Limiar

AutorFernando Xabier Blanco Álvarez
Cargo del AutorConselleiro de Innovación e Industria
Páginas19-20

Page 19

Ninguén discute na actualidade a relevancia económica e socialdos dereitos de propiedade intelectual (DPI), que abranguen a tradicionalmente denominada propiedade industrial e o dereito de autor. No plano interno dos diversos Estados e no plano internacional hai absoluta coincidencia en subliñar a necesidade de protexer os titulares des-te dereitos e combater a piratería. Neste tendencia insírese a declaración de San Petersburgo contra a piratería adoptada na cumio do G-8 que tivo lugar en 2006 e da que se dá conta neste volume.

Alen destas consideracións, a propiedade industrial e intelectual posúe unha significación cualitativa de primeira orde, na medida enque se vincula directamente aos procesos de creación técnica e cultural. Neste sentido compre lembrar que a creatividade é un dos activosmáis importantes de calquera país. Pero, obviamente, a obtención dedereitos de propiedade industrial require un notable investimento previo de capital e traballo. Para o futuro a importancia dos investimento en I+D+i aínda cobra máis valor polo feito de que a fortaleza dunpaísalicerzada na innovación non corre os riscos de erosión derivados da deslocalización que existe sobre os mercados globalizados.

Neste volume de ADI, o profesor Xosé A. GÓMEZ SEGADE informa da comunicación da Comisión da UE sobre o sistema de patentes na que se distinguen catro grupos de países en función dos indicadores europeos de innovación. De acordó con esta comunicación, en materia de innovación, o Estado español atópase no último grupo, entre os «países atrasados». Pola súa banda, dentro do Estado, Galiza, segundo as estatísticas relativas a concesión de patentes da Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) fica nos postos máis atrasados. Na Consellaría de Innovación e Industria somos coñecedores desta realidade e non tratamos de agáchala senón deafróntala; por iso están en marcha unha serie de medidas para reverter esta situación.

Non é este o momento nin o lugar de expor as medidas de orde económica, social e política para pular pola innovación. Pero alen délas,tamén é preciso coñecer, espallar e discutir os instrumentos xurídicos para incentivar e protexer os DPI. O réxime xurídico das patentes, as Page 20marcas, os désenos industriáis ou da competencia constitúe unha ferramenta do máximo interese.

Afortunadamente temos ao noso carón o centro máis prestixioso do Estado no estudo e investigación destes temas como é o...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR