Crónica legislativa de Galícia

AutorAlba Nogueira López
CargoProf. titular de Dereito Administrativo, Universidade de Santiago de Compostela
Páginas151-155

Page 151

Activismo social e parálise institucional

1 Introdución

A contraposición entre as iniciativas positivas da sociedade civil (ILP ensino portugués, dominio punto gal) e a persistencia do goberno galego por actúar tan só para reducir a presenza do galego (exención da materia de lingua galega, instrución para limitar o alcance do condicionado lingüístico nas subvencións) exempliica o estado no que se atopa a lingua galega neste periodo.

2 A iniciativa lexislativa popular exitosa A Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía

A falta de pulso gubernamental en relación coa lingua dá azos a iniciativas da sociedade civil. Nesa liña, o Parlamento de Galicia tramita na primeira parte de 2014 unha Iniciativa Lexislativa Popular en relación coa lingua. A denominada Iniciativa Paz Andrade, en homenaxe a Valentín Paz Andrade, empresario e escritor ao que se lle dedicara o Día das Letras de 2012 e que chegou a exercer como vicepresidente da Comissão Galega do Acordo Ortográico da Lingua Portuguesa, buscaba promover un achegamento á lingua portuguesa que, como airma a exposición de motivos, «nos permitan desenvolvernos con naturalidade nunha lingua que nos é moi próxima e nos concede unha grande proxección internacional».

A Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, é pois o froito desa iniciativa cidadá avalada por 17000 sinaturas conseguindo o respaldo unánime de todas as forzas políticas no seu trámite parlamentar.

Cun articulado breve, apenas cinco artigos, a lei chama a establecer fórmulas de aprendizaxe do portugués no ensino e a estreitar os lazos culturais, empresariais e de intercambio, nomeadamente no ámbito audiovisual e televisivo. Así apélase á promoción do galego debido aos vencellos históricos e pola proxección estratéxica que suporía:

Page 152

Os poderes públicos galegos promoverán o coñecemento da lingua portuguesa e das culturas lusófonas para afondar nos vencellos históricos que unen Galicia cos países e comunidades de lingua portuguesa e polo carácter estratéxico que para Galicia teñen as relacións económicas e sociais no marco da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

(art.1).

Probabelmente o mandato de introdución progresiva do ensino do portugués nos centros de ensino sexa o que poida ter un maior recorrido. A lei non establece como se vai facer esta introdución aínda que si indica que non se fará durante o horario dedicado á lingua galega senon no «ámbito das competencias en linguas extranxeiras» (art.2). A proximidade das variantes galega e portuguesa levou a que houbera un debate previo sobre se sería máis acaído introducir módulos explicativos da variedade do Sul do Miño na propia materia de lingua galega.

O estreitamento de lazos cos países lusófonos (económicos, culturais, deportivos...) encoméndase como un obxectivo estratéxico ao goberno galego (art. 3).

Finalmente a lei busca reforzar un reforzamento das conexións no sector audiovisual e televisivo. A existencia dunha tradición xa consolidada de emisións televisivas alén das fronteiras políticas non está exenta de problemas e atrancos. A lei chama a favorer e permitir a reciprocidade das emisións televisivas e radiofónicas. Igualmente quere que se impulsen a produción compartida de contidos aproveitando a existencia dese patrimonio lingüístico compartido (art. 4).

Todas as medidas citadas deberían ser obxecto de un seguimento mediante o Informe anual de cumprimento que se prevé no artigo 5 da lei que fará constar «de xeito pormenorizado, as accións levadas a cabo, o seu custo e as previsións que efectúa para o exercicio seguinte. O dito informe remitirase ao Parlamento de Galicia».

3 A regulación da exención do galego no ensino

A Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se desenvolve o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, con relación á exención da materia de lingua galega1 é unha das normas de desenvolvemento da regulación do uso do galego no ensino. Neste caso do "non uso" xa que articula a forma e requisitos polos que se autoriza a exención de avaliación de lingua galega a certos escolares.

O Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, permitía que malia o carácter obrigatorio do estudo da materia de lingua galega en todos os niveis educativos non universitarios existinsen certas causas taxadas que xustiicarían o réxime das exencións posibles, segundo a regulación prevista nos artigos 18 e 19 daquela norma, que se caracterizaban pola concorrencia dos seguintes requisitos:

  1. Que a xustiicación da exención atope fundamento nunha circunstancia obxectiva de incorporación ex novo ao sistema educativo de Galicia.

  2. Que o alumnado de nova incorporación proceda doutras comunidades autónomas ou dun país estranxeiro.

  3. Que a incorporación ex novo ao sistema educativo de Galicia se produza no terceiro ciclo de educación primaria, na educación secundaria obrigatoria ou no bacharelato.

Non procedería, polo tanto, a exención para alumnado escolarizado en Galicia senon únicamente para o procedente de fóra de Galicia. Tampouco existiría exención na educación infantil ou nos dous primeiros ciclos da educación primaria.

Igualmente hai que sinalar que a exención é só para a materia de lingua galega e non para a lingua castelá ou extranxeira, con independencia da procedencia deste alumnado que podería aconsellar adaptacións curriculares no eido lingüístico distintas. Así o alumnado de países lusófonos poderían ter unha acollida lingüística máis doada precisamente a través do galego e para un alumno/a procedente dun país do Leste

Page 153

podería facerse indistintamente en galego ou en castelán.

A Orde de exención non prevé tampouco ningún tipo de adaptación nas materias que se imparten en galego polo que a regulación da exención parece parcial, pouco rigorosa desde o punto de vista pedagóxico e allea a un plan de acollida especíico que poidera ter en conta precisamente a forma de modular a incorporación de alumnado procedente doutros países ou comunidades lingüísticas para facela máis doada.

A Orde limítase a regular o procedemento de solicitude de exención ao que se podería acoller ese alumnado procedente de fóra coa limitación de que non poderá solicitalo o alumnado «de ida e volta», isto é, estudantes que poideran ter cursado estudos en Galicia e posteriormente marchado e se reincorpore «en tres cursos ou menos».

A exención, como mencionamos, é só da avaliación e cualiicación da materia de lingua galega mais non exime da asistencia e seguemento das aulas desta materia e o incumprimento desas obrigas implicaría a perda da exención:

Artigo 4. Deberes do alumnado exento

1. A exención suporá a consignación de exento nos documentos oiciais de avaliación do alumnado.

2. O alumnado terá que asistir ás aulas como medio de integración lingüística e coa inalidade de que co seu esforzo persoal, con materiais didácticos especíicos e cunha axuda continua do seu profesorado poida ter, ao remate do prazo da exención, un dominio adecuado da lingua galega e seguir as ensinanzas propias do nivel en que estea ou en que vaia matricularse, en igualdade de condicións ca os demais compañeiros ou compañeiras da clase.

3. O incumprimento por parte do alumno ou da alumna do establecido no punto anterior determinará a revogación da exención, logo dos informes pertinentes e unha vez oída a persoa interesada ou, de ser o caso, os seus proxenitores, titores ou representantes legais.

4. A revogación ou denegación da exención producirán como efecto para o alumnado a obriga de ser cualiicado nas avaliacións parciais e inais ao inal do curso en que se atope.

5. Nos respectivos documentos oiciais de avaliación farase constar a exención concedida e, de ser o caso, a posible revogación e a conseguinte cualiicación.

A exención terá unha duración máxima de dous cursos escolares consecutivos (art.3).

4 As directrices da UE sobre axudas públicas como excusa para intervir no condicionado lingüístico de axudas públicas

A lingua nas axudas públicas foi novidade, aínda que pouco difundida, pola aprobación dunha Instrución da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e a Dirección Xeral de Planiicación e Presupostos sobre boas prácticas na utilización da lingua galega como criterio de valoración nas subvencións de acordo cos requerimentos da Comisión Europea (3 de febreiro de 2014). Esta instrución, sen valor normativo pero con capacidade de impoñer directrices de funcionamento interno para os órganos da administración, busca limitar o efecto normalizador que permitía o artigo 20.2 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia ao ixar que «en todo caso, o emprego da lingua galega na realización de actividades ou condutas para as que se solicita a axuda» sería un criterio de valoración das solicitudes de subvención.

Recupera a administración autonómica un escrito da Dirección Xeral da Competencia da Comisión Europea dous anos anterior (10.10.2012) que solicitaba aclaracións sobre o condicionado lingüístico de axudas en materia de I+D por entender que poderían ser discriminatorio. O escrito mencionado propuña ou ben non darlle valoración no marco de axudas de I+D autorizado pola UE ou ven que fóra un criterio auxiliar que non alterara a priorización por outros criterios.

Aproveita tamén nos fundamentos de dereito a instrución para facer unha mención como suposto fundamento xurídico á Lei 20/2013, de 9 de decembro de Garantía da Unidade de Mercado por canto impediría medidas que teñan como efecto unha barreira á unidade de mercado. A asimilación do condicionado lingüístico das

Page 154

subvencións ao concepto de «establecemento de requisitos para a obtención de vantaxes económicas que estean basados directa ou indirectamente no lugar de establecemento ou residencia do operador» xurídicamente é disparatado pois confunde a actividade administrativa de fomento coa de limitación e competencialmente supón unha renuncia da capacidade de direción política a través das medidas de fomento lícitas que procuren a promoción de valores protexidos polo ordenamento.

As boas prácticas propostas partirían da interpretación de que a cláusula «en todo caso» que aparece no mencionado artigo da Lei de Subvencións de Galicia só sería aplicable ás axudas "si el uso del gallego es un criterio de valoración adecuado al caso concreto". Así póñense exemplos de actividades nas que esta valoración compriría: «Es evidente que debe fomentarse la normalización del uso del gallego en las actividades educativas, fomento de las TIC, mercantiles, publicitarias, asociativas, deportivas y otras (...) pero esto no quiere decir que cualquier régimen de ayudas que se apruebe, con independencia de su objeto y inalidades, sea apto para la valoración del gallego».

Para facer a avaliación de se procede ou non a inclusión de condicionado lingüístico enuméranse criterios como a proporcionalidade e a non obstaculización da libre circulación e unidade de mercado. O galego debe gardar «relación directa» coa actividade e pode servir como criterio auxiliar «de desempate».

Para garantir a efectividade desta instrución disponse a súa comunicación a todas as asesorías das consellarías, ás secretarías xerais e á Intervención Xeral da Comunidade autónoma.

As teses sostidas pola instrución supoñen un claro aldabonazo ao condicionado lingüístico nas axudas que presenta varios problemas xurídicos. Por un lado pretende subvertir ou inaplicar pola vía dunha instrución non normativa un artigo dunha lei vixente e non modiicada. A falta de respecto da xerarquía normativa é palmaria.

En segundo lugar usa un documento comunitario con indicacións sobre unhas axudas con inanciemento europeo e sometidas á vixianza comunitaria para realizar unha harmonización extensiva dos seus criterios que, en absoluto, é precisa ao abeiro do réxime de axudas públicas europeas.

En terceiro, obvia que estas observacións europeas -lembremos que dous anos antiguas- podían ter sido contestadas con argumentación xurídica e permitían un condicionado lingüístico non determinante.

En cuarto lugar a instrución esquece abordar un estudo detallado das distintas modalidades de condicionado lingüístico existente nas convocatorias xa que a elección dunha ou outra modalidade ten consecuencias xurídicas diversas (puntuación, puntuación como criterio de desempate, exixencia de realización de actividades en galego, convocatorias só para actividades desenvolvidas en galego, exixencia de capacitación lingüística das persoas encargadas de desenvolver a actividade...).

5 O dominio punto GAL da os últimos pasos para estar operativo o día nacional de Galiza

Logo da aprobación do dominio para internet a Asociación puntoGAL que levou as xestións iniciou un proceso para poñer en marcha o dominio coincidindo co Día Nacional de Galiza, o 25 de xullo. Nesta campaña buscou contar cun grupo de institucións e entidades «pioneiras» que se adheriran nun primeiro momento para popularizar e dar pulo ao novo dominio.

O Parlamento de Galicia aprobou o 26 de xuño, por unaminidade dos partidos políticos representados na Cámara, unha declaración institucional na que recoñece o logro da obtención do dominio e a súa importancia para o desenvolvemento da Internet en Galicia. O Parlamento sinala que o .gal será beneicioso para o desenvolvemento non só da lingua e a cultura na rede, senón tamén doutros ámbitos, entre os que sinala ás empresas. O texto inclúe a petición para que o Parlamento solicite un dos dominios pioneiros que o Rexistro activará o día 25 de xullo.2Lembremos que esta iniciativa foi un éxito da sociedade civil que foi quen, teimudamente, promoveu e conseguiu a autorización do dominio.

Page 155

6 O profesorado do CELGA

O profesorado co que viña contando a Xunta de Galicia para impartir a docencia dos cursos de capacitación lingüística (CELGA) impartía as clases sen contrato de traballo ningún e sen estar dado de alta na Seguridade Social. Esta situación foi denunciada polos interesados e a CIG ante a Inspección de Traballo que resolveu recoñecendo a relación laboral entre a Consellería e este profesorado e dando de alta de oicio con efectos retroactivos nos períodos nos que se impartiran aulas nos catro anos anteriores, ademais de impor unha multa de máis de 200.000 euros á Administración por actuación fraudulenta.

Logo desa decisión, a Consellería optou por non ofrecer os cursos do Celga ao profesorado en paro e apostou por que fosen docentes en activo de Secundaria os que impartisen estas aulas como horas extraordinarias. Esta medida foi rexeitada por moitos docentes e obxecto de medidas de presión e denuncia social.

7 A actividade de fomento do galego e das institucións que teñen encomendadas misións de protección da lingua

As subvencións para a edición de recursos didácticos en lingua galega para niveis de ensino non universitario seguen a caer. A convocatoria de axudas3 para este in tivo unha dotación total de 150.000 euros, o que supón unha mingua de 50.000 euros a respecto do pasado ano e continúa a tendencia decrecente desta partida. Esta partida orzamentaria comezou a incluirse en 2008 cuns fondos de 1,05 millóns de euros e dende aquela eu desde entón foi diminuíndo a súa contía, pasando polos 400.000 euros de 2010 e ata a actual cifra.

Tamén minguou outra das partidas máis relevantes para a normalización lingüística que é a destinada aos concellos4. A Consellaría de Cultura distribúiu entre as entidades locais do país para a promoción do uso da lingua galega en total 300.000 euros, 100.000 menos do que no pasado ano. A integración na mortecina Rede de Dinamización Lingüística promovida desde a Consellaría valórase para a concesión aínda que non é un requisito imprescindible. Esta liña de axudas, que se interrompera en 2011, está a sufrir desde 2012 sucesivos recortes e pasou do 520.000 euros dese ano aos 300.000 da actualidade.

Por outra banda a Xunta de Galicia decidiu achegarlle 560.000 euros á Real Academia Galega. Esta institución non ten unha partida ixa nos orzamentos e recibe os seus ingresos pola vía subvencional. En 2014 contou cunha partida propia incluída nos orzamentos xerais da Xunta destinados ao promoción e estudo do galego. Destes 560.000 euros, 520.000 correspóndese ao inanciamento xeral e 40.000 aos cursos de verán de lingua e cultura galegas.

[1] http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140219/AnuncioG0164-120214-0003_gl.html

[2] http://www.puntogal.org/actualidade/nova.php?id=494&lg=gal

[3] http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140408/AnuncioG0164-310314-0004_gl.html

[4] http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140414/AnuncioG0164-070414-0001_gl.html

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR