Galícia

AutorXosé Gonzàlez Martínez
CargoXefe do Servicio de Normalización do Idioma do Concello de Redondela
Páginas199-204

    Publiquem aquí la Crònica del núm. 19. El pròxim número inclourà les notes corresponents als períodes dels núm. 20 i 21.

Page 199

Conselleria da Presidència e Administració» Pública
  1. Desenvolvemento normativo

    A Orde do 20 de marzo de 1992 (dog núm. 69) determina a oficialida-de dos topónimos pertencentes ós concellos de Mur as, As Nogais, Ourol, A Pastoriza, A Pontenova, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro da província de Lugo.

    A Conselleria nesta ocasión engadiulle a Orde unha Disposición adi-cional que di: «Do establecido na presente orde e do seu anexo daràselles conta as autoridades estatais correspondentes para os efectos que cum-pran no exercicio das súas funcions.» A oportunidade desta Disposición adicional esta motivada polas sucesivas interpelacións parlament arias nas que se evidenciaba o incumprimento dos organismos estatuais da toponi-mia na documentación e cartografia oficial editada.

  2. Fomento

    Un dos obxectivos prioritarios da Conselleria da Presidència e Admi-nistración Pública é fomenta-lo uso da lingua galega nas Corporacions Lo-cais, a teor do mandato que o lexislador fixo na Lei 5/1988, do 31 de xuno, denominada «Do uso do galego como lingua oficial de Galícia polas entidades locais».

    Por iso destina unha cantidade de dez milions de pesetas destinadas a subvencionar «campanas para a normalización lingüística dos rótulos exis-tentes nas casas dos concellos».

    A mesma atención a través de medidas de fomento establecense na

    Page 200

    Orde do 2 de xullo de 1992 (dog núm. 134) coa concesión de axudas econòmic as a empresas xornalísticas e de radiodifusión.

    A partida presupostaria destinada a esta finalidade é de 150.200.000 pesetas. As empresas deberàn facer constar nas solicitudes de subvención o número de traballos ou artigos escritos en ïingua galega durante o mes-mo periodo e porcentaxe de publicacions, informacions ou emisións enca-minadas à normalización da Ïingua galega e difusión da identidade e cultura de Galicia.

    A Conselleria terà en conta o Informe do estudio xeral de rnedios relativa à audiència media estimada da emisora solicitante para outorga-la subvención solicitada.

    Resolución do 21 de decembro de 1992 (dog núm. 250) pola que se convocan dúas bolsas de estudio sobre linguaxe administrativa galega, am-balas dúas dotadas de 120.000 pesetas.

    O bolseiro prestarà a súa colaboración en cantas actividades garden conexión co estudio obxecto desta convocatòria e que contribúan a reali-zación do fin perseguido por ela.

Conselleria de Educación e Ordenación Universitària
  1. Desenvolvemento normativo

    O Decreto 252/1992, do 30 de xullo (dog núm. 182), polo que se regula a cobertura con caràcter temporal de postos incluidos nas relacions de postos de traballos mentres non se cubran con caràcter definitivo, no seu artigo 12, ó establece os baremos aplicables para a elaboración das listas para a cobertura de postos reservados a funcionarios e/ou persoal laboral, no apartado b,7.) valora «o conecemento acreditado do idioma galego» (só se valorarà o graó superior alegado), do seguinte xeito: d) en graó de iniciación: 0,50 puntos; b) en graó de perfeccionamento: 0,75 puntos.

    Un Decreto, o 253/1992, do 10 de setembro (dog núm. 182), aproba os Estatutos da Universidade de A Coruna, desenvolvendo deste xeito a Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia que creaba as universidade de A Coruna e de Vigo, «que xunto coa de Santiago de Compostela constitúen o sistema universitario de Galícia».

    O artigo 7 preceptúa quen a Universidade de A Coruna «dedicarà especial atención ó estudio e desenvolvemento da identidade cultural do noso país...»

    Page 201

    Mais concreción, no que a cooficialidade lingüística se refire, atopa-mola no artigo 8. No paragrafo primeiro establecese que «Na Universida-de de Coruna seran linguas oficiais as reconecidas no Estatuto de autonomia de Galicia, sen que se poida facer discriminación por razón do uso de calquera delas».

    E no paragrafo segundo: «Contribuir à normalización da lingua pròpia de Galicia é un obxectivo fundamental da Uníversidade da Coruna. Para iso, serà labor desta Universidade o estudio da realidade lingüística no seu seo e a elaboración de programas de normalización dirixidos a potencia-lo seu pleno uso en tódolos àmbitos da actividade universitària».

    Però màis nitidez achamola no terceiro e derradeiro paragrafo deste artigo: «A lingua pròpia da Universidade da Coruna é o galego, que serà o seu vehículo normal de expresión».

    Però as referencias à lingua galega son màis abondosas no texto articu-lado dos Estatutos. O apartado artigo 25 ó fixalas funcions dos centros da Universidade da Coruna que sinala no apartado h) que serà o de «Aplicaren as directríces da Universidade da Coruna que sinala no apartado h) que serà o de «Aplicaren as directrices da Universidade sobre normalización lingüística».

    No Capitulo vi, dedicado ós institutos universitarios, o artigo 31.4. di «A actividade docente e investigadora dos institutos universitarios estarà dirixida a investiga-los problemas e eleva lo nivel científico, cultural e artístico da sociedade e, en particular, da galega.»

    O Capitulo m, «Servicios de asistencia à comunidade universitària», explicita no seu artigo 180 que a creación do Servicio de Normalización Lingüística constitúe un servicio de atención à comunidade universitària.

    No artigo 181, enumeranse polo miudo as funcions do Servicio de Normalización Lingüística.

  2. Fomento

    En cumprimiento da Lei 4/1983, do 15 de xuno, de reconecemento da galeguidade, a Conselleria convoca, a través dunha Orde do 12 de fe-breiro de 1992, cursos de formación en lingua e cultura galega, niveis de iniciación e perfeccionamento para emigrantes de orixe galega e per-soas interesadas no feito social de Galicia.

    Os cursos celebraranse na Universidade Estadual e Universidade Cea-rà (Brasil), na Universidade de Barcelona e diversos centros galegos espa-rexidos polo Estado espanol.

    O Diario Oficial de Galicia do 6 de marzo de 1992, publica unha Orde

    Page 202

    do 23 de xaneiro do mesmo ano pola que se regula a concesión de subvencions as corporacions locais de Galícia para a normalización da lingua galega. A consignación orzamental prevista é de vintè milions de pesetas, para atender las solicitudes de subvencions dos concellos, por esta orde de prio-ridade:

    1. Creación de servicios municipais de normalización lingüística, que contaran polo menos, cun especialista titulado en lingua galega e cumpri-raràn as misións de: a) velar porque sexa aplicada a Lei de normalización lingüística de Galícia no àmbito de actuación do concello correspondente, así como a Lei de uso do galego como lingua oficial de Galícia polas enti-dades locais; b) ofrecerlle ó publico asesoramento Iingüístico para a cor-rección de textos galegos e para a sua traducción, se £ose posible; c) impulsar la normalización do galego en diferentes àmbitos da vida pública, de acordo cos plans elaborados pola Dirección Xeral de Política Lingüística.

    2. Compra de material bibliògraf ico, didàctico e/ou de apoio para o servicio de normalización lingüística, xa existente ou de nova creación,

    3. Campanas organizadas polas corporacions locais para a normalización, promoción e uso da lingua galega nos diferentes àmbitos da vida pública.

    A Orde do 8 de xulïo de 1992 (dog núm. 153) convoca cursos de formación en lingua galega para funcionarios da Administración local.

    A Orde reconece e atende ó interese amosado por un gran número de concellos ó solicitaren subvención para a realización en mútua colabo-ración de cursos de formación en lingua galega «que permitan ós funcionarios dependentes deies un mellor coiiecemento do idioma».

    O total de cursos convocados é de 41 para 32 concellos.

    A Orde do 23 de outubro de 1992 (dog núm. 229) convoca «axudas para os traballos dos equipos de normalización lingüística e de potencia-ción do uso do galego nos centros educativos de educación infantil, edu-cación primària, xeral bàsica, especial e permanente de adultos, e de ba-charelato, formación profesional e institutos de educación secundaria e profesional, respectivamente».

    A Conselleria establece esta fina de axudas motivada polo mandato legal, concretado no artigo 5 do Estatuto de Autonomia de Galicia, que establece que o galego é lingua oficial de Galicia e ordenalles ós poderes públicos galegos que potencien o emprego do idioma propio en tódolos pianos da vida pública, cultural e informativa, e que disponan os medios ne-cesarios para facilitar lo seu conecemento.

    Page 203

    Os equipos a que fai mención a Orde son constituídos de acordo co contemplado nas Ordes da Conselleria de Educación e Ordenación Universitària do 15 e do 24 de xullo de 1991 (dog do 26 e 28 de agosto).

    Entre os traballos que teràn preferència para a concesión de axudas atopanse:

  3. Accions dirixidas ó perfeccionamento continuado do persoal docente e non docente do centro, co fin de mellora-Ia sua competència lingüística oral e escrita para, respectivamente, a impartición das súas mate-rias en galego e a realización en galego das actividades e actuacions contempladas nos artigos 1 e 2 da Orde do 1 de marzo de 1988.

  4. Preparación e elaboración de material didàctico en galego necesa-rio para a impartición dos contidos da realidade cultural galega.

  5. Accions e materiais necesarios para que poidan recibi-lo ensino en galego aqueles alumnos de educación infantil e primeiro cicló de primària que tefian o galego como lingua materna.

  6. Accions dirixidas a concienciación e à extensión do uso do galego por parte dos alumnos e de comunidade escolar como lingua materna.

  7. Preparación e elaboración do material necesario para as adaptacions curriculares que posibiliten unha ràpida integración lingüística da-queles alumnos, caso de que os haxa no centro, ós que se lles concedese a exención da matèria de lingua galega.

  8. Actividades de prensa e radio escolar experimental en galego fei-tas nos centros de ensino.

Conselleria de Cultura e Xuventude

Orde do 4 de decembro de 1992 (dog núm. 253) pola que se convocan subvencions para a producción discogràfica galega,

A finalidade derradeíra da Orde é conservar en soporte de disco, casete e compacto moitas das produccions musicals galegas, a través da sub-vención a empresas discogràficas.

A contía de cada subvención, a teor do exposto polo artigo segundo da Orde, non poderà sobrepasa la cantidade de 300.000 pesetas por disco, casete ou disco compacto, consistindo no equivalente 6 15 % do prezo de venda ó publico (sen ive) dun maximo do 20 % dos exemplares produ-cidos.

Outra Orde, do 5 de decembro de 1992 (dog núm. 254) regula as subvencions para a producción audiovisual en lingua galega.

Page 204

A Conselleria é consciente de que o «o mundo àudio visual galego esta experimentando nos últimos anos un desenvolvemento, tanto en sopor te cinema tografico como videogràfico, que permite ter productos de càlida-de merecentes da consideración do publico da nosa terra e mesmo de fóra de Galícia». Por esta razón quérese contribuir a «facer posibles aqueles proxectos que, polo seu interese, calidade e posibilidades razoables de se-ren levados a bo fin, se fagan acredores a seren apoiados institucional-mente, para conseguir deste xeito que se produzan màis e mellores mate-riais audiovisuais».

A Comisión avaliadora das subvención, requiriralles ós solicitantes, para a súa valoración, información verbo do «uso da lingua galega, de acordo coa lexislación vixente, na versión orixinal das produccions».

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR