Crónica legislativa de Galicia

AutorAlba Nogueira López
CargoProf. titular de Dereito Administrativo, Universidade de Santiago de Compostela.
Páginas188-191

Page 188

1 Introdución

A ausencia de pulso político en relación coa lingua galega non variou moito en 2015. A existencia de tres leis autonómicas con referencias á lingua, nun ano non especialmente prolíico do Parlamento galego, non pode ocultar que son en grande medida reprodución de previsións xa existentes en sectores do ordenamento que simplemente actualizan a súa normativa. Tampouco as decisións administrativas e medidas normalizadoras presentan novidades, mentres que no plano orzamentario o galego segue sofrendo recortes de fondos en moito maior medida que outras partidas. No debate público, o goberno parece ter reducido o uso da cuestión lingüística como elemento de confrontación política e mesmo o partido que o sustenta se adheriu a un manifesto social con todas as outras forzas políticas mais iso non pode ocultar a atonía que caracteriza as súas políticas.

2 As leis con referencias, parcas, á lingua no 2015: Garantía dos servizos públicos, emprego público e colexio profesional

A Lei 1/2015, do 1 de abril, de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración ( http:// www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150430/AnuncioC3B0-090415-0001_gl.html ) abre o repertorio de leis do Parlamento de Galicia en 2015. Esta é unha lei que se proclama seguedora do dereito á boa administración enunciado na Carta de dereitos fundamentais da Unión Europea que, aínda que advirte non é de aplicación directa aos actos autonómicos, "débese tomar como marco de actuación para a actividade pública". O artigo 41 desta Carta, recorda o preámbulo da Lei 1/2015, "fai mención expresa á importancia de que as institucións aborden os asuntos de maneira imparcial e equitativa dentro de prazos razoables e invoca o dereito da cidadanía a ser escoitada, a acceder ao expediente que a afecte e a dirixirse e a ser tratada na súa propia lingua (a cursiva é nosa), ademais da obriga da Administración de motivar os actos que afecten a persoa interesada.

O lexislador autonómico quere dar o salto do recoñecemento que ata agora iguraba sectorialmente en normas de sanidade, servizos sociais ou universidades a un recoñecemento e tratamento global da boa administración como principio reitor dos servizos públicos autonómicos, se ben fai pervivir a ordenación en certos sectores sendo de aplicación esta lei de xeito únicamente supletorio.

Page 189

O ámbito de aplicación desta lei é o sector público autonómico, integrado, de acordo coa Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e polas entidades instrumentais. A lei remite os ámbitos da Administración relativos á educación, á sanidade e á xustiza á súa normativa especíica, e neles a presente lei será de aplicación supletoria.

Malia o título I se dedicar aos mecanismos de atención á cidadanía e os títulos II e III á avaliación de calidade e á xestión da calidade dos servizos públicos o certo é que os artigos con relevancia para os dereitos lingüísticos limítanse a un exiguo apartado do artigo 38, que por outra banda, non vai moito máis alá do xa previsto na normativa lingüística existente.

As referencias lingüísticas limítanse pois a este artigo 38.2.c no que se establece o dereito das persoas usuarias de servizos públicos a seren atendidas na lingua da súa elección nas súas relacións orais ou escritas cos prestadores de servizos. O máis destacábel viría da inclusión da referencia a que este dereito existe tanto cando os servizos son prestados cunha modalidade de xestión directa como cando a xestión é indirecta, isto é, cando existe un prestador privado que presta ese servizo por conta da Administración. Neste punto existían algunhas sentenzas contraditorias tanto con respecto a ordenanzas municipais de normalización lingüística como a algúns servizos concesionados nos que os xulgados mantiñan posicións discrepantes sobre a extensión da normativa lingüística aos concesionarios de servizos públicos. Queda pois patente que os dereitos lingüísticos das persoas usuarias alcanzan tamén a aqueles servizos que se prestan indirectamente, como resultaba evidente dunha se se observar outros aspectos da xestión no que a interposición dun prestador que traballa por conta da Administración non corta as obrigas e dereitos que ten a cidadanía no ámbito público. Queda por ver se a adopción "das medidas organizativas do servizo necesarias para a garantía deste dereito" se convirten en realidades xa que existe unha traslación desigual deste dereito tanto sectorialmente -máis extendidamente na administración xeral e moito máis parcamente en ámbitos como a sanidade, por exemplo-, como en función do medio -máis nas escritas que nas relacións orais-, como en función da modalidade de prestación do servizo -máis nos de titularidade pública que nos que se prestan por xestión indirecta.

Artigo 38. Estatuto xeral das persoas usuarias: Carta galega dos servizos públicos

  1. Todas as persoas usuarias dos servizos públicos autonómicos, con independencia da modalidade en que se presten, terán os mesmos dereitos en relación coa prestación do servizo público.

  2. En particular, terán dereito:

    1. A utilizar e a ser atendidas, segundo a súa escolla, na lingua galega ou castelá nas súas relacións orais e escritas co prestador do servizo. Para estes efectos, tanto nos supostos de xestión directa coma indirecta, adoptaranse as medidas organizativas do servizo necesarias para a garantía deste dereito. O galego será a lingua de uso normal e preferente en todas as actividades relacionadas coa organización e prestación dos servizos públicos.

    Tamén é relevante a inclusión da mención de que o galego é a lingua "de uso normal e preferente" en relación coa organización e prestación dos servizos públicos logo da perniciosa polémica que abriu a xurisprudencia constitucional despois da sentenza do Estatut de Catalunya e a ofensiva para excluir esas notas distintivas do caracter de lingua propia dos textos normativos posteriores.

    A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia ( http://www.xunta.es/dog/ Publicados/2015/20150504/AnuncioC3B0-290415-0001_gl.html ) vén actualizar o rexime xurídico dos empregados públicos galegos adaptándose, por in, ao previsto no Estatuto Básico do Empregado Público. Un magro artigo fai referencia aos requisitos lingüísticos exixibeis aos empregados públicos cunhas previsións limitadas ao rexime de acceso ao emprego. Non se pretende ir máis alá nunha cuestión da que ademáis o executivo autonómico presidido polo actual presidente ixo causa no seu primeiro mandato facendo unha modiicación da anterior lei para eliminar a acreditación obrigatoria do coñecemento lingüístico mediante proba no acceso (vid. comentario na revista na crónica correspondente ao primeiro semestre de 2009) e

    Page 190

    permitir a substitución por unha acreditación documental da superación de cursos xerais de capacitación lingüística.

    Artigo 51. Requisitos lingüísticos

  3. As administracións públicas incluídas no ámbito de aplicación desta lei garantirán os dereitos constitucionais e lingüísticos das persoas, tanto respecto do galego, como lingua propia e oicial de Galicia, coma do castelán, lingua oicial en Galicia.

  4. Para os efectos do previsto neste artigo, para lle dar cumprimento á normalización do idioma galego nas administracións públicas de Galicia e para garantir o dereito ao uso do galego nas relacións coas administracións públicas no ámbito da Comunidade Autónoma, así como a promoción do uso normal do galego por parte dos poderes públicos de Galicia, nas probas selectivas que se realicen para o acceso aos postos das administracións públicas incluídas no ámbito de aplicación desta lei incluirase un exame de galego, agás para aquelas persoas que acrediten o coñecemento da lingua galega conforme a normativa vixente. As bases das convocatorias dos procesos selectivos establecerán o carácter e, de ser o caso, a valoración do coñecemento da lingua galega.

  5. Nos demais exercicios das devanditas probas selectivas, as persoas aspirantes teñen dereito a elixir libremente a lingua oicial da Comunidade Autónoma en que os desexan realizar, o que comporta así mesmo o dereito a recibir na mesma lingua os enunciados dos exercicios, agás no caso das probas que se teñan que realizar en galego para aqueles postos que requiran un especial coñecemento desa lingua.

    Reitérase, por tanto, a opción por unha avaliación dos coñecementos do galego esencialmente por homologación de cursos ou coñecementos previamente adquiridos xa que todas as persoas que superan a etapa de ensino obrigatorio teñen automáticamente recoñecida a equivalencia do nivel habitual de galego exixido para o emprego público. Tamén se desbota a adaptación das probas de galego ás exixencias do posto de traballo concreto que se vai desempeñar (ex. Probas diferenciadas para un arquitecto municipal das que require un letrado en función da linguaxe especializada en cada ámbito) ao optar por unha acreditación conigurada en base ao sistema CELGA.

    Aínda asi o que máis sorprende da nova lei é que unha das medidas estrela que se pretende poñer en marcha, a avaliación de desempeño dos empregados públicos, estea absolutamente desconectada de calquera mención ao cumprimento de obxectivos en materia de atención lingüística (oral ou escrita). Agardemos que as mencións difusas á avaliación da contribución a "boas prácticas a prol da excelencia" comprendan a mellora en materia de normalización lingüística e dereitos lingüísticos.

    Art.84.2. A valoración do rendemento ou do logro de resultados por parte dos empregados públicos mediante a avaliación do desempeño basearase como criterio necesario na medición da contribución individual de cada empregado público, no marco da avaliación da unidade administrativa en que preste os seus servizos, aos seguintes ins:

    1. A consecución dos obxectivos da devandita unidade administrativa.

    2. A mellora da organización e da xestión administrativas a través da participación en procesos de innovación e de boas prácticas a prol da excelencia e mais a normalización e a racionalización de procesos.

    A Lei 3/2015, do 12 de xuño, de creación do Colexio Oicial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia ( http:// www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/BibliotecaLeisdeGalicia/Lei3_2015.pdf ) segue o modelo doutras leis reguladoras de colexios profesionais xa comentadas nesta crónica establecendo unha previsión de fomento do galego nas súas comunicacións.

    Artigo 5. Uso do galego nas comunicacións

    O Colexio Oicial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia procurará e fomentará o uso do galego en todas as súas comunicacións, tanto internas como externas, segundo o establecido no Estatuto de autonomía de Galicia e na regulación de normalización lingüística.

    Page 191

3 Iniciativas política e cidadás en defensa da lingua

A posta en marcha das probas de acceso á avogacía que regulaba a Lei 34/2006, de 30 de outubro, sobre o acceso ás profesións de avogado e procurador dos tribunais, fíxose por un desenvolvemento mediante a Orde PRE/404/2014, de 14 de marzo. Esta Orde introduce un sistema de probas nos que o temario exclue a avaliación do coñecemento do dereito autonómico e no que as probas non poden realizarse nas linguas propias. A deputada do BNG no Congreso dos Deputados, Rosana Pérez, presentou unha Proposición non de Lei para que a regulación das probas inclua o dereito autonómico e as linguas propias.

O conlito político e social sobre a lingua que se abriu na sociedade galega desde que o PP abriu unha ofensiva coa aprobación do Decreto de uso da lingua galega no ensino en 2007 polo bipartito e continuou coas reformas normativas en emprego público, ensino, comercio...parece que entra nunha fase de certa paciicación nos últimos tempos, sen que poda falarse non obstante de políticas activas por parte do executivo autonómico. Nese contexto a Mesa pola Normalización Lingüística, a principal entidade cidadá de defensa do idioma por número de ailiados, promoveu en 2015 a sinatura dun compromiso público por parte das distintas forzas políticas ás que se adheriu inalmente tamén o Partido Popular. A Declaración de Unidade a Prol da Normalización da Lingua Galega é un sinal simbólico ao que cómpre dar continuidade.1

O idioma como "o mellor instrumento común que creamos todas e todos os galegos" sofre un preocupante retroceso social e as forzas políticas asinantes comprométense "a abrir unha nova etapa de normalidade para a lingua galega, coa implicación de todos os sectores, airmando conxuntamente a nosa intención de aplicación, mellora e introdución de todo canto for preciso para garantir o dereito a vivirmos en galego e conseguirmos para el verdadeira igualdade e oicialidade real, tomando como punto de partida os acordos comúns e amplos establecidos na Lei de Normalización Lingüística, na Lei de uso do galego como lingua oicial de Galiza polas entidades locais, e no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega de 2004". Estas tres mencións a textos que foron aprobados por unanimidade no Parlamento de Galicia da pé a un compromiso para "devolverlle o protagonismo que nunca debeu perder, retomando e iniciando todas as medidas e accións que foren precisas para a súa reposición, rehabilitación e plena normalidade, comprometéndonos a reactivalas e promovelas en todas as áreas e institucións onde teñamos responsabilidade de goberno".

Non se recollen, como pode apreciarse compromisos detallados, e é máis o simbolismo do acordo e que este abarque todo o espectro político logo dun período no que o partido do goberno tivo unha posición activa de construción dun discurso contra o galego.

A situación de estancamento no proceso normalizador ten tamén levado a que haxa cidadáns que se vexan obrigados a defender os seus dereitos lingüísticos xudicialmente como o caso dun usuario da sanidade pública que demandou este ano ao servizo galego de saúde (SERGAS) por atrasar unha operación ante a súa solicitude de dispor do formulario para o consentimento informado en galego.2

4 Un descenso continuado do orzamento para fomento da lingua

Non imos facer un repaso das convocatorias de axudas existentes para o fomento do galego porque pensamos que é máis relevante facer unha análise de conxunto das aportacións existentes para as políticas de normalización lingüística. Xa en anteriores crónicas demos conta do descenso sostido de fondos para o galego nos últimos gobernos. En 2015 esa tónica continua -xa se reduciu a partida orzamentaria nun 70% nos dous mandatos do PP con respecto ás cifras que tiña o goberno bipartito- e o orzamento contempla unha partida para promoción da lingua galega de 6,7 millóns de euros.3

No ámbito do ensino público a redución orzamentaria para a promoción do galego tamén experimenta unha redución semellante -unha baixada do 62,5% desde o curso 2010-11. No ensino privado a redución é un chisco menos acusada -55,4% desde 2010-11- pero aínda así experimenta unha baixada forte.

[1] http://www.amesa.gal/declaracion-de-unidade-a-prol-da-normalizacion-da-lingua-galega/

[2] http://www.amesa.gal/vista-para-sentenza-a-demanda-contra-o-sergas-por-discriminacion-linguistica/

[3] http://praza.gal/movementos-sociais/8595/a-xunta-elimina-seis-de-cada-dez-euros-para-o-fomento-do-galego-no-ensino-publico/

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR