Galicia

AutorXosé González Martínez
CargoXefe do Servicio de Normalización do Idioma de Concello do Redondela
Páginas309-315

Page 309

1. Presidencia
Lexislación

Lei 3/1992, do 23 de marzo, de Coordenación das policías locáis. O artigo 24, apartado 1, preceptúa que ñas probas selectivas de oposición

Page 310

deberanse incluir necesariamente probas de coñecemento da língua galega e das institucións e do dereito básico de Galicia.

2. Comelleria da Presidencia e Administración Pública
a) Desenvolvemento normativo

Decreto 376/1991, do 24 outubro polo que se determinan os nomes oficiáis das parroquias que se relacionan.

A Lei de Galicia 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, establece no seu artigo 10 que «os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega». Consonte coas potestades que ten a Xunta de Galicia, conferidas polo mesmo artigo, apartado 2, apróbanse os nomes das parroquias pertencentes a tres concellos (Dodro, Mañón, Outes), da provincia de A Coruña, cinco (Alfoz, Cervantes, Foz, Lourenzá e Mondoñe-do) da provincia de Lugo, e tres (Bueu, Mor e Poio) da provincia de Pontevedra.

Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, polo que se modifica parcialmente o Decreto 156/1989, do 27 de xullo, polo que se regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora de ondas métricas con modulación de frecuencia.

A Lei 31/1987, do 18 de decembro, de ordenación das telecomunica-cións, establece as diferentes modalidades de prestación dos servicios de radiodifusión sonora ñas distintas gamas de frecuencia, así como as condi-cións ou requisitos para acceder á implantación destes servicios públicos. E a Lei 11/1991, do 8 de abril, de organización e control das emisoras municipais de radiodifusión sonora, que ten o carácter de básica, incide nunha materia hoxe regulada polo Decreto 156/1989, do 27 do xullo, sobre o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora, en ondas métricas con modulación de frecuencia, que agora o Decreto 35/1992, no seu artigo único, modifica parcialmente.

O artigo 7, no seu apartado 1, determina que a programación en gale-go non poderá ser inferior ó 50 % do tempo total de emisión. O artigo 12,1a) establece que a finalidade das concesións busca a promoción e protección da lingua de Galicia, garantíndose -apartado d)- «o respecto ó pluralismo político, relixioso, social, cultural e lingüístico».

Decreto 55/1992, do 6 de febreiro, polo que se determinan os nomes oficiáis das parroquias de Galicia que se relacionan.

Page 311

A Consellería, previo o díctame da Comisión de Toponimia, aprobou a oficialización dos nomes das parroquias do Concello de Viveiro, da provincia de Lugo.

Orde do 28 de novembro de 1991 polo que se determinan os nomes oficiáis dos topónimos que se relacionan.

Apróbanse 1.022 topónimos correspondentes a tres concellos coruñeses, cinco lugueses e tres de provincia de Pontevedra. Unha Disposición adicional preceptúa que «do establecido na presente Orde e do seu anexo daráselles conta ás autoridades estatais correspondentes para os efectos que cumpran no exercicio das súas funcións».

b) Fomento

Orde do 17 de decembro de 1991 pola que se establecen e regulan os plans e programas de actuacións, axudas e subvencións, en favor dos galegos residentes no exterior para o exercicio de 1992.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas ela-borou para o ano 1997 o terceiro Plan de Actuación baseándo a súa filosofía na indubitable e indiscutible realidade de que Galicia, ademáis dun territorio xeograficamente considerado, constitúe unha comunidade humana universal.

A estructura do programa e actuacións está agrupado en cinco plans. Os paisós beneficiarios son aqueles cunha poboación galega integrada por unha elevada porcentaxe de xubilados e con rendas económicas dominantes neses países.

O «Plan de Accións Formativas» compendia as accións formativas «dedicadas ós estudiantes nos seus niveis medios e universitarios, co obxecto claro e decidido de capacitar, formar ou perfeccionar profesionalmente, a galegos ou ós seus descendentes directos que residen fóra de Galicia, o que suporía a reafirmación e fortalecemento das súas raíces, tanto no ámbito cultural como etnográfico».

Potencianse, de acordó coas conclusións do 2.° e 3.° relatorio do III Consello de Comunidades Galegas, os recursos destinados a atender e responder ás necesidades de información, uso, estudio, aprendizaxe e potenciación da literatura, da historia, da xeografía e doutras posibles materias relacionadas coa cultura galega.

O artigo 62 desta Orde establece os requisitos para a convocatoria de cursos de lingua e literatura galega. Para que o curso poida ser concedi-

Page 312

do compre que cando menos haxa un número de 25 alumnos dos que polo menos o 60 % sexan de orixe galega. O artigo 64 describe os miúdos das achegas económicas para a celebración dos devanditos cursos de lingua galega.

3. Conselleria de Educación e Ordenación Universitaria
Fomento

Orde do 13 de xaneiro de 1992 pola que se convocan cursos de formación de profesores especialistas en lingua galega,

Consonte co disposto no Decreto 81/1992, do 29 de abril (dog núm. do 14 de maio), que establece a obrigatoriedade do ensino da lingua galega nos distintos niveis do noso sistema educativo que regula os cursos de lingua galega nos niveis de preescolar e educación básica, a Conselleria de Educación convoca vinteún cursos de especialización en lingua galega para profesores de centros públicos e privados dos niveis de educación infantil, exb e es súas modalidades.

O artigo 14 desta Orde di que «os mestres que superen os niveis e probas escritas e oráis, así como a respectiva base de prácticas esixidas, recibirán o correspondente diploma de profesores especialistas en galego.

O Diario Oficial de Galicia número 36, correspondente ó día 21 de febreiro de 1992, publica tres ordes convocando diversos cursos de lingua galega para colectivos docentes de preescolar e educación básica con fin de dar cumprimento ó Decreto 135/1983 do 8 de setembro, sobre o uso da lingua galega nos niveis non universitarios e sobre a formación de profesorado na lingua galega.

Orde de 24 de xaneiro de 1992 pola que se regula a concesión de subvencións a entidades e empresas privadas para accións de promoción da lingua galega.

As subvencións ás que fai referencia a presente Orde poderán ser solicitadas por todas aquelas empresas, entidades privadas e asociacións comerciáis legalmente constituidas e serán concedidas ata o límite sinalado na correspondente partida presupostaria.

Esta liña de subvencións está dirixida, por orde de prioridade, á hostelería, transportes e outros sectores comerciáis, para normaliza-la lingua galega en toda a documentación e sinalización permanente da empresa e outros impresos (albarans, facturas, papel timbrado, comunicacións, etc.),

Page 313

emprego da lingua galega en publicidade interior, publicidade exterior ou campañas.

Orde do 22 de xaneiro de 1982 pola que se regula a concesión de subvencións a xornais e revistas galegas para a edición de suplementos didácticos en galego.

Establécense os procedementos de cooperación con estes medios de comunicación de tal forma que aqueles xornais ou revistas galegos non institucionais que empreguen o galego nos seus suplementos didácticos poidan acceder ás subvencións reguladas pola presente convocatoria.

Orde do 21 de xaneiro de 1992 pola que se regula a concesión de subvencións a familias e institucións sen fins de lucro para a realización de actividades de promoción de lingua galega.

Esta disposición está destinada á fomentarlo apoio para realizar actividades, desenvolver proxectos e organizar actuacións como congresos e simposios que promocionen e difundan a lingua galega.

Orde do 28 de xaneiro de 1992 pola que se regula a constitución de novos seminarios permanentes interdisciplinares de lingua galega e pola que se lies dá continuación ós xa constituidos.

Para un mellor cumprimento do apartado 2 do artigo 13 da Lei de Normalización Lingüística como é a normalización do galego no ensino e a galeguización da actividade interna e externa dos centros de ensino, poderán percibir subvencións os novos seminarios permanentes interdisciplinares de lingua galega.

Orde do 3 de febreiro de 1992 pola que se regulan axudas a empresas editoriaís para a edición de libros e materiais didácticos destinados a ni-veis non universitarios impresos en lingua galega.

Na exposición de motivos desta orde remítesenos á Lei 3/1983 do 15 de xuño, de normalización lingüística, concretamente ó seu titulo III, do uso do galego no ensino, que establece que «O galego, como lingua oficial de Galicia, é tamén lingua oficial no ensino en tódolos niveis educativos» e «as autoridades educativas da comunidade Autónoma arbitrarán as medidas encaminadas a promove-lo uso progresivo do galego no ensino», para xustifica-las axudas convocadas.

Amáis dos libros e material didáctico obxecto da axuda tamén se poderán acoller los libros destinados ás ensinanzas especializadas e ás non regradas.

Exclúense, sen embargo, os libros de bibliófilos, publicacións corres-

Page 314

pondentes a entes públicos, libros destinados a seren distribuidos gratuitamente, libros publicados por clubes do libro e similares destinados a seren distribuidos entre os seus suscritores, libros dos que a venda se realice a prazos e, finalmente, libros, que publicados no ano 1992, recibiron xa ou teñen asignada algún tipo de axuda con cargo ó exercicio de 1992 por parte dalgún ente público. A contía de cada subvención non poderá supera-la cantidade de dous millóns de pesetas por obra ou material didáctico presentado.

Orde do 30 de xaneiro de 1992 pola que se regula a concesión de subvencións ás asociacións e entidades culturáis para a realización de cursos de Iingua galega.

A necesaria alfabetización da sociedade galega na súa propia Iingua é a razón fundamental desta convocatoria, de ai que se convoquen cursos de Iingua galega «para aqueles cidadáns reunidos en asociacións e entidades culturáis legalmente constituidas». Son cursos dunha duración de 60 horas teóricas e 15 horas prácticas.

Orde do 31 de xaneiro de 1992 pola que se regula a concesión de subvencións a entidades de Administración local para a realización de cursos de Iingua galega.

Fundaméntase a convocatoria destes cursos no disposto ñas Leis de Normalización Lingüística e na Lei do uso do galego como Iingua oficial de Galicia polas entidades locáis. Trátase de cursos dirixidos ós funcionarios da Administración local dunha duración de 60 horas e 15 horas prácticas.

4. Consellería de Cultura e Xuventude
Fomento

Orde do 20 de xaneiro de 1992, polo que se convocan subvencións a editoriais para apoia-la producción editorial do libro galego.

Sinala a exposición de motivos que aínda on se pode dicir polo de agora que a situación do mundo editorial galego estea normalizado como pode estalo noutras linguas do Estado. A Consellería, consciente desta realidade, considera imprescindible acada-lo maior grao posible de normalización do sector tanto en aspectos económicos e industriáis coma lingüísticos. O artigo 2 subvenciona o 75 % do prezo de venda ó público (sen i ve) de cada libro.

Page 315

A Orde do 21 de xaneiro de 1992 anuncia subvencións a empresas discográficas para producir gravacións.

O artigo 6 desta disposición sinala que na valoración das solicitudes teranse en conta «a continuidade da obra dentro dunha colección e importancia para a música galega».

A intención da Orde é evidente: «axudar ós productores galegos a realizaren discos nos que se recollan obras dos osos intérpretes».

Outra Orde do 21 de xaneiro de 1992 anuncia subvencións para editar e traducir obras para o galego.

Xustifica a Consellería esta convocatoria porque «no publicado nestes últimos anos detéctanse carencias ás que a iniciativa privada por si soa e incapaz de atender». Tales carencias refírense sobre todo a obras non literarias, a comics e a grandes proxectos.

O artigo 1 anuncia subvencións para edita-las seguintes obras: obras de carácter non literario, comics, grandes proxectos editoriais e traduc-cións de obras escritas e publicadas orixinariamente en lingua distinta do galego.

O Diario Oficial de Galicia, número 32, publica unha Orde da mesma consellería convocando os premios Alvaro Cunqueiro de textos teatrais, Carlos Velo de guións cinematrográficos, Ramón Cabanillas de traducción e o premio de creación feminine. Tódolos tres premios son para textos inéditos, escritos en galego normativizado.

O premio Alvaro Cunqueiro e Carlos Velo están dotados, con cadan-seu millón de pesetas. O Ramón Cabanillas, con idéntica contía, podendo subdividirse en dous premios de 500.000 pesetas.

O premio á creación cultural fe minina pederán optar aquelas mulleres galegas ou residentes en Galicia que contribuísen co seu traballo de creación á afirmación dos valores culturáis galegos.

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR