Crònica legislativa: Galícia

AutorXosé González
CargoXefe do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela
Páginas462-469

Page 462

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Fomento

Orde do 25 de xuño de 2003 pola que se resolve o concurso público convocado na Orde do 30 de xaneiro de 2003, pola que se regula a concesión de subvencións a asociacións e institucións privadas sen fin de lucro para fomenta-lo uso social da lingua galega (dog núm.129, do 4 de xullo).

A Orde do 30 de xaneiro de 2003 (dog do 10 de febreiro) regula a concesión de subvencións a asociacións e institucións privadas sen fin de lucro para fomenta-lo uso social da lingua galega.

A concesión destas axudas, así como as súas contías, recóllese no anexo I desta Orde. Na mesma, no anexo III, relaciónanse os proxectos excluídos por seren presentados fóra do prazo establecido na orde de convocatoria.

Orde do 23 de xullo de 2003 pola que se resolve o concurso público convocado na Orde do 19 de febreiro de 2003, pola que se regula a concesión de subvencións a empresas editoriais para impulsa-la creación, tradución e adaptación de libros e materiais didácticos e complementarios para niveis non universitarios, impresos en lingua galega (dog núm. 148, do 1 de agosto).

Relaciónanse os proxectos aprobados e, polo tanto, subvencionados ó abeiro da Orde do 19 de febreiro de 2003 (dog do 26 de febreiro), para empresas editoriais para impulsa-la creación, tradución e adaptación de libros e materiais didácticos e complementarios, para niveis non universitarios, impresos en lingua galega.

Page 463

Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo
Fomento

Resolución do 2 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual, pola que se fai pública a concesión de axudas para apoia-lo desenvolvemento de proxectos de produción audiovisual, así como a produción audiovisual en lingua galega para o ano 2003 (dog núm. 134, do 11 de xullo).

Esta dirección xeral resolveu a publicación da relación de axudas que se especifican no anexo, concedidas no ano 2003 ó abeiro da Orde do 23 de xaneiro de 2003 (dog núm. 27, do 7 de febreiro), pola que se convocan subvencións a empresas vinculadas co sector audiovisual para apoia-lo desenvolvemento de proxectos de produción audiovisual, así como a produción audiovisual en lingua galega.

Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais
Fomento

Resolución do 5 de xuño de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito, o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do Consorcio da Cidade de Santiago (dog núm.127, do 2 de xullo).

O capítulo XVI deste convenio colectivo (artigo 52) está dedicado ós Dereitos lingüísticos.

Di exactamente o seguinte:

Os traballadores ó servicio do Consorcio da Cidade de Santiago, teñen o dereito e o deber de desenvolve-la súa actividade laboral e profesional no idioma galego, como lingua oficial na Comunidade Autónoma, e, en particular, no Consorcio da Cidade de Santiago, e a acceder a vías de formación lingüística en relación co servicio público e co perfil do posto de traballo, no marco das disposicións contidas no Estatuto de autonomía, Lei 3/1983, de normalización lingüística de Galicia, Lei 5/1988, que regula o uso do galego nas entidades locais, e Regulamento municipal de normalización lingüística.

O Consorcio da cidade de Santiago establecerá de acordo coas disposicións normativas nomeadas e coas que puideran dictarse neste ámbito, as medidas adecuadas para garantirlles ós seus empregados o exercicio pleno e sen retri-Page 464bución dos dereitos recollidos neste capítulo, nos niveis oral e escrito do uso do idioma galego.

»Estas medidas incluirán necesariamente, entre outras, as seguintes:

»a) A regulamentación da avaliación do coñecemento do idioma galego para os efectos de acceso, promoción interna e provisión de postos de traballo.

»b) A implantación de sistemas de traballo que aseguren o exercicio do dereito dos traballadores do consorcio que van desenvolve-la súa actividade laboral en galego.

»c) A adopción das medidas imprescindibles tendentes a garanti-lo dereito dos administrados a seren atendidos na lingua oficial de Galicia.

»Os traballadores teñen dereito a asistir a cursos de aprendizaxe e perfeccionamento do idioma galego organizados polo consorcio dentro do horario de traballo. O tempo investido na asistencia ós devanditos cursos será computado como tempo efectivo de traballo.

»O Consorcio da Cidade de Santiago disporá os medios suficientes nos que a substitución do persoal se refire para posibilitar e promociona-la asistencia dos traballadores ó seu servicio a cursos de aprendizaxe ou perfeccionamento do idioma galego.

»Nas prazas selectivas que se realicen para o acceso ás prazas incluirase unha proba de coñecemento da lingua galega.»

Resolución do 18 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación no Diario Oficial de Galicia do I convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Pontecesures (dog núm. 152, do 7 de agosto).

O artigo 35 —Uso da lingua galega—, di:

1. Os traballadores e traballadoras do Concello de Pontecesures teñen o dereito e o deber de desenvolve-la súa actividade laboral e profesional no idioma galego, lingua oficial da Comunidade Autónoma e, en particular, da Administración local galega, utilizando o galego en tódolos seus actos, tanto verbais como escritos, nas relacións cos/as administrados/as, coas demais administracións e entidades públicas ou privadas.

2. Polo exposto, terán dereito a acceder a vía de formación lingüística en relación co servicio público e co perfil do posto de traballo, no marco das disposicións contidas no Estatuto de Autonomía, na Lei 3/1983, de normalización lingüística de Galicia e na Lei 5/1988, de uso do galego nas entidades locais.

Neste sentido, o Concello de Pontecesures facilitará a asistencia do seu persoal a cursos de especialización no idioma galego (en calquera dos seus niveis) dentro da xornada laboral. O tempo investido na asistencia ós ditos cursos computará como tempo efectivo de traballo. O concello aboará, se é o caso, axudas de custo trala xustificación documental da realización do curso.

»3. Para potencia-lo emprego doPage 465idioma galego no Concello de Pontecesures e garanti-lo dereito dos administrados ó seu uso nas súas relacións coa Administración Pública, nas probas selectivas que se realicen para o acceso ás prazas incluirase con carácter obrigatorio unha proba do coñecemento da lingua galega axeitada ó tipo de praza. Nos programas das probas de selección de persoal incluirase o coñecemento da Lei 3/1983 de normalización lingüística de Galicia e da Lei de uso do galego polas corporacións locais.»

Orde do 9 de xullo de 2003 pola que se convocan cursos de formación en lingua galega (niveis de iniciación e perfeccionamento), e de linguaxe xurídica galega (niveis básico, medio e superior) para o persoal ó servizo da Administración de xustiza (dog núm. 137, do 16 de xullo).

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, ó abeiro do disposto na Constitución española e no Estatuto de Autonomía de Galicia, establece que o galego é lingua oficial das institucións da comunidade autónoma. En consecuencia con isto, recoñéceselles ós cidadáns o dereito de usalo oralmente e por escrito, nas súas relacións coas Administracións de xustiza. Ademais, para facer efectivo ese dereito, encomenda ós poderes públicos autonómicos que vaian capacitando progresivamente no uso do galego ó persoal que traballa ó servizo da Administración de xustiza.

Consonte con esta filosofía convócanse:

a) Cursos de formación en lingua galega, niveis iniciación e perfeccionamento,

b) Cursos de linguaxe xurídica galega, niveis básico, medio e superior.

Para acceder a estes curso son requisitos necesarios, na data de publicación desta orde, os seguintes:

• Curso de formación, nivel de perfeccionamento, é indispensable ter aprobado ou validado o curso de formación, nivel de iniciación.

• Curso de linguaxe xurídica de nivel básico, é indispensable ter aprobado ou validado o curso de formación, nivel de iniciación.

• Curso de linguaxe xurídica de nivel medio, é indispensable ter aprobados ou validados os cursos de formación, niveis de iniciación e perfeccionamento, ou ter superado o curso de linguaxe xurídica, nivel básico.

• Curso de linguaxe xurídica superior, é indispensable ter aprobado ou validado o curso de linguaxe xurídica, nivel medio.

Page 466

Os cursos van dirixidos a xuíces, maxistrados, fiscais, secretarios, médicos forenses, oficiais, auxiliares, axentes xudiciais e persoal laboral con destino nos órganos xudiciais da Comunidade Autónoma de Galicia; así como avogados, procuradores e alumnos da Escola de Práctica Xurídica de Galicia, e persoas incluídas nas bolsas de traballo para nomeamento de oficiais, auxiliares e axentes interinos da Administración de xustiza.

A Orde, noutros apartados, regula o número de asistentes e horas lectivas de cada curso.

Consellería de Emigración

Orde do 7 de agosto de 2003 pola que se regula a concesión de subvencións a asociacións de inmigrantes de nacionalidade española e estranxeira (dog núm. 159, do 19 de agosto).

Fomento

Coa finalidade de propicia-la integración social dos inmigrantes, a consellería convoca subvencións para proxectos que profunden nese obxectivo. O artigo 4 da Orde establece os criterios de valoración para a determinación da contía a conceder, tendo como un deles os proxectos que promovan accións tendentes ó respecto —programas de sensibilización e fomento da interculturalidade— e á tolerancia e rexeiten toda clase de actuacións xenófobas e promovan o intercambio cultural entre a poboación de inmigrantes e a poboación autóctona.

Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais
a) Fomento

Resolución do 2 de xullo de 2003 pola que se fai pública a convocatoria do I Premio Internacional Barriga Verde de textos para teatro de marionetas (dog núm.132, do 9 de xullo).

Nesta convocatoria anual do Premio Internacional Barriga Verde de textos para teatro de marionetas establécense dúas modalidades cunha dotación económica de 3.000 euros en cada unha delas.

Page 467

A Base segunda establece que poderán optar ó premio tódolos autores, calquera que sexa a súa nacionalidade, que presenten obras inéditas, non representadas nin premiados con anterioridade, escritas en calquera lingua oficial, sempre e cando estes textos veñan acompañados da súa correspondente tradución para o galego.

A Base terceira establece dúas modalidades ás que os autores poderán optar:

— Textos de teatro de monicreques para rapaces.

— Textos de teatro de monicreques para adultos.

A dotación do premio para cada unha destas modalidades será de 3.000 euros.

As obras —segue especificando a Base cuarta— serán de temática e expresión libres. Presentaranse acompañadas de polo menos un exemplar na lingua orixinal e cinco en galego, en exemplares separados, mecanografados a dobre espazo, en tamaño din a4, por unha soa cara, numerados, grampados ou encadernados.

Resolución do 2 de xullo de 2003 pola que se fai pública a convocatoria do xii Premio Álvaro Cunqueiro de Textos Teatrais (dog núm. 139, do 18 de xullo).

A concesión do premio comprende a dotación económica de 6.025 euros, así como a publicación e a posibilidade de representación da obra premiada.

Poderán optar ó premio textos teatrais inéditos escritos en galego conforme á lexislación vixente, non representados e non premiados noutros concursos.

Escola Galega de Administración Pública

Resolución do 25 de novembro de 2003 pola que se convocan oito bolsas de colaboración en tarefas de estudo e análise sobre materias relacionadas co dereito autónomo galego (dog núm. 232, do 28 de novembro).

Esta convocatoria fundaméntase no mandato do artigo 3.1º g) da Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, que considera entre os fins da escola a investigación, a documentación, o estudo e a realización de traballos de divulgación no eido da Administración pública, promovendo a súa máxima difusión.

Page 468

A dotación económica de cada bolsa será de 935 euros mensuais brutos coa retención fiscal que lle corresponda.

Os requisitos dos participantes son, entre outros, ser licenciado en dereito e acreditar formación e/ou coñecementos da lingua galega.

A selección realizarase mediante a valoración dos méritos acreditados conforme a baremos, e o coñecemento de lingua galega valorase ata dous puntos.

Parlamento de Galicia
a) Administración parlamentaria

Regulamento e normas de funcionamento dos servizos da administración parlamentaria (bopg núm. 362, do 27 de maio de 2003).

O artigo 19, «Competencias da Unidade de Tradución e Corrección», describe as competencias que lle corresponden:

a) A corrección de documentos para a súa publicación, agás aqueles que pola súa natureza ou urxencia a Presidencia ou a Mesa dispoñan a publicación do texto rexistrado.

b) A tradución de documentos do galego ó castelán e do castelán ó galego.

c) O asesoramento e a emisión de informes en materia lingüística.

d) A participación na elaboración de criterios unificadores de tradución, corrección e redacción de documentos de natureza parlamentaria, así como en materia de técnica normativa e na preparación de manuais de estilo.

e) A colaboración na redacción e corrección das publicacións monográficas do Parlamento.

b) Proposición de lei

Proposición de lei, formulada polo g. p. do Bloque Nacionalista Galego, por iniciativa de Dona María Pilar García Negro, de normalización de usos sociais e públicos da lingua galega (bopg núm.412, do 20 setembro de 2003).

Na exposición de motivos desta Proposición de lei, a deputada que a formula, acusa o feito de que agás a Lei 3/1983, de Normalización Lingüística, seguida da Lei 5/1988, do uso do galego como lingua oficial de GaliciaPage 469polas entidades locais, non existiu, ata agora, un outro desenvolvemento legal desta materia estatutaria, que forma parte do urdido básico da institucionalización xurídico-política galega. Cómpre sinalar que, se ben a Lei 3/1983, de Normalización Lingüística, foi a primeira lei-marco que tiña por obxecto a regulación dos dereitos lingüísticos dos cidadáns e cidadás de Galicia, a escasa prescritividade e a falta de temporalización nos obxectivos declarados, comprometeron seriamente a efectividade do seu cumprimento.

Apóiase a formulante no marco legal que se foi ampliando con outras leis do Parlamento e a Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias (1992), así como a aprobación polo Congreso de Deputados e mailo Parlamento de Galicia da Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos (1996).

A estrutura da Proposición de Lei de Normalización de Usos Sociais e Públicos da Lingua Galega queda así:

— Título Preliminar: Definición, obxectivos e ámbito de aplicación.

— Título Primeiro: Do uso oficial da lingua galega por parte da Xunta de Galicia.

— Título Segundo: Das relacións cos administrados.

— Título Terceiro: Do uso da lingua galega en ámbitos competenciais da Xunta de Galicia.

— Disposición adicional.

— Disposición final.

c) Interpelacións

Interpelación formulada por Dona María Pilar García Negro, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, sobre as previsións da Xunta de Galicia verbo do Plan de normalización da lingua galega (bopg núm. 412, do 20 de setembro de 2003).

d) Preguntas orais en Comisión

Pregunta oral en Comisión, formulada por D. Bieito Lobeira Domínguez, do g. p. do Bloque Nacionalista Galego, sobre a deturpación da toponimia das provincias marítimas galegas e as medidas previstas para o emprego oficial da forma orixinal galega (bopg núm.401, do 8 de setembro de 2003).

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR