade, sociedade, etc.

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR