Crònica legislativa: Galícia

AutorXosé González Martínez
CargoXefe do Servicio de Normalización do Idioma do Concello de Redondela
Páginas262-272

Page 262

Consellerta da Presidenáa e Administraáón Pública
Fomento

Orde do 24 de xullo de 1995 pola que se anuncia a concesión de axudas económicas a empresas xornalísticas e de radiodifusión (dog núm. 146, do 1 de agosto de 1995)

Esta Orde ten a mesma redacción ca outras que o Diario Oficial publica tódolos anos, debendo a empresa interesada en beneficiarse das subvención redactar unha memoria na que se faga constalos números publicados durante o presente ano, ata o 30 de setembro, número de traballos ou de artigos escritos en lingua galega durante o mesmo período e porcentaxe de publicacións, información ou emisións encamiñadas á normalización da Hngua galega e difusión da identidade e cultura de Galicia. Isto no que se refire ás empresas xornalísticas.

Outro tanto se lles esixe ás empresas de radiodifusión: memoria na que se faga constala programacíón, especificando que parte dela se realiza en lingua galega. A valoración das solicitudes presentadas basearase, entre outros criterios, no do uso da lingua galega.

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
a) Lexislación

Orde do 30 de xuño de 1994 pola que se desenvolve o Decreto 79/1994, do 8 de abril sobre a exención da materia de lingua galega no ensino básico e medio (dog núm. 150).

O Decreto 79/1994 ,do 8 de abril, establece dun xeito xenérico as circunstancias excepcionais polas que un alumno pode obtela exención da materia de lingua galega no ensino básico e medio. A súa disposición derradeira primeira faculta á Consellería de Educación e Ordenación Universitaría para dictalas ordes necesarias para o seu desenvolvemento, que é o que fai esta Orde do 30 de xuño.

Page 263

O Decreto que agora desenvolve esta Orde sinala que terán que superala materia de lingua galega:

  1. Aqueles alumnos que,logo de cursaren anteriormente estudios en Galicia,acrediten unha estadía no sistema educativo doutra Comunidde Autónoma ou do extranxeiro, inferior a catro anos académicos consecutivos.

  2. Alumnos de cou que elixan como optativa a materia de literatura galega. Para estes efectos, o director do centro, consultados o profesor, o titor do alumno e mailo seminario de galego do centro, terá que facer constar no informe preceptivo que presenta canda a solicitude de exención a situación de cada un dos alumnos de cou en canto a este aspecto.

    Tamén o artigo 3 fai matizacións de interese: «Considéranse tamén como integrados linguisticamente aqueles alumnos que, tendo dereito a que se lles conceda a exención, non a soliciten ou non a fagan en tempo e forma e,consecuentemente,sexan cualificados na materia de lingua galega nas avaliacións parciais e fínal. Polo tanto, nos anos académicos seguintes terán que superar esa materia».

    O artigo 4.1. atribúelle ó profesor, en colaboración co seminario ou departamento de galego do centro, o labor de deseñar unha adaptadón curricular gradual que conte coas seguintes fases:

    1. O primeiro ano, inidación ó coñecemento da lingua e da cultura galegas.

    2. O segundo ano, potenciación do dominio tanto do léxico e das estructuras morfosintácticas como do coñecemento do contorno.

    3. O terceiro ano, afianzamento dos coñecementos da lingua e da cultura galegas, ata acadar un nivel semellante ó dos demais compañeiros da aula.

    Asemade,o profesor, en colaboración co seminario ou departamento de galego, indicará ou elaborará e porá a disposición do alumno os materiais necesarios para a consecución dos obxectivos especificados no apartado anterior (artigo 4.2.)

    O artigo 4.3. di que: «O alumno,ademais de asistir obrigatoriamente ás clases terá que acreditalo aproveitamento e adquisición progresiva de coñecemento de acordo coa gradación antes mencionada. Tanto a asistencia coma o aproveitamento e adquisición progresiva de coñecementos faranse constar no informe da dirección do centro que acompaña a solicitude de exención para o ano académico seguinte».

    Page 264

    O artigo 5.1. sinala que: «O incumprimento por parte do alumno do contemplado no apartado terceiro do artigo anterior, xustificado debidamente no informe da dirección do centro,será causa de denegación da exención».

    A delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria onde se soliciten as exencións pediralle ó equipo psicopedagóxico de apoío da zona un informe no que conste a lingua de instalación do alumno, a lingua do contorno sociofamiliar e maila lingua de escolarización, o nivel de adquisición da linguaxe.outros aspectos sociopedagóxicos pertinentes e, como conclusión, a necesidade ou non da concesión da exención.

    Decreto 247/1995, do 14 de setembro, polo que se desenvolve a Lei 3/1983, de normalización língüística, para a súa aplicación ó ensino en lingua galega nas ensinanzas de réxime xeral impartidas nos diferentes niveis non universitarios (dog núm.178, do 15 de setembro de 1995)

    Para unha necesaria adaptación da normativa da Lei 3/1983, do 15 de xuño de normalización Jingüística, ó novo marco de aplicación da lei 1/1990 do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educatívo, e seguir contribuíndo a que sexan realidade os obxectivos fixados na devandita Lei de normalización lingüística, salientando o que dispón o artigo 14.3. («as autoridades educativas da Comunidade Autónoma garantirán que ó remate dos cidos nos que o ensino do galego é obrigatorio, os alumnos coñezan este, nos seus niveis oral e escrito, en igualdade de condicións»), o Goberno galego, decreta:

  3. O galego, lingua ofícial da Administración educativa en Galicia.

    O artigo 1.°, preceptúa que Administración educativa de Galicia e os centros de ensino dela utilizarán a lingua galega e fomentarán o seu uso tanto nas súas relacións mútuas e internas como nas que manteñan coas administración territoriais e locais galegas e coas demais entidades públicas e privadas de Galicia.

    O art. 2° concrétase máis: «Os documentos administrativos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións e dos centros de ensino dependentes dela faranse en galego, e neles constará o nome do centro e o topónimo do concello ou entidade de poboación na súa forma ofícial».

    O art.3.° refírese a outras actividades administrativas de réxime interno dos centros docentes «tales como actas, comunicados e anuncios», que se redactarán en galego.Tamén se redactarán en galego «as actuadón administrativas que se realicen a solicitude de persoa interesada, agás nos casos en que esta pida que se fagan en castelán».

    Page 265

    O Capítulo II está dedicado ás linguas oficiais en Galicia como materia de ensino e o ensino en lingua galega.

    O parágrafo 1." do art. 3.D preceptúa que nas ensinanzas de réxime xeral e de educación das persoas adultas asignarase globalmente o mesmo número de horas ó ensino da lingua galega e da lingua castelá.

    E nas clases de lingua galega e liceratura, e lingua castelá e literatura, «usarase respectivamente o galego e o castelán, tanto por parte do profesorado como por parte do alumnado».

    Mendón a parte merece a educación infantil e o primeiro ciclo de educación primaria na que os profesores e profesoras usarán na clase a lingua materna predominante entre alumnos e alumnas e terán en conta a lingua ambiental e coidarán que adquiran de forma oral e escrita o coñecemento da outra lingua oficial de Galicia, dentro dos límites propios da correspondente etapa ou ciclo.

    O parágrafo 2.° deste mesmo artigo expresa que se atenderán «de xeito individualizado a aqueles alumnos e alumnas do grupo que non teñan coñecemento suficiente da lingua materna predominante, segundo se sinala no punto anterior».

    O parágrafo terceiro establece que «no segundo e no terceiro ciclos de educación primaria impartiranse en galego dúas áreas de coñecemento, cando menos, sendo unha delas a área de coñecemento do medio natural, social e cultural».

    Na educación secundaria obrigatoria impartirase en galego a área de ciencias sociais (xeografía e historia) e a área de ciencias da natureza. Das materias optativas impartiranse en galego as de ciencias medioambientais e da saúde e,se é o caso,a optativa ofertada polo centro (art.°).

    O Decreto establece,tamén,que no primeiro curso de bacharelato impartirase en língua galega, como materia común, a filosofía e como materias específicas de modalidade as seguintes: tecnoloxía industrial I (bacharelato de tecnoloxía); bioloxía e xeoloxía (bacharelato de ciendas da natureza e da saúde); historia do mundo contemporáneo (bacharelato de humanidades e ciencias sociais); debuxo técnico (bacharelato de artes) (art. 6.°),

    Este mesmo artigo no parágrafo 2.° reserva para o segundo curso as ensinanzas en galego de historia, como materia común, e como materias específicas de modalidade: debuxo técnico, tecnoloxía industrial (bacharelato de tecnoloxía); ciencias da terra e medioambientais, debuxo técnico (bacharelato de ciencias da natureza e da saúde); xeografía, historia da arte, historia da filosofía (bacharelato de humanidades e ciencias sociais); historia da arte (bacharelato de artes).

  4. Así mesmo, serán impartidas en galego as seguintes materías optaPage 266tivas: ética e filosofía do dereito, introducción ás ciencias políticas e socioloxía e historia e xeografía de Galicia.

    E na formación profesional específica de grao medio e superior o alumnado recibirá ensino en galego nas áreas de coñecemento teóricopráctico que faciliten a súa integración sociolaboral.

    Pon énfase o Decreto no que a Constitución consagra verbo da non separación dos alumnos e alumnas por mor da lingua.

    Nas áreas ou materias impartidas en lingua galega débese procurar que os alumnos e alumnas a utilicen nas manifestacións oral e escrita. Para esta finalidade os materiais que se empreguen nas áreas ou materias estarán escritos normalmente en galego e terán a calidade científica e pedagóxica axeitadas e atenderán, sen prexuízo da súa proxección universal, ás peculiaridades de Galicia.

b) Fomento

Orde do 10 de outubro de 1995 pola que se convocan axudas económicas para os proxectos e os traballos dos equipos de normalización lingüística e de potenciación do uso do galego nos centros educativos de educación infantil, primaria, xeral básica,especial e permanente de adultos,e de bacharelato, formación profesional e institutos de educación secundaria e profesional, respectivamente (dog núm.39 do 15 de decembro de 1995}

A Administración educativa de Galicia ten o deber de garantir que os alumnos conforme van acabando cada un dos ciclos nos que o ensino do galego é obrigatorio, vaian acadando un dominio oral, escrito, símilar dos idiomas galego e castelán, tal e como determina o artigo 14.3. da Lei 3/1983, de normalización Jingüística. Para poder conseguir isto, esta mesma lei obriga á Xunta de Galicia a que regulamente no ensino o uso desas linguas oficias en Galicia.

Esa regulamentación levouse a cabo a través do Decreto 247/1995, do 14 de setembro, e nel establécense as medidas que todo centro ten que tomar no relativo ó uso do galego, non só como Iingua da vida administrativa e cultural dos centros, senón tamén como idioma no que se imparten determinadas áreas ou materias.

Para conseguir que os alumnos acaden o dominio do galego que establece a Lei de Normalización Língüística,cada centro ten que constituír un equipo de normalización lingüística ou de potenciación do uso do galego,equipo que foi determinado e regulado xa polas ordes da Conselkría de Educación e Ordenación Universitaria do 15 e do 24 de xullo de 1991.

Page 267

Esta Orde convoca axudas económicas destinadas a financialos proxectos e os traballos que se realicen no ano académico 1995/96. Para acceder a estas axudas será necesario que o equipo estea formalmente constituído segundo o disposto no artigo 1.° da respectiva orde citada e que o plano de potenciación do uso do galego fose aprobado polo consello escolar e enviado á inspección educativa.

O artigo 3.° desta Orde especifica para que gastos se destinan as axudas:

  1. Adquisición de material bibliográfico, videográfico e lúdicodidáctico en galego imprescindible para a realizadón do proxecto.

  2. Preparación e elaboración do material necesario para as adaptacións curriculares que posibÜiten a integración lingüística daqueles alumnos.no caso de que os haxa no centro,ós que se lles concedese a exención na materia de lingua galega.

  3. Materiais para a organizadón de actividades en galego destinadas ó fomento do uso do galego tanto por parte dos alumnos,dos profesores e do persoal non docente,coma da comunidade escolar en xeral.

  4. Preparación e realización de prensa escolar en galego e de materiais didácticos relacionados coas materias que se imparten en galego.

  5. Materiais e accións para a determínación da língua de instalación dos alumnos que comezan a educación infantil e a primaria.

  6. Materiais e accións necesarias para a avaliación do dominio do galego ó remate da educación primaria da exb, da secundaria, do bacharelato e da formación profesional.

Orde do 6 de novembro de 1995 pola que se prorrogan 8 bolsas de colaboración nos distintos proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro de Investigacións Lingüístícas e Literarias Ramón Piñeiro (Diario Óficial de Galicia núm. 10, do 15 de xaneiro de 1996).

O artigo 2 establece que a contía das bolsas durante o período de prórroga será de 122.000 pesetas mensuais, segundo o establecido na base segunda das devanditas ordes de convocatoria.

Orde do 27 de novembro de 1995 pola que se regula a concesión de subvencións a empresas privadas para accións de promoción da lingua galega (Diario Oficial de Galicia núm.242, do 20 de decembro de 1995)

A Xunta de Galicia promove o uso do galego como lingua propia de Galicia e recoñece, así mesmo,que as empresas privadas,pola súa incidencia e implantación territorial e social, poden constituírse en promotoras da extensión do uso do idioraa galego.

Page 268

Considéranse criterios preferentes de concesión da subvención,sen orde de prelación, os seguintes:

  1. O ámbito que abranga a actividade,tanto cuantitativa como cualitativamente considerado.

  2. O número de participantes posibles.

  3. O seu grao de orixinalidade e a posibilidade de aplicación por outras empresas, así coma a súa viabilidade.

  4. O feito de non ter obtido unha subvendón en anos anteriores.

    Orde do 28 de novembro de 1995, pola que se regula a concesión de subvencións a asociacións e institucións sen fín de Iucro para a realización de actividades de promoción da lingua galega (Diart'o de Galicia núm. 243 do 21 de decembro de 1995)

    A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, coa finalidade de lle dar cumprimento ó disposto na Lei 3/1983, de normalización lingüístka, que establece a posíbilidade de lles conceder subvencións ás asociacións e institucións sen fín de lucro, constituídas na nosa Comunidade Autónoma ou fóra dela, que reaJicen actividades de promoción da lingua galega, desenvolvendo determinados proxectos ou organizando actuacións diversas coa mesma finalidade.

    Os críterios de concesión da subvención, sen orde de prelación, son os seguintes:

  5. O ámbito que abranga a actividade, tanto cuantitativa como cualitativamente considerado.

  6. O número de partidpantes posibles.

  7. A súa relación cos eidos lingüísticos e cultural da realidade galega no prazo de vixencia desta orde.

  8. A viabilidade do proxecto.

    As empresas benefíciarias deberán xustificar con mostras que respondan ás actividades subvencionadas.

    Orde do 29 de novembro de 1995 pola que se regula a concesión de subvencións a xornais e revistas para a edíción de suplementos didácticos e a promoción da Jingua galega (Diario Oficial de Galicia núm. 243, do 21 de decembro de 1995).

    Consonte coa competencia exclusiva asumida pola Comunidade Autónoma galega de promoción e o ensino da lingua galega en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbíto das súas competencias, e a teor do preceptuado pola Lei 3/1983 de normalizaciónPage 269lingüística,que establece a obrigatoriedade da Xunta de Galicia de contribuír ó fomento do galego nos medios de comunicadón, con medidas que potencien a producción editorial e a súa difusión, convócanse subvencións en réxime de concorrencia competitíva para a edición de suplementos didácticos en lingua galega.

    Subvenciónanse suplementos didácticos que cumpran as seguintes condicións:

  9. Estar correctamente escritos en galego, segundo dispón a lexislación vixente.

  10. O arraigo social do suplemento como vehículo de promoción lingüística.

    Orde do 30 de novembro de 1995 pola que se regula a concesión de subvencións de actividades de fomento do estudio e investigación da linguaxe xurídica (Diario Oficial de Galicia núm.244, do 22 de decembro de 1995).

    A convocatoria desta orde faise ó abeiro do que dispón o artigo 5 do Estatuto de Autonomía, que especifica que a lingua propia de Galkia é o galego e que os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa e disporán dos medios necesarios para facüitalo seu coñecemento.

    A Lei 3/1983 do 15 de xuño de normalización lingüística no seu artigo 6, ordénaUes ós poderes públicos que promovan o uso normal do galego nas súas relacións cos cidadáns e que dicten as disposicións necesarias para a normalización progresiva do galego.

    Neste traballo de normalización do idioma é imprescindible poder contar cunha lingua precisa e suficientemente estudiada, especialmente en ámbitos fundamentais coma o xurídíco.

    Por outra banda, os poderes públicos de Galicia desexan acadar unha maior eficacia nas relacións coas organizacións profesionais e coas institucións xurídicas galegas sen ánimo de lucro, que posibüite e realce a importancia da nosa lingua e que promocione o uso dela entre os seus membros.

    Os criterios de concesión establéceos a presente Orde:

  11. A realización de actividades que posibiliten a traducción de normativa xurídica estatal de aplicación directa na Comunidade Autónoma Galega.

  12. A realización de actividades que posibiliten a traducción de nor-Page 270mativa xurídica estatal de aplicación supletoria na Comunidade Autónoma galega.

    Orde do 24 de novembro de 1995 pola que se regula a concesión de subvencións a empresas editoriais para a edición de libros e materiais didácticos para niveis non universitarios, impresos en lingua galega. {Diario Ofiáaláe Galicia núm. 242, do 20 de decembro de 1995)

    Na Exposición de Motivos da Orde xustifícase a convocatoria das subvencións co expresado pola lei 3/1983, do 15 de xuño de normalización lingüística, no seu título III,do uso do galego no ensino: «O galego, como lingua propia de Galícia, é tamén lingua ofícial no ensino en tódolos niveis educativos», «as autoridades educativas da Comunidade Autónoma arbitrarán as medidas encamiñadas a promovelo uso progresivo do galego no ensino».

    Subvenciónanse os libros e o material didáctico que cumpran as seguíntes condicións:

  13. Estar correctamente escritos en galego, segundo o disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Leí 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

  14. Corresponder ós niveis de educación infantÜ, prímaria, secundaria obrigatoria, postobrigatoria (bacharelato, formación profesional, módulos profesionais), educación especial e educación permanente de adultos. Poderanse acoller tamén os Jibros destinados ó ensino especializado e ó non regrado.

    Quedan excluídos do ámbito de aplicación da presente, malia cumpricen requisitos esixidos por un artigo desta Orde:

  15. Os libros de bibliófílo.

  16. Os libros destinados a seren distribuídos gratuitamente.

  17. Os Iibros publicados por clubs do libro ou entidades sirailares, destinados a seren distribuídos entre os seus subscritores.

  18. Os libros que se vendan a prazos.

  19. Os libros que, publicados no prazo de vigor desta orde, recibisen xa ou tivesen asinado algún tipo de axuda por parte dalgún ente público.

  20. Os libros de uso escolar correspondentes ás materias de lingua e literatura galegas.

    Page 271

Consellería de Xustiza, Interior e Kelacións Laborais
Fomento

Orde do 21 de xullo de 1994, pola que se regula a concesión de subvencións ás corporacións locais de Galicia para a normalización de lingua galega (Diario Oficial de Galicia, núm.151)

A Lei 5/1988, do 21 de xuño, de uso do galego como lingua oficial de Galicia polas entidades locais no seu artigo 1.° di: «As convocatorias de sesións do día,votos particulares, propostas de acordo, dictámes das comisións informativas e actas da entidades locais de Galicia.redactaranse en lingua galega», no seu artigo preceptúa: «Correspóndelle á Xunta de Galicia o impulso do proceso de incorporación da lingua galega na adminístración local, moi especialmente a través de programas de formación de funcionarios en lingua galega; e no punto 2.°2: «Sen prexuízo do anterior, a Xunta de Galicia adoptará as medidas oportunas para que nos concursos de acceso de funcionarios á Administración local se garanta o coñecemento da lingua galega».

A Consellería desenvolveu un plano integral de estudios dedicado ós funcionarios que presten os seus servicios nas corporacións locais gaiegas, do que íorman parte os cursos básko, medio e de especialización, obténdose, ó remate deies, o título de traductor oficial de linguaxe administrtiva galega, título que habilita ós que o obteñen para encargarse da traducción da documentación á que se refire o artigo 1 da devandita Lei.

As subvencións que se outorgarán ó abeiro das bases desta Orde «destinaranse tanto á adquisición do equipamento e medios materiais precisos para o bo funcionamento dos gabinetes de traducción dos concellos, cotno sufragalos custos de persoal alleo» contratado necesariamente polos concellos mentres non dispoñan de persoal funcionario preciso e suficientemente formado.

As subvención concederanse para: 1. Mantemento dos servicios municipais de normalización lingüística xa existente; 2. Creación de novos servicios municipais de nonnalización lingüística, debidamente xustificado e sempre que exista crédito suficiente; 3. Merca de material bibliográfico, didáctico e/ou de apoio para o servicio de normalización lingüística xa existente ou de nova creacíón; 4. Normalización lingüística dos rótulos existentes na Casa Consistorial, Xulgado de Paz, instalacións da policía local e de calquera dos edifidos de titularidade municipal afectados a un servicio público.

Page 272

Orde do 21 de xullo de 1994 pola que se convocan varios cursos de formacíón en lingua galega para o cadro de persoal das corporacións locais (Diario Oficial de Galicia, núm.155)

A convocatoria destes cursos de formación faise dándolle cumprimento ó artigo 22° 1 da Lei de Normalización Lingüística,que di: «Correspóndelle á Xunta de Galicía o impulso do proceso de incorporación da lingua galega na Administración local, moi especialmente a través de programas de formación de funcionarios en lingua galega». No parágrafo 2° deste artigo dise: «Sen prexuízo do parágrafo anterior, a Xunta de Galicia adoptará as medidas oportunas para que nos concursos de acceso de funcionarios á Administración local se garanta o coñecemento da lingua galega».

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR