Balanç de la legislació i la jurisprudència de Galícia 1979-2019. Quaranta anys d'una vertiginosa línia descendent que hem de redreçar

AutorXosé Manuel Nel Vidal Barral
Páginas256-264
BALANCE DA LEXISLACIÓN E DA XURISPRUDENCIA DE GALICIA 1979-2019
Corenta anos dunha vertixinosa liña descendente que debemos erguer
Xosé Manuel Vidal Barral*
Resumo
Neste texto preséntase un balance da principal lexislación aprobada e da xurisprudencia ditada en materia de protección
e dereitos lingüísticos en Galicia nos últimos 40 anos. O autor detense en especial na acción institucional, no ensino,
no ámbito socioeconómico, nos medios de comunicación e na toponimia, e fai unha valoración xeral da evolución e
resultados desta lexislación.
Palabras clave: Galicia; dereito lingüístico; política lingüística; normalización lingüística; galego; Xunta de Galicia;
toponimia; Lei de normalización lingüística; Decreto do plurilingüismo; Servizo de Normalización Lingüística.
A REVIEW OF LEGISLATION AND JURISPRUDENCE OF GALICIA 1979-2019
Abstract
This article reviews the main legislation passed and the jurisprudence issued with regard to language protection and
rights in Galicia over the last 40 years. The author focuses on institutional actions, education, the socioeconomic eld,
the media and toponymy, and provides an overall assessment of the developments in and outcomes of said legislation.
Keywords: Galicia; language law; language policy; language normalisation; Galician language; Government of the
Autonomous Community of Galicia; toponymy; Law on Language Normalisation; Multilingualism Decree; Language
Normalisation Service.
* Xosé Manuel Vidal Barral, técnico de normalización lingüística y docente. nel.vidal.barral@gmail.com
Citación recomendada: Vidal Barral, Xosé Manuel. (2019). Balance da lexislación e da xurisprudencia de Galicia 1979-2019:
Corenta anos dunha vertixinosa liña descendente que debemos erguer. Revista de Llengua i Dret, Journal of Language and Law, 72,
256-264. https://doi.org/10.2436/rld.i72.2019.3369
Xosé Manuel Vidal Barral
Balance da lexislación e da xurisprudencia de Galicia 1979-2019: Corenta anos dunha vertixinosa liña...
Revista de Llengua i Dret, Journal of Language and Law, núm. 72, 2019 257
Sumario
1 Introdución
2 Establecemento da ocialidade, acción normalizadora e uso institucional
3 Ensino: de progresividade a regresividade
4 Ámbito socioeconómico: sen apenas intervención pública
5 Medios de comunicación: público en galego, privado sen condicións
6 Toponimia: os nosos lugares, cos nomes que lles puxemos
7 Conclusións xerais: a vertixinosa liña descendente que debemos erguer
8 Referencias bibliográcas
Xosé Manuel Vidal Barral
Balance da lexislación e da xurisprudencia de Galicia 1979-2019: Corenta anos dunha vertixinosa liña...
Revista de Llengua i Dret, Journal of Language and Law, núm. 72, 2019 258
1 Introdución
Nos últimos 40 anos, o uso do galego descendeu en todos os ámbitos de forma acelerada e na poboación de
menos de 15 anos, que é a poboación do futuro inmediato, o seu uso máis ou menos habitual dáse en menos
do 25%. Nas grácas de usos lingüísticos a liña do galego é dun descenso vertixinoso e estas amosan que
neste período se perderon dous terzos dos/as falantes habituais.
É certo que se gañaron ámbitos de uso concretos, que o idioma galego accedeu a lugares formais, institucionais,
académicos, comunicativos etc., antes vetados, mais tamén é certo que os últimos datos publicados polo
Instituto Galego de Estatística, a partir da Enquisa de Condicións de Vida das Familias de 2013, indican que
os usos lingüísticos varían moito entre o rural e o urbano e entre a poboación maior e a máis nova. Mais o que
é ben signicativo é que onde máis se usa o galego hoxe en día é nos ámbitos de maior vontade individual
(coa parella o 51%, coas amizades o 51%, cos compañeiros de traballo o 49%...), e onde menos nos ámbitos
de maior dependencia da administración (na escola menos do 30%, co médico ou coa médica o 44%...).
Polo tanto, pódese concluír deses estudos que, lamentablemente, a acción da administración pública foi,
na práctica, desgaleguizadora, e que a lexislación lingüística de Galicia non conseguiu deter ese acelerado
descenso de galegofalantes, o que demostra que, ademais da necesidade de tomar medidas urxentes se se
quere mudar esa tendencia, esa lexislación aprobada é, claramente, raquítica para as necesidades de futuro
do galego.
Neste artigo faremos un repaso xeral da lexislación aprobada e da xurisprudencia ditada en materia de
dereitos lingüísticos en Galicia nos últimos 40 anos, centrándonos na acción institucional, no ensino, no
ámbito socioeconómico, nos medios de comunicación e na toponimia. Lexislación que seguiu sempre, aínda
que a distintos ritmos, un proceso evolutivo, ata a última década, onde comezan os retrocesos que ben
podemos resumir a través dos títulos das crónicas lexislativas de Galicia de Alba Nogueira en Llengua
i dret, que van desde “Fin dunha lexislatura que abriu camiños de protección da lingua” en 2008 ou “A
desconstrución da andamiaxe legal do galego” de 2009, ata as máis recentes: “A protección do galego
baixo mínimos”, “Informe negativo da CELRM e irrelevancia das políticas lingüísticas”, “Atonía no n
da lexislatura ‘horribilis’”, “Galicia: o esmorecemento lingüístico continúa”, “Activismo social e parálise
institucional” ou “Galicia. Sen noticias, malas noticias”.
2 Establecemento da ocialidade, acción normalizadora e uso institucional
De acordo coa Constitución española, a ocialidade da lingua galega establécese a través do Estatuto de
autonomía de Galicia de 1981 que, nos catro puntos do seu artigo 5, determina que a lingua propia de
Galicia é o galego (punto 1); que os idiomas galego e castelán son ociais de Galicia e todos teñen dereito
de os coñecer e de os usar (punto 2); que os poderes públicos garantirán o uso normal dos dous idiomas e
potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa e disporán os
medios para facilitar o seu coñecemento (punto 3) e que ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua
(punto 4).
Esta declaración de ocialidade feita no Estatuto deixa dúas diferenzas principais entre a ocialidade do
galego e a do castelán:
1) Que se declara o galego como lingua propia, o que signica, segundo a interpretación posterior do Tribunal
Constitucional (sentenza 337/1994), que se debe ter con ela un trato desigual, que non discriminatorio, se é
precisa unha acción normalizadora que debe, necesariamente, implicar accións de apoio singularizado, e que
a Administración debe operar e relacionarse na lingua propia de forma principal.
2) Que o castelán é de obrigado coñecemento para toda a cidadanía, tal e como establece a Constitución,
mentres que o galego só é un dereito, pero non é de obrigado coñecemento para toda a poboación galega, o
que signica unha diferenza substancial no estatuto xurídico entre unha e outra lingua (aínda que despois,
na práctica, o galego si que vai ser de obrigado coñecemento para, por exemplo, obter o título da Educación
Secundaria Obrigatoria ou para, na maioría dos casos, traballar na administración pública).
Xosé Manuel Vidal Barral
Balance da lexislación e da xurisprudencia de Galicia 1979-2019: Corenta anos dunha vertixinosa liña...
Revista de Llengua i Dret, Journal of Language and Law, núm. 72, 2019 259
A partir de quedar establecido o marco constitucional e estatutario da lingua galega, foise desenvolvendo
lexislación lingüística para determinar, por un lado, a acción normalizadora por parte dos poderes públicos
e, por outro, para concretar dereitos e obrigas en ámbitos ou situacións determinadas.
Así, aprobouse a Lei 3/1983 de normalización lingüística, que en seis títulos e 25 artigos desenvolve a
ocialidade lingüística e regula en termos xerais o proceso normalizador.
A primeira singularidade desta lei é que contemplaba, no artigo 1 da súa aprobación inicial, o deber do
coñecemento do galego, o que foi recorrido polo goberno español e declarado inconstitucional polo Tribunal
Constitucional a través da Sentenza 84/1986, na que se argumenta que “tal deber non vén imposto pola
Constitución e non é inherente á coocialidade da lingua galega”, coocialidade denida no Estatuto de
autonomía. Así pois, tras esa sentenza, a Lei 3/1983 ten que acabar establecendo que “todos os galegos
teñen o dereito a usalo”, xa sen o aprobado parlamentariamente –pero declarado anticonstitucional– deber,
e aanzando, polo tanto, o desigual estatuto xurídico entre unha e outra lingua.
Os seis títulos que compoñen a Lei de normalización lingüística son:
• Título I: “Dos dereitos lingüísticos en Galicia”. Reitera a condición do galego como lingua ocial e
propia da nosa comunidade.
• Título II: “Do uso ocial do galego”. Ocúpase da súa utilización por parte da administración pública
e establece que os topónimos galego terán como única forma ocial a galega.
• Titulo III: “Do uso do galego no ensino”. Declara o dereito a recibir o primeiro ensino na lingua
materna e establece que se promoverá o uso “progresivo” do galego no ensino e que o obxectivo
ten que ser que, ao nal do ciclo formativo, o galego se coñeza en igualdade de condicións que o
castelán.
• Título IV: “O uso do galego nos medios de comunicación”. Establece que o galego será a lingua
usual do medios públicos galegos, e que se fomentará o seu uso nos privados.
• Título V: “Do galego exterior”. Ocúpase do uso da nosa lingua na emigración e nos territorios de fala
galega que non pertenzan á Galicia administrativa.
• Título VI: “Da administración autonómica e da función normalizadora”. Establece que o goberno
galego e as entidades locais deben fomentar o uso do galego nas actividades mercantís, publicitarias,
culturais, asociativas, deportivas e outras.
Posteriormente, e como desenvolvemento da Lei de normalización lingüística ao ámbito da administración
local, aprobouse a Lei 5/1988 de uso do galego como lingua ocial polas entidades locais, en que se determina
o deber das administracións locais de redactaren en galego “as convocatorias das sesións, ordes do día,
mocións, votos particulares, propostas de acordo, ditames das comisións informativas e actas das entidades
locais”. Ademais, nesta lei tamén se sinala que lle corresponde á Xunta de Galicia o impulso do uso do
galego nas administracións locais, papel que ao longo dos anos a administración autonómica foi cumprindo
máis mal ca ben.
A partir de aí, e para, por un lado, regular os usos lingüísticos nos concellos e, por outro, establecer a
acción normalizadora nos municipios, diversos concellos foron aprobando regulamentos ou ordenanzas
municipais de uso do galego, de normalización lingüística ou de impulso social da lingua galega. O
contido destes textos é bastante desigual, aínda que en xeral foi evolucionando desde a inicial regulación
de usos lingüísticos por parte da administración (textos da propia entidade que deben ser redactados en
galego ou usos públicos do idioma por parte dos cargos institucionais) ata o máis actual establecemento de
medidas para o impulso do galego nos diversos ámbitos sociais (valoración ou condicións lingüísticas para
a concesións de subvencións a entidades deportivas, culturais, xuvenís ou empresariais; establecemento de
programas de impulso da lingua galega na infancia, xuventude, novas tecnoloxías, comercio ou deporte etc.).
Na actualidade son arredor de 50 os concellos que teñen un regulamento ou unha ordenanza deste tipo (aquí
Xosé Manuel Vidal Barral
Balance da lexislación e da xurisprudencia de Galicia 1979-2019: Corenta anos dunha vertixinosa liña...
Revista de Llengua i Dret, Journal of Language and Law, núm. 72, 2019 260
podemos consultar algúns), e tamén os teñen tres das catro deputacións (A Coruña, Lugo e Pontevedra, é
dicir, todas menos a de Ourense).
Tamén se foron os concellos dotando de servizos de normalización lingüística (SNL), isto é, departamentos
técnicos inseridos na estrutura da entidade que teñen como función xeral a planicación, xestión, execución
e avaliación de accións, programas e proxectos para o incremento do uso e do prestixio da lingua galega en
todos os ámbitos sociais. Con todo, a realidade é que os concellos que teñen ese departamento non superan
na actualidade os 50 (de 313 municipios que hai en Galicia), ademais a gran maioría destes son unipersoais
e boa parte deles non están estabilizados nos organigramas das entidades.
E, aínda que non ten carácter legal, pola súa importancia, por establecer medidas de acción normalizadora
institucional e que lle afectan á lexislación, por poder servir de guía para a acción institucional e por ser
aprobado polo Parlamento de Galicia (ademais, por unanimidade), cómpre citar aquí o Plan xeral de
normalización da lingua galega aprobado en 2004. Trátase dun documento que xa obxectivos e medidas
concretas para procurar acadar eses obxectivos en tres sectores transversais (dereitos lingüísticos, novas
tecnoloxías e implementación do corpus) e sete verticais (administración; educación, familia e mocidade;
medios de comunicación e industrias culturais; economía; sanidade; sociedade e proxección exterior da
lingua). Mais tamén é certo que desde 2009 o goberno galego, lonxe de cumprir algunhas das medidas máis
importantes establecidas nese documento, actúa e promove lexislar na súa contra, principalmente no ensino.
Neste ámbito, o PXNLG contempla, por exemplo, medidas como as de establecer oferta educativa en galego
na educación infantil para todas as nenas e todos os nenos galegofalantes, as de desenvolver programas
experimentais en galego para castelanfalantes ou as de garantir que na educación primaria, secundaria,
bacharelato e ciclos formativos o alumnado reciba, como mínimo, o 50% da súa docencia en galego.
Ademais das citadas, poderiámonos referir a artigos concretos de múltiples leis que regulan usos lingüísticos
en determinadas situacións ou ámbitos, mais, ao non podermos afondar demasiado, pola súa importancia
ímonos limitar a citar dous concretos: un referido ao acceso á función pública e outro ao uso do galego na
prestación de servizos públicos.
Coa Lei 2/2009 modicouse o artigo 35 da Lei da función pública de Galicia (hoxe derrogada coa Lei 2/2015
do emprego público de Galicia), que ata ese 2009 establecía que, para acceder á función pública, era preciso
realizar un dos exames de acceso en galego, o que facilitaba que se garantise a competencia lingüística no
ámbito de traballo concreto da persoa candidata, mais con esa modicación de 2009 estableceuse que, para
o acceso á función pública, abonda con certicar coñecementos lingüísticos a través dun título. Ese novo
método de certicar competencia lingüística sen ter que demostrala na práctica, vixente na actualidade na
Lei 2/2015 do emprego público de Galicia, supuxo o primeiro importante paso atrás lexislativo en materia
de normalización lingüística cando foi aprobado pola nova maioría do Partido Popular en 2009, acabado de
chegar ao goberno da Xunta de Galicia, argumentando que o galego supuña unha “barreira lingüística”, tal e
como se indicaba na exposición de motivos da proposta de Lei 2/2009.
Tamén pola súa importancia queremos referirnos ao artigo 38.1.c da Lei 1/2015 de garantía da calidade dos
servizos públicos e da boa administración, pois concreta por vez primeira, nun texto lexislativo que lles
afecta a todas as administracións galegas, que “o galego será a lingua de uso normal e preferente en todas as
actividades relacionadas coa organización e prestación dos servizos públicos”, algo que, aínda que estea moi
lonxe de ser cumprido, ten que se considerar positivo que quede establecido nunha lei.
3 Ensino: de progresividade a regresividade
No ámbito concreto onde máis se foi desenvolvendo a lexislación lingüística foi no do ensino, pois desde
a Lei xeral de educación de 1971, en que se fai referencia á posibilidade do uso da “lingua nativa” na
educación preescolar, a incorporación do galego foi progresiva nos diversos textos lexislativos e decretos.
Progresiva (tal e como establece o artigo 13 da Lei 3/1983) só ata 2010, cando se aproba un texto contrario
a esa progresividade, o Decreto para o plurilingüismo, no que por vez primeira o espazo para o galego no
ensino se reduce con respecto ás regulacións anteriores.
Xosé Manuel Vidal Barral
Balance da lexislación e da xurisprudencia de Galicia 1979-2019: Corenta anos dunha vertixinosa liña...
Revista de Llengua i Dret, Journal of Language and Law, núm. 72, 2019 261
Aínda que o ensino da lingua galega como materia obrigatoria se establece inicialmente no Decreto de
bilingüismo de 1979, o desenvolvendo da Lei de normalización lingüística de 1983 neste ámbito regulouse
por vez primeira a través do Decreto 247/1995. Neste xouse que a administración educativa e os centros de
ensino debían utilizar o galego e fomentar o seu uso, que se lle debía dedicar o mesmo tempo ao ensino do
galego e ao do castelán e que a galega sería a lingua vehicular de determinadas áreas e materias segundo os
niveis, que suporían un mínimo aproximado dun terzo.
Ese decreto modicouse posteriormente para aplicar o acordado, por unanimidade parlamentaria, no Plan xeral
de normalización da lingua galega de 2004, no que se establece un mínimo do 50% de materias impartidas en
galego (en educación primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos) e liñas experimentais de ensino
infantil na lingua propia de Galicia, e fíxose a través do consensuado Decreto 124/2007 de uso e promoción
do galego no sistema educativo.
Mais tres anos despois, en 2010, e tras unha forte campaña política e mediática contra a presenza da
lingua galega na educación e a favor da “libre elección” de idioma no ensino, a recuperación da maioría
parlamentaria por parte do Partido Popular xo que se volvese modicar a situación a través do Decreto
79/2010 para o plurilingüismo no sistema educativo. Neste, por vez primeira na democracia actual, e despois
de rachar o consenso acadado no PXNLG, o goberno reduce a presenza do galego no ensino como lingua
vehicular para establecer un marco xeral, teórico, de tres terzos: un para o galego, un para o castelán e un
para unha lingua estranxeira (na práctica, o inglés). Mantense, iso si, o obxectivo de que ao nal do ensino
se teña plena competencia en galego, algo que, segundo os estudos máis recentes, non se está a conseguir.
Ademais, a combinación deste decreto coa LOMCE fai que, en xeral, a presenza do galego como lingua
vehicular no ensino sexa, na práctica, aínda inferior a un terzo en boa parte dos casos, e que nunca poida
ser utilizado, tal e como se establece nese decreto, na materia de Matemáticas de Primaria (art. 6.3) nin nas
materias de Matemáticas, Tecnoloxía e Física e Química en Secundaria (art. 7.3), que deben ser impartidas
obrigatoriamente en castelán (ou, en seccións bilingües, en calquera lingua que non sexa a galega).
Ese Decreto 79/2010 tamén contemplaba inicialmente unha polémica pregunta ás familias para determinar
a lingua do ensino infantil, co que se incorporaba así a losofía da libre elección de idioma no ensino.
Mais o TSXG, nunha sentenza de 2012, anulou ese artigo 5.2 lembrando que os poderes públicos “teñen
encomendada a programación xeral do ensino” e que, polo tanto, a Administración “non pode abdicar,
sometendo a votación un aspecto tan fundamental como a lingua que se debe empregar na etapa da educación
infantil”.
A aprobación deste decreto fíxose co posicionamento en contra de toda a comunidade educativa (profesorado,
familias, alumnado, persoal non docente...), de todos os sindicatos e de todos os partidos políticos da
oposición parlamentaria e tivo como resposta multitudinarias e históricas manifestacións.
O ámbito do ensino é, segue a ser, onde máis tensión política e social produce a lexislación lingüística,
con continuos chamamentos por parte de asociacións e plataformas en defensa da lingua (nomeadamente
A Mesa pola Normalización Lingüística e Queremos Galego) e por parte de todos os partidos da oposición
(na actualidade PSdeG-PSOE, En Marea, BNG e Grupo Mixto) para que o goberno (PP) volva ao consenso
do PXNLG, e con continuos movementos por parte deste para contentar as plataformas contrarias ao uso
do galego no ensino. Un exemplo disto é a continuidade da consulta ás familias sobre a lingua do ensino
infantil anulada polo TSXG, mais agora, di o goberno, feita só como consulta non vinculante, para burlar así
a referida sentenza do TSXG.
En denitiva, o certo é que os últimos estudos indican que ao nal da ESO a rapazada non acada o mesmo
nivel de competencia en galego ca en castelán e que o uso do galego está en mínimos históricos entre
as rapazas e os rapaces en idade de ensino obrigatorio. Ambos os aspectos demostran que a lexislación
lingüística non está a cumprir a nalidade de fomento do uso e prestixio da lingua galega.
4 Ámbito socioeconómico: sen apenas intervención pública
Aínda que no ámbito socioeconómico a lexislación estatal é claramente intervencionista en aspectos como
a etiquetaxe para garantir a presenza do castelán, a intervención para garantir a presenza do galego é
Xosé Manuel Vidal Barral
Balance da lexislación e da xurisprudencia de Galicia 1979-2019: Corenta anos dunha vertixinosa liña...
Revista de Llengua i Dret, Journal of Language and Law, núm. 72, 2019 262
practicamente nula, e só se trata neste ámbito a presenza da lingua propia de Galicia como unha opción,
como, por exemplo, cando se lexisla para protexer as persoas consumidoras. Vemos exemplos en textos
como a Lei 2/2012 galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, na que se incorporan
varios preceptos que fan alusión aos dereitos lingüísticos como dereitos básicos dos/as consumidores/as.
Por poñer un caso, no art. 11 desa lei fálase de “Poder usar calquera das linguas ociais da Comunidade
Autónoma de Galicia de acordo co previsto no ordenamento xurídico”.
Alén disto, e aínda que se deixa claro que o uso do galego só é unha opción na etiquetaxe, no punto 2
do artigo 46 da mesma lei sinálase que, “Sen prexuízo das exixencias legais e regulamentarias relativas á
utilización do castelán na etiquetaxe e na presentación dos bens e servizos comercializados en España e
as súas excepcións, na etiquetaxe dos produtos, así como na publicidade, as ofertas, as promocións ou as
comunicacións comerciais realizadas en Galicia poderá utilizarse calquera dos idiomas ociais da Comunidade
Autónoma de Galicia”. Tamén é certo que no punto 3 do mesmo artigo se sinala que “A Administración
autonómica incentivará a utilización da lingua galega na oferta de compra, na información de carácter xo e
documentación, nas relacións entre os consumidores, e destes cos ofertantes”, aínda que isto nunca, ou moi
poucas veces, se concretou en, por exemplo, pregos de condicións para a compra de produtos ou contratación
de servizos por parte da administración, que é onde, na práctica, se tería que concretar.
Se ben é certo que nos primeiros borradores de 2008 e 2009 da Lei do comercio interior de Galicia
guraban incentivos para os establecementos que rotulasen, cando menos, en galego, a aprobación nal
desta Lei 13/2010 nada determina ao respecto, e limítase a indicar, no seu artigo 5, que “ninguén poderá
ser discriminado ou atendido incorrectamente por razón da lingua empregada” e que “os poderes públicos
de Galicia garantirán o uso normal dos dous idiomas”, sen, polo tanto, establecer ningunha medida para o
fomento ou a protección da lingua menos empregada neste ámbito, que é a lingua propia.
5 Medios de comunicación: público en galego, privado sen condicións
No relativo á lexislación lingüística que ten que ver cos medios de comunicación e co sector audiovisual,
cómpre destacar a Lei 9/1984 de creación da Compañía da Radio-Televisión de Galicia, que xa no seu artigo
1.1 lles atribúe á radio e á televisión públicas a misión da “promoción, difusión e impulso da lingua galega”,
polo que xa así este entre os obxectivos fundamentais dos medios de comunicación públicos de Galicia.
Este é o motivo polo cal o idioma da súa emisión, con carácter xeral, é o galego, coa excepción na televisión
da publicidade, que é emitida tamén en castelán. Poderiamos discutir –de feito, é unha discusión habitual nas
análises sobre o proceso de normalización lingüística–, se a través dos contidos emitidos se está realmente
promocionando e impulsando a lingua galega, tal e como é mandato legal, mais con isto xa entrariamos
no necesariamente subxectivo terreo da avaliación de calidade, modernidade ou atractividade dos contidos
emitidos.
Para afondar nisto, o artigo 4 da Lei 9/2011 dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia
sinala que a actividade da comunicación audiovisual da RTVG se inspira no principio da “promoción e
difusión da cultura e lingua galegas”, ademais de establecer o galego, no artigo 6, como o idioma de uso da
propia Corporación.
Alén diso, a intervención lexislativa na lingua dos medios de comunicación non públicos é practicamente
nula, e os únicos mecanismos a través dos que se poderían xar certos condicionantes idiomáticos, como
poderían ser as convocatorias de axudas públicas ou a contratación de publicidade institucional (non existe
unha Lei de publicidade institucional ou similar), non se usan de maneira efectiva para o fomento da
lingua nos medios beneciados: non hai establecidos criterios que favorezan a contratación de publicidade
institucional nos medios de comunicación en galego, non se condiciona a contratación de publicidade a un
mínimo uso da lingua etc.
A modo de exemplo, é rechamante o uso das axudas públicas da Xunta de Galicia aos medios de comunicación
privados, divididas principalmente en dúas liñas, unha destinada a “empresas xornalísticas” (sen especicar
lingua) e outra a “empresas que realicen publicacións escritas integramente en galego”. Pois ben, mentres que
os únicos condicionamentos lingüísticos das primeiras son o dun mínimo do 10% (progresivo) de presenza
Xosé Manuel Vidal Barral
Balance da lexislación e da xurisprudencia de Galicia 1979-2019: Corenta anos dunha vertixinosa liña...
Revista de Llengua i Dret, Journal of Language and Law, núm. 72, 2019 263
do galego no medio e o respecto do uso do galego nas declaracións das que se fagan eco (dous aspectos
que moitos dos medios beneciados é notorio que non cumpren), a súa dotación orzamentaria achégase aos
dous millóns de euros (1.976.777 € en 2019). Pola contra, a dotación orzamentaria das axudas aos medios
en galego é de apenas o 2% desa cantidade (40.000 € en 2019). Dicilmente se pode dicir que se fomenta a
lingua propia nos medios de comunicación privados cando o conxunto dos arredor de 20 medios en galego
(revistas e semanarios, pois non hai na actualidade ningún diario1) reciben de axuda económica da Xunta a
cantidade total de 40.000 €, mentres un só xornal en castelán, el só, recibe máis dun millón de euros2.
6 Toponimia: os nosos lugares, cos nomes que lles puxemos
Polo que se rere á toponimia, estableceuse no artigo 10 da xa citada Lei 3/1983 de normalización lingüística
que “Os topónimos de Galicia terán como única forma ocial a galega”, que lle corresponde á Xunta de
Galicia determinar os nomes ociais dos lugares e que “Estas denominacións son as legais a todos os efectos
e a rotulación terá que concordar con elas”. Deste xeito, e a diferenza doutras comunidades bilingües, a
toponimia ten unha única forma ocial, que é a galega.
Aínda así, a pesar da claridade lexislativa neste sentido, son frecuentes as contradicións lanzadas desde a
Real Academia Española (RAE) que recomenda, en contextos non administrativos, as formas deturpadas dos
nomes tradicionais de lugar, e faino tanto en diversos manuais como en consultas puntuais en que propón
o uso de formas non ociais e lingüisticamente inxusticables como *Sangenjo, *La Coruña, *Mugía etc.
Para a ocialización dos topónimos de cidades, vilas, concellos, parroquias, lugares etc., a Xunta de Galicia
aprobou o Nomenclátor de Galicia (fóronse ocializando por provincias entre os anos 1996 e 2003), como
proposta da Comisión de Toponimia, constituída como órgano asesor do Goberno de Galicia nesta materia,
o que se realizou a través do Decreto 43/1984, modicado polo Decreto 174/1998. O procedemento para a
xación ou recuperación da toponimia de Galicia xouse no Decreto 132/1984.
Tal e como sinala Nogueira na “Crónica lexislativa de Galicia do 2n semestre de 2012”, nese período
anunciouse e someteuse a alegacións un borrador para un novo decreto que regularía o uso dos topónimos.
Este proxecto buscaría estender o emprego correcto e ocial dos topónimos, isto é, en galego, a ámbitos
privados (negocios, parques eólicos, rexistros mineiros etc.). Non obstante, como sinala a autora,
“semella que a campaña contraria desenvolvida desde organización pro-monolingüismo castelán en contra
deste proxecto paralizou a súa aprobación xa que nos meses vindeiros non foi publicado no diario ocial
(http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/07/16/galicia/1342465241_864802.html)”.
Máis de tres décadas despois da declaración de ocialidade única das formas galegas, aprobouse tamén a
Lei 5/2016 do patrimonio cultural de Galicia, na que, no artigo 67, se declara a toponimia tradicional como
“un valor identitario da Comunidade Autónoma así como un instrumento para a concreción da denominación
xeográca dos pobos e dos seus bens”, e fíxase o mandato de que a Xunta de Galicia vele pola súa preservación.
7 Conclusións xerais: a vertixinosa liña descendente que debemos erguer
Indicabamos na introdución deste artigo que nos últimos 40 anos o uso do galego descendeu en todos os
ámbitos e que o xo, ademais, de maneira moi brusca e acelerada, ata o punto de que se perderon dous terzos
dos/as falantes e, na poboación de menos de 15 anos, o seu uso máis ou menos habitual non chega ao 25%.
Nas cidades esa porcentaxe é dunha media tan só de arredor do 5% e, en termos xerais, a vertixinosa liña
segue na actualidade na mesma tendencia descendente.
Deste xeito, se a lexislación lingüística tivese que ter como nalidade a protección da lingua, a garantía dos
dereitos lingüísticos dos seus e das súas falantes, a garantía do seu uso e prestixio nos diversos ámbitos sociais
e, en denitiva, o futuro da lingua, a conclusión non pode ser outra que a do fracaso da devandita lexislación.
1 Está anunciada a publicación dun xornal diario en galego en papel para comezos de 2020, co nome de Nós Diario, da mesma
empresa que o semanario Sermos Galiza.
2 Véxase a Resolución do 10 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se publican as axudas concedidas a
empresas xornalísticas e de radiodifusión: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181228/AnuncioG0244-121218-0002_gl.pdf
Xosé Manuel Vidal Barral
Balance da lexislación e da xurisprudencia de Galicia 1979-2019: Corenta anos dunha vertixinosa liña...
Revista de Llengua i Dret, Journal of Language and Law, núm. 72, 2019 264
Fracaso, claro está, por insuciente, por nada ambiciosa para o futuro do galego e por, seguramente, non
estaren na mente da maioría lexisladora eses obxectivos que nós queremos supoñer.
Temos un claro exemplo no ensino: se supostamente se marca como obxectivo que ao nal da etapa
obrigatoria se acade o mesmo nivel de competencia en galego ca en castelán, como se pode conseguir iso
reducindo a presenza do galego na docencia? E se, ademais, se fan análises posteriores sobre a consecución
dese obxectivo e se conclúe que a competencia en galego descendeu, como se pode insistir nesa norma que
limita o uso da lingua propia no ensino?
Aínda que non en textos lexislativos, pero si en convocatorias de subvencións, temos outro claro exemplo
nos medios de comunicación escritos: que obxectivo lingüístico pode ter dedicarlles dous millóns de euros a
medios en castelán para que a presenza do galego sexa de, cando menos, o 10%, e sen cumprilo, ao mesmo
tempo que se destina unha partida de só 40.000 € para os medios en galego?
A conclusión xeral non pode ser outra: a lexislación existente non procura o incremento do uso e o prestixio
da lingua galega e, pola contra, está a conseguir manter o seu descenso.
8 Referencias bibliográcas
Ferreira Fernández, Xavier, Nogueira López, Alba, Tato Plaza, Anxo, Villares Naveira, Luís. (2005). O
estatuto xurídico da lingua galega. Vigo: Ed. Xerais.
Graña Martínez, Venancio (coord.). (2002). Lexislación da lingua galega. Xunta de Galicia.
Nogueira López, Alba. (2010). Crònica legislativa: Galícia. Primeiro semestre de 2009. A deconstrución da
andamiaxe legal do galego. Revista de Llengua i Dret, 53, 370-380.
Nogueira López, Alba. (2010). Crònica legislativa: Galícia. Segundo semestre de 2009. Poñendo o contador
a cero: derrogando a lexislación de normalización do galego. Revista de Llengua i Dret, 54, 420-427.
Nogueira López, Alba. (2011). Crònica legislativa de Galícia. Primeiro semestre de 2010. Equilibrio formal
ou igualdade real? Regresividade na regulación lingüística do ensino e outras regaixas. Revista de
Llengua i Dret, 55, 232-245.
Nogueira López, Alba. (2011). Crònica legislativa de Galícia. Segundo semestre de 2010. Malos tempos para
a lingua. Revista de Llengua i Dret, 56, 228-233.
Nogueira López, Alba. (2013). Crònica legislativa de Galícia. Primeiro semestre de 2012. Atonía no n da
lexislatura ‘horríbilis’. Revista de Llengua i Dret, Journal of Language and Law, 59, 191-195.
Nogueira López, Alba. (2013). Crònica legislativa de Galícia. Segundo semestre de 2012. Galicia: o
esmorecemento lingüístico continúa. Revista de Llengua i Dret, Journal of Language and Law, 60,
191-194.
Villares Naveira, Luís (coord.). (2010). Estudos xurídicos sobre o decreto do plurilingüismo. Laivento.

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR