• Instituciones político-jurídicas y desarrollo sostenible

Editorial:
Dykinson
Fecha publicación:
2019-12-28
Autores:

(Organizador)

(Organizador)

(Organizador)

(Catedrático de Dereito Romano e Sistemas Xurídicos Comparados. Universidade de Vigo)

(Catedrático da Faculdade de Direito. Universidade Federal Fluminense)
ISBN:
978-84-1324-143-2

Descripción:

Ás veces o evidente semella ser o que ofrece máis dúbidas, ou o que se ve como un camiño incerto ou mesmo rexeitable. Iso é o que acontece, dende o meu punto de vista, cos plantexamentos ou coas propostas de relación entre Galicia e os países de fala portuguesa, nomeadamente o Brasil.
É certo que a forza centrípeta que ten exercido Bruxelas a través dos diferentes instrumentos políticos e xurídicos, e especialmente económicos (a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, FEDER), obrigou a dirixir á ollada cara a Unión, e crear vías rápidas, alonxadas da pausa e paciencias do camiño de peregrinación medieval, dirixidas con urxencia á converxer. Nese proceso houbo extraordinarios avances, inimaxinables mesmo para os máis euroescépticos; pero tanta premura conlevou asumir custes moi elevados, ou poderíase dicir, moi profundos; tanto, que chegaron ata os lameiros transitados polos últimos carros, ata as redes, os barcos, o leite, as vacas, as vides, ata a alma.
Esa vis attractiva pola europeización, retroalimentada institucionalmente, foi crecendo e ampliando o seu espectro, abrindo o paso a unha globalización galopante, indiscutida, e aceptada acriticamente polo status quo. A tradución deste proceso no sistema educativo sintetízase na palabra “internacionalización”, que se asentou no vocabulario dos tecnócratas, fixándose como obxectivo principal e irrenunciable de calquera política educativa. Mais ese termo serviu, en non poucas ocasións, para teledirixir políticas lingüísticas, culturais e tamén económicas, cara ámbitos naturalmente forzados e, polo tanto, que nos levaban a facer xestos forzosos, a dar pinchagatos no campo unha e outra vez.