Crònica legislativa: Galícia

AutorXosé González Martínez
CargoXefe do Servicio de Normalización Lingüística do Concello de Redondela
Páginas261-267

Page 261

Consellería da Presidencia e Administración Pública
a) Desenvolvemento lexislativo

Decreto 17/1999, do 21 de xaneiro polo que se determinan os nomes oficiáis das parroquias pertencentes ós conceílos de Vedra (A Coruña) e Begonte, Carballedo, Chantada, O Corgo, Folgoso do Courel, Friol, Gun-tín, Láncara, Outeiro de Rei, Pedrafita do Cebreiro e Ribas de Sil (Lugo) (dog núm. 25, do 8 de febreiro de 1999).

Quedan aprobados os nomes oficiáis de 249 parroquias pertencentes ós concellos que figuran no anexo do presente decreto. A Disposición de-rradeira establece a entrada en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Orde do 2 de febreiro de 1999 pola que se determinan os nomes oficiáis dos topónimos que se relacionan, pertencentes ós concellos de Vedra (A Coruña) e Begonte, Carballedo, Chantada, O Corgo, Folgoso do Courel, Friol, Guntín, Láncara, Outeiro de Rei, Pedrafita do Cebreiro e Ribas de SU (Lugo) (dog núm. 25, do 8 de febreiro de 1999).

Quedan aprobados máis de un milleiro de topónimos correspondentes ós concellos reseñados. A disposición derradeira establece a entrada en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Page 262

b) Fomento

Decreto 7/1999, do 18 de marzo, polo que se regulan as axudas a empresas xornalísticas e de radiodifusión (dog núm. 63, do 5 de abril de 1999).

O Gobernó galego pon os adecuados instrumentos de financiamento ó servicio da potenciación e difusión dos medios de comunicación que, ademáis de responderen ás devanditas premisas e de acordó cos artigos 1,5, 27.19-20 e concordantes do Estatuto de autonomía, defendan a identidade de Galicia e os seus intereses, a súa lingua, a súa cultura, e, en xeral, a gale-guidade entendida como vínculo histórico dos galegos de dentro e de fóra de Galicia.

O artigo 2° do Decreto sinaia que «as axudas teñen por finalidade alen-ta-la defensa da identidade de Galicia e dos seus intereses, a promoción dos seus valores, a normalización da súa lingua e o afondamento e difusión da súa cultura».

O criterio de valoración na concesión das axudas basearase no uso da lingua galega, na tiraxe de exemplares, no número de lectores ou oíntes,etc.

Conselleria de Educación e Ordenación Universitaria a) Fomento

Orde do 5 de xaneiro de 1999 pola que se convocan axudas económicas para os proxectos e os traballos dos equipos de normalización lingüística dos centros públicos que imparten ensinanzas de educación infantil, especial, de adultos, primaria, secundaria e formación profesional (dog núm. 11, do 19 de xaneiro de 1999).

Os equipos de normalización, que foron constituidos de acordó co establecido nos decretos 324/1996 e 374/1996, son obxecto de subvencións destinadas a contribuir ó financiamento daqueles proxectos extraordinarios que incidan na promoción do galego. Os equipos de normalización lingüística dos centros públicos que imparten ensinanzas de educación infantil, especial, de adultos, primaria, secundaria e formación profesional de Galicia, que en 1999 realicen aqueles proxectos e actividades, poderán aco-llerse ás seguintes axudas:

Page 263

  1. Para a adquisición de material bibliográfico, fonográfico, video-gráfico, informático e lúdico-didáctico impreso, gravado ou elaborado en galego.

  2. O gasto de material necesario para:

    1. A organización de programas e actividades en galego que teñan como finalidade o fomento do uso da lingua propia de Galicia entre os distintos componentes da comunidade educativa do centro.

    A elaboración e/ou disposición dos materiais pedagóxicos precisos:

    - Para apoio ñas áreas ou materias que se deben impartir en galego segundo o preceptuado no Decreto 247/1995 e máis daqueloutras que ta-mén se impartan en galego de acordó co específico no proxecto curricular do centro.

    - Para a elaboración de proxectos que incidan na promoción do galego nas diferentes etapas educativas {entre outros, a realización de prensa escolar en galego).

    - Para as adaptacións curriculares que posibiliten a integración lingüística daqueles alumnos, caso de que os haxa no centro, ós que se lles concédese a exención na materia de lingua galega.

    Orde do 5 de xaneiro de 1999 pola que se anuncian cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega para adultos e colectivos da Comunidade Autónoma de Galicia (dog núm. 13, do 21 de xaneiro de 1999).

    Os cursos que se convocan de iniciación e perfeccionamento cele-braranse nas localidades que determine a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a través da Dirección Xeral de Política Lingüística. O número de asistentes a cada curso será de 20 persoas como mínimo e de 35 como máximo. Os cursos terán unha duración de 75 horas e neles im-partiranse os contidos sínalados na Orde do 1 de marzo de 1989, pola que se regulan os cursos de iniciación e de perfeccionamento. A ausencia de cada un dos asistentes non poderá ser superior ó 10 % da duración total do curso.

    Orde do 12 de xaneiro de 1999 pola que se fai pública a validación de cursos de especialización en lingua galega (dog núm. 20, do 1 de febreiro de 1999).

    Recolle a validación do curso de especialización en lingua galega para os licenciados en filoloxía e diplomados en EXB polas escolas universitarias de formación do profesorado de EXB que posúan os certificados do ci-Page 264cío elemental e do ciclo superior de galego expedidos polas escolas oficiáis de idiomas.

    Orde do 14 de xaneiro de 1999 pola que se regula a concesión de sub-vencións a empresas privadas encaminadas a aumenta-lo coñecemento e o uso social da lingua galega (dog núm. 25, do 8 de febreiro de 1999).

    A Xunta de Galicia recoñece que as empresas privadas pola súa incidencia e implantación territorial e social, poden constituirse en promotoras da extensión do uso do idioma galego. A presente orde vai dirixida a empresas privadas legalmente constituidas que promovan o emprego da lingua galega no ámbito económico e mercantil, agás as empresas que elaboren xornais e revistas. Destíñanse sesenta millóns de pesetas. Considé-ranse criterios preferentes de concesión da subvención, sen orde de prela-ción, os seguintes tipos de actividades:

  3. O fomento do coñecemento e uso social do galego en actuacións de carácter permanente.

  4. A creación ou mantemento dun gabinete lingüístico ou a contratación dun asesor ou asesores lingüísticos. Xunto coa solicitude deberase enviar un proxecto coas funcións que vai realizar dentro da empresa (formación, asesoramento, dinamización, etc.).

  5. A publicidade da empresa en calquera soporte ou medio e,en especial, a realización de actividades audiovisuais total ou parcialmente publicitarias (por exemplo, a través da radio, a televisión, Internet, etc.).

  6. A traducción de documentación, publicacións, etc.

  7. A elaboración de documentación permanente da empresa (como manuais ou regulamentos internos, libros de contabilidade, comunica-cións, etc.).

  8. A modificación, para a lingua galega, do nome comercial, a marca ou marcas colectivas e de garantía.

  9. A rotulación permanente exterior ou interior de locáis e vehículos.

    Orde do 28 de xaneiro de 1999 pola que se regula a concesión de sub-vencións a empresas editoriais para a edición de libros e materiais didácticos, para niveis non universitarios, impresos en lingua galega (dog núm. 27, do 10 de febreiro de 1999).

    A exposición de motivos da Orde fai referencia ás disposicións legáis (Decreto 213/1998, do 10 de xullo, Lei 3/1983 de Normalización Lingüística e Decreto 247/1995, do 14 de setembro), para xustifica-las subven-cións que se convocan.

    Page 265

    A presente orde vai dirixida ás editoriais legalmente constituidas como empresas privadas que elaboren material escolar incluíble no seu ámbito de aplicación. A contía máxima total de 213.900.000 pesetas corresponden ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1999.

    Consídéranse criterios preferentes de concesión da subvención os se-guintes: 1. O nivel de cumprimento de anteriores compromisos de edición; o incumprimento deles serán razón suficiente para a denegación da subvención. 2. A importancia do fondo editorial en galego ou relacionado con Galicia do editor solicitante. 3. A calidade das obras contidas no catálogo, do cal se enviará unha mostra.

    Orde do 28 de xaneiro de 1999 pola que se regula a concesión de sub-vencións ás asociacións e institucións privadas sen fin de lucro e entidades análogas para fomenta-lo coñecemento e o uso social da lingua galega (dog núm. 26, do 9 de febreiro de 1999).

    A presente orde vai dirixida ás institucións privadas sen fin de lucro legalmente constituidas e entidades análogas, agás as dependentes de entidades locáis, as asociacións de país de alumnos, os movementos de renovación pedagóxica e as diferentes agrupacións das entidades antes citadas.

    As subvencíóns outorgaranse para a realización de actividades, pro-xectos ou organización doutras actuacións que teñan como finalidade principal o fomento do coñecemento e do uso social da lingua galega. Os criterios de concesión son: 1. O fomento do coñecemento e o uso da lingua galega en actuacións de carácter permanente. 2. A continuidade no tempo na elaboración de accións de calidade. 3. A traducción de documentación, publicacións.etc. 4. As modificacións, para a lingua galega, da razón social da entidade. 5. A publicación da asociación en calquera soporte ou medio.

Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo
a) Fomento

Orde do 2 de novembro de 1998 pola que se convocan subvencións a empresas editoriais para apoia-la edición do libro en galego, a traducción para o galego, e a edición noutras linguas de obras publicadas orixinaria-mente en galego {dog núm. 6, do 12 de xaneiro de 1999).

Page 266

O convencemento de que a capacidade da nosa lingua pode ser portadora de calquera mensaxe fai que a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, considere importante para os galegos ter acceso ás obras de creación escritas noutras linguas e, ó mesmo tempo, tendo en conta a ca-lidade que a literatura ten acadado nos últimos anos, considera fundamental que as obras escritas en galego poidan ser lidas por outros pobos con lingua de seu para, deste xeito, dar a coñece-la nosa literatura fóra de Galicia.

Na valoración das solicitudes teranse en conta os seguintes aspectos:

Nivel de cumprimento de anteriores compromisos de edición; o in-cumprimento deles será razón suficiente para a denegación da subvención.

Importancia do fondo editorial en galego ou relacionado con Galicia do editor solicitante.

Calidade das obras contidas no catálogo.

Esforzó que supon para o editor a incidencia da obra en ámbitos de especial importancia cultural pero pouca demanda comercial.

Importancia do investimento realizado en capital e en persoal pola empresa arredor do libro galego. Calidade da obra.

Continuidade dentro dunha colección.

O artigo 9o dispon na súa base A-l que «As obras deberán ser publicadas en galego segundo a lexislación vixente (Lei 3/1983, do 15 de xuño, disposición adicional, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

O artigo 7, base B) especifica que non poderán acollerse ás subven-cións desta orde as subvencións para editar en lingua galega obras de carácter non literario, obras orixinais galegas ilustradas en cor e grandes proxectos editoriais nin subvencións para editar noutas linguas obras publicadas orixinariamente en galego.

Orde do 12 de xaneiro de 1999 pola que se convocan subvencións a empresas para apoia-lo desenvolvemento de proxectos de producción audiovisual en lingua galega (dog núm. 16, do 26 de xaneiro de 1999).

Eméndese por desenvolvemento de proxectos o conxunto de opera-cións que preceden á fase de producción propiamente dita, a rodaxe dunha obra audiovisual. O dito concepto inclúe, en particular, a redacción do guión, a procura de socios, a preparación do plan financeiro da producción, a elaboración do plan de marketing e de distribución.

Para certos tipos de producción considéranse como parte integrante do desenvolvemento da obra a investigación gráfica e a realización dun filmPage 267piloto (para as películas de animación), a busca de arquivos (para as pro-duccións que valoren o patrimonio audiovisual europeo) e o desenvolve-mento de sotware específico (para producción multimedia).

A convocatoria de subvención faise mediante réxime de concorrencia competitiva, para apoia-lo desenvolvemento de proxectos de producción audiovisual. Serán obxecto de subvención o desenvolvemento de tres tipos de proxectos: a) Longametraxe cinematográfica, b) Seríes de televisión, c) Produccións multimedia.

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR