Crònica legislativa: Galícia

AutorXosé González Martínez
CargoXefe do Servido de Normalización do Idioma do Concello de Redondela
Páginas300-307

Page 300

Consellería da Presidencia e Administración Pública
a) Lexislación

Orde do 22 de decembro de 1994 pola que se determinan os nomes oficiais dos topónimos que se relacionan pertencentes ós concellos de : Zás (A Coruña), Castroverde e Pol (Lugo), Celanova, O Irixo, Rubiá, Viana do Bolo e Vilamarín (Ourense) (eog núm. 8, do 12 de xaneiro de 1995).

Como na anterior Orde oficializadora de moitos topónimos, esta insiste no mesmo articulado: aprobalos nomes oficiais dos topónimos que figuran no anexo da orde, dar conta do establecido ás autoridades estatais correspondentes e, na Disposkión derradeira, fixala entrada en vigor da orde para o día seguinte da súa publicación.

Nesta ocasión a Comisión de Toponimia, organismo oficial encargado de emitilos preceptivos dictames, informou sobre máis de setecentos nomes de entidades menores.

Orde do 9 de marzo de 1995, pola que se determinan os nomes oficiais dos topónimos que se relacionan,pertencentes ós concellos de Boborás; Piñor; Pobra de Tríves, A; Teixeira, A; Trasmirás; Verín; Vilamartín de Valdeorras; Vilardevós e Vilariño de Conso (dog núm. 62, do 29 de marzo de 1995)

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización Iingüística, dispón no seu artigo 10 que 'os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega». A Comisión de Toponimia reunida en sesión plenaria o día dez de febreiro de mil novecentos noventa e cinco aprobou a oficialización dos nomes das parroquias de nove concellos ourensáns.

A Disposición derradeira dispón que esta Orde entrará en vígor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Page 301

Orde do 21 de abril de 1995, pola que se determinan os nomes oficiais dos topónimos que se relacionan pertencentes ós concellos de : Cenlle, Riós; Rúa, A; San Cibrao das Viñas; San Cristovo de Cea; San Xoán de Ríos e Veiga, A.

Co precepto do artigo 10 da Lei de normalización lingüística de Galicia como divisa («Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega»), a Consellería oficialíza os nomes de oito concellos pertenecentes á provincia de Ourense.

b) Fomento

Orde do 24 de xullo de 1995, pola que se anuncia a concesión de axudas económicas a empresas xornalísticas e de radiodifusíón (DOG núm. 146, do 1 de agosto de 1995).

Esta orde ten a mesma redacción ca outras publicadas tódolos anos polo Diario Oficial de Galicia, debendo as empresas interesadas en beneficiarse das subvencións redactar unha memoria na que se faga constalos números publicados durante o presente ano, ata o 30 de setembro, número de trabaUos ou artigos escrítos en lingua galega durante o mesmo período e porcentaxe de publicacións, información ou emísións encamiñadas á normalización da lingua galega e difusión da identidade e cultura de Galicia. Isto no que se refire ás empresas xornalísticas.

Outro tanto se lles esixe ás empresas de radiodifusión: memoria na que se faga constala programación, especificando que parte dela se realiza en lingua galega. A valoración das solicitudes presentadas basearase, entre outros criterios, no do uso da lingua galega.

Consellería de Educacián e Ordenación Universitaria
a) Fomento

Orde do 10 de xaneiro de 1995, pola que se regula a concesión de subvencións a asociacións sen fins de Iucro para a realización de actividades de promoción da Iingua galega (dog núm. 32, do 15 de febreiro de 1995).

Concédense subvencións ás asociacións e institucións sen fins de lucro Iegalmente constituídas en Galicia ou fóra dela, aténdose ás condicións da presente orde que realicen actividades de promoción da lingua galega,Page 302desenvolvan proxectos ou organicen actuacións como congresos ou simposios coa mesma fin.

Terán prioridade aqueles proxectos que lle dean permanencia á presencia da lingua galega e as actividades de asesoramento lingüístico permanente.

Orde do 11 de xaneiro de 1995, pola que se regula a concesión de subvencións a empresas privadas para accións de promoción da lingua galega (dog núm. 32, do 15 de febreiro de 1995).

A Comisión Coordinadora para a Normalización Lingiiística de Galicia anima ás empresas para que promovan o eraprego da língua galega, introducíndoa no ámbito económico e mercantil Nesta virtude, a Conselleria de Educación e Ordenación Universitaria ten o obxectivo de fomentalo uso da lingua galega nas actividades mercantís, comerciais e publicitarias, coa fin de dar cumprimento ó disposto na Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística.

As subvencións verán solicitadas polo presidente ou director de cada empresa concedéndose para os seguintes sectores de actividade por orde de prioridade:

  1. Constitución dun servicio de normalización lingüística, que terá as funcións de asesoramento lingüístico da empresa e de proraoción do uso do galego entre os seus membros; b) Rotulación externa e ínterna de carácter permanente das empresas; c) Utüización da lingua galega na documentación e información ó público nas empresas. As subvencións para constituír servicios de normalización lingüística, que contarán cun licenciado en filoloxía galega ou equivalente ou cun profesor especialista en Ungua e literatura gategas contratado pola empresa solicitante,concederanse a aquelas empresas que teñan un número de empregados suficiente ou unha actividade que así o xustifique e que presenten un proxecto de potenciación do uso do galego que sexa relevante.

    Orde do 12 de xaneiro de 1995, pola que se regula a concesión de subvencións a xornais e revistas galegas para a edición de suplementos didácticos e promoción da lingua galega (dog núm. 33, do 16 de febreiro de 1995).

    Considera a Consellería que os xornaís e revistas galegas de empresas editoriais, non institucionais, poden xogar un papel moi importante no eido da promoción e difusión da nosa lingua, empregándoa nos seus suplementos didácticos. Para recibila subvención concedida, os xornais ou revistas seleccionados, deberán acreditalos seguintes xustificantes:

    Page 303

  2. Gastos de material: papel, planchas, tintas e películas ata unha porcentaxe máxima do 30 % da xustificación total da subvención.

  3. Gastos de persoal: autores, coordinación, debuxantes, montaxes, fotografías e persoal colaborador, ata unha porcentaxe máxima do 60 % da xustifícación total da subvención.

  4. Gastos de distribución : ata unha porcentaxe máxima do 30 % da xustificación total da subvención.

    Orde do 13 de xaneiro de 1995, pola que se regulan axudas a empresas editoriais para a edición de libros e materiais didácticos para niveis non universitarios impresos en lingua galega (dog núm. 33, do 16 de febreiro de 1995).

    Os libros e material didáctico obxecto de axuda abranguen os niveis de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, postobrigatoria (bacharelato, formación profesional, módulos profesionais), educación especial e educación permanente de adultos. Poderanse acoller tamén os libros destinados ás ensinanzas especializadas e ás non regradas.

    Concederanse preferentemente axudas a aquelas empresas editoriais que presenten solicitudes para a edición en galego das áreas sinaladas pok Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se enumeran: bup: 1. Matemáticas, ciencias naturais, historia e debuxo; 2. Matemáticas, xeografía, física e química e informática; Filosofía, matemáticas, xeografía e historia do mundo contemporáneo; FPl: 1. Formación humanística, prácticas, tecnoloxía e matemáticas; 2. Formación humanística, prácticas, tecnoloxía e matemátícas; 2. Formación humanística, prácticas, tecnoloxía e matemáticas; fp2: 1. Prácticas, formación humanística, raatemáticas e tecnoloxía. 2. Formación humanística, prácticas, tecnoloxía e matemátícas.

    Orde do 21 de xaneiro de 1995, pola que se regula a concesión de subvencións ás entidades e institucións sen fin de lucro para a realización de cursos e doutras actividades formativas de lingua galega (dog núm. 50, do 13 de marzo de 1995).

    As subvencións que sc convocan van dirixidas ás entidades e ínstitucións que organicen e realicen de forma totalmente gratuíta cursos e outras actividades formativas de lingua galega co obxecto de que cotitribúa a prestixialo idioma galego na nosa sociedade.

    Orde do 1 de febreiro de 1995, pola que se anuncian axudas económicas destinadas a subvencionar actividades que fomenten o estudío e a inPage 304vestigación da linguaxe xurídicoadministrativa (dog núm. 53, do 16 de marzo de 1995).

    A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, no seu artigo 6, establece que os poderes públicos promovan o uso normal do galego nas súas relacións cos cidadáns e que dicten as disposicións necesarias para a normalización progresiva do galego.

    Neste traballo de normalización do idioma é iraprescindible poder contar cunha lingua precisa e suficientemente desenvolvida, especíalmente en ámbitos fundamentais coma o xurídico ou o xurídicoadministrativo.

    Por outra banda, os poderes públicos de Galicia desexan acadar unha maior eficacia nas relacións coas organizacións profesionais e coas institucións xurídicoadministrativas galegas, sen ánimo de lucro, que posibiüte e resaJte a importancia da nosa lingua e que promocione o uso dela entre os seus membros.

Consellería de Cultura
a) Fomento

Orde do 5 de agosto de 1994, pola que se convocan bolsas a persoas fískas para proxectos no campo da promoción cultural, a creación literaria en galego, as artes escénicas e musicais, as artes da imaxe e as artes plásticas (dog núm. 178).

No Preámbulo da Orde maniféstanse as intencións da Consellería ó dicir que «cómpre que a Consellería de Cultura apoie novos proxectos literarios e de investigación e que se formen bos profesionais que traballen polo engrandecemento cultural de Galicia».

A contía de cada bolsa (art. 2°) non poderá excedela cantida de de 500.000 pesetas. É requisito imprescindible que os candidatos demostren a súa capacidade no campo da creación literaria, a súa actividade investigadora ou a súa adicación ás artes escénicas e musicais,etc.

Orde do 2 de xaneíro de 1995, pola que se convocan bolsas a persoas físicas para proxectos no campo da promoción cultural, a creación literaria en galego, as artes escénicas e musicais e as artes da imaxe (dog núm. 28, do 9 de febreiro de 1995).

Un dos fins da Conselkría de Cultura é a de apoialos novos creadores galegos na realización de traballos de investigadón e na realizacíón de cursos en calquera das diversas manifestacións da creacíón cultural: músiPage 305ca, danza, creación literaria en lingua galega, promoción cultural, artes escénicas e da imaxe.

As bolsas outórganse a persoas físicas destinadas a proxectos de investigación e estudio de manifestacións culturais, de creación literaria en lingua galega para novos creadores e cursos de formación non regrada no campo da imaxe e as artes escénicas e musicais. A contía de cada bolsa non poderá exceder da cantidade de cincocentas mil pesetas.

Orde do 2 de xaneiro de 1995, pola que se convocan subvencións á producción discográfica galega (dog núm. 29, do 10 de febreiro de 1995).

A Consellería quere contribuír deste xeito ó esforzo que veñen realizando as pequenas empresas discográficas na difusión da nosa musica popular, folclórica e moderna e potenciala diversificación da oferta musical.

A contía de cada subvención non poderá exceder da cantidade de 300.000 pesetas por disco, casete ou disco compacto, consistindo no equivalente ó 75 % do prezo de venda ó público (sen ive) dun máximo do 20 % dos exemplares producidos.

Non poderán acollerse ás subvencións desta orde: a) as producción destinadas ó uso escolar; b) as obras subvencionadas en tnáis dun 30 % con fondos públicos; c) as producción de difusión gratuíta.

Orde do 18 de xaneiro de 1995, pola que se regulan as subvencións á producción audiovisual en lingua galega (dog núm. 31, do 14 de febreiro de 1995).

A convocatoria está destinada a fomentala producción audiovisual en lingua galega para a realización de proxectos de curtametraxe, longametraxe, vídeocreación e programas piloto de series de televisión. Poderán optar a estas subvencións as productoras legalmente constituídas como tales, con domícilio social en Galicia e que figuten inscritas no rexistro de empresas do Instituto de Cinematografía e Artes Audiovisuais.

Á cantidade adxudicada a cada proxecto engadiráselle a que lle poida corresponder pola venda de dereitos de comunicación pública, reproducción e distribución por televisión a Televisión de Galicia. TVG decidirá por si mesma sobre qué produccións de entre as subvencionadas adquirirán os dereitos de comunicación pública, reproducción e distribución por televisión.

Page 306

Consellería de Xustiza, Intenor e Relacións Laborais
a) Fomento

Orde do 20 de abril de 1995, pola que se regula a concesión de subvencións ós concelíos de Galida para a normalización da lingua galega (dog núm. 94, do 18 de maio de 1995).

Trátase dunha orde que anualtnente convoca a Consellería dentro dos obxectivos da normalización lingüística no ámbito da Administración local que a Lei 5/1988, do 21 de xuño, do uso do galego como lingua oficial de Galicia polas entidades locais, recolle nos seus artigos:

Artigo 1. As convocatorias de sesións, ordes do día, votos particulares, propostas de acordo, dictames das comisións informativas e actas das entidades locais de Galicia, redactaranse en lingua galega.

Artigo 2. Correspóndelle á Xunta de Galicia o pulo do proceso de incorporación da lingua galega na Administración Local.moi especialmente a través de programas de formación de funcionarios en lingua galega; e no punto 2.2.: «Sen prexuízo do anterior, a Xunta de Gaücia adoptará as medidas oportunas para que nos concursos de acceso de funcionarios á Administración local se garanta o coñecemento da lingua galega».

Co fin de acadar estes obxectivos a Xunta de Galicia elaborou un plano integral de estudios dedicados ós funcionarios que presten os seus servicios nas corporacións locais galegas, do que forman parte os currsos básico, medio e de especialización, obténdose, ó rematalos mesmos, o títuJo de traductor oficial de línguaxe administrativa galega, título que habilita, ós que o obteñan, para encargarse da traducción da documentación á que se refire o artigo 1° da Lei 5/1988, do 21 de xuño.

A Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais convoca axudas destinadas a sufragalos custos de contratación de persoal alleo polos concellos, para encargarse da traducción para o galego dos documentos ós que se refire o artigo 1.1° da Lei 5/1988, do 21 de xuño.

As subvencións serán solicitadas polo alcalde de cada concello para as seguintes modalidades:.

  1. Mantemento dos servicios municipais de normalización lingüística xa existentes.

  2. Creación de novos servicios municipais de normalización lingüística, debidamente xustificados e sempre que exista crédito suficiente.

Page 307

Artigo 4. Os servicios municipais de normalización lingüístíca contará, polo menos, cun especialista titulado en lingua galega (licenciado en filoloxía galegoportuguesa, en filoloxía galega ou profesor de EXB, co diploma de especialista en lingua galega).

O artigo 5 especifíca os obxectivos que deberá alcanzalo Servicio de Normalízación Lingüística municipal:

  1. Velar porque sexa aplicada a Lei de normalización lingüística de Galicia no ámbito de actuación do concello correspondente, así como a Lei do uso do galego como lingua oficial de Galicia polas entidades locais. As accións máis importantes serán: confección en' galego das actas, edictos,convocatorias de sesións, ordes do día, edictos, dictames das comisións informativas, mocións e traducción de tódolos impresos oficiais en lingua galega.

  2. Ofrecerlle ó público asesoramento lingüístico para a corrección de textos galegos e para a súa traducción, se fose posible.

  3. Impulsala normalización do galego nos diferentes ámbitos da vida pública.

Escola Galega de Administmción Pública

Cursos de linguaxe administrativa (dog núm. 70, do 10 de abril de 1995)

Os cursos son pra os grupos A e B da Administración autonómica. Teñen como obxectivo a aprendizaxe e perfeccionaraento da lingua galega e, especialmente, da Iinguaxe administrativa. Os destinatarios son, como queda dito, os grupos A e B da Xunta de Galicia, Parlamento de Galicia, valedor do pobo e Consello de Contas, que estean en posesión do certificado de perfeccionamento da lingua galega, circunstancia qeu terán que acreditar no momento de solicitaren o curso. A duración é de 40 horas ,O curso consta de tres módulos: I.:A linguaxe administrativa; II.:A linguaxe administrativa galega.B.: O estudio de documentos administrativos.

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR