Crònica legislativa de Galícia

AutorAlba Nogueira López
CargoProf. titular de Dereito Administrativo, Universidade de Santiago de Compostela
Páginas191-194

Page 191

1 Introdución

A lánguida existencia da acción en materia de lingua do goberno galego continúa neste semestre. Un periodo coincidente coa in do mandato parlamentar e as eleccións autonómicas de inais de 2012 no que o pouco impulso lexislativo e un reducidísimo abano de iniciativas que se poidan salientar na actividade gubernamental son a síntese.

No plano xudicial só cabe mencionar unha sentenza de xeito anecdótico sobre os servizos mínimos en caso de folga nos medios públicos de comunicación ao ser estes garantes da existencia de información en lingua galega.

Pouco, en deinitiva, nunha tónica que xa se vai facendo familiar.

2 Leis e regulamentos autonómicos: A Lei de xuventude, novamente os colexios profesionais e un fallido Decreto de toponimia

A Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia ( DOG de 20 de xullo , acolle varias referencias á lingua galega tanto como lingua vehicular da Administración autonómica nas relacións coa xuventude, como sobre a garantía dos dereitos lingüísticos dos usuarios de servizos á xuventude ou sobre a promoción do seu uso no sector xuvenil.

Dentro dos "Principios reitores" que enuncia o artigo 3 da lei igura como compoñente do principio de igualdade a promoción da lingua galega nunha confusa mestura co risco de exclusión social, o xénero e os desequilibrios territoriais.

"e) Igualdade: este principio supón unha constante preocupación cara á efectiva corrección das desigualdades, con especial atención ás desigualdades por razón de sexo, ás situacións de risco de exclusión social e marxinalidade e á promoción da lingua galega como garantía de equilibrio de oportunidades no uso das dúas linguas oiciais, asi? como ás desigualdades que sexan consecuencia

Page 192

dos desequilibrios territoriais existentes en Galicia".

Ademáis explicítase que a Xunta de Galicia ha de empregar o galego nas actividades dirixidas á mocidade e promover o seu uso nas entidades que operan neste sector.

Artigo 16. Xuventude e dinamización linguística

  1. A Xunta de Galicia empregara? a lingua galega nas accións dirixidas á mocidade e fomentará o funcionamento en galego das asociacións, colectivos e entidades públicas e privadas relacionadas coa xuventude, no marco da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística de Galicia

    Recóllese no amplo listado de competencias que lle corresponden á administración autonómica en materia de xuventude "art.33. o) A dinamización da lingua galega nas actuacións dirixidas á mocidade". Este mandato esténdese tamén ás administracións locais no artigo 34 da mesma lei.

    Nos servizos á xuventude (educación non formal, instalacións xuvenís...) contémplase unha remisión ao previsto na Lei 1/2010 que establecía unha garantía de atención en lingua galega aos usuarios de servizos.

    Artigo 18. Dos servizos á xuventude

  2. As entidades que presten servizos á xuventude atenderán ao uso da lingua galega de acordo coa Lei 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior.

    A Orde do 8 de novembro de 2012 pola que se aproban os estatutos do Colexio Oicial de Veterinarios da Coruña ( DOG de 30 novembro ), segue a dinámica que desde hai uns anos manteñen a maioría dos estatutos de colexios profesionais aprobados. Inclúese unha mención ao fomento da lingua galega como unha das funcións do colexio entre os seus asociados.

    Artigo 4. Funcións

    u) Fomentar o uso da lingua galega entre os colexiados e nos ámbitos institucionais e sociais en que se exerce a profesión.

    Tamén neste semestre anunciouse e someteuse a alegacións o borrador para un novo Decreto que regularía o uso dos topónimos. Este proxecto buscaría extender o uso correcto dos topónimos na versión en galego oicial a ámbitos privados (negocios, parques eólicos, rexistros mineiros etc.). Non obstante semella que a campaña contraria desenvolvida desde organización pro-monolingüismo castelán en contra deste proxecto paralizou a súa aprobación xa que nos meses vindeiros non foi publicado no diario oicial (http://ccaa.elpais. com/ccaa/2012/07/16/galicia/1342465241_864802.html).

3 Disposicións xerais de carácter organizativo: Organización en materia de cultura, disposicións estilísticas para as publicacións oiciais e institucionais e unha formación dirixida aos entes locais sen rastro do galego

O Decreto 150/2012, do 12 de xullo, polo que se aproba o Estatuto da Axencia Galega das Industrias Culturais ( DOG de 16 de xullo ), acomete unha reestruturación fundamentalmente dos organismos adicados ás artes escénicas e musicais colocándoos baixo o paraugas dunha nova Axencia. AGADIC ocuparase de impulsar as denominadas industrias culturais tanto pola vía de xestionar os programas de axudas dependentes da comunidade autónoma como pola vía de xestionar os centros existentes que se integran nela (Centro de Arte Dramático, Centro Coreográico). Non obstante este aparente pulo organizativo contrasta coa fortísima redución orzamentaria nesta área e as queixas do sector en canto a impagos de axudas de anos precedentes.

Page 193

Artigo 7. Obxecto

  1. A Agadic ten por obxecto, no ámbito do fomento da cultura galega e do apoio á creación e innovación cultural, impulsar e consolidar o tecido empresarial no sector cultural galego, cooperando na achega de factores produtivos, no fomento da oferta de bens e servizos e na asignación de ingresos suicientes e estables.

Entre as ins do AGADIC está a promoción da cultura e "sobre todo" a normalización e impulso da lingua galega polo que as axudas deberían contemplar claramente condicionados lingüísticos de acordo con estas previsións.

Artigo 8. Fins

Son ins da Agadic:

a) Garantir o progreso da cultura galega e, sobre todo, a normalización e o impulso do idioma galego como medio para protexer e fomentar a identidade cultural de Galicia, o desenvolvemento social, o crecemento económico e o diálogo intercultural en condicións de igualdade e respecto con identidades diferentes nun contexto globalizado.

A Resolución do 4 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza, pola que se d? publicidade ao Manual de estilo do Diario Oicial de Galicia e outras publicacións institucionais ( DOG de 13 de xullo ), informa da publicación deste manual que rexe os usos estilísticos e lingüísticos da Xunta de Galicia nas publicacións institucionais e oiciais. O texto completo, con fragmentos en construción pode consultarse na web da Xunta de Galicia . Ten especial interese o primeiro apartado que ixa as pautas do uso das linguas oiciais no Diario Oicial de Galicia e o apartado adicado á toponimia. Dentro do respecto ás normas existentes, doble oicialidade e validez de ambas linguas xunto co de versión oicial só en galego da toponimía, o texto aprobado establece os criterios normativos e estilísticos da lingua nas publicacións oiciais e institucionais, especialmente en cuestións nas que pode haber controversia ou varias solucións admisíbeis.

A Resolución do 4 de xullo de 2012, pola que se convocan determinadas accións formativas dirixidas ao persoal ao servizo das administracións locais de Galicia para o ano 2012 ao abeiro do Plan interadministrativo de formación continua da Fegamp para o ano 2012 no marco dun convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Federación Galega de Municipios e Provincias e a Escola Galega de Administración Pública para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, asinado o 25 de maio de 2012, é moi significativa do contexto no que se atopa a lingua nas administracións públicas. Ningún dos vintecinco cursos convocados, que abarcan do urbanismo ás redes sociais e da contratación pública ao protocolo, contempla accións formativas para os entes locais en materia de lingua ou usos lingüísticos .

A Orde do 7 de agosto de 2012 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realiza?n nos períodos e nas escolas oiciais de idiomas de Galicia que se indican ( DOG de 22 de agosto ), fai a convocatoria para o ano 2012 dos cursos de capacitación da lingua galega.

4 Sentenzas: a lingua galega como excusa para defender servizos mínimos desproporcionados nos medios públicos ante unha folga

De xeito anecdótico compre traer a Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia 9931/2012, de 5 de decembro de 2012, polo que se recorren pola vía de protección dos dereitos fundamentais a orde de ixación de servizos mínimos para a Compañía de Radio Televisión galega con motivo dunha folga. O sindicato recorrente, CCOO, ve estimada a súa pretensión de declaración destes servizos como desproporcionados e

Page 194

non motivados por conculcar o dereito fundamental á folga. Tan só cabe mencionar que entre os motivos que aduce o letrado da Xunta de Galicia neste asunto, xunto co de constituir este un servizo esencial, é que "garantiza el derecho a información en lengua gallega".

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR