Crònica legislativa: Galícia

AutorXosé González Martínez
CargoDirector do Servicio de Normalización Lingüística da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Páginas314-325

Page 314

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Fomento

Orde do 22 de febreiro de 2002, pola que se anuncian cursos de iniciación e de perfeccionamento de lingua galega para mestres e profesores de primaria, secundaria, de ensinanzas especiais e de formación profesional dos centros públicos, privados e privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia (dog núm. 48, do 7 de marzo de 2002).

O preámbulo desta Orde salienta o feito de que tanto a Lei 3/1983, de normalización lingüística, coma o Decreto 247/1995 que a desenvolve, no tocante ó ensino non universitario, buscan, por unha parte, que os alumnos vaian acabando cada unha das etapas do ensino cun dominio semellante do galego e do castelán e, por outra, que o galego sexa a lingua de uso habitual non só da Administración educativa, senón tamén das actividades de relación, organizativas e culturais dos centros educativos.

Este obxectivo só pode ser realizado se o profesorado coñece e domina o galego dun xeito suficiente «non só para imparti-las clases no idioma propio de Galicia, senón tamén para facelo coa calidade que axude a mellora-lo dominio que desa lingua teñen os alumnos».

Os cursos de iniciación e de perfeccionamento en lingua galega para mestres e profesores de primaria, secundaria, de ensinanzas especiais e de formación profesional que se convocan celebraranse naquelas localidades que determine a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Os cursos terán unha duración de 75 horas e responderán ós contidos sinalados na Orde do 1 de marzo de 1989, pola que se regulan os cursos de iniciación e de perfeccionamento.

O artigo 5º desta orde introduce unha novidade, que lle pon couto ó anecdotario docente: «Tódalas actividades que se realicen nos cursos faranse en galego e ateranse, no tocante á normativa e ó uso correcto do idioma (tal e como determina a disposición adicional da Lei 3/1983, de normalización lingüística), ó establecido pola Real Academia Galega».

Orde do 22 de febreiro de 2002, pola que se anuncian cursos básicos ePage 315 medios de linguaxe administrativa galega para o personal das administracións públicas de Galicia (dog núm. 48, do 7 de marzo de 2002).

A Lei de normalización lingüística mándalles ós poderes públicos autonómicos que vaian capacitando, progresivamente, no uso do galego ó persoal que traballa ó servicio da Administración pública e das empresas de carácter público en Galicia.

Entre as funcións e competencias da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, determinadas polo Decreto 213/1998, figura a promoción e o ensino da lingua galega, concretados, ademais de noutros campos, na coordinación de cursos de formación de lingua galega dirixidos, entre outros colectivos, ós funcionarios públicos. A capacitación lingüística en galego do persoal ó servicio das administracións públicas de Galicia tamén é un dos fins da Escola Galega de Administración Pública, segundo o establece a Lei 10/1989.

Orde do 22 de febreiro de 2002 pola que se anuncian cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua e extensión cultural galega para galegos residentes no exterior e persoas interesadas no idioma e na cultura de Galicia (dog núm. 48, do 7 de marzo de 2002).

A Lei 3/1983, de normalización lingüística, ordénalle ó Goberno galego que faga uso dos recursos necesarios para que os galegos residentes no exterior poidan dispor de servicios culturais e lingüísticos no idioma propio de Galicia.

Por outra banda, a Lei 4/1983, de recoñecemento da galeguidade, dispón que se lles debe facilitar ás comunidades galegas a organización de cursos de lingua e extensión cultural galegas.

Poderán asistir a estes cursos os galegos residentes no exterior e os seus descendentes, os membros dos citados centros e asociacións e outras persoas interesadas no idioma e na cultura de Galicia.

Orde do 22 de febreiro de 2002, pola que se anuncian encontros e actividades de formación e de intercambios de experiencias para os responsables e os compoñentes dos equipos de normalización lingüística, e para o profesorado en xeral, dos centros de ensino non universitario públicos, privados e privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia (dog núm. 48, do 7 de marzo de 2002).

Dado que o labor de promoción lingüística é tarefa xeral de todo o profesorado, é preciso mellora-la formación, especialmente lingüística, non sóPage 316 dos membros deses equipos, senón tamén de todo o profesorado en xeral.

Anúncianse encontros e actividades de formación e de intercambios de experiencias para os responsables dos compoñentes dos equipos de normalización lingüística constituídos nos centros educativos non universitarios públicos, privados e privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia, e para o profesorado en xeral deses mesmos centros.

A finalidade destes encontros e actividades é a formación lingüística do profesorado, co fin de consegui-la progresiva utilización da lingua galega no ensino e, en consecuencia, mellora-lo dominio que os alumnos teñen do idioma galego.

Orde do 22 de febreiro de 2002, pola que se anuncian cursos básicos e medios de linguaxe administrativa galega para o persoal das administracións públicas de Galicia (dog núm. 48, do 7 de marzo de 2002).

A Lei 3/1983, de normalización lingüística, recollendo o que dispoñen a Constitución española e o Estatuto de autonomía de Galicia, establece que o galego é lingua oficial en Galicia. En consonancia con isto, recoñécelles ós cidadáns o dereito de usalo, oralmente e por escrito, nas súas relacións coa Administración pública no ámbito territorial da Comunidade Autónoma.

A teor das competencias da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, determinadas polo Decreto 213/1998, na que figuran a promoción e o ensino da lingua galega anúncianse, en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública, 24 cursos (básicos e medios) de linguaxe administrativa galega.

Os cursos van dirixidos ó persoal que realiza funcións administrativas nas diferentes administracións públicas de Galicia.

A orde regula tanto o número de horas de duración dos cursos como as faltas dos alumnos.

Orde do 22 de febreiro de 2002 pola que se anuncian cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega para adultos e colectivos da Comunidade Autónoma de Galicia (dog núm. 49, do 8 de marzo de 2002)

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, recoñécelles ós cidadáns o dereito de coñecer e usa-lo galego. Para que ese dereito estea garantido é preciso que a Administración facilite os medios para o coñecemento e dominio dos distintos rexistros da lingua propia de Galicia.

Anúncianse cursos de iniciación e de perfeccionamento de lingua galega, que se realizarán nas localidades que determine a Consellería de Edu-Page 317cación e Ordenación Universitaria a través da Dirección Xeral de Política Lingüística, segundo as solicitudes presentadas e a súa distribución xeográfica.

Os cursos terán unha duración de 75 horas e neles impartiranse os contidos sinalados na Orde do 1 de marzo de 1989, pola que se regulan os cursos de iniciación e de perfeccionamento.

O artigo 3 desta Orde establece os criterios de avaliación, que deberá responder ós principios de formativa e contínua, e terá en conta o dominio oral e escrito do idioma, para o que se aplicarán as probas necesarias.

Orde do 22 de febreiro de 2002, pola que se convocan axudas económicas para os proxectos e os traballos dos equipos de normalización lingüística dos centros privados (concertados e non concertados) da Comunidade Autónoma de Galicia que imparten ensinanzas de educación infantil, especial, de adultos, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional (dog núm. 57 do 21 de marzo de 2002).

A Administración educativa de Galicia garante que os alumnos conforme van acabando cada un dos ciclos nos que o ensino do galego é obrigatorio, vaian acadando un dominio oral e escrito similar dos idiomas galego e castelán, tal e como determina o artigo 14.3º da Lei 3/1983, de normalización lingüística.

Como órgano impulsor e dinamizador das medidas necesarias para levar a cabo o que dipoñen eses decretos e, consecuentemente, para conseguir que os alumnos acaden o dominio do galego que establece a Lei de normalización lingüística, cada centro individualmente ten que constituír un equipo de normalización lingüística. Este equipo é o que recollen os decretos 324/1996, do 26 de xullo (dog do 9 de agosto) e 374/1996, do 17 de outubro (dog do 21 de outubro), polos que se aproban os regulamentos orgánicos dos institutos de educación secundaria e das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, respectivamente; decretos que foron desenvolvidos, tamén respectivamente, polas ordes do 22 de xullo e do 1 de agosto de 1997 (publicadas no dog do 2 de setembro).

O destino das subvencións será para satisface-los gastos de adquisición e/ou elaboración de material didáctico, bibliográfico, fonográfico, videográfico e informático en galego.

O artigo 2 engade: «Á organización de programas e actividades que teñan como finalidade o fomento do uso da lingua propia de Galicia entre os distintos compoñentes da comunidade educativa do centro».

Os solicitantes están obrigados a presentar un proxecto, asinado poloPage 318 coordinador do equipo de normalización lingúística, co visto e prace do director do centro, no que se especifiquen, englobándoas no punto correspondente do epígrafe 2º, as actividades previstas para acada-los obxectivos que figuran nos plans específico e xeral para o uso do galego.

Orde do 27 de febreiro de 2002, pola que se regula o concurso público para a concesión de subvencións a empresas privadas para fomenta-lo uso social da lingua galega (dog núm 49, do 8 de marzo de 2002).

De acordo coa normativa vixente en materia de subvencións, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria fai pública esta convocatoria, mediante a que pretende anima-las empresas a que realicen actividades encamiñadas a aumenta-lo uso social da lingua galega a partir do seu emprego no ámbito económico e mercantil.

A concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva a empresas privadas concretas ten o seguinte alcance: a) para fomenta-lo uso da lingua galega, a través da creación ou mantemento dun gabinete lingüístico; b) a rotulación, etiquetaxe e embalaxe industrial e a confección de documentación creativa; c) a organización de campañas publicitarias e a elaboración de páxinas web, de acordo coas bases específicas.

Quedan excluídas as seguintes persoas xurídicas privadas:

a) As que teñan un capital no que a participación dunha ou varias administracións públicas sexa maioritaria.

  1. Aquelas que anteriormente recibisen algunha outra subvención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e non xustificasen o seu investimento.

    Os criterios de concesión e valoración das propostas especifícas o artigo 6:

    a) A perdurabilidade temporal da acción.

    b) A incidencia na trama socioeconómica da actividade que se pretende realizar. Enténdese como tal tanto o sector xeográfico ó que afecta coma a súa difusión social (as repercusións nos receptores).

  2. A viabilidade da actividade proposta e a adecuación do orzamento previsto ós valores reais de mercado.

    Cando se trate da creación ou mantemento dun gabinete lingüístico, na memoria do proxecto deberán especificarse as funcións que vai realizarPage 319 dentro da empresa (formación, asesoramento, dinamización, etc.), así como a competencia en lingua galega do citado persoal contratado.

    No caso da rotulación permanente e da rotulación ou impresión que teña fins publicitarios deberá achegarse o texto en galego que se pretende imprimir. O citado texto deberá vir corrixido por algún especialista en lingua galega; para isto a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria pon ó dispor de calquera entidade os seus servicios técnicos e o persoal dos gabinetes de normalización lingüística situados nas delegacións provinciais da Consellería.

    As bases específicas recollen outros requisitos:

  3. Creación ou mantemento de gabinetes lingüísticos.

    — O obxecto das subvencións é a creación de gabinetes lingüísticos ou a contratación de asesores lingüísticos nas empresas, con funcións de asesoramento, formación, etc., e daráselles prioridade ás propostas que teñan un carácter de permanencia. Coa solicitude deberá presentarse un proxecto coas funcións que vai realizar dentro da empresa e o perfil da persoa ou persoas que se encargarán do gabinete, acreditando a súa competencia en lingua galega.

    — Os proxectos beneficiarios das subvencións outorgadas ó abeiro desta orde deberán cumpri-los seguintes requisitos:

    a) Autofinaciamento mínimo do 50%.

    b) Prazo de realización das propostas: dende a entrada en vigor desta convocatoria ata o 30 de setembro do ano 2002.

    c) Investimento mínimo: 9.000 euros.

  4. Rotulación permanente, etiquetaxes e embalaxe industrial e confección de documentación creativa da empresa.

    — O obxecto das subvencións é a rotulación permanente, exterior, interior ou dos dous tipos, dos establecementos ou vehículos, e a etiquetaxe e embalaxe industrial. As axudas van destinadas ás empresas que realicen estas accións en calquera dos procesos de fabricación, producción e/ou comercialización dos seus productos, preferentemente nos seguintes ámbitos: empresas de productos de liña branca, audiovisuais, comunicacións e telecomunicacións, cadeas de establecementos de alimentación, fogar, perfumería e droguería, leiteiras e derivados do leite, adegas, grupos inmobilizarios, etc.

    — Así mesmo, serán accións subvencionables as relativas á realización de documentación creativa da empresa, como publicacións tipo libro, re-Page 320vistas, folletos e boletíns informativos, actividades audiovisuais creativas (vídeos, cd-roms, programas de radio e televisión, etc.), programas informáticos específicos para a xestión, imaxe corporativa, etc.

    — Os proxectos beneficiarios das subvencións outorgadas ó abeiro desta orde deberán cumpri-los seguintes requisitos:

    a) Autofinanciamento mínimo do 50%.

    b) Prazo de realización das propostas: dende a entrada en vigor desta convocatoria ata o 30 de setembro do ano 2002.

    c) Investimento mínimo de 6.000 euros para a rotulación, etiquetaxe e embalaxe, e de 4.800 euros para a confección de documentación creativa da empresa.

  5. Realización de campañas publicitarias e elaboración de páxinas web.

    — O obxecto das subvencións é a realización de campañas de publicidade da empresa en calquera soporte ou medio. Daráselles prioridade a aqueles proxectos de maior complexidade nos que se inclúan actividades de dinamización sociolingüística (concursos, premios, certames, etc.), cunha compoñente escrita significativa, que fomenten o uso da lingua galega e estean íntegramente realizadas nesta lingua.

    — As propostas deberán incluír unha memoria-programa detallada, orzamento desagregado por partidas das diferentes actuacións que se van realizar, así como un plan de financiamento e unha estimación dos receptores do proxecto ou actuación que se vai desenvolver. Na memoria proporase o calendario de execución coa indicación das actuacións concretas que se van realizar.

    — No que respecta á elaboración de páxinas web, haberá de presentarse unha estimación e valoración do número de conexións a páxinas que se teñan previstas.

    — Os proxectos beneficiarios das subvencións outorgadas ó abeiro desta orde deberán cumpri-los seguintes requisitos:

    a) Autofinanciamento mínimo do 50%.

    b) Prazo de realización das propostas: dende a entrada en vigor desta convocatoria ata o 30 de setembro do ano 2002.

    c) Investimento mínimo de 4.800 euros.

    Orde do 27 de febreiro de 2002, pola que se dan instruccións para a conmemoración do Día das Letras Galegas nos centros de ensino non universitario (dog núm. 54, do 15 de marzo de 2002).

    Page 321

    A institucionalización pola Real Academia Galega, a partir de 1963, do Día das Letras Galegas o 17 de de maio, foi sen dúbida un acontecemento que ano tras ano colleu pulo e resonancia na nosa sociedade, de tal xeito que en toda a Comunidade Autónoma Galega se proxecta a figura homenaxeada e serve, ó mesmo tempo, para reflexionar sobre Galicia, sobre a súa lingua e sobre a súa cultura.

    A orde insta o profesorado, de acordo coa liña que estableza o consello escolar de cada centro, a programar as actividades que considere oportunas para un mellor coñecemento do persoeiro ó que se lles dedica esta data. En calquera caso —di o artigo terceiro— «cando menos, dedicarase en cada un dos grupos de cada curso, unha hora, ó desenvolvemento dunha lección ou conferencia-coloquio, adaptada á idade do alumnado, na que se poña de manifesto a importancia que ten para Galicia a nosa lingua, facendo referencia ó grande humanista e intelectual homenaxeado este ano, frei Martín Sarmiento».

    Orde do 6 de marzo de 2002, pola que se regula o concurso público para a concesión de subvencións a asociacións e institucións privadas sen fin de lucro para fomenta-lo uso social da lingua galega (dog núm. 53, do 14 de marzo de 2002).

    A presente convocatoria ten por obxecto regular, para o exercicio do ano 2002, a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva a asociacións e institucións privadas sen fin de lucro para fomenta-lo uso social da lingua galega, a través da confección de documentación creativa, a realización de actividades directamente relacionadas co fomento do uso da lingua galega e a realización de actividades publicitarias, de acordo coas correspondentes bases específicas.

    Para optar a estas subvencións, os interesados deberán cumpri-lo requisito de redactar unha memoria explicativa na que se detallen as actividades que integran os proxectos para os que se solicita a subvención, achegando a temporalización e a cuantificación das accións que se pretenden desenvolver.

    O apartado 6º do art. 8 di que: «No caso da rotulación permanente e da rotulación ou impresión que teña fins publicitarios deberá acompañarse o texto en galego que se pretende imprimir. O citado texto deberá vir corrixido por algún especialista en lingua galega; para isto a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria pon ó dispor de calquera entidade os seus servicios técnicos e o persoal dos gabinetes de normalización lingüística localizados nas delegacións provinciais da Consellería».

    O obxecto das subvencións é a realización de todo tipo de actividadesPage 322 directamente relacionadas co fomento do uso da lingua galega, como actividades de animación sociocultural, elaboración de material lúdico, realización de certames, congresos, xornadas, premios, cursos (agás os de galego, que son obxecto doutra convocatoria), campañas divulgativas, etc., se ben só percibirán subvencións aquelas accións cunha compoñente escrita significativa.

    Orde do 14 de marzo, pola que se regula a concesión de subvencións a empresas editoriais para impulsa-la creación, traducción e adaptación de libros e materiais didácticos, para niveis non universitarios, impresos en lingua galega (dog núm. 61, do 27 de marzo de 2002).

    Di o artigo 5 do Estatuto de autonomía para Galicia que os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa e disporán os medios necesarios para facilita-lo seu coñecemento. O artigo 27.20º especifica que lle corresponden á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva da promoción e o ensino da lingua galega.

    O art. 1 do Decreto 213/1998, do 10 de xullo, que establece a estructura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria encoméndalle as competencias e funcións en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado, en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, así como a promoción e o ensino da lingua galega.

    O artigo 1º da orde di que as subvencións están destinadas ás editoriais legalmente constituídas como empresas privadas que elaboren material escolar incluíble no seu ámbito de aplicación. Cada empresa solicitante poderá percibir un máximo de 150.253 euros, ó abeiro desta orde (artigo 3º), tendo en conta sempre a existencia de dispoñibilidades orzamentarias.

    Subvencionaranse os libros de texto e o material didáctico que cumpra as seguintes condicións (artigo 4º):

    Primeira. — Estar correctamente escrito en galego, segundo o disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

    Segunda. — Aterse ó disposto no Decreto 89/1993, do 19 de abril, polo que se regula a autorización de libros de texto e outros materiais curriculares para o ensino de réxime xeral, e ás ordes que o desenvolven.

    Enténdese por material didáctico (base terceira do artigo 4º) «os diccionarios, atlas, mapas temáticos, láminas de aula, CD-Rom, vídeos, librosPage 323 que complementen o currículo, etc., que se utilicen como material de apoio, complementario ou de aula».

    Exclúense os libros de bibliófilo: a) os destinados a seren distribuídos gratuitamente e os libros publicados por clubs do libro ou entidades similares, destinados a seren distribuídos entre os seus subscritores; b) os libros de uso escolar correspondentes ás areas ou materias de lingua e literatura galegas; c) as publicacións ou material didáctico non destinado a uso escolar; d) as publicacións que recibiran subvención da Consellería de Cultura, Comunicación social e Turismo; e) as publicacións ou material didáctico que recibiran subvencións da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Dirección Xeral de Política Lingüística, en anteriores convocatorias; f) as que non posúan número de isbn nin depósito legal definitivo, ou que teñan un número anterior ó ano 2001; g) as publicacións ou material didáctico que teñan un prezo de venda ó público (incluído ive) superior a 30,05 euros, agás, excepcionalmente, os casos que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria considere debidamente xustificados.

    Orde do 8 de abril de 2002, pola que se convoca un concurso público de méritos para a selección de profesor/a bolseiro/a de lingua, literatura e cultura galegas para as universidades: Autónoma de Barcelona, Murcia, País Vasco, Salamanca, Berlín (Alemaña), Minho (Braga-Portugal), Oxford (Reino Unido), Rennes (Francia) e Varsovia (Polonia) (dog núm. 94, do 16 de maio de 2002).

    A promoción e o ensino da lingua galega é unha das competencias exclusivas que o Estatuto de autonomía de Galicia lle atribúe á Comunidade Autónoma galega.

    As actuacións tendentes á difusión da lingua, da literatura e da cultura galega fóra de Galicia, especialmente nos ámbitos universitarios, permiten a súa presencia e o seu estudio en igualdade de condicións coas máis prestixiosas do mundo actual, facilitan o achegamento das comunidades de galegos e dos seus descendentes á nosa realidade lingüística e cultural, e contribúen á potenciación da imaxe de Galicia en xeral máis alá dos nosos límites xeográficos.

    Ante a posible carencia dentro das propias universidades de persoal cualificado para levar a cabo ese labor, prevese a existencia de profesores bolseiros de lingua, literatura e cultura galega que prestan os seus servicios nas propias institucións docentes, e reciben delas a correspondente retribución.

    O concurso público de méritos que se convoca para a selección dun profesor ou profesora bolseiro/a de lingua, literatura e cultura galega paraPage 324 universidades sinaladas deben ser licenciados en filoloxía galega, ou nas subseccións de galego-portugués de filoloxía hispánica, ou galaico-portuguesa de filoloxía románica.

    O art. 4 desta orde di que «Os referidos profesores ou profesoras bolseirosos encargaranse da programación e da organización das necesarias actividades de difusión e promoción da lingua, da literatura e da cultura galegas».

Consellería de Emigración e Cooperación Exterior

Fomento

Orde do 29 de xaneiro de 2002, pola que se establecen e regulan programas de actuación, axudas e subvencións a favor dos galegos residentes no exterior, para o exercicio 2002 (dog núm. 23, do 31 de xaneiro de 2002).

A presencia asociativa de Galicia nos distintos países do mundo ten, no presente período constitucional do noso país, un pioneiro recoñecemento no vixente Estatuto de autonomía de Galicia, que no seu artigo 7 establece o dereito das comunidades galegas asentadas fóra de Galicia a colaboraren e compartiren a vida social e cultural do pobo galego.

A importante achega das nosas comunidades —di o preámbulo da orde—, froito da súa destacada presencia no exterior, que abrangue as máis diversas áreas da actuación asociativa nos eidos asistencial, sanitario, de formación, recreativo e cultural, continúa a ser imprescindible para a cohesión dos galegos no exterior e para a súa efectiva participación na vida social e cultural de Galicia.

Para unha xeral implicación de todos en empeños comúns, precísase unha planificación de accións axustadas ás necesidades humanas e asociativas, que contemple os obxectivos xerais seguintes:

— Garanti-lo benestar social e a calidade de vida de tódolos galegos, alí onde se atopen, especialmente os residentes en países en situación de crise.

— Promover unha máis intensa e eficaz vinculación entre tódalas comunidades galegas e destas con Galicia, superando así as distancias reais e facilitando a unión de todos na vivencia da nosa identidade común.

— Fortalece-la nosa actual presencia no exterior para acadar aínda un maior prestixio dos galegos e unha máis expresiva proxección de Galicia que facilite un coñecemento mellor da nosa realidade cultural, empresarialPage 325 e económica, e das capacidades tan características dos nosos homes e institucións.

— Propicia-la maior promoción das accións dirixidas ós mozos descendentes de galegos, particularmente dos programas formativos, tanto de carácter ocupacional como empresarial, así como das accións culturais, artísticas, deportivas e asociativas, xa que estas favorecen a súa integración progresiva na vida das nosas comunidades e contribúen á renovación e continuidade dos nosos centros, asegurando unha opción de futuro.

Prográmanse cursos de información, estudio e perfeccionamento de materias relacionadas coa cultura galega, tales como a xeografía, a historia, a literatura, as artes, así como aqueles que teñen por contido a aprendizaxe e práctica da lingua galega.

Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

Negociación colectiva

Convenio colectivo de «Crown Cork de España, sa» (dog núm. 2, do 3 de xaneiro de 2002).

Art. 48. Bilingüismo

O presente convenio redactarase nos dous idiomas oficiais de Galicia, galego e español, co fin de potencia-la realidade do bilingüismo; coa mesma intención, a nivel de empresa, procederase a redactar en ámbolos dous idiomas os avisos, notas, comunicacións, etc., así como as notas e comunicados que se intercambien entre empresa e comité. Non obstante, dado que o convenio se publica no dog en galego, os exemplares que se utilicen para o rexistro na consellería correspondente redactaranse en galego.

Convenio colectivo de «Envases metálicos de Vigo, sal» (dog núm. 11, do 16 de xaneiro de 2002).

Disposicións adicionais:

Cuarta. — O idioma dun pobo constitúe un dos seus sinais de identidade fundamentais e un dos seus patrimonios máis preziados, así como a base das súas relacións humanas. Galicia conta co privilexio de ter unha lingua antiga e rica, e é a nosa obriga coidala e potenciala; os traballadores teñen dereito a desenvolve-la actividade laboral e profesional en lingua galega».

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR